"PL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1539.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado na comarca do Baix Empordá (5.177 h [1996]). Está atravesado pola cubeta tectónica do val de Aro, aberta ao mar pola longa praia de Aro. A actividade turística é a base da economía municipal, pois a devandita praia constitúe un dos centros estivais máis importantes de Catalunya. O sector secundario desenvolveuse en íntima relación co turismo, con predominio das empresas de construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana, situada na comarca de La Plana Alta (135.729 h [1996]). Esténdese entre o mar e os últimos contrafortes do Sistema Ibérico. A parte interior do termo é montañosa aínda que cara á costa se estende unha enorme chaira, limitada ao N pola chegada da serra de Oropesa ao mar e, ao S, polo delta do río Mijares. Un posible movemento de submersión do litoral determinou a existencia dunha zona pantanosa ao longo da costa, separada do mar por unha franxa de dunas. Neste lugar hai arrozais, pero en regresión por mor da drenaxe do terreo que se está a converter en terra de horta. O 77% da superficie municipal está cultivada e nela predomina claramente o regadío, sector que xunto co da pesca conforma a súa base económica. Ademais das industrias tradicionais de cerámicas e de tecidos, destaca a construción mecánica e a industria química, así como o desenvolvemento do turismo. O núcleo urbano concentra o 90% da poboación municipal. En...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa da Comunitat Valenciana, con capital na cidade de Castelló de la Plana, constituída por tres partidos xudiciais e 135 municipios (6.679 km2; 456.727 h [1996]). Creada no 1822, correspondía aproximadamente á antiga gobernación do mesmo nome que incluía tamén terras aragonesas. No 1833 a nova división provincial conservou a provincia de Castelló e volveu aos límites históricos de València.
-
PERSOEIRO
Tradutor e xornalista. Formado en Glasgow e Londres, foi locutor da BBC, nas seccións española e galego-portuguesa, e profesor de inglés de ensino medio. Foi correspondente en Londres dos xornais Jornal de Noticias, El Pueblo Gallego e Informaciones e colaborador de Céltiga, La Noche, Faro de Vigo, A Nosa Terra e Ser. En 1931 participou na asemblea de constitución do Partido Galeguista e foi membro do Consello Permanente. Participou activamente na campaña a prol do Estatuto de Autonomía; ademais promoveu, xunto con Álvaro de Las Casas, a fundación da Asociación de Escritores Galegos (1936). Da súa produción destaca La saudade y el arte en los pueblos célticos (1928), a tradución dos folk-dramas, en colaboración cos irmáns Villar Ponte, Catuxa de Houlihan e O país da saudade (1935), de William Butler Yeats, o estudo “Un tema de Galicia: la saudade y la poesía” (1950) e o libro de traducións...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Composición mucilaxinosa, envolta en gasas e xeralmente quente, que se aplica sobre a pel como remedio medicinal. Pode reter gran cantidade de calor húmida e ten acción emoliente, calmante e antifloxística.
-
Persoa feble e de saúde delicada.
-
Persoa que resulta aburrida e molesta.
-
-
-
Estado de parálise corporal de poucos minutos de duración, acompañada da caída ao chan do paciente, e habitualmente sen perda da consciencia. Prodúcese de forma súbita a causa dunha emoción intensa e, máis raramente, da narcolepsia.
-
Síncope nerviosa que sofre un animal cando se ve sometido a unha situación extrema ou estresante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma onomatopeica que imita o son producido pola caída repentina dun obxecto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexión central do citoplasma das cianofíceas, desprovista de láminas fotosintetizadoras, e que, polo tanto, aparece cunha cor máis clara no microscopio óptico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de centuplicar.
-
-
Multiplicar unha cantidade por cen.
-
Aumentar de forma esaxerada unha cantidade.
-
-
-
Que é cen veces maior ca outro.
