"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución da poboación dun país.
-
-
Acción e efecto de deportar.
-
Pena de privación de liberdade consistente en enviar o condenado a un territorio afastado, fóra do país. Aplícaselles a persoas consideradas socialmente perigosas. Un primeiro precedente desta pena foi o ostracismo na Atenas clásica. Co desenvolvemento do colonialismo europeo dende o s XVI, os poderes xudiciais aproveitaron os territorios ultramarinos para enfatizar a dureza do castigo. Nos ss XVIII e XIX os británicos constituíron auténticas colonias penitenciarias na India e, sobre todo, en Australia. En Rusia, a dura estepa siberiana foi o campo preferido para as deportacións que decretaron tanto os tsares como os soviets contra os seus inimigos políticos. En España, onde se utilizaron os territorios americanos e as Canarias, a deportación desapareceu do ordenamento xurídico coa aprobación da Constitución de 1978.
-
-
-
Acción de depoñer.
-
Materia defecada.
-
Pena vindicativa eclesiástica que se lles aplicaba aos clérigos consistente na suspensión do oficio, na inhabilitación para obter novos cargos e na privación de todos os beneficios, cargos e pensións que o reo posúe.
-
Exposición ou redacción realizada verbalmente perante un xuíz ou tribunal.
-
Privación dunha dignidade ou cargo. A nobreza utilizouna na Idade Media como arma de presión sobre os soberanos. Algúns exemplos da historia española foron a deposición de Afonso X (1282) e a de Enrique IV (Farsa de Ávila, 1465).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a unha deposición.
-
-
Acción de depravar.
-
Condición do que está depravado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de deprecar.
-
-
Acción de depreciar ou depreciarse.
-
-
Diminución do valor dos elementos da actividade dunha empresa. Derívase dun aumento do poder adquisitivo da moeda reflectido na diminución dos prezos do mercado, dunha diminución ou cambio de orientación da demanda ou dun grande incremento da oferta.
-
depreciación monetaria
Perda do valor da moeda nacional como consecuencia dunha situación inflacionista de longa duración.
-
-
-
-
Acción de depredar.
-
Relación trófica entre dous organismos no que un, o depredador, persegue, captura e mata a outro, a presa, para alimentarse.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situación de illamento provocada pola carencia de estimulacións beneficiosas e necesarias para o desenvolvemento do individuo. Segundo a natureza dos estímulos que afectan a un individuo, pódese distinguir, por exemplo: deprivación estimular (ausencia de estímulos externos e carencia de obxectos desexados); deprivación sensorial (falta de estimulación como consecuencia de deficiencias no medio receptivo da información); e deprivación sociocultural (carencia de estimulación beneficiosa e necesaria para o desenvolvemento humano debida a unha situación de illamento social ou por pertencer a unha clase ou grupo social desfavorecido económica e culturalmente).
-
-
Acción de depurar.
-
-
Operación industrial consistente en eliminar o contido dos microorganismos -que, ás veces, poden ser patóxenos- que acumulan os moluscos criados en augas mariñas contaminadas.
-
depuración de augas residuais
Tratamento ao que se someten as augas residuais das poboacións ou das industrias co fin de separar delas elementos prexudiciais ou transformalos de maneira que resulten inofensivos. A depuración pode ser completa e pode ir seguida dunha etapa de potabilización, se a auga depurada se vai empregar de novo nas poboacións, ou ben reducirse a unha fase de eliminación dos elementos contaminantes, se a auga ten que retornar ao río ou ao mar. Esta fase consiste nunha separación, coa axuda de coagulantes, e nunha filtración. Para facilitar a sedimentación tense que someter a materia orgánica a un proceso de oxidación bacteriana denominada dixestión. Para coñecer a cantidade de materia orgánica disolta por unidade de volume, determínase a demanda biolóxica de osíxeno (DBO). Tamén se efectúa a determinación de metais pesados, fenois, deterxentes, compostos nitroxenados, etc.
-
-
Acción política encamiñada a manter e garantir a homoxeneidade político-ideolóxica dun réxime político mediante a eliminación dos membros considerados perigosos ou contrarios, ou acusados de colaborar co inimigo. En España as depuracións iniciáronse en 1823 coas purificacións incoadas a todos os funcionarios civís ou militares que desempeñaron cargos durante o Trienio Constitucional, e que podían ser declarados puros, impurificados ou impuros. No franquismo, afectaron aos mandos republicanos no exército e a determinados sectores da función pública, como a educación. En Europa, o nazismo practicounas no Partido Socialdemócrata Nazi a partir de 1938, separando a cargos disidentes na administración e no exército. Na Unión Soviética, producíronse en 1921 purgas no Partido Comunista Ruso, e co stalinismo, a partir de 1935, practicáronse depuracións sistemáticas no PCUS, que culminaron nos Procesos de Moscova (1936-1938). Os procesos xeneralizáronse trala Segunda Guerra Mundial para determinar...
