"USA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 381.

  • Lado dun triángulo rectángulo oposto ao ángulo recto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Da escola ukiyo-e, despois dunha etapa impresionista recibiu a influencia da pintura clásica chinesa e xaponesa e da europea. Fixo series de estampas de felicitacións e ilustracións para libros. Destacan, entre outras, Hokusai-Mangwa (1814-1848) e Trinta e seis vistas do monte Fuji (1831-1833).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Locución latina que significa ‘por razón ou causa de honor’ e que se emprega para referirse aos graos ou ás distincións académicas concedidas, a título de honor, a unha persoa en virtude da fama que ten ou en recoñecemento aos seus méritos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político eslovaco. Membro do Comité Central do Partido Comunista desde 1949. Purgado politicamente na década de 1950, foi rehabilitado en 1964 e asumiu a presidencia checoslovaca entre 1969-1989, gobernando dentro da ortodoxia comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro dun corpo de soldados de cabalería lixeira, que vestía un uniforme copiado da cabalería húngara, montaban cabalos de pouca alzada e áxiles, e destacaban pola súa destreza e axilidade. Tiveron a súa orixe na milicia de cabalería que János Hunyadi organizou e recrutou en Hungría en 1458 para combater contra os turcos. Asimilados como corpo polos polacos, posteriormente diversos exércitos europeos copiaron a súa organización, armamento e uniformes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político iraquí. Membro do partido Baas, participou na conspiración contra ‘Abd al-Karīm Kassem (1959) e apoiou o golpe de estado de ‘Abd al-Rahmān Aref, a quen posteriormente derrocou. Trala dimisión do presidente Ahmed Hassan al-Bakr, ocupou os cargos de secretario xeral do partido, presidente do goberno e xefe de estado (1979). O seu mandato caracterizouse pola supresión da oposición interior e a represión do movemento independentista kurdo. A agresividade da súa política exterior manifestouse na guerra que mantivo con Irán (1980-1988) e na invasión de Kuwait, feito que desencadeou a Guerra do Golfo Pérsico (1991). O embargo comercial imposto como consecuencia a Iraq pola comunidade internacional, a loita contra os movementros opositores, as masacres de kurdos e os sucesivos enfrontamentos cos inspectores de desarmamento da ONU, provocaron un incremento da tensión internacional, que desembocou nun conflito armado (2003) no país, liderado por EE UU e no que Ḥusayn foi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo e matemático árabe. A súa obra Algorithmi de numero indorum, conservada só en versión latina, contribuíu á difusión do sistema numérico actual. Desenvolveu considerablemente o cálculo alxébrico, sobre todo a teoría das ecuacións de segundo grao. Tamén é autor de tratados de xeometría, dunhas táboas astronómicas e de diversos escritos sobre o astrolabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Xulián que dá nome ao concello da Illa de Arousa, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Salnés situado na provincia de Pontevedra no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Ocupa a illa de Arousa, na ría do mesmo nome. Integrado por unha única parroquia, abrangue unha superficie de 7 km 2 c unha poboación de 4.889 h (2007). A capital municipal é a vila de Arousa, situada a 42° 33’ de latitude N e 8° 51’ de lonxitude O, 59 km ao SO de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Cambados e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O territorio da Illa de Arousa está baixo o dominio climático oceánico húmido, aínda que con tendencia á aridez estival. Recóllense precipitacións anuais medias entre 1.000 e 1.250 mm, cunha distribución estacional que amosa unha forte seca estival: máis dun tercio das precipitacións rexístranse nos meses do inverno e outro tanto acontece no outono, mentres que no verán só Se recolle un 10% das chuvias anuais. A temperatura media anual sitúase entre os 14°C e os 15°C, nun...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que baixo ningún concepto pode un eximirse dalgunha cousa.

    2. Que non se pode escusar ou desculpar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non pode ser recusado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático persa. A súa obra de álxebra (al-Fahri fī-l-gabr wa-l-muqābala) tivo influencia en Europa, especialmente no Liber abaci de Leonardo Pisano. Foi o primeiro en liberar a álxebra das operacións xeométricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do Mediterráneo, pertencente ás illas Pelasgas, Sicilia (20 km2; 5.510 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Bidueiros (Dozón). O seu cumio acada os 841 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do cantón de Vaud, Suíza, situada na beira N do lago Léman ou de Xenebra (114.900 h [2001]). A cidade esténdese a partir dun outeiro que domina o lago, onde radica o núcleo antigo. É un centro terciario e residencial, e a área industrial instalouse sobre todo en Rennes, núcleo próximo. A súa importancia aumentou con motivo da apertura do túnel de Simplon (1906), que a situou na liña internacional París-Milán. Destaca tamén a súa industria hoteleira. Ten universidade desde 1537, polo que rivaliza con Xenebra como centro intelectual da Suíza francesa. É centro de convencións e congresos. En xuño e xullo de 1932 tivo lugar a Conferencia de Lausanne que anulou as reparacións de guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de pensamento económico baseada na teoría do equilibrio, encabezada por León Walras e Vilfredo Pareto, que se sucederon na cátedra de economía da Université de Lausanne entre 1871 e 1906. A partir da hipótese dunha competencia perfecta mediante o cálculo diferencial, o método de aproximacións sucesivas e o concepto de curvas de indiferencia, a teoría do equilibrio analiza os problemas de optimización do sistema económico e establece unha situación de máxima satisfacción individual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratado asinado o 24 de xullo de 1923 en Lausanne polas potencias occidentais, Grecia e Turquía despois das vitorias turcas sobre os gregos. Aboliu o Tratado de Sèvres (1920) e obrigou a Grecia a ceder aos turcos Esmirna, Tracia oriental e Anatolia e recoñeceulle o control de navegación polos estreitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo da xeración medusoide, dos cnidarios hidrozoos, da suborde dos caliptoblastos. É de moi pequeno tamaño e caracterízase pola posición das gónadas sobre os condutos radiais, e pola presenza de estatocistos e, a miúdo, de ocelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rocha sedimentaria, do grupo dos silicatos, de gran fino, densa e compacta, que presenta unha estrutura foliada e non sofre meteorización. É negra azulada ou negra agrisada, aínda que se coñecen variedades vermellas, verdes ou moradas, que dependen do mineral predominante e do proceso de oxidación ao que foi sometida. Os minerais básicos contidos na lousa son o cuarzo e a moscovita, pero tamén presenta materiais accesorios como a biotita, a clorita e a hematites, e minerais accesorios secundarios como o apatito, o grafito, o caolín, a turmalita, a magnetita e o circonio. É unha rocha procedente de sedimentos arxilosos que adquiriron o seu estado ao ser sometidos a presións e temperaturas altas. Extráese de explotacións a ceo descuberto e en menor medida de minas subterráneas e despois sofre unha serie de procesos de transformación ata adquirir o produto que sae ao mercado. Destes procesos destacan a exfoliación primaria, onde os bloques de lousa se dividen segundo os...

    2. Peza desta rocha, lisa e delgada que ten diferentes usos, especialmente para a construción.

    3. Pedra plana e delgada que se emprega para pavimentar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe galega, que trae como armas, en   campo de ouro, unha aguia de sabre, saíndo.

    VER O DETALLE DO TERMO