-
Cantidade cen veces maior ca outra. OBS: Xeralmente a partir do quíntuplo adoita empregarse o cuantificador seguido do substantivo veces, agás na linguaxe moi técnica ou especializada (
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arte de modelar en cera. Practicada polos exipcios, gregos e romanos, especialmente en máscaras funerarias ou figuras con finalidade rememorativa, acadou certa importancia na Idade Media grazas aos exvotos, ás imaxes de santos e aos cirios decorados. Durante o Renacemento destacou en Florencia Andrea del Verrochio. No s XVI e, sobre todo, no s XVII cobrou un novo impulso, especialmente coa elaboración de medallóns, entre os que destaca o retrato de Luís XIV, obra de Antoine Benoist. No s XVIII as exhibicións de figuras de cera chegaron a ser populares en Francia. Philippe Curtius estableceu en París en 1761 un museo de figuras de cera que foi o núcleo do museo que a súa sobriña Marie Grosholtz, coñecida como Madame Tussaud, trasladou a Londres en 1802. Logo creáronse outros museos semellantes, entre eles, o de París, fundado en 1882 polo caricaturista Alfred Grévin. O éxito popular destes museos, nos que o kitsch ten un papel importante, procede do atractivo exercido sobre...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Globulina de cor azul, constituínte normal do sangue, cun peso molecular aproximado de 160.000. No organismo humano serve para a condución do cobre polo sangue.
-
LAGOS
Lago da cordilleira dos Apalaches, entre os estados de Vermont, Nova York (EE UU) e a provincia de Québec, no Canadá (1.500 km2). Foi descuberto en 1609 polo explorador francés Samuel de Champlain.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Explorador e colonizador francés. Na primeira expedición a Nova Francia (1603) explorou o río San Lourenzo ata a actual Montreal; na segunda, en 1604, explorou a costa atlántica ata Cape Cod. Intentou establecer unha colonia (Port Royal) en Nova Escocia. En 1608 volveu a Canadá e fundou a colonia de Québec. No curso dunha expedición contra os iroqueses descubriu o lago que leva o seu nome. Estableceu unha factoría na actual Montreal e foi nomeado lugartenente do príncipe de Condé en Nova Francia. No ano 1629 capturárono e tivo que render Québec aos ingleses.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Guillerme I de Acaia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cravo de certo tamaño que vai colocado nas lamias das rodas dos carros.
-
PERSOEIRO
Actor e realizador cinematográfico. Fillo de artistas de vodevil, debutou nos escenarios en 1898 coa compañía Eight Lancashire Lads, un grupo de oito rapaces dirixidos por William Jackons que realizaba números musicais. Despois continuou traballando nos teatros de variedades de Londres, onde aprendeu a construír personaxes e a preparar breves números cómicos e burlescos. Despois de participar en diversos espectáculos de relativo éxito, en 1908 entrou a formar parte da compañía de Fred Karno, Speechless Comedians, especializada en números de pantomima, coa que visitou o Folies Bergère de París e realizou unha xira por América. Nunha desas funcións de teatro de vodevil nas que participaba, foi descuberto por Groucho Marx. En 1913, despois dunha intensa traxectoria teatral, incorporouse á industria cinematográfica. Ese mesmo ano debutou en EE UU coa produtora Keystone, de Mack Sennett. Desenvolveu a súa poética de vagabundo romántico, marxinado da sociedade, popularizado co nome de Charlot,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica, filla de Charles Spencer Chaplin. Debutou co seu pai en Limelight (Luces, 1952). Entre 1967, con Pepermint frappé, ata 1979, con Mamá cumple cien años, colaborou en oito películas de Carlos Saura. Da súa carreira internacional destacan, entre outros, os filmes Nashville (1975), de R. Altman, Wellcome to L.A. (Benvido a Los Angeles, 1976), Remember My Name (Lembra o meu nome, 1979), de A. Rudolp, Les uns et les autres (Uns e outros, 1980), de Claude Lelouch, e Home for Holidays (Fogar de vacacións, 1995), de Jodie Foster.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor cinematográfico. Iniciou a súa andaina artística co seu irmán Charles Spencer Chaplin, con quen colaborou en filmes como Shoulder Arms! (Armas ao ombro, 1918), A Dog’s Life (Unha vida de can, 1918), Pay Day (Día de paga, 1922) ou The Pilgrim (O peregrino, 1922). Retirouse coa chegada do cine sonoro.
VER O DETALLE DO TERMO