"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
-
mofo.
-
carrizo.
-
-
-
-
Herbácea perenne de ata 4 m de altura, de rizomas leñosos, follas de ata 50 cm de longo e 5 de ancho, e inflorescencia en panícula de pluma con tons violáceos de ata 30 cm. Vive en zonas húmidas, tanto de auga doce como salobres. O rizoma ten propiedades diuréticas e lactífugas.
-
carrizo da Pampa [Cortaderia selloana, Fam das poáceas]
Herbácea de ata 2 m de altura, dioica, de follas moi estreitas de ata 1 m de lonxitude, verde agrisadas e coa beira dentada. As inflorescencias en panícula moi patentes e plumosas son de cor branca ou rosada. Orixinaria de Sudamérica, é común en Galicia como planta ornamental.
-
-
-
Ave da familia dos troglodítidos, distribuídos principalmente por América.
-
carrizo americano [Troglodytes aedon, Fam dos troglodítidos]
Carrizo de ata 12 cm de lonxitude presente na maior parte de América.
-
carrizo común [port: carriça; cast: chochín; ingl: wren] [Troglodytes troglodytes, fam dos troglodíticos]
Ave de 9,5 cm de lonxitude, de peteiro fino e curvado cara a abaixo, ás curtas e arredondadas, cola pequena e levantada, e plumaxe de cor castaña con listas nos flancos e nas ás, as partes inferiores máis claras e unha raia ciliar clara. O seu voo é baixo e directo, e ten un canto moi potente. Distribúese por Norteamérica, África do Norte e zonas mornas de Asia e Europa, onde constitúe o único representante da familia. Na Península Ibérica preséntase de xeito uniforme, no norte, e asociada ás ribeiras de ríos e serras, no sur. En Galicia ocupa calquera medio cun mínimo de vexetación baixa e mesta, como as matogueiras densas. Antes da posta dos ovos, o macho adoita construír varios niños en buracos, de xeito que a femia escolle entre un deles e axuda a rematalo; o proceso pode repetirse con algunha outra femia de xeito poligámico. É un dos hospedeiros máis frecuentes do cuco. Durante o inverno, para facilitar a conservación da temperatura e evitar consumir reservas durante a noite -o carrizo...
-
carrizo dos cactos [Campylorhynchus brunneicapillus, Fam dos troglodítidos]
Carrizo de ata 22 cm, de plumaxe agrisada. Localízase en ambientes áridos do SO de EEUU e México, e fai o niño sobre cactos e arbustos espiñentos.
-
carrizo silvático [Cinnycerthia unirufa, Fam dos troglodítidos]
Carrizo de 18 cm de lonxitude, de plumaxe uniforme, de cor loira coa cabeza máis pálida. Vive nas pluvisilvas húmidas dos Andes, dende Venezuela ata Perú, por baixo dos 3.800 m de altitude.
-
-
estreliña.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de León, Castela e León, ao SL da capital. Está drenado polo río Órbigo (2.829 h [1996]). A capital é Carrizo de la Ribera. Os numerosos pastos favorecen a cría de gando vacún e a agricultura baséase no cultivo de cereais e legumes. As principais industrias son a alimentaria e a madeireira.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha (1.725 h [1996]). Está drenado polos ríos Cañamares e Azuer. A agricultura é de secaño e produce cereais, oliveiras e viña. A actividade industrial baséase na explotación de xacementos de carbón de xeso.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ehículo de transporte movido por tracción animal. O carro tradicional está integrado basicamente por dúas partes: o chedeiro e o rodal. O rodal ou rodeiro está formado polas dúas rodas e o eixe, que forman unha soa peza para dar maior estabilidade ao conxunto. A roda consta de tres partes exteriores: o mión (tamén denominado minle, mil ou miñón) e as dúas cambas. Nas comarcas en que adoitan ser máis grandes poden contar con dúas pezas máis, as segundeiras, que van entre o mión e as cambas. Por dentro, co fin de unir as pezas anteriores, van as dúas rellas que atravesan por arriba e por abaixo do ollal o mión e as cambas, tamén as segundeiras, se é que as leva, e nalgúns casos algúns tornos. O canto está protexido por unha lamia (ferraxe ou ferra) consistente en dúas pezas de ferro cravadas na madeira con espetas (pugas, betoques ou agullas) ou ben un aro que se encaixa quentándoo e logo arrefriándoo para que axuste ben. As rodas podían ser lampas, coa madeira en contacto directo co chan,...
-
Pequeno vehículo de catro ou dúas rodas, movido de forma manual para transportar pequenas cargas.
-
-
Carga ou conxunto de cousas transportadas por un carro.
-
Gran cantidade.
-
-
-
Carruaxe lixeira para a guerra, os desfiles e outros usos, aberta por detrás e tirada por dous ou catro cabalos, na que o condutor se mantiña dereito.
-
carro de combate
Vehículo militar acoirazado e armado para o combate.
-
carro falcado
Carro de guerra antigo coas rodas gornecidas de gadañas para esnaquizar os inimigos ao seu paso.
