"Santa María" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 234.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Negreira. Datada a mediados do s XII, construíuse en estilo románico con muros de cantaría e cachotaría de granito. Sufriu numerosas reformas e consta dunha soa nave con ábsida rectangular, e dous arcos semicirculares de descarga en cada un dos lados exteriores da ábsida, entre os seus contrafortes e o testeiro da ábsida. A sancristía engadiuse nun muro lateral. A fachada ten tres corpos e no da esquerda sitúase a torre.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sober. Sobre a primitiva traza románica (s XII), ergueuse unha nova construción de planta e ábsida rectangular. No seu interior destacan os arcos que arrancan de columnas de fustes cortos, cilíndricos e monolíticos. Na capela maior consérvanse pinturas murais do s XVI, que representan a Adoración dos Magos e a dos pastores, a fuxida a Exipto ou a Visitación. Só conserva restos románicos na ábsida.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado na desembocadura do Guadalete (76.236 h [2001]). É porto pesqueiro e de exportación dos viños de Jerez de la Frontera. De aquí saíron moitos barcos da descuberta americana. Ademais, conta con industrias relacionadas coas vidrarías e salinas. Conserva o castelo de San Marcos (s XIII) e a igrexa de Santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ermida hispanovisigoda situada en Mambrillas de Lara (Burgos). Construída en cantaría durante os ss VII e VIII, só se conservan en pé algunhas partes como a capela maior e o brazo do cruceiro. Tiña planta de cruz latina, con tres naves en sentido lonxitudinal e unha cámara en cada extremo do cruceiro, e ábsida de planta cadrada. As naves laterais tiñan bóvedas de aristas coas arcadas de ferradura e a nave central e o cruceiro cubríanse con bóveda de cañón. Destaca a decoración en baixorrelevo con elementos propios da natureza como a lúa, o sol, motivos vexetais ou aves. Durante a Idade Media empregouse como mosteiro feminino e conservouse boa parte do edificio orixinal ata o s XIV.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro franciscano situado en Palos de la Frontera (Huelva). Construído entre os ss XIV e XV, cobrou importancia polo apoio que prestaron os seus monxes frei Antonio de Marchena e frei Juan Pérez a Cristovo Colón, os cales conseguiron que puidese realizar o seu proxecto de viaxe ás Indias, ao intervir no seu favor diante de Isabel I a Católica. Foi declarado BIC en 1856.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cenlle. Ten planta de cruz latina cunha soa nave lonxitudinal e ábsida semicircular. As capelas laterais e a ábsida cóbrense con bóvedas estreladas. Destaca o retablo do altar maior de estilo renacentista (ss XVI-XVII) e unha imaxe da Inmaculada do s XVI. Conserva restos románicos, como os canzorros e a porta sur, con arco de medio punto lixeiramente apuntado, decorado con motivos xeométricos. A fachada principal é sobria, sen decoración, e remata nunha espadana de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ourense. Construída en estilo románico, barroco e neoclásico, ten planta de cruz latina cunha soa nave con cúpula central semicircular. No seu interior destaca o retablo-baldaquino do s XVIII. Na fachada salienta a torre-campanario e os contrafortes.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Ribadavia. Pertenceu aos monxes de Santa María de Oseira, que recibiron a súa doazón por parte do Rei Fernando II en 1164 cando aínda estaba en construción. Reedificada no s XIII, no s XIV pasou a depender do bispado de Tui, ata que a pasou á diocese de Ourense. Ten unha soa nave con cuberta de madeira e o presbiterio cóbrese con bóveda renacentista. Da construción orixinal só se conserva a fachada, de estilo románico de transición, na que destaca o arco oxival con dúas arquivoltas apuntadas sustentadas por columnas acaroadas. Na parte superior ten un rosetón cunha celosía. O resto do edificio pertence a épocas posteriores, sobre todo do Renacemento. No adro atópase un cemiterio e consérvase un cruceiro barroco.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada en Ribadavia. Estivo baixo a advocación de san Xes e atopábase no recinto do castelo dos condes de Ribadavia ata que se trasladou ao barrio xudeu. No s XIV o bispado de Tui cedeulla ao mosteiro de San Salvador de Celanova e a partir de 1486 comezou a coñecerse co nome actual. De estilo barroco, ten unhas dimensións considerables e foi modificada no s XVIII cando se reconstruíu a capela maior, e en 1826, momento no que renovou a fachada e se construíu a cornixa e a torre.