-
olume de plasma que depura o ril ou outro órgano dunha substancia determinada e nunha unidade de tempo. A medida da depuración de substancias é un método efectivo para valorar a función renal, e exprésase en ml/min.
-
-
-
Corporación constituída por deputados ou representantes de territorios ou comunidades.
-
Exercicio ou cargo de deputado.
-
Conxunto de deputados, senadores ou representantes, depositario do poder lexislativo fóra dos períodos ordinarios de sesións ou cando as cámaras están disoltas pola convocatoria dun proceso de renovación das mesmas. As do Congreso de los Diputados e do Senado do Parlamento español intégranas un mínimo de 21 representantes dos grupos parlamentarios e presídeas o presidente da cámara respectiva. Entre as súas funcións destacan a de convocar o pleno da cámara en sesión extraordinaria sobre unha orde do día determinada e a de asumir as facultades das cámaras cando estas son disoltas ou expira o seu mandato no referemte á tramitación dos decretos-lei e á declaración dos estados de alarma, excepción e sitio. A deputación permanente do Parlamento de Galicia, presidida polo presidente da cámara, fórmana un mínimo de once parlamentarios, e cumpre, nas materias nas que a Comunidade Autónoma ten transferidas competencias, funcións similares ás súas homólogas do Parlamento español.
-
Institución creada para o goberno, administración e fomento dos intereses das provincias de Araba, Bizkaia, Guipuzkoa e Navarra. Ten unhas facultades lexislativas e executivas maiores ca as das deputacións provinciais recoñecidas polos seus respectivos foros, baseados nunha tradición histórica.
-
Institución supramunicipal que administra investimentos e presta servicios no territorio dunha provincia. As deputacións provinciais constitúense despois da celebración das eleccións locais en función dos resultados destas, cun número de deputados proporcional ao censo de residentes, que oscila entre 25 e 51. A elección destes realízase por partidos xudiciais, entre os concelleiros electos agrupados en listas de partidos políticos ou de coalicións, para un mandato de catro anos. A deputación elixe o seu presidente, que debe contar coa maioría absoluta dos votos dos deputados. As súas competencias son as que lles atribúen as leis do estado e das comunidades autónomas nos diferentes sectores de acción pública e, en todo caso, a coordinación de servicios municipais entre si, a asistencia e cooperación xurídica, económica e técnica nos municipios, a prestación de servicios públicos supramunicipais e, en xeral, o fomento e administración dos intereses xerais da provincia (vías de comunicación,...
-
Edificio que serve de sede da institución provincial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1822 para a administración e promoción dos intereses da provincia da Coruña. Constituíuse por primeira vez o 1 de xuño de 1822, en aplicación da resolución das Cortes españolas do 13 de xullo de 1821 que decidiu suprimir a provincia de Galicia e disgregar o seu territorio en cinco novas circunscricións. A cidade da Coruña converteuse na capital da demarcación; a concesión da capitalidade contou coa oposición de Santiago de Compostela, que aspiraba a ela. Suprimida en 1823 pola derrogación da Constitución, a deputación refundouse o 21 de novembro de 1835 na Coruña, trala recuperación do réxime constitucional, propiciada polo pasamento do Rei Fernando VII. Nese momento tamén foi problemática a designación da capital, pois Betanzos e Santiago de Compostela postuláronse como candidatas. A Deputación Provincial da Coruña centra a súa actividade en accións de apoio ao desenvolvemento económico e social, á mellora da rede viaria, á restauración de monumentos, á creación e...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada para a administración e promoción dos intereses da provincia de Lugo. Fundouse o 16 de maio de 1822, tralo proceso de desintegración da Diputación Provincial de Galicia pola adaptación á nova división provincial aprobada polas Cortes o 13 de xullo de 1821. A restauración do absolutismo, que significou a derrogación da Constitución, suprimiuna en 1823. Unha vez restablecido o constitucionalismo refundouse en novembro de 1835. Dende aquela data a institución gozou de continuidade e o territorio que administra coincide basicamente co da súa predecesora do período 1822-1823, que incluía o territorio da antiga provincia e diocese de Lugo e gran parte da de Mondoñedo. Entre os organismos e institucións dependentes da Deputación Provincial de Lugo destaca o Instituto Lucense de Desarrollo Económico y Social (INLUDES), o Museo Provincial de Lugo, o Centro de Artesanía e Deseño de Galicia e a Unidade de Promoción e Desenvolvemento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución establecida en xuño de 1882 para a administración e promoción dos intereses da provincia de Ourense. Xurdiu a partir da desaparición da Diputación Provincial de Galicia deseñada na nova división provincial aprobada polas Cortes o 13 de