-
-
Armazón provista de rodas ou corredeiras, construída en madeira ou metal, que serve para soster e transportar un canón ou unha arma de fogo portátil.
-
...
-
-
GALICIA
Xurista e político. Licenciado en Dereito, foi profesor de Dereito Político e Constitucional na Universidade de Santiago de Compostela. Foi subdelegado do ministerio de Obras Públicas e Urbanismo na Coruña e xerente da gran área de expansión industrial de Galicia. Senador polo PSOE na lexislatura 1977-1982, ocupou o cargo de tenente de alcalde da Coruña e de alcalde interino tralo cesamento de Domingo Merino. Deputado no Parlamento galego entre 1982 e 1996, formou parte da Asemblea de parlamentarios que aprobaron o Estatuto de Autonomía e da comisión mixta de transferencias da Xunta de Galicia ás deputacións. Pertence ao Consello Consultivo de Galicia. Membro da Asociación de Estudios Galegos, do Seminario de Estudios Galegos, da Asociación Española de Ciencia Política e Dereito Constitucional e da Asociación Española de Estudio do Dereito Europeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista. Catedrático de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago de Compostela. Foi director do departamento de Dereito Público e Teoría do Estado e vicedecano da facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. É autor de numerosos artigos dedicados ao estudo da autonomía de Galicia. Recibiu o Premio Vittorio Emanuelle II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor pola Universidad de Madrid. En 1914 nomeárono profesor do Instituto Rubio de Madrid e publicou Regímenes alimenticios de las enfermedades del aparato digestivo y de la nutrición, premiado pola Real Academia de Medicina, da que entrou a formar parte en 1934. Participou nas I Jornadas Médicas Gallegas (1929) co traballo La úlcera duodenal latente. A partir de 1936 traballou sobre os cancros gástricos e intestinais, as hernias diafragmáticas e sobre a alimentación humana en xeral. Colaborador de publicacións especializadas, como a Revista Ibero-Americana de Ciencias Médicas, ou España Médica, participou na dirección de revistas médicas, como a Revista Médica Gallega. Ocupou a secretaría xeral da Academia Médico-Quirúrgica Española e a presidencia da Sociedad Española de Patología Digestiva y de la Nutrición. Foi procurador nas Cortes franquistas, en representación...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da Arte. Estudiou na Universidade Pontificia Compostelá e foi ordenado presbítero en 1909. Interesouse pola arqueoloxía da man de Oviedo Arce. En 1916 nomeárono secretario da sección de historia e arqueoloxía galegas da Real Sociedad de Amigos del País de Santiago e en 1925 membro correspondente da Real Academia Galega, da que sería numerario en 1940. Fundador do Seminario de Estudos Galegos, encargouse dende 1928 da sección de arqueoloxía e historia da arte e participou no equipo de Terra de Melide, obra colectiva na que foi responsable da parte de arqueoloxía relixiosa. Subvencionado pola Junta de Ampliación de Estudios, entre 1928 e 1931 perfeccionou os seus coñecementos en diversos museos de Francia, Inglaterra e Alemaña. En 1935 foi nomeado membro correspondente do Instituto Español de Estudios Medievales e en 1938 a Junta Técnica del Estado designouno delegado para informar sobre a arte relixiosa compostelá. En colaboración con Sánchez Cantón e Pedret traballou na recuperación...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e crítico teatral e cinematográfico. Licenciado en Dereito en 1951 pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse na Universidad de Madrid coa tese El concepto de accidente de trabajo en el Derecho Social, publicada en 1953. Foi catedrático de Historia Social do Traballo. En 1956 nomeárono secretario xeral da Union Internationale des Miroitiers-Vitriers. Colaborou en diversos programas de Radio Galicia, na sección de crítica teatral e cinematográfica, e en diferentes revistas de carácter xurídico, como Revista de Derecho del Trabajo e Bollettino Informativo dell’Istituto Giuridico Spagnolo in Roma. Publicou, entre outras, El despido justo (1957), Historia social del trabajo (1971) e Introdución al sindicalismo (1971). Foi distinguido coa Encomienda de la Orden Civil de Alfonso X o Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas. Profesor de dereito político e de teoría do estado, director do Instituto de Estudios da Administración Local e membro do Instituto Internacional de Ciencias Administrativas. Forma parte do corpo de letrados do Consejo de Estado, do corpo de secretarios de administración local e do corpo de técnicos da administración civil e do estado. Foi presidente da comisión de sanidade e asistencia social do I Plan de Desarrollo (1959), procurador en Cortes e secretario xeral técnico do ministerio da Gobernación. En 1973 foi nomeado director xeral da Administración Local e en 1974 ministro da Presidencia, cargo que exerceu ata marzo de 1975. En 1976 participou na formación de Alianza Popular (AP) e foi elixido deputado por este partido nas Cortes constituíntes de 1977. Entre 1982 e 1986 exerceu como vicepresidente segundo do Congreso de los Diputados. Colaborou nas revistas Documentación Administrativa, Ciencia...