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Ribadeo. Realizada en cachotaría e cantaría granítica, é unha reconstrución do antigo convento franciscano do s XIII. Consta de nave central cuberta de bóveda de nervios, capela maior, dúas capelas absidiais e outras laterais. No seu interior destacan os arcos románicos polos que se accede á antiga sala capitular desde o claustro. Na fachada principal salienta a porta gótica do s XIV con columnas e capiteis con decoración vexetal e unha gran fiestra tamén decorada. No centro da fachada sitúase unha torre-campanario gótica, e no lado esquerdo unha portada gótica semellante á principal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Paradela. Posiblemente fundado no s VIII polo abade Quintila, constátase a súa existencia desde o s IX seguindo a regra de san Froitoso de Braga. Viviu a época de maior esplendor no s IX coa etapa dos cabaleiros templarios de Galicia e, de feito, a primeira reunión dos cabaleiros da orde militar de Santiago celebrouse neste mosteiro. A condesa Ermesinda mandouno restaurar, e en 927 os reis Sancho I Ordóñez e Afonso IV de León decidiron, nunha asemblea celebrada en Lugo, unha nova restauración disciplinar do mosteiro, que se lle encargou ao conde Gutier, pai de san Rosendo. A renovación do mosteiro confirmárona máis tarde os reis Ramiro II de León e Vermudo II. Posteriormente, estivo ocupado por monxes que seguían a regra de santo Agostiño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Mosteiro de Ribeira (Xinzo de Limia). Foi fundado por Afonso Romariquiz e a súa dona Gutina como mosteiro dúplice e familiar entre finais do s IX e principios do X. No s XI pasou a depender de San Salvador de Celanova ata que no s XIII o Rei Afonso VIII llo cedeu ao mestre Lourenzo. Desde mediados do s XIII ata o XVI foi priorado de Celanova e tivo numerosas posesións.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lobios. De estilo barroco, ten planta de cruz latina, coa sancristía acaroada ao presbiterio. A nave, de tres tramos, divídese en pilastras e cóbrese con bóveda de canón. No seu interior conserva un retablo de dous corpos e tres rúas, no que destaca o sagrario en forma de torre e con relevos da Anunciación, a Fuxida a Exipto e a Adoración dos pastores. Na fachada destacan as pilastras dos extremos unidas coas ramplas da cornixa que serven de asento aos pináculos. A portada resáltase con marcos de orelleiras, unha fornela coa imaxe da Inmaculada e unha fiestra con moldurado.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Riós. Foi construída a principios do s XVIII en cantaría de granito, e ten unha única nave con cabeceira rectangular. No exterior destaca a torre barroca con balconada e rematada en cúpula que se sitúa no centro da fachada principal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro beneditino situado en Ripoll. Fundado cara a 879 polo conde Wifredo I de Barcelona, a igrexa foi erixida polo conde Oliba no s XI. Foi un dos centros culturais máis destacados de Europa. A igrexa tiña cinco naves con acceso ás capelas laterais a través de machóns con arcadas de medio punto e cabeceira con sete ábsidas. A portada do mosteiro, de mediados do s XII, organízase arredor dunha porta central con arcos concéntricos sobre columnas flanqueadas por relevos escultóricos con escenas do Antigo e do Novo Testamento.
-
GALICIA
Relixioso dominicano. Fundou as revistas Hoja del Rosario, Hoja Puntana e Hoja Santiagueña, e cultivou a poesía. Publicou A mis hermanos ausentes (1939), Páginas históricas de la villa de Muros (1940) e El obispo de Mondoñedo y de Oviedo D. Diego de Muros (1941).
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Carballo. Construída entre os ss XVII e XVIII en estilo barroco, ten planta de cruz latina con capelas laterais. A nave está dividida en tramos e está cuberta cunha bóveda de canón erixida sobre arcos faixóns. O cruceiro cúbrese cunha cúpula rematada en lanterna. A fachada principal está enmarcada por catro pilastras xigantes que sustentan un friso. Sobre a porta ábrese unha fornela coa imaxe da Virxe. Remata nun frontón circular e nunha torre-campanario de dous corpos: o inferior formado por catro arcos de medio punto e o superior pechado cunha pequena cúpula de media laranxa rematada nun pináculo.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Culleredo. De orixe románica, ten unha soa nave, unha ábsida rectangular e os alzados laterais están divididos en tres vans por contrafortes prismáticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cotobade. Construída na segunda metade do s XII, con engadidos posteriores, ten unha soa nave e ábsida rectangular. O arco triunfal é apuntado. No exterior da ábsida destacan os arquiños apoiados en canzorros con cabezas de dragón e carneiro. Conserva tres portadas románicas. A principal está formada por dúas arquivoltas tóricas apoiadas sobre columnas acobadeladas e un tímpano decorado con rosetas estreladas. A porta norte está formada por unha arquivolta tórica e ten o tímpano decorado con rosetas e círculos concéntricos, e a porta sur ten un tímpano pentagonal sobre mochetas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro, probablemente dúplice, situado en Salceda de Caselas. Fundouno a Raíña Aragonte despois de ser repudiada por Ordoño II, despois de 923.