"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
-
Acción de declamar.
-
Arte vogal do actor relacionada coa oratoria e coa dición, ou forma de dicir un texto atendendo a diversos factores, como a elocución, o ritmo, a entoación ou a intención. A dicción pode ter unha tonalidade realista e a declamación estaría máis relacionada coa interpretación naturalista, ou cunha tonalidade máis melódica ou rítmica, a miúdo debedora das características métricas e fónicas do verso ou da frase, e acompañada dunha expresión xestual rica en movementos amplos e enérxicos, co que a declamación aparece asociada á interpretación artificial e ampulosa. Nos tratados clásicos figuraba como parte da actio, a quinta parte da retórica, na que se executaba o texto perante o auditorio. Na Roma antiga, o nome aplicábaselles igualmente aos exercicios de composición e de recitación propostos aos futuros oradores. A práctica estivo en vigor entre os ss I e V d C. Existen dúas modalidades: suasoria, baseada nun aforismo moral ou nun tema histórico ou político, e de controversia, que...
-
-
-
Discurso que se compuña nas escolas de elocuencia de Roma.
-
Oración escrita ou pronunciada como exercicio nas regras da retórica, e case sempre sobre un tema suposto xa fixado.
-
-
-
-
Acción e efecto de declarar ou declararse.
-
-
Acto xurídico polo que unha persoa relata o que sabe en relación cuns feitos a un funcionario público (axente da autoridade, oficial do xulgado, xuíz) ou tribunal. Pódese realizar de forma espontánea ou sobre a base das preguntas que poidan formular o xuíz ou as partes. Pódese tomar declaración no proceso de instrución ou en audiencia pública, aínda que se é posible, deberá ratificarse na vista oral.
-
Exposición, feita normalmente por escrito, das mercadorías suxeitas a pagar, dos dereitos de aduana ou doutros impostos, tributos e feitos impoñibles en xeral.
-
Acto unilateral realizado por un Estado destinado a producir efectos de dereito nas relacións internacionais. Poden ser, entre outras, declaracións de recoñecemento dunha situación internacional, declaracións de guerra e de neutralidade.
-
declaración de creba
Acto resolutorio xudicial que recoñece legalmente que o estado no que está unha empresa é o de sobresemento no pagamento das súas obrigas.
-
declaración de guerra
Fórmula de convenio entre estados no que un deles informa da apertura de hostilidades contra o outro.
-
declaración de herdeiros
Acto resolutorio do xuíz que ten por obxecto atribuír unha herdanza fixando a titularidade dos chamados a ela por ausencia de designación a cargo do causante.
-
declaración de inconstitucionalidade
Sentencia emitida polo Tribunal Consitucional que declara unha norma, ou parte desta, coma non conforme á Constitución. Nunha norma xurídica con rango de lei interpretada pola xurisprudencia, afectará a esta, se ben as sentencias recaídas non perderán o valor de cousa xulgada. Ademais, agás que no fallo do Tribunal Constitucional se exprese, subsiste a vixencia da lei na parte non afectada pola inconstitucionalidade.
-
declaración de lesividade
Constatación, por medio da Administración, de que un acto administrativo infrinxe o ordenamento xurídico ou prexudica o interese xeral. Realízaa a Administración autora dalgún acto que non pode anulalo ou revogalo por si mesma, de modo que se declara o acto como lesivo para o interese público como requisito previo para poder demandar o acto perante a xurisdición contencioso-administrativa. Debe realizarse no prazo de catro anos dende o día seguinte á data na que foi ditado o acto.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento redactado e asinado en Barcelona o 16 de xuño de 1998 polos líderes dos partidos nacionalistas maioritarios das nacionalidades históricas, polo que se establecía unha fronte común cara á reorganización do modelo da estrutura do Estado. Na sinatura desta declaración participaron Xabier Arzallus, como representante do Partido Nacionalista Vasco (PNV), Jordi Pujol, presidente da Generalitat de Catalunya, en representación de Convergencia i Unió (CiU), e Xosé M. Beiras, líder do Bloque Nacionalista Galego (BNG). Segundo os asinantes, despois de vinte anos de desenvolvemento no marco da Constitución de 1978 e logo do proceso de descentralización administrativa, precisábase unha nova etapa de ordenación política, dirixida á implantación en España dun modelo de estado confederal definido como un pacto entre países que conservan a súa soberanía e o recoñecemento internacional individualizado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento adoptado o 4 de xullo de 1776 en Philadelphia durante o II Congreso continental, no que os delegados das trece colonias británicas de América do N proclamaron a súa independencia e a vontade de constituírse nos Estados Unidos de América. Encargouse da súa redacción un comité formado por Thomas Jefferson, John Adams, Benjamin Franklin, Roger Sherman e Robert R. Livingston, segundo a proposta de Richard Henry Lee. Estaba formada por cinco seccións: un preámbulo; unha proclamación dos dereitos naturais inalienables e do dereito das nacións a elixir un goberno que respecte e defenda estes principios; un conxunto de acusacións contra o monarca Xurxo III de Inglaterra; unha descrición dos intentos das colonias de acadar unha compensación polos agravios sufridos; e a declaración de independencia. A declaración estaba moi influída polas teorías de John Locke, que estableceu o principio de que as persoas necesitan dun goberno para protexeren os seus dereitos inalienables, dos que se incluían...