"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de tendencia conservadora editada en Mondoñedo a partir de xullo de 1930. Subtitulouse “Revista mensual. De la Unión Regional de Federaciones de Sindicatos Agrícolas”. Dirixiuna Antonio Maseda Bouso. Incluíu información referida á agricultura, sobre todo coñecementos útiles e aspectos técnicos, e datos sobre o traballo desenvolvido polas federacións adscritas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de carácter político editada a partir de xuño de 1969. Subtitulouse “Voceiro do Partido Socialista Galego”. En 1976 comezou unha segunda época, na que tivo dúas etapas diferenciadas; a primeira, na clandestinidade, vai ata maio de 1977 (nº 7), e a segunda dende xuño de 1977, que coincidiu coa legalización do partido. Ademais de información política e de actualidade, incluíu temas culturais e técnicos. Realizou as súas reivindicacións dende unha óptica socialista e nacionalista. Nalgúns dos seus números fíxose eco da polémica que suscitou a inclusión do partido no PSdeG-PSOE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado na Coruña a partir do 29 de xullo de 1907. Cesou a súa edición en decembro de 1908. Exerceu como voceiro do sector republicano e esquerdista de Solidaridad Gallega. Dirixiuno Xosé Rodríguez Martínez. Ademais da información política, incluíu numerosas poesías de destacados autores galegos e o Catecismo solidario, un documento reivindicativo na liña do Catecismo do Labrego de Lamas Carvajal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario deportivo ilustrado editado en Vigo a partir do 8 de decembro de 1918. Cesou a súa edición en 1919. Dirixiuno Manuel Bezares e imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Concordia. Incluíu, ademais de información deportiva, en especial a dedicada ao fútbol, notas de actualidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual deportiva editada en Vigo a partir de abril de 1991. Editada por Pro-Racquets SL, actuou como máximo responsable Fernando Rey Tapias. Incluíu, ademais de reportaxes sobre tenis, baloncesto, ciclismo, automobilismo e fútbol, entrevistas, noticias e artigos de opinión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado en Vigo a partir do 2 de marzo de 1990. Editado por Public Print, da súa dirección encargábase Mª Isabel Alambiaga Iseli. Subtitulouse nos seus comezos “Semanario independiente del sur de Galicia” e posteriormente “Vanguardia de una época”. Incluíu información de actualidade, novas culturais sobre arte rupestre, pintura e teatro, e artigos onde se trataban temas relacionados coa ecoloxía, a educación, a saúde, o motor, os deportes e a música.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado na Coruña a partir dos anos sesenta do s XX. Subtitulouse “Revista anual de turismo” e dende 1984 “Publicación de la Consellería de Turismo, Juventud y Deportes en colaboración con CEHOSGA”. Dirixido por José L. Dorrego, dende 1984 ocupou o cargo Ezequiel Pérez Montes. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de El Ideal Gallego. Incluíu información sobre turismo, museos e gastronomía, ademais dunha guía de cámpings e hoteis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de información xeral e cultural editada en Ourense a partir do 15 de xullo de 1984. Cesou a súa edición en maio de 1987. Editada por Aurea de Comunicaciones, foi dirixida sucesivamente por Roberto Cid e Manuel Montes. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Región e tiña unha tiraxe de 22.000 exemplares. Ademais da información de actualidade, incluíu artigos sobre política, economía, sociedade, cultura e deportes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Lugo a partir de novembro de 1946. Cesou probablemente en febreiro de 1947. Subtitulouse “Revista de Divulgación Pecuaria. Órgano de la Veterinaria Gallega al Servicio de la Ganadería Regional”. Dirixida por Luis Escribano, o seu consello de redacción estaba integrado por veterinarios de todas as provincias de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa radiofónico que comezou a súa emisión en Barcelona en xaneiro de 1994. Dirixido por Moncha Prieto, difundiuse por Radio Ciutat Vella. Enmárcase dentro do estilo de programas definidos pola ERGaC.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación territorial establecida a comezos do s XVIII sobre a que exercía a súa xurisdición un capitán xeneral con sede na Coruña. A finais do s XV apareceu a figura do gobernador capitán xeneral de Galicia, coas atribucións de xefe militar e presidente da Audiencia. Os Reis Católicos nomearon a Fernando de Acuña para este posto (1480) e entre as súas atribucións destacaban levantar en armas unha ou varias comarcas e contar co apoio de toda a xente de armas do país. A Capitanía Xeneral de Galicia estivo en perigo de desaparición coa refundición das capitanías de Castela A Vella e Galicia (1893), pero a forte oposición da Asociación Regionalista Gallega levou ao goberno a retirar a proposta. Polo Real Decreto de 2 novembro de 1904 creouse a VII Rexión Militar do exército de terra, formada polas provincias de