"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Atracción para nenos consistente nunha plataforma xiratoria, xeralmente circular, onde hai figuras que representan cabalos e outros animais, ademais de pequenos vehículos.
-
-
Que está curvado cara a adiante e cara a arriba. OBS: Aplícase sobre todo ao fociño do porco ou aos cornos de certos animais.
-
Cría da ovella de menos dun ano.
-
Nome que recibe o porco cando se chama por el.
-
-
CAPITAIS
Capital do estado de Nevada, EE UU, situada nos contrafortes de Sierra Nevada (47.237 h [1997]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bióloga e conservacionista norteamericana. Traballou no US Fish and Wildlife Service entre 1936 e 1952, como encargada de dirixir o servizo de publicacións. Os seus libros Under the Sea-Wind (Baixo o vento mariño,1941); The Sea Around Us (O mar ao noso redor, 1951); The Edge of the Sea (O límite do mar, 1955) e Silent Spring (Primavera silenciosa, 1962), foron premiados e traducidos, caracterízanse pola combinación de rigor científico e un coidado estilo literario. A súa obra, que tratou a problemática ambiental do planeta, constituíu un dos alicerces do movemento ecoloxista.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Función da variable complexa p definida pola integral
FORMULA
na que Cf(t) simboliza a transformada de Carson dunha función do tempo t. Ten as mesmas funcións de existencia que a transformada de Laplace.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Forma de relevo orixinada por procesos de disolución das rochas calcarias, xesos, dolomitas, etc. Entre as máis características destacan os poljés, as dolinas, as simas e os canóns. A auga é o axente erosivo fundamental para que se produzan os procesos de carstificación. A porosidade das rochas provoca a filtración da escorrentía superficial e a súa condución en correntes subterráneas, que orixinan finalmente as formas características.
-
Rexión de relevo cárstico.
-
-
PERSOEIRO
Pintor, debuxante e teórico da arte danesa. Inspirouse estilisticamente en Rafaello Sanzio e Michelangelo Buonarroti, e tematicamente en Homer, Dante, Ossian e Goethe, baixo as orientacións teóricas de Winckelmann. Dos seus debuxos destaca o Ciclo dos Argonautas.
VER O DETALLE DO TERMO -
CUMIOS
Cumio máis elevado de Indonesia, ao O da illa de Nova Guinea, na provincia de Irian Jaya (5.040 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao carst.
-
Relevo propio das rexións de macizos calcarios, nas que se desenvolveu un carst. As formas superficiais son a garganta, a dolina, o lapiaz, o poljé, a uvala e as formas subterráneas: sima, caverna, cova, resurxencia, esurxencia, fonte vauclusiana, etc. Por extensión, cualifícase como cárstico todo relevo caracterizado por procesos de disolución das rochas calcarias e tamén xesosas ou salinas. Varía en función das condicións climáticas, da evolución xeomorfolóxica xeral e da estrutura xeolóxica (disposición e tipo de rochas). O trazo característico das áreas de relevo cárstico é a circulación subterránea da auga. Entre os seus puntos de absorción (diáclases, simas, etc) e os de saída (resurxencia), a circulación establécese aproveitando os puntos febles da masa das rochas (planos de estratificación, diáclases, fallas, etc) e dá orixe a un sistema de cavidades, pozos e galerías nos que a auga, que flúe libremente ou a presión, xera procesos de erosión mecánica e de disolución....
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de procesos que dan orixe a un relevo cárstico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Producir ou orixinar un relevo cárstico.
-
-
-
Comunicación escrita, xeralmente pechada, enviada por unha persoa a outra. Antigamente consistía nun prego de papel escrito por unha banda e dobrado de maneira que aparecese na parte frontal o nome e o enderezo do destinatario xunto co franqueo e o cuño. Ata a aparición do selo de correos era coñecido como sobrescrito. Posteriormente, xeneralizouse o uso do sobre para gardar o escrito e indicar na parte frontal o destinatario.
-
carta aberta
Carta enviada a un particular e que se fai pública simultaneamente para o coñecemento de todo o mundo, xeralmente a través dun medio de comunicación.
-
carta certificada
Carta que se entrega nunha oficina de correos pagando o selo correspondente e cubrindo un xustificante que obriga á empresa receptora a probar que chegou ao seu destino, a devolvela se non se atopa o destinatario ou a pagar unha determinada indemnización en caso de extravío.
-
carta circular
Carta que consiste nun modelo no que unicamente cambia o destinatario e informa a un grupo de persoas sobre o mesmo asunto.
-
-
Documento que acredita determinados dereitos ou servicios para a identificación persoal con validez oficial.
-
-
Mapa no que se representan determinadas características xeográficas e atmosféricas cun fin orientativo.
-
carta aeronáutica
Mapa deseñado especialmente para o uso da navegación aérea. Representa un sector de terra ou de terra e mar, no que se detallan tanto os elementos naturais como os humanos, preferentemente os das zonas de aterraxe.
