"Tura" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 473.

  • PUBLICACIÓNS

    Publicación quincenal en castelán aparecida en Bos Aires o 20 de xaneiro de 1911 e que cesou a súa edición en 1914. Centrada na educación, é o voceiro da Sociedad Pro-Escuelas de Moraña. Impresa nos obradoiros tipográficos de Ernesto Malena, saía os días 5 e 20 de cada mes. J. Carbajales figuraba como director, Albino Barral como administrador, e Antonio S. Freán e José Piñeiro como redactores. Contou tamén coa colaboración de Rafael Barret, Alfredo Calderón, Martín García e Manuel Hilario Ayuso, entre outros. Trátase dunha publicación centrada na educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cultura.

    2. Modificación da cultura polo transcurso do tempo. A idea de cambio cultural acadou un amplo abano de coñecementos na teoría sociolóxica, de maneira que as diversas correntes do pensamento sobre a sociedade trataron de atopar as principais pautas e os desencadeantes fundamentais do cambio cultural. Os primeiros teóricos do pensamento sobre a sociedade, Montesquieu e Adam Ferguson, aceptaron a idea de que a crenza no progreso podía determinar as pautas da evolución cultural da sociedade, feito que determinou a aparición de diversas teorías sobre a evolución da cultura, como as de Saint-Simon e Auguste Comte, que incluíu na súa dinámica social a necesidade dun cambio intelectual capaz de levar a sociedade a un estadio científico. As teorías marxistas fixeron depender a idea de cambio cultural do sistema de dominación imposto polas relacións de produción e as estruturas de clase. A escola elitista italiana, pola súa parte, entendeu a idea de cambio cultural dentro do ámbito do cambio social,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Doutrina ou sistema sobre a cultura.

    2. Corrente de pensamento antropolóxico estadounidense. O seu precedente está nos traballos de F. Boas, C. Wissler, A. L. Kroeber, R. H. Lowie e o lingüista E. Sapir, que entendían que a cultura era o fundamento tanto das estruturas sociais coma do comportamento humano individual, adquirido a partir dun proceso previo de socialización. Margaret Mead, Ralph Linton e Ruth Benedic22t recolleron e desenvolveron estas ideas. Compartiron como premisa básica a crenza de que calquera cultura comporta un tipo de personalidade predominante, no sentido de que os individuos veñen a ser como un reflexo da totalidade desta cultura, coma se cada individuo achegase ao nacer diversas potencialidades e o medio social seleccionase unhas cantas para presentar no individuo modelos de comportamento que ten que seguir para adaptarse (R. Benedic22t); a cultura entón é un proceso que vai dende o individuo ata a sociedade, e as diferentes culturas responden a unha evolución desde as máis simples ata as máis complexas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cría do coello doméstico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Temperatura por riba da que todas as substancias ferromagnéticas e ferrimagnéticas se volven paramagnéticas. Polo xeral, a temperatura de Curie é inferior á de fusión. Tamén se coñece como punto de Curie.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calidade de curvo.

      2. Forma curva dun corpo.

    1. Límite da razón, nunha curva plana, entre a variación da inclinación da tanxente sobre un arco dado e a lonxitude deste arco ao facelo tender a cero. Analiticamente, defínese mediante a expresión:


      FORMULA


      na que f(x) é a ecuación da curva en coordenadas cartesianas.

    2. Aberración xeométrica consistente na imposibilidade de conseguir imaxes nítidas sobre unha superficie plana dun obxecto plano e perpendicular ao eixe dun sistema óptico, dado que os círculos de máxima nitidez non forman, en xeral, un plano.

    3. No marco da relatividade xeral, propiedade xeométrica do espacio-tempo pola que este se curva por mor da presenza de materia. O movemento das masas enténdese como un movemento libre ao longo das xeodésicas do espacio-tempo, en lugar de selo en termos da interacción gravitacional. O tensor de curvatura explicita matematicamente esta propiedade.