Valladolid, León, Salamanca, Oviedo, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. O Real Decreto de 17 de xaneiro de 1907 reorganizou a Capitanía Xeneral de Galicia da que formaron parte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título co que se coñecía, durante o reinado de Afonso VI (1071-1109), ao nobre encargado de gobernar o Reino de Galicia en nome do rei. Ocuparon este cargo, entre outros, Oveco Bermúdez, Rodrigo de Ovéqueiz, Reimundo de Borgoña e Urraca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa semanal emitido por Radio Peninsular de Barcelona a principios dos anos setenta do s XX. Presentado por Luis del Olmo, partiu dunha iniciativa de Gonzalo García Cortizas e nel colaborou Esther Eiros. Contaba co patrocinio dos empresarios hostaleiros galegos instalados en Catalunya e tentaba promocionar a riqueza paisaxística de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Estado soberano que se constituíu no territorio de Galicia e as terras portuguesas ao N do Douro durante a Idade Media e que tivo como antecedente o Reino Suevo da Gallaecia. O primeiro período de Galicia como reino independente foi entre o 910 e o 914, cando Ordoño II a gobernou co título de Rei. Posteriormente Sancho I (926), expulsado de León por Afonso IV, refuxiouse en Galicia e gobernouna ata finais do 929, cando Galicia volveu a anexionarse ao Reino de León. No 1065, como consecuencia da repartición do reino efectuada por Fernando I, Galicia volveu ser independente e García I foi coroado rei. O novo monarca estableceu a capital do reino en Ribadavia e someteu a vasalaxe aos reis musulmáns de Badajoz e Sevilla. Tralo ataque de Afonso VI e Sancho III ao seu irmán García I, Galicia volveu incorporarse ao Reino de León de forma definitiva. Finalmente, en 1833 desapareceu formalmente o termo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de tendencia nacionalista editada en Ourense a partir de 1980. O seu editor e director foi Manuel Catoira. Trátase dunha publicación cultural onde tiveron cabida o ensaio, a literatura, a poesía e a arte. Nos seus artigos de crítica, analizou temas de actualidade como o feminismo e a liberdade de expresión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro constituída o 3 de setembro de 1976 baixo a presidencia do conselleiro de Cultura e Comunicación Social e coa vicepresidencia dun representante do Centro de Galicia en Bos Aires. Os sete vocais repártense entre os catro que designa o Centro de Galicia de Bos Aires, e os que nomean o conselleiro de Presidencia, o conselleiro de Economía e Facenda e o secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas. Entre os seus obxectivos inclúense o achegamento da realidade galega a todos os países americanos nos que exista unha comunidade galega vertebrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundación sen ánimo de lucro constituída o 26 de novembro de 1996 por iniciativa da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia e que ten como obxecto a promoción, vertebración e divulgación da empresa galega como entidade específica, caracterizada pola súa vinculación á realidade socioeconómica e cultural de Galicia. En particular, son obxectivos a normalización do uso do galego na empresa, tanto nas súas relacións internas coma externas, e sen prexuízo do apoio á poliglosia como factor esencial da actividade empresarial; a promoción da investigación das características peculiares da empresa galega e da súa potenciación e desenvolvemento; o apoio á aplicación dunha estética diferenciadora dos seus produtos; e a creación e fomento de centros de diálogo e de publicacións relativas á vinculación da empresa coa realidade económica, social e cultural de Galicia. Entre os membros do padroado inclúense Manuel Puga Pereira, actual presidente, Ramón Barral Maquieira,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación fotográfica editada na Coruña a partir de 1984. Subtitulouse “Portavoz de la asociación de fotógrafos profesionales”. Coordinada por Xosé Abad, incluíu noticias de actualidade, un apartado fiscal, información sobre o desenvolvemento das actividades da Asociación Provincial de Fotógrafos Profesionales da Coruña e unha sección titulada “Recuperación histórica” na que aparecían clásicos do fotoxornalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado na Coruña a partir de setembro de 1987. Cesou a súa edición no mes de outubro do mesmo ano (nº 8). Editado por El Corte Inglés e dirixido por Ana Mª Robles, saíu con motivo da exposición homónima. Incluíu artigos sobre a lingua galega, a cultura castrexa e a historia da prensa, ademais de información sobre acuicultura, novas tecnoloxías, industria e medio ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de carácter vangardista editada en Santiago de Compostela a partir de 1986. Coordinada por José A. Alonso, Suso Iglesias, Pepe Barro e Lois Rodríguez, recibiu o apoio da Xunta de Galicia e da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP). Prestaba unha especial atención á fotografía e á pintura, e incluíu artigos relacionados co vídeo e a música.

    VER O DETALLE DO TERMO