"RG" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2188.

  • Organismo internacional creado por unha convención asinada en Estocolmo en 1967, que entrou en vigor en 1970. É unha axencia especializada da ONU e proponse promover a protección da propiedade intelectual en todo o mundo. Comprende dúas ramas principais: a propiedade industrial e o copyright, principalmente en literatura e artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo da ONU, con sede en Xenebra, que se creou en 1948 para promover a mellora das condicións sanitarias en todo o mundo. Comprende unha Asemblea Mundial da Saúde, que se reúne anualmente, e un Consello Executivo, dirixido pola Asemblea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional da ONU, con sede en Madrid, creada para promover e desenvolver o turismo responsable, sostible e accesible para todos. Pretende estimular o crecemento económico, a creación de emprego e incentivar a protección do medio natural e do patrimonio cultural, amosando especial interese polos países en vías de desenvolvemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional con sede en Xenebra creada polas negociacións da rolda Uruguay (1986-1994) o 1 de xaneiro de 1995 como sucesora do GATT. O seu obxetivo é prestar axuda aos produtores de bens e servizos, aos exportadores e aos importadores promover as súas actividades e supervisar as políticas comerciais nacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sen ánimo de lucro creada en 1938 en Burgos co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos cegos e deficientes visuais. Ten escolas de ensino xeral e laboral e os seus afiliados están autorizados para a venda de cupóns para un sorteo diario, con premios en metálico. Creou, en 1988, a Fundación ONCE para la Cooperación e Integración Social de las Personas con Discapacidad e, en 1993, a Corporación Empresarial ONCE (CEOSA), para buscar obxectivos de financiamento distintos ao cupón, e emprego para persoas cegas ou con outra discapacidade. Pon a disposición dos seus afiliados unha biblioteca que conta con máis de 11.000 obras en braille, máis de 1.700 en soporte informático, máis de 20.000 en formato de son, ao redor de 3.600 partituras musicais en braille e máis de 30.000 obras en tinta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo guerrilleiro fundado en 1954 e dirixido por Georgios Grivas, que loitou contra os británicos para acadar a independencia de Chipre. Despois de disolverse apareceu de cando en vez para atentar contra o goberno republicano ou contra a comunidade turco-chipriota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato escindido de Comisiones Obreras entre 1972 e 1979. Foi unha organización comprometida coa problemática nacional galega e xurdiu para loitar por un cambio social e político profundo. Axudou a que a Unión do Pobo Galego (UPG) e o Sindicato Obreiro Galego (SOG) tiveran o seu espazo dentro da clase obreira. A súa estrutura estaba formada por un comité executivo e varios comités de zona, onde se integraban células de militantes e simpatizantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo político-militar creado en Xerusalén en 1964. Intentou agrupar os refuxiados palestinos para manter o seu nacionalismo. Algúns grupos, como Saika ou al-Fatah, refusaron adherirse porque emanaba duns estados incapaces ata aquel momento de liberalos. O efecto máis notable da Guerra dos Seis Días (1967), coa ocupación israelí de toda Palestina (Guerras Árabe-israelís), foi o de acrecentar o nacionalismo e rexeitar toda solución que non fose a liberación total de Palestina. A raíz dos ataques a Tunisia (1985 e 1988), onde estaba o cuartel xeral da organización e aos campos de refuxiados palestinos de Líbano, a organización escindiuse en grupos moderados, comandados por Yasser Arafat, e radicais, que tiñan o apoio de Líbano e Siria, e que obrigaron a Y. Arafat a dispersar as súas forzas por Alxeria, Tunes e a República Árabe do Iemen. Cando o Rei Hussein I de Xordania renunciou (xullo de 1988) á posesión de Cisxordania, o Consello Nacional de Palestina proclamou en Alxeria un estado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional creada en Budapest o 6 de decembro de 1994, herdeira da Conferencia sobre Seguridade e Cooperación en Europa (CSCE). Nela participan 55 países de Europa, Asia e América do Norte, e ten a súa sede en Viena. Os seus obxectivos son o fomento da paz, da seguridade, da xustiza e da cooperación en Europa. A CSCE era unha organización rexional creada co obxectivo de defender a seguridade en Europa e fomentar a cooperación económica, científica, tecnolóxica, cultural e do medio natural entre os países europeos. Naceu en 1972 dunha serie de conferencias que deron lugar á Acta Final de Helsinqui sobre as relacións Leste-Oeste firmada o 1 de agosto de 1975 na Conferencia de Helsinqui. Posteriormente tiveron lugar as conferencias de Belgrado (1977-1978), de Madrid (1980-1983) e de Viena (1986-1989). As áreas de competencia da CSCE incrementáronse coa Carta de París para unha nova Europa (1990), que transformou a CSCE nunha organización consolidada no Acordo de Helsinqui (1992)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político fundado na Coruña en outubro de 1929. Na súa formación converxeron dúas tendencias, o republicanismo tradicional de Santiago Casares Quiroga e o nacionalismo galego de Antón Villar Ponte. O manifesto fundacional afirmaba que non era un partido nacionalista, xa que o referente nacional era España, e entre os seus obxectivos estaba a intención de transformar o Estado español en república federal, a separación de poderes entre Igrexa, estado e exército, e a consecución dun réxime de autonomía para Galicia. Destacou a súa promoción e engrandecemento de Galicia. A súa militancia baseouse nas clases medias e pequenos burgueses, e estruturouse de forma piramidal como un partido de comités. No Pacto de Lestrobe (16.3.1930) fixaron, xunto con Alianza Republicana, a constitución da Federación Republicana Gallega (FRG), co obxectivo de instaurar a república e conseguir a autonomía de Galicia, polo que quedaban definidos como un partido republicano-autonomista. Presentáronse aos comicios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido comunista do Estado español creado, en 1969, como froito da radicalización do grupo obreiro católico Acción Sindical de Trabajadores, que existía en Madrid desde 1963. Foi unha organización maoísta, prochinesa e antisoviética e, desde 1977, impulsou o Sindicato Unitario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema sindical de carácter vertical vixente en España durante o Franquismo. O Fuero del Trabajo (1938) uniu nun organismo unitario todas as ramas da produción en sindicatos verticais baixo a dirección do Estado. Posteriormente, disoltas as antigas sindicais obreiras libres, empresarios e traballadores integráronse nunha única sindical. Desapareceu en 1976 no marco da transición á democracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de organizacións privadas que teñen como obxectivo elaborar e executar plans de pesca, concentrar a oferta, regular os prezos, mellorar a calidade e actuar como empresas. Deben constituírse por libre iniciativa dos produtores e foron creadas para adaptar a normativa á entrada na Comunidade Económica Europea. Foron reguladas por primeira vez en 1970.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de asociacións de confesión católica e maioritariamente laicas que se caracteriza por un obxectivo apostólico, realizado a nivel internacional en tanto que institucións específicas e que, como tales, son recoñecidas e inscritas pola Santa Sé, que intervén tamén na aprobación de estatutos e nomeamentos de presidentes e conselleiros. Moitas gozan dun estatuto consultivo ante a ONU, a UNESCO, a FAO ou o Consello de Europa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de organizar ou organizarse.