    4. Raio dunha circunferencia que ten unha curvatura que coincide coa dunha curva nun punto dado. Esta circunferencia recibe o nome de círculo de curvatura ou ben círculo osculador. O valor R do raio da curvatura é o inverso da curvatura C. O centro do círculo osculador recibe o nome de centro de curvatura da curva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero da plantas, da familia das solanáceas, caracterizadas por presentar flores pentámeras con forma de funil, que comprende dez especies das zonas tropicais e cálidas do mundo. En Galicia están presentes, como especies alóctonas, de orixe americana: D. stramonium, de ata 100 cm de altura, de aspecto ramalludo e cuberta de longas espiñas, con follas de ata 20 cm de longo e dentadas, flores brancas e froitos constituídos por cápsulas de cor verde de 5 cm de lonxitude, que aparece en medios ruderais como cultivos e lugares incultos e removidos nitrificados, e que presenta alcaloides derivados do tropano -de acción antiespasmódica, antiasmática e antiparkinsoniana-. As follas frescas trituradas empréganse como analxésico local e as follas desecadas fúmanse para solucionar problemas respiratorios e como alucinóxeno pola súa acción soporífera e hipnótica; e D. arborea, procedente dos Andes peruanos, con follas caducas grandes e oblongas, flores brancas de ata 250 mm e fedorentas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zona do delta do Ebro, considerada espazo protexido desde 1983 e ampliada no ano 1986, cando se constituíu en parque natural. Cunha superficie total de 7.736 ha, comprende un variado conxunto de medios húmidos, entre os que destacan as zonas salobres, as dunas, os carrizais e os lagos de auga doce. Unha gran parte deste medio natural substituíuse por cultivos de arroz que ademais de ocupar unha grande extensión, supoñen un perigo para a fauna do contorno, debido ao emprego masivo de biocidas para controlar os insectos que se alimentan da planta do arroz. No delta existen máis de 515 especies de plantas e máis de 260 de aves tendo, o Delta de l’Ebre especial importancia como rexufio de aves invernantes, ata un 10% das anátidas da Península Ibérica, entre as que destaca o pato cullerete, o pato asubiador e o alavanco

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. (Kiev 1908 - Nova York 1961) Directora e teórica de cine experimental estadounidense. Destacou pola súa película surrealista Meshes of the Afternoon (1943). Está considerada unha das figuras máis relevantes da vangarda cinematográfica norteamericana coñecida como cine underground. Entre as súas producións máis importantes cómpre salientar At Land (1944), Ritual in Transfigured Time (Ritual nun tempo transfigurado, 1946), na que utiliza a danza, ou Meditation on Violence (Meditación sobre a violencia, 1948).

    2. Calidade de dereito.

    3. Dereitos que se perciben por calquera cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de dereito.

    2. Dereitos que se perciben por calquera cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de descompoñer ou descompoñerse.

    2. Falta de compostura.

    3. Descoido na forma de vestir e no aseo das persoas e das cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • desconxuntamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facilidade para falar ou comportarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desnaturar.

    2. Adición a un produto alible de substancias tóxicas, colorantes ou de cheiro desagradable para facelo inalible para as persoas ou os animais, pero utilizable para uso industrial, como é a adición de metanol ao etanol ou o uso agrícola, como é o tratamento de cereais con colorantes indicadores.

    3. Modificación da estrutura dun biopolímero por mor dun cambio nas condicións físicas ou químicas do medio, que conduce á perda das súas propiedades naturais. Supón a deformación das cadeas polipeptídicas ou da dobre hélice. No caso das proteínas realízase o tratamento con ácidos, bases ou raios X, e no caso do ADN quentando a mostra que o contén a 90°C ou incubándoa cun pH maior de 10,5.

    4. Proceso de engadir outro isótopo a un material fisible co obxecto de facelo inadecuado para o seu uso en armas nucleares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de desnaturar.

    2. Que carece ou é contrario aos sentimentos naturais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de desnaturalizar ou desnaturalizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de desnaturalizar ou desnaturalizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Privar a alguén dos dereitos de cidadanía.

    2. Perder ou renunciar aos dereitos de cidadanía.

    3. Perder un nobre a súa condición de vasalo e todos os dereitos que este título lle outorgaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Alterar as propiedades dunha cousa engadíndolle unha substancia artificial.

      2. Someter un produto a desnaturación.

    1. Privar do carácter ou da maneira natural de ser, sobre todo de calquera bo sentimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sorte contraria.

    2. Acontecemento ou situación que causa dor, pena ou aflición.

    VER O DETALLE DO TERMO