"PS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

    1. Curva pechada que resulta da intersección dunha superficie cónica cun plano que non é paralelo a ningunha xeratriz nin ao eixe daquela; é, xa que logo, unha cónica. A súa ecuación en coordenadas cartesianas referidas aos seus dous eixes perpendiculares de simetría é (x 2 /a 2 )+(y 2 /b 2 )=1, onde a é o semieixe maior e b o semieixe menor. A elipse verifica que a suma das distancias dun punto calquera da curva a dous puntos fixos chamados focos é unha cantidade constante. A cantidade e=Ö1-(b 2 /a 2 ) é a excentricidade da elipse, que sempre é menor ca 1. Cando e=0 a elipse convértese nunha circunferencia. A área dunha elipse de semieixes a e b é S=πab.

    2. Supresión dalgún elemento lingüístico que debería estar presente desde a perspectiva gramatical e lóxica, pero que se pode deducir con facilidade do contexto, posto que non impide a comprensión integral do sentido do enunciado.

    3. Técnica temporalizadora empregada na narrativa, e tamén no teatro ou na poesía de compoñente narrativo, que consiste en suprimir algunhas partes da historia ou sucesión cronolóxica dos feitos de xeito que o tempo do relato ou modo no que se contan tales feitos sexa menor ca o da historia. Máis adiante, os acontecementos omitidos poden ser recuperados mediante a analepse ou secuencia retrospectiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro de relatos de Xosé Luís Méndez Ferrín publicado en 1974 co que o autor regresou ao relato curto tras un silencio narrativo de varios anos, só interrompido pola publicación de Retorno a Tagen-Ata (1971). O libro tivo unha segunda edición en 1983 na que Ferrín incorporou o conto que lle dá título ao volume, “Elipsis”, suprimido da primeira publicación por motivos de censura, como se explica no aviso inicial da segunda edición. Deste xeito, a edición completa de Elipsis e outras sombras consta de oito relatos encabezados por un que serve de prólogo “Impunidade” e outro que pecha o volume co título de “Epílogo. Ditadura das cousas”. “Prólogo. Impunidade” céntrase na continuidade ideolóxica entre un usureiro vilego, ignorante e reaccionario, e o seu fillo, un señorito que participará en diversos asasinatos fascistas. Os seis contos centrais, comezando por “Elipsis” constitúen seis variacións sobre o mesmo tema: a loita de clases. As clases sociais enténdense sempre coma castes, unhas mantedoras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento que serve para trazar elipses.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao elipsoide.

    2. Que ten forma de elipsoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de elipse.

    2. Superficie de segundo grao ou cuádrica con centro que ten por ecuación (x 2 /a 2 )+(y 2 /b 2 )+(z 2 /c 2 )=1 se os eixes de coordenadas son os propios da cuádrica. Unha elipse que xire ao redor do seu eixe menor determina un elipsoide achatado e unha elipse que xire ao redor do seu eixe maior determina un elipsoide alongado. Cando a=b=c=r o elipsoide convértese nunha esfera de radio r.

    3. Figura sólida onde todas as seccións planas son elipses ou círculos, empregada para representar os valores de deformación dun material.

    4. Elipsoide que ten as lonxitudes dos tres eixes perpendiculares proporcionais aos índices de refracción ao longo de cada unha das directrices que estes eixes sinalan nun medio opticamente anisótropo.

    5. Forma matemática exacta do elipsoide adoptada polo convenio internacional referente ao achatamento da Terra, que se emprega como referencia en cartografía.

    6. Elipsoide aplanado que ten o eixe menor paralelo ao eixe da Terra, e que se emprega en xeodesia para aproximar matematicamente a forma do xeoide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico inglés. Exerceu a docencia na Universidade de Sheffield. O intelectualismo e a influencia dos metafísicos e de Eliot caracterizan a súa obra. A súa produción poética, constituída por Poems (Poemas, 1935) e The Gathering Storm (A reunión tormentosa, 1940), recolleuse en Collected Poems (Poemas recollidos, 1955). Así mesmo, destaca o seu ensaio sobre poesía Seven Types of Ambiguity (Sete tipos de ambigüidade, 1939).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de ensamblaxe das proteínas que forman a cápside dos virus de xeito que queda no interior o seu material xenético.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de encapsular.

    2. Operación que consiste en revestir os circuítos integrados e as súas conexións externas para os protexer do exterior e previr que a temperatura interna do circuíto non alcance niveis que o farían inoperante. Hai tres tipos básicos de encapsulación: a metálica, a cerámica e a plástica. A primeira presenta unha mellor transferencia da calor, pero é máis cara. Para as aplicacións comerciais é corrente empregar a de plástico do tipo dual inline.

    3. Operación que consiste en poñer un medicamento dentro dunha cápsula dixerible para facilitar a súa administración.

    4. Proceso de formación dunha cápsula constituída por unha substancia non normal no lugar en que se constituíu.

    5. Técnica para illar unha masa de residuos e que implica o completo revestimento ou illamento dunha partícula tóxica ou dun aglomerado de residuos mediante o emprego dunha substancia distinta, que pode ser un aditivo para solidificar e estabilizar. Emprégase para tratar residuos perigosos de xeito que non afecten ao ambiente. Nalgúns casos os produtos obtidos utilízanse como materiais de construción, cando o grao de estabilidade é alto e o risco para a saúde humana e o medio é baixo. Fálase de microencapsulación cando se trata de partículas individuais e de macroencapsulación cando é un aglomerado de partículas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Meter algo dentro dunha cápsula.