xullo de 1821. Aquela institución administrou un territorio que se correspondía basicamente co da antiga provincia e diocese de Ourense. A restauración absolutista suprimiuna en novembro de 1823. En 1835, despois do ascenso ao trono de Isabel II, volveuse restablecer; absorveu, entón, o partido de Valdeorras, que no anterior período pertencera á provincia de Villafranca del Bierzo. Da Deputación Provincial de Ourense dependen diferentes organismos, como o Centro Cultural Simeón, o Teatro Principal, o Instituto Ourensán de Desenvolvemento, o Padroado Provincial de Turismo, e diversas escolas, como as de artes e oficios, gaita e danza das que xurdiron agrupacións como a Real Banda de Gaitas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1836 para a administración e promoción dos intereses da provincia de Pontevedra. O seu precedente foi a Diputación Provincial de Vigo (1822-1823), que administrou durante o seu período de vixencia o mesmo territorio. O cambio de réxime propiciado polo ascenso ao trono de Isabel II (1833) significou a recuperación da administración provincial. Nesta circunscrición supuxo un traslado da capitalidade que beneficiou a vila de Pontevedra, que sostivo coas cidades de Tui e Vigo unha intensa pugna por acadar esa condición; incluso o goberno chegou a decretar o 26 de maio de 1836 o retorno da capital provincial a Vigo, pero a orde non chegou a executarse. No outono de 1840, co país inmerso nunha confrontación civil, a capital retornou a Vigo durante dúas semanas, prazo que non foi suficiente para consolidar o novo status quo e constituír unha nova deputación, porque, pasado ese tempo, o goberno deu instrucións para restaurar a situación precedente. A Deputación Provincial...
-
-
Acción e efecto de derivar ou derivarse.
-
Desviación artificial do sangue, de líquidos ou de procesos inflamatorios, dunha parte a outra.
-
Cada un dos puntos nos que se fai o exame da actividade eléctrica dunha parte do organismo, especialmente no electrocardiograma e no electroencefalograma.
-
-
derivación impropia/conversión morfolóxica
Derivación que se produce cando unha palabra pasa a desempeñar novas funcións sen que se dean cambios na súa forma (está feito un mecenas; foi un amencer precioso).
-
Procedemento morfolóxico de creación de novas palabras que consiste na combinación dun lexema ou raíz e un ou varios afixos. Desde o punto de vista da posición destes últimos con respecto á base distínguese entre derivación por prefixación, na que o afixo vai precedendo á raíz e non provoca nunca cambio de categoría sintáctica (xulgar > prexulgar), derivación por sufixación, cun afixo posposto que pode alterar a categoría da palabra derivada con respecto á palabra base (captar > captación) e parasíntese, que forma derivados mediante a aplicación simultánea e obrigada de prefixación e sufixación sobre un mesmo lexema (mudo > enmudecer, *enmudo, *mudecer). Hai derivación simple ou inmediata cando o afixo vai unido directamente á raíz (rexional), e derivación mediata ou complexa cando entre a raíz e o afixo se interpoñen outros afixos, xeralmente con matices aspectivos (tirotear < tir + ot + ear). A derivación caracterízase...
-
derivación regresiva [ingl: back formation]
Derivación pola que se forman substantivos a partir de verbos e que se caracteriza fundamentalmente pola ausencia de afixo, feito que provoca unha redución na súa forma (bailar > baile; disparar > disparo).
-
derivación sinonímica
Derivación que provoca a extensión dun proceso de modificación semántica a sinónimos, antónimos e palabras asociadas coa forma orixinariamente afectada. Por exemplo, no ámbito sexual, o substantivo quente estende o seu trazo semántico engadido a sinónimos (ardente, fogoso) e antónimos (frío, fríxido). Tamén se denomina designación sinonímica.
-
derivación xenérica
Derivación en que conflúen procedementos flexivos e derivativos que motivan que nun morfema flexivo de xénero se aglutinen, ademais dos valores que lle son propios, outros valores semánticos relacionados co tamaño (saco/saca) ou forma (cesto/cesta); prodúcese, logo, un cambio de significado propio da derivación, pero consérvanse os valores xenéricos dos morfemas flexivos.
-
derivación impropia/conversión morfolóxica
-
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resposta inflamatoria alérxica que se localiza na pel por contacto ou por introdución dunha substancia á que o organismo é sensible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
derrogación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de derrogar.
-
-
Acción e efecto de desacelerar.
-
Parámetro que indica o ritmo de variación temporal da expansión do Universo como consecuencia da gravitación do conxunto. Ten a expresión q 0 =-R(d 2 R/dt 2 )/(dR/dt) 2 , onde R é o factor cósmico de escala. Segundo o valor de q 0 o Universo pode ser: aberto, se q 0 <1/2; pechado, se q 0 >1/2; ou infinito, se q 0 =1/2.
-
Pista de acceso dende o circuíto de carreiras de automobilismo ou motociclismo aos boxes.
-