"Lor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 863.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome baixo o que se agrupa un certo número de minerais, de fórmula xeral A6[(OH)8(Al,Si)4O10], onde A pode ser magnesio, ferro, manganeso, etc, relacionados co grupo das micas. Está formada por tetraedros de SiO4 enlazados entre eles en forma de hexágonos sobre un plano. A súa composición química é extraordinariamente variable debido a que estas capas de tetraedros están ligadas por outras capas de brucita e hidrarxilita e, ademais, teñen unha gran facilidade para admitir toda clase de átomos na súa estrutura. As cloritas fórmanse a partir das micas a temperaturas pouco elevadas. Neste grupo encóntranse dous subgrupos: as ortocloritas e as leptocloritas; estas últimas teñen a propiedade de perder auga a pouca temperatura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está composto de clorita ou que a contén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de descomposición que ten lugar en piroxeno, anfíbolos, granates, biotitas e vesivianitas, nos que provoca a súa transformación en minerais da serie da clorita.
-
-
Calquera sal do ácido cloroso.
-
Anión de fórmula ClO 2 - .
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato alumínico de ferro, magnesio e manganeso, de fórmula (Fe,Mg,Mn)2(AlFe+3)Al3O2 SiO4(OH)4. Cristaliza no sistema monoclínico. É moi semellante ao grupo das cloratitas tanto pola súa cor e composición coma pola súa estrutura en follas. Encóntrase case sempre en forma de masas compactas, follas ou escamas. De cor verde ou verde escura, a súa dureza é 5,56 e a súa densidade é 3,52-3,56.
-
-
Elemento pertencente ao grupo VII da táboa periódica (grupo dos halóxenos), de número atómico 17 e peso atómico 35,453. O elemento natural é unha mestura dos núclidos 35 (75,4%) e 37 (24,6%); tamén se lle coñecen os isótopos artificiais 32, 33, 34, 36, 38, 39 e 40. É un gas diatómico tóxico de cor verde. En 1646 J. R. Glauber describiu a preparación e en 1772 J. Priestley foi o primeiro en obter a forma anhidra; poucos anos despois, en 1774, K. W. Schelee obtívoo por oxidación do ácido clorhídrico. A codia terrestre ten un 0,2 % de cloro na súa composición, e a auga do mar ten unha proporción de 2,5 % en forma de cloruro de sodio. En estado natural existe en forma de cloruros cristalizados, dos que os máis coñecidos son: cloruro de sodio, sal xema ou hialita, silvina, silvinita e carnalita, todos activamente explotados. De cheiro forte e sufocante, o cloro é un tóxico activo que provoca a morte en poucos minutos se o aire respirado contén máis de 2,5 mg/l; foi o primeiro gas asfixiante...
-
Cantidade de cloro que queda presente na auga con actividade bactericida. No fornecemento de auga ás poboacións ten que ser da orde de 0,2 a 0,5 mg/l a fin de asegurar a súa potabilidade durante o paso pola rede de distribución.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
clor(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Clorofosfato de calcio, de fórmula Ca5Cl(PO4)3. Representa un termo extremo dentro da mestura isomorfa que xeralmente se engloba baixo o termo de apatita.
-
-
Relativo ou pertencente ás clorobiáceas.
-
Bacteria da familia das clorobiáceas.
-
Familia de bacterias da orde das pseudomonadais constituída por pequenos bacilos Gram-negativos inmóbiles. Son fotolitótrofas e anaerobias estritas, que utilizan o dióxido de carbono como fonte de carbono e o ácido sulfhídrico como receptor final de electróns. Polo xeral, viven nas capas profundas de moitas lagoas de augas salobres ricas en ácido sulfhídrico. Tamén se coñecen como bacterias fotosintetizadoras verdes do xofre.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome sistemático da acetona-cloroformo.
-
-
Relativo ou pertencente ás clorococais.