-
carta celeste
Representación nun plano, por proxección estereográfica, das estrelas e dos elementos máis importantes da esfera celeste. Diferénciase do planisferio polo feito de abarcar zonas máis limitadas; isto permite facer explícita a posición das estrelas de magnitude ata 21.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento sobre a Guerra Civil española de carácter histórico-doutrinal, publicado o 1 de xullo de 1937. Foi redactado polo cardeal Isidro Gomà e asinado por todos os prelados do estado español, agás o arcebispo de Tarragona e o bispo de Vitoria. O documento axudou decisivamente ao Movemento Nacional ao recoñecerlle ao alzamento unha lexitimidade patriótico-relixiosa contra o perigo comunista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento elaborado en 1974 polas organizacións Unión do Pobo Galego (UPG), Unión Democrática Bretona (UDB) e Irish Republican Movement (IRM, composto polo Sinn Fein e o IRA) no que se avogaba polo dereito de autodeterminación dos pobos nunha Europa socialista. Posteriormente sumáronse a este documento outras organizacións da esquerda nacionalista: HASI, de Euskadi, Esquerra Catalana dels Treballadors, Cymru Goch (Gales Vermello), PSAN(p) (Partit Socialista D’Alliberament Nacional dels Països Catalans, provisional), Su Populu Sardu e Lutte Occitane.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento que incorpora, xunto aos dereitos civís e políticos clásicos e aos dereitos de cidadanía europea, un conxunto de leis sociais e económicas que forman parte indivisible da dignidade da persoa nas sociedades democráticas. Ocupa un baleiro existente na Comunidade Europea, carente ata ese momento dunha declaración de dereitos propia e aplicable ás institucións e órganos comunitarios e aos estados membros. Esta Carta que proporciona un contido real á condición de cidadán, foi redactada por unha convención constituída por representantes de tres institucións: 16 deputados europeos, 30 parlamentarios das cámaras dos estados membros, 15 representantes dos xefes de estado e de goberno dos estados membros e un comisario, baixo a presidencia do ex-mandatario alemán Roman Herzog. O método empregado na súa elaboración foi o debate público e a busca de consenso, coa participación das ONG e dos sindicatos. Composta por 54 artigos, consagra o principio de indivisibilidade dos dereitos e presenta...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mapa a escala 1:100.000 titulado Carta Geométrica de Galicia Dividida en sus Provincias de Coruña, Lugo, Orense, Pontevedra y subdividida en Partidos y Ayuntamientos. Elaborada polo doutor Domingo Fontán Rodríguez, baseábase nun levantamento apoiado nunha rede xeodésica realizada por el mesmo, tomando como punto central da triangulación a torre do Reloxo da catedral compostelana. Fontán comezou os traballos de preparación en 1817 e rematou a carta en 1834. Dividíase en 12 follas, e para unha maior utilidade, incluía escalas gráficas en quilómetros, leguas de 20.000 pés e millas de 60 destas por grao; as altitudes sobre o nivel do mar expresábanse en varas castelás (0,835 m); as lonxitudes ían referidas ao meridiano de San Fernando. A Carta Geométrica foi o primeiro mapa de Galicia debuxado segundo un levantamento xeodésico de todo o territorio e gozou de gran prestixio pola súa minuciosidade e perfección técnica. Malia todo, non se puido evitar a demora na publicación,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carta concedida en 1215 por Xoán Sen Terra de Inglaterra en Runnymede (Windsor), na que aceptaba as esixencias formuladas polos baróns (tenants in chief) e pola cidade de Londres. O texto revisouno posteriormente Enrique III e no 1225 quedou definitivamente constituída. A súa importancia na historia constitucional de Inglaterra vén do feito de fixar con precisión e detalle os costumes aceptados como norma legal ata entón. Ao definir e limitar os dereitos da realeza opoñíase a todo goberno arbitrario, polo que chegou a ser símbolo da lei fundamental da terra por riba da persoa do soberano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Documento redactado polo Comité Olímpico Internacional (COI), que regula os principios fundamentais do Movemento Olímpico. Nos seus artigos recolle as normas polas que se deben rexer o COI e os distintos comités olímpicos nacionais, os requisitos que deben reunir as federacións internacionais dos deportes adheridos ao movemento olímpico e as bases para a organización dos Xogos Olímpicos, así como para a participación neles dos diferentes equipos e deportistas. A Carta Olímpica xurdiu coa constitución do COI o 23 de xuño de 1894. Só o órgano supremo do COI, a súa Asemblea Plenaria, pode introducir emendas na Carta Olímpica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Declaración programática aprobada en 1989 pola Comunidade Europea (agás o Reino Unido), que comprende diversos apartados relativos aos dereitos dos traballadores. Estes apartados son: liberdade de circulación e de acceso, condicións de vida e de traballo, seguridade social, asociación e negociación colectivas, formación profesional, igualdade do home e da muller, información, consulta e participación, e seguridade e hixiene no lugar de traballo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de madeira, metal ou plástico, en forma de triángulo rectángulo escaleno que se utiliza no debuxo técnico. Os seus catetos forman ángulos de 30 e 60 graos coa hipotenusa.