    2. Que presenta orde ou organización.

    3. Que está formado por órganos.

    4. Que ten o carácter ou a estrutura propia dun organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen organiza.

      1. Parte dun embrión capaz de exercer unha influencia química que no decurso do desenvolvemento embrionario orixina procesos de diferenciación dos tecidos. Inicialmente Spemann extirpou o beizo dorsal da gástrula do limpafontes e, transplantándoo á rexión ventral doutra gástrula, obtivo un novo embrión. Concluíu que o organizador debía ser polo menos tan grande como a rexión que máis tarde se converte en notocorda e metámero, se ben o poder organizador é máis grande no centro desta rexión. En 1938 demostrou que diferentes zonas do organizador presentan diferentes propiedades, que inducen á formación de órganos diferentes.

      2. centro organizador

        centro organizador.

    2. Recurso didáctico que ten como función establecer unha relación entre os coñecementos previos dun alumno e os novos coñecementos que se queren facer adquirir. Os organizadores previos constitúen un dos elementos integrantes da teoría da aprendizaxe de David Ausubel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Preparar a realización de algo.

    2. Pór algo de maneira ordenada.

    3. Crear ou formar algo.

    4. Adoptar un método de traballo ou distribuír o tempo dunha determinada maneira para realizar unha actividade.

    5. Crearse ou formarse algo.

    6. Constituírse de determinada maneira, sobre todo en grupo, para alcanzar un obxectivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten capacidade para organizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Agrupación de diversos tecidos que forman unha unidade estrutural encargada do cumprimento dunha función determinada nun vexetal ou nun animal. O conxunto de órganos con orixe embrionaria común e cunha función relacionada constitúen un aparato.

      2. Parte do corpo que, a pesar de estar constituído por elementos que proveñen de sistemas diversos, constitúe unha unidade para a función ou as funcións determinadas que exerce. Así fálase, entre outros, de órgano acústico ou de Corti, do gusto (papilas da mucosa lingual), do olfacto (rexión superior da pituitaria onde están as ramificacións do nervio olfactorio) ou da visión (nervio óptico, globo ocular ou pálpebras).

      3. órgano de fonación /

        Cada un dos órganos do corpo humano que participan na produción de emisións fónicas. Recoñécense tres sistemas: o aparato xerador de corrente aérea (pulmóns, traquea), o aparato fonador (larinxe), que pon en vibración aquela corrente, e o aparato articulatorio (lingua, labios), que matiza e amplifica certos trazos acústicos da onda.

    1. Peza, dispositivo ou mecanismo dunha máquina que serve para producir, absorber, transmitir ou guiar un esforzo, un momento ou un movemento. Fálase de órganos ou elementos de unión (remaches, chavetas, parafusos), órganos para movementos de rotación (chumaceiras, eixes), órganos para a transmisión de potencia entre eixes (rodas dentadas, correas, cadeas), órganos de construción de máquinas motrices (pistóns, cegoñais, bielas) e órganos de canalización (tubos, manguitos, válvulas)

      1. Instrumento ou medio que serve para levar a cabo unha acción.

      2. Medio de difusión voceiro das ideas dun grupo, partido, entidade ou sociedade.

      3. Unidade administrativa integrada por unha esfera de atribucións e competencias e unha serie de medios materiais, que son exercidos e utilizados por unha ou máis persoas adscritas á unidade indicada.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de que se emprega na formación de palabras co significado de ‘orgánico’.

    VER O DETALLE DO TERMO