-
Alga da orde das clorococais.
-
Orde de algas verdes, da clase das clorofíceas, que abranguen especies, principalmente de auga doce, unicelulares e inmóbiles, solitarias ou coloniais, cun plastidio axial, como no xénero Trebouxia, ou parietal, como no xénero Chlorella.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento respiratorio verde do sangue de certos anélidos poliquetos. É unha proteína conxugada cun composto do grupo hemo. A súa estrutura e capacidade de transporte do osíxeno son similares ás da hemoglobina, pero se transporta de forma libre no plasma sanguíneo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cloruro de etilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cloruro de vinilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto que contén un átomo de cloro unido a un grupo fenol. Segundo a posición do cloro respecto ao grupo hidroxilo, pódense distinguir tres isómeros: orto-, meta- e para-. Os tres teñen propiedades físicas diferentes, pero todos se empregan como desinfectantes a causa da súa acción antiséptica.
-
-
Relativo ou pertencente ás clorofíceas.
-
Alga da clase das clorofíceas.
-
Clase de algas que coloniza unha ampla variedade de hábitats; pódense atopar tanto en solos agrícolas ou cascas das árbores como en augas continentais ou mariñas, aínda que a maioría das especies viven en augas doces. As máis delas son microscópicas, algunhas unicelulares monadais (Pediastrum, Closterium), outras coloniais (Volvox) e moitas, filamentosas (Spyrogira, Zygnema e Ulotrix). A cuberta verde que aparece nos solos e nas rochas húmidas, nas pozas ou nas augas paradas dos regatos, son algas verdes deste tipo, que lle deben a súa cor á presenza dun pigmento (clorofila b) semellante ao que presentan os fentos, as plantas con flores e os musgos. As especies mariñas de maior tamaño son as que presentan unha morfoloxía laminar (Ulva e Prasiola), tubular ou filamentosa (Enteromorpha, Chaetomorpha e Cladophora)) ou cilíndrica e esponxosa (Codium). Viven na zona intermareal dos rochedos e, raramente, nas marismas, pero sempre en zonas nitrificadas e cunha gran cantidade de materia orgánica,...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pigmento verde que presentan as plantas e os protocariotas fotosintetizadores, de estrutura porfirínica cun átomo de magnesio central. Existen varias clorofilas que se distinguen polos radicais que se unen a esta estrutura porfirínica. As principais clorofilas son as a e b presentes nas plantas superiores e nas algas verdes; para a clorofila a, R=CH3, e para a b, R=CHO. A clorofila c está presente en diatomeas, dinoflaxeladas e feofíceas fundamentalmente, a clorofila d nas rodofíceas e a bacterioclorofila nas bacterias. As diferencias entre estas clorofilas son relativamente pequenas, pero todas teñen a súa función específica na fotosíntese; cada unha absorbe unha franxa de lonxitudes de onda diferente. Nas plantas superiores, a clorofila está nos cloroplastos. Industrialmente, emprégase na preparación de cosméticos e desodorizantes.
-
-
Relativo ou pertencente á clorofila.
-
Que contén clorofila.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás clorófitas.
-
Alga da división das clorófitas.
-
División de vexetais á que pertencen as clases das carofíceas, clorofíceas, prasinofíceas e ulvofíceas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto formado por cloro, flúor e carbono. Hainos de diversos tipos, empregados en aerosois, neveiras, aparatos de aire acondicionado, etc. Estes gases son totalmente inertes na atmosfera, pero, por mor da súa menor densidade, ascenden ata a estratosfera e entran en contacto coa capa de ozono. Baixo a acción da luz ultravioleta, os CFC descompóñense liberando un átomo de cloro que se oxida formando un radical clorado (ClO), capaz de romper a molécula de ozono. Debido á súa acción degradante da capa de ozono, os países industrializados chegaron a un acordo o 1 de xaneiro de 1996 para eliminar totalmente o seu uso.