"alt" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 697.

    1. Dimensión dunha cousa en sentido vertical.

    2. Distancia vertical dun punto á superficie da terra ou a calquera outro termo de comparación ou punto de referencia.

    3. Lugar elevado ou prominencia do terreo situado sobre a superficie da terra.

    4. Nivel ou modo de comportamento.

    5. Nome simbólico co que designamos o ceo.

      1. Arco da vertical dun astro medido dende o horizonte ao astro; mídese de cero a 90°; é positiva se o astro está por riba do horizonte, é dicir, se é visible, e negativa se está por baixo do horizonte. No primeiro caso contarase cara ao cénit, e no outro cara ao nadir.

      2. altura antemeridiana

        Altura dun astro antes de pasar polo meridiano do observador.

      3. altura aparente

        Altura obtida ao aplicar á altura observada a corrección causada pola depresión do horizonte.

      4. altura circunmeridiana

        Altura dun astro que se atopa preto do meridiano do lugar, tomada nun momento no que o ángulo ao polo é inferior aos 16 minutos. Aplicándolle unha corrección pódese transformar en altura meridiana.

      5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Concello da provincia de Castelló de la Plana, Comunitat Valenciana (3.093 h [1996]). Ten cerdeiras, oliveiras, amendoeiras e alfarrobeiras. Explota o xeso e está desenvolta a industria da madeira e do téxtil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada no concello de Aia (Gipuzkoa), mostra un amplo e variado conxunto de representacións animais gravadas e pintadas, clasificables dentro do estilo IV evolucionado de Leroi-Gourhan. Os temas representados abranguen animais como o bisonte -o grupo máis numeroso-, o reno, o raposo, aves, peixes e un antropomorfo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico norteamericano. Participou nos traballos de montaxe dos primeiros radares e na fabricación da primeira bomba atómica (proxecto Manhattan). Traballou tamén en resoadores-aceleradores lineais, que aplicou á aterraxe dos avións en condicións perigosas. Desenvolveu a cámara de burbullas de Glaser e descubriu as partículas de resonancia de vida curta, o que lle valeu o Premio Nobel de Física (1968). Xunto co seu fillo Walter elaborou unha teoría sobre a extinción dos dinosauros, logo moi aceptada, que propoñía como explicación do feito a caída dun meteorito na Terra hai 65 millóns de anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabra que aleitou a Zeus neno no monte Ida, en Creta. Mentres xogaba con ela, Zeus tronzoulle unha das cornas, que lle ofreceu o deus ás ninfas, prometéndolles que a iría enchendo con todo aquilo que elas desexaran. É unha das orixes míticas da corna da abundancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fervenza do río Churun, subafluente do Caroní, no altiplano da Güaiana. Está considerado o máis alto do mundo (810 m). A rexión e a fervenza foron exploradas por vez primeira no ano 1927 por Joan Mundó i Freixes e Feliu Cardona. Leva o nome do estadounidense J. C. Ángel, o primeiro piloto que a sobrevoou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo territorio de Alemaña central que se estendía, dividida en diferentes fragmentos, en dirección NL-SO dende Fläming ata o baixo Harz. A capital era Dessau. Actualmente forma parte do land alemán de Saxonia-Anhalt. Creada como un principado do Sacro Imperio, o primeiro príncipe foi Enrique I o Vello (1170-1252) no ano 1212, co título de conde. Dividiuse en varias ramas ata que a liña dos príncipes de Anhalt-Dessau reuniu as posesións das outras liñas e, en 1807, todo o territorio converteuse no Ducado de Anhalt. En 1866 adheriuse á Confederación de Alemaña do Norte e despois ao Imperio alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado o 17 de agosto de 1077 entre Diego Páez, bispo de Compostela, e Faxildo, abade do mosteiro de Antealtares. A Concordia de Antealtares constitúe un documento de especial riqueza informativa: por unha banda é o máis antigo documento coñecido sobre o martirio do Apóstolo Santiago. Contén información sobre a traslatio do seu corpo desde o porto de Ioppe, a descuberta do sepulcro polo anacoreta Paio e a construción da primitiva Igrexa de Santiago polo Rei Afonso II. Pola outra banda, ofrece valiosos datos sobre a construción románica da catedral e sobre a primitiva disposición do Mosteiro de Antealtares, así como da situación e número de construcións da Compostela do momento. Por último, a Concordia fixa por escrito os novos termos para delimitar a superficie territorial do Mosteiro de Antealtares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto asinado no mosteiro de San Paio de Antealtares o 7 de xuño de 1458 entre varios nobres da Terra de Santiago (Moscoso, Soutomaior e Montaos) e os concellos de Santiago, Muros e Noia. Deu lugar á constitución dunha Irmandade para loitar contra os abusos cometidos por outros nobres, principalmente polo arcebispo de Compostela, Rodrigo de Luna. O documento reflicte a inexistencia da xustiza real, feito que era aproveitado por determinados señores, fundamentalmente o arcebispo e os seus servidores, para roubar e destruír os bens dos congregados en Antealtares. No Manifesto estableceuse a responsabilidade dos señores sobre os roubos cometidos polos seus serventes, ao tempo que se tomaban medidas para garantir a seguridade nos camiños. Ademais, convidábase a outras vilas a sumarse á Irmandade, ofrecemento que foi aceptado por Pontevedra. A conflitiva situación que provocou a Irmandade obrigou a Rodrigo de Luna a fuxir de Compostela, resultando inútiles os diversos intentos conciliadores...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro da cidade de Santiago, situado nas proximidades da catedral compostelá. Foi fundado nunha data próxima ao descubrimento do sepulcro do Apóstolo, no ano 814 aproximadamente. Neste tempo, Afonso II mandou construír unha igrexa na honra de Santiago, outra na de san Xoán Bautista, e unha terceira con tres altares dedicados a san Salvador, san Pedro e san Xoán Apóstolo. Detrás deles, na parte leste da igrexa, situouse un espazo reservado para doce monxes que tiñan a obriga de ocuparse do culto a Santiago. A denominación do mosteiro fai referencia á súa orixinaria localización respecto a estes antigos altares. A advocación a san Paio despraza a orixinal dedicada a san Pedro, trala construción por parte do bispo Diego Páez dun altar dedicado ao neno mártir Paio en 1077. Os seus dominios patrimoniais, aínda que en permanente litixio coa súa poderosa veciña, a catedral compostelá, espallábanse por numerosos puntos da xeografía galega. Unha primeira serie de posesións localizábase nos arredores...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. En sentido inverso ao da contracción peristáltica, como o dos movementos que fan posible o vómito.