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Manifesto galicano redactado por Bossuet, aprobado por unha asemblea eclesiástica (1682) e imposto por Luís XIV ao clero. Establecía a non submisión do rei a ningunha potestade eclesiástica, a superioridade do concilio ante o Papa, o exercicio das liberdades da igrexa galiana e a aprobación das decisións pontificias por parte da Igrexa. Ante a oposición do Papa Inocencio XII, o monarca retirouna. O Emperador Napoleón I restaurouna en 1801.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto votado pola Asemblea Constituínte francesa do 17 ao 26 de agosto de 1789, que se compoñía de 17 artigos e un preámbulo. A súa redacción recollía a influencia da Declaración de Independencia dos EE UU (1776) e do pensamento dos enciclopedistas do s XVIII. Proclamaba a igualdade de todos os homes e os seus dereitos naturais e inalienables: a liberdade individual, de pensamento, de prensa e de credo, limitada no seu exercicio pola liberdade do resto da sociedade; recoñecíase a propiedade privada como dereito inviolable, o dereito á resistencia, a igualdade ante a lei, ante a xustiza e a facenda. Instaurou a liberdade de opinión e estableceu a transferencia da soberanía do rei á nación e a separación de poderes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto composto de 35 artigos que precedeu á Constitución francesa de 1793, votada pola Convención o 24 de xuño dese mesmo ano. Era máis progresista e democrática ca a de 1789. Prohibiu a escravitude, proclamou a liberdade económica e recoñeceu os dereitos á educación, ao traballo e á asistencia pública.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto que precedía á Constitución francesa do ano III (1795). Dun ton moito máis moderado ca as declaracións de 1789 e de 1793, eliminou os dereitos suficientes para poder instaurar unha república censataria e protexer con garantías os intereses da clase dominante. A igualdade de todos os homes quedaba reducida á igualdade ante a lei, confirmaba a liberdade económica e condenaba a escravitude.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento elaborado pola Sociedade das Nacións en 1924 e aprobado polas Nacións Unidas en 1959 co obxectivo de garantir e defender os dereitos da infancia en todo o mundo. Do seu contido destaca o sostemento da necesidade dunha protección especial da infancia, a garantía do seu completo desenvolvemento físico, mental, moral e social, a defensa do neno sen ningún tipo de discriminación, a esixencia da prestación universal dun ensino gratuíto e obrigatorio, e a prohibición de calquera tipo de explotación infantil.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto adoptado pola Liga Internacional dos Dereitos do Animal e as Ligas Nacionais afiliadas, trala terceira reunión sobre os dereitos do animal celebrada en Londres do 21 ao 23 de septembro de 1977. A declaración proclamada o 15 de octubro de 1978 pola Liga Internacional, as Ligas Nacionais e as persoas físicas asociadas a elas, foi aprobada pola Organización das Nacións Unidas para a Educación a Ciencia e a Cultura (UNESCO), e posteriormente pola Organización das Nacións Unidas (ONU).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Declaración aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948. Os seus principais antecedentes históricos foron a Declaración francesa dos Dereitos do Home e do Cidadán (1789) e a declaración americana de Dereitos do Bo Pobo de Virxinia (1776). O documento consta dun preámbulo e trinta artigos que enumeran unha serie de dereitos de carácter civil e político, entre os que sobresaen os dereitos á liberdade, á igualdade, á dignidade, á vida e á seguridade, á xustiza e aos dereitos con ela relacionados (presunción de inocencia, habeas corpus, etc), á nacionalidade, á liberdade de pensamento, ideoloxía e relixión, á liberdade de opinión e expresión, á liberdade de reunión e asociación, á liberdade de participación, ao non sometemento á tortura ou á escravitude etc; e unha serie de dereitos sociais, económicos e culturais, como son o dereito ao traballo, á folga, á sindicación, á seguridade social, á saúde, á educación, á cultura, á arte e á ciencia, etc. O contido...