    2. Agrupar información abstraída de obxectos coas operacións que un programa debe realizar con dita información.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos eopsáltridos.

    2. Ave da familia dos eopsáltridos.

    3. Familia de aves, da orde dos paseriformes, que oscila entre os 14 e 18 cm de lonxitude; as máis das especies teñen a cabeza e o lombo escuros, e os machos caracterízanse por ter o peito vivamente coloreado de vermello ou amarelo. Son de hábitos insectívoros e buscan as súas presas principalmente no chan. Abrangue 34 especies distribuídas por Australia e Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica que consiste na repetición dunha palabra no medio doutras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trastorno repetitivo e paroxismal da función cerebral, que se caracteriza por ataques ou crises debidos a unha descarga excesiva das neuronas cerebrais. Estas crises epilépticas son incontroladas, repentinas e de curta duración, asociadas con diversas manifestacións como alteracións da consciencia, da actividade motriz ou presenza de fenómenos sensitivos anormais. A súa causa descoñécese nun 75% dos casos, o que se denomina como epilepsia idiopática, e pódese presentar a calquera idade, sobre todo en persoas que teñan antecedentes familiares; aínda que tamén se relaciona con defectos conxénitos, anomalías metabólicas, deficiencias nutricionais, lesións cerebrais, alteracións vasculares, infeccións, trastornos dexenerativos ou tumores. A epilepsia considérase xeneralizada cando afecta a todo ou á maior parte do cerebro, e localizada ou focal cando afecta só a unha parte. A diagnose correcta da epilepsia baséase, ademais de nos síntomas, na exploración de laboratorio, en especial, por medio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Postscript encapsulado, formato estándar de arquivo para o almacenamento de gráficos que empregan moitas aplicacións e diversos equipos informáticos (ordenadores, impresoras, filmadoras, etc) para conseguir que o resultado, ao manipular un documento -por exemplo, ao imprimilo-, sexa sempre o mesmo, independentemente do equipo utilizado. Estes arquivos identifícanse coa extensión.eps.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome da quinta letra do alfabeto grego <ε>, en minúscula, e <E>, en maiúscula, que equivale ao Ĕ breve do latín. Como signo numérico equivale a 5 (ε ‘) ou ben a 5.000 (,ε).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Surrey, Inglaterra, Reino Unido, situada ao S da aglomeración de Londres (69.400 h [estim 1982]). É un importante centro turístico e deportivo, onde se celebra anualmente o Derby de cabalos. Fundada en época saxona, pertenceu desde o 933 á abadía de Chertsey. A vila desenvolveuse ao redor da igrexa de San Martiño, e a principios do s XVII converteuse no primeiro centro termal de Inglaterra. A decadencia do turismo termal comezou a partir de 1730 e a cidade transformouse nun lugar de paso para os viaxantes a Brighton. A fundación no ano 1780 do Derby relanzou o turismo. Do seu patrimonio cultural destacan as Ashley House, Waterloo House e Woodcode Green House, de estilo vitoriano, os hospitais de Manor (1899), Horton and St. Ebba’s (1901) e Long Grove (1907), e os xardíns de Nonsuch Park e Horton Country Park.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de magnesio hidratado, de fórmula MgSO4·7H2O. Cristaliza no sistema rómbico. Os cristais, escasos na natureza, preséntanse normalmente en cotras fibrosas, aciculares ou capilares. Ten unha dureza 2-2,5 e unha densidade 1,7. Os cristais son incoloros e transparentes, e os exemplares en masa son brancos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa xaponesa que fabrica material informático, coñecido sobre todo pola calidade das súas impresoras, que estableceron estándares no mercado, seguidos despois por outras compañías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Estudiou na École des Beaux-Arts e na Académie Julian de París (1902-1905) e, seguidamente, estableceuse en Inglaterra. Durante a súa estancia en París recibiu as influencias de Rodin, Picasso e Brâncu ṣ i e, ao instalarse en Londres, achegouse aos vorticistas. As 18 estatuas realizadas para a British Medical Association (1907-1908) suscitaron críticas nos ambientes académicos que consideraron obscenas as figuras espidas. O mesmo sucedeu coa tumba de Oscar Wilde no cemiterio Père Lachaise en París (1911), prohibida por indecente ata que se taparon os órganos sexuais do anxo. Entre outras obras destacan St. Michael casting down Satan (San Miguel vencendo a Satanás), Lucifer, Rima e Madonna and child (A Virxe e o Neno). Recibiu o título de sir en 1954.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teórico e realizador cinematográfico. Iniciou a súa filmografía con L’auberge rouge (A pousada vermella, 1923) e con La chute de la maison Usher (A caída da casa Usher, 1928), e chegou a ser un dos máximos expoñentes da vangarda francesa. Da súa obra teórica destaca Bonjour cinéma (Bos días cine, 1921).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Herpesvirus humano, presente en todas as poboacións do mundo, que se transmite pola saliva. O seu xenoma está constituído por unha molécula de ADN bicatenario cunha lonxitude dunhas 172 kbp. A infección primaria adoita producirse na primeira infancia; se ten lugar durante a adolescencia pode desenvolver unha mononucleose infecciosa. Está asociado a certos tipos de cancros como o linfoma de Burkitt.

    VER O DETALLE DO TERMO