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico antropólogo e historiador. Doutorouse en 1971 coa tese Anatomía antropológica antigua del pueblo gallego: siglos I al VII d C e, dende 1973, ensinou anatomía, antropoloxía e historia da medicina na Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación centrouse no eido anatómico-antropolóxico: analizou os grupos sanguíneos do sistema ABO, os dermatoglifos palmares e dixitais da poboación galega e participou nas escavacións das necrópoles de Roupar, Adro Vello, San Martiño de Mondoñedo, Moraime, a cova do Rei Cintolo, a vila e necrópole de Medos e o xacemento do monte do Cribo. Ademais, realizou traballos sobre historias clínicas, como o caso do cirurxián Charlín ou o de hidrofobia en Betanzos, biografías de médicos e sobre a historia compostelá e a tradición xacobea. Foi comisario xacobeo de Galicia en 1993. Publicou diversos artigos na prensa e nas revistas especializadas e as obras Santiago de Compostela (1984), El ajedrez del Camino de Santiago: testimonio...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Realizou estudios de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidad Central de Madrid. Exerceu a docencia en varios institutos de Galicia e, dende 1980, no Institut Jaume II de Alacant. Foi director da colección de narrativa do Instituto de Cultura Gil Albert da deputación de Alacant e colaborador de honra do departamento de Lingüística Xeral e Teoría da Literatura da Universitat de Alacant. Deuse a coñecer como poeta en castelán coa obra El dolor de la carne (1960). En galego publicou o poemario Paisaxe de verde chuvia (1986) e o libro de relatos As calexas do cigurath (1973), reeditado íntegro en 1996, xa que na súa primeira edición sufrira mutilacións por parte da censura. No eido da crítica literaria destacan as súas colaboracións en revistas especializadas e na prensa, así como o volume monográfico A obra literaria de Eduardo Blanco Amor (1993). Foi galardoado nas Festas Minervais...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e escultor. Formouse na facultade de Belas Artes da Universidade do País Vasco (Bilbao), onde se especializou en escultura e pintura no ano 1990. Nese mesmo ano comezou a expoñer de forma regular e a desenvolver a súa actividade docente na Escola de Artes Aplicadas Antonio Faílde de Ourense. Desde 1997 realiza ese labor na Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña. A súa obra pictórica parte das formas expresionistas e informalistas das primeiras producións para pasar a interesarse por unha figuración distorsionada pola mancha e a cor como amosa a serie Evocacións (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á carroza ou á carrocería.
-
Persoa que constrúe carrozas.
-
Persoa que conduce unha carroza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte do automóbil que serve para aloxar os pasaxeiros, protexer os mecanismos e transportar as equipaxes. Comprende a carrocería propiamente dita, coas portas e os vidros, o capó do motor, o portaequipaxe e os gardalamas. A carrocería normalmente está feita de pranchas de aceiro soldadas, pero tamén se emprega o aluminio e os plásticos. Vai montada sobre o chasis e, se esta montaxe é ríxida, aumenta notablemente a resistencia á deformación. Nese caso coñécese como monocarrocería ou carrocería monobloque. Nalgúns casos, a carrocería soa, sen chasis, é a que forma o soporte total do vehículo: carrocería autoportadora. A preocupación por eliminar os accidentes ou minimizar o risco, principalmente en choques frontais e laterais, xerou unha serie de medidas de seguridade convertidas en normas internacionais, como as MVSS dos EE UU e a VDA de Alemaña. A carrocería inclúe a estrutura fixa e os elementos móbiles. A primeira é unha estrutura de gran rixidez, que ten que...
-
VER O DETALLE DO TERMO
ehículo con carrocería e caixa abatible preparado para transportar cargas en lugares de difícil acceso.
-
-
Tronco con raíces que queda despois de cortar unha árbore.
-
Capa que se forma sobre unha ferida cando coagula o sangue.
-
Denominación que reciben os cogomelos dos fungos pertencentes á subclase das afiloforomicetídeas.
-
-
PERSOEIRO
Pintor, debuxante e escritor. Coñecido polo pseudónimo de Carmontelle. Ao servizo do duque de Chartres, Filipe de Orleans, debuxou os xardíns do futuro parque Monceau (1773). Escribiu un bo número de proverbios ou comedias festivas. Inventou os transparentes, escenas pintadas sobre papel fino que se miran a contraluz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico británico. Debutou no teatro en Londres e Nova York no ano 1912; de aí pasou a Hollywood, onde participou a partir dos anos trinta nalgunhas películas de éxito. Protagonizou para a televisión a serie Topper. Entre os seus filmes destacan: The Barretts of Wimpole Street (As virxes da rúa Wimpole, 1934), Wuthering Heights (Cumes borrascosos, 1939), Rebecca (1940), The Paradine Case (O caso Paradine, 1948), The Swan (O cisne, 1956) e From Nashville with Music (Dende Nasville con música, 1969).
VER O DETALLE DO TERMO