-
-
Acción e efecto de declinar.
-
Período de diminución dunha enfermidade ou dalgún dos seus síntomas.
-
-
Ángulo que forma un plano vertical, ou unha aliñación, co meridiano do punto que se considere.
-
declinación dun astro
Distancia angular dun astro ao ecuador celeste, medida por un arco do círculo máximo que pasa polo astro e que é perpendicular ao círculo ecuatorial. Constitúe unha das coordenadas do sistema de coordenadas horarias e do de coordenadas ecuatoriais.
-
declinación magnética
Ángulo que forman as direccións do N magnético e do N xeográfico, isto é, o formado polo plano vertical que contén a dirección do compás e o plano meridiano do punto de situación.
-
-
-
Flexión nominal das linguas empregada para expresar as distintas variacións dun substantivo, adxectivo, artigo ou pronome segundo a función ou caso dentro da frase. Os gramáticos gregos da escola peripatética e estoica concibiron as distintas formas que podía presentar o nome en grego como unha desviación da forma do caso recto, o nominativo. Os latinos chamáronlle a esta desviación dēclīnātiō. Esta idea de desviación estaba directamente relacionada co mesmo termo que empregaban os helenos para o concepto que se coñece como caso, ao que eles lle chamaron πτϖσις (‘caída’), e parece que explicaban a idea de paradigma casual coa metáfora dun xogo de dados: do mesmo xeito que un xogador de dados ten nas súas mans un cubo con seis valores diferentes, dos que só un se fará realidade mediante unha tirada de dados (πτϖσις), o falante dunha lingua é portador dun significante capaz...
-
Paradigma ao que pertence unha palabra segundo o xeito como se declina.
-
-
-
-
Operación que consiste en extraer os principios activos dun vexetal, animal ou fungo por medio da acción continuada de auga cunha temperatura próxima á ebulición.
-
Produto obtido mediante esta operación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teoría filosófica postulada a finais dos anos sesenta polo filósofo francés Jacques Derrida e adiantada nalgúns dos seus aspectos polo teórico da literatura Roland Barthes. Tivo unha gran repercusión nos EE UU, en especial nos representantes do chamado Grupo de Yale (Paul de Man, J. Hillis Miller, Harold Bloom, Barbara Johnson e Geoffrey Hartman, entre outros). Pretende cuestionar conceptos básicos da filosofía occidental desde Platón, como a oposición entre o sensible e o intelixible, entre significante e significado, a existencia dun centro ou orixe do ser, a noción de logos, etc. Así mesmo, revisou outras nocións fundamentais da teoría literaria como os conceptos de mímese, verdade e fición, o sentido literal e metafórico da linguaxe poética, as relacións entre fala e escritura ou entre lectura e significado.
-
-
Acción e efecto de decorar.
-
Conxunto de elementos que se utilizan para decorar.
-
Actividade artística que ten como finalidade adornar obxectos ou edificios. O proceso decorativo amosa dúas tendencias antitéticas: unha xeométrica, baseada na disolución abstracta do motivo, e outra naturalista, propensa a incluír o motivo, ou parte del, no contexto dunha realidade descritiva ou narrativa. O termo decoración designa, sobre todo, o axuste de diferentes elementos para crear nun espazo un ambiente determinado. A decoración de interiores, mediante unha converxencia de factores, é o reflexo directo da cultura e do gusto de cada época. As casas de Hattusa, capital do imperio hitita, son o exemplo máis típico dunha estrutura arquitectónica antiga na que o espazo interior apuntaba unha posibilidade de articulación susceptible de ser concibida baixo o concepto moderno de decoración: os estores, as peles e os tecidos, ademais de modificar a estereotomía núa das paredes, respondían ás necesidades vitais e climatolóxicas dos habitantes das casas. A disposición axial...
-
Conxunto de elementos que se empregan para crear o espazo no que se desenvolve unha representación teatral, unha película ou calquera outro espectáculo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción ou efecto de decorticar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de decrepitar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de decretar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desprendemento natural e periódico das pólas de certas árbores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cruzamento en forma de aspa ou de X das fibras nerviosas. No corpo humano, as principais decusacións son: a piramidal, das fibras motoras no plano bulbar; a de Forel, das fibras dos tubérculos cuadrixéminos anteriores; e a óptica, das fibras nerviosas do quiasma óptico.