    2. Que se opón ao movemento peristáltico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Falta de acción peristáltica nunha parte ou en todo o intestino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra publicada no 1818 polo arcebispo de Santiago frei Rafael de Vélez, se cadra, o eclesiástico hispano que máis afervoadamente defende o absolutismo monárquico na época da súa restauración logo da invasión napoleónica. Composta de dous tomos, o primeiro deles vai dedicado ao monarca Fernando VII e o outro á Virxe das Dores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Nogueira, no concello de Ribas de Sil. Ten 838 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Brens, no concello de Cee, de 292 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor. Cofundador do Círculo de Estudios Marxistas (1927). Caída a ditadura de Primo de Rivera cofundou o Bloc Obrer i Camperol. Durante a Guerra Civil española (1936-1939) foi un dos xefes da columna do POUM que operou na fronte de Aragón. Colaborou en numerosos xornais e foi tradutor, prologuista e anotador de obras como El comunismo y la cuestión nacional y colonial (1930) na que se recollen textos de Lenin, Stalin e Bukharin, e Crítica del programa de Gotha (1936) de Marx, e autor de De Pi i Margall al comunismo (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que asalta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen asalta.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Invadir impetuosamente un lugar, praza, fortaleza ou posición inimiga para conquistalo.

      2. Acometer repentinamente e por sorpresa a alguén ou algún sitio coa intención de roubar.

    1. Dirixirse a alguén insistentemente unha ou varias persoas con preguntas, rogos, peticións, etc.

    2. Sobrevir a alguén de súpeto un pensamento, unha idea, unha dúbida, a morte, unha enfermidade, etc.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de asaltar.

    2. Fase resolutiva do ataque na que as tropas máis avanzadas se precipitan sobre as posicións inimigas.

    3. Cada un dos períodos de tres minutos nos que se divide un combate de boxeo ou calquera outro deporte de combate.

    4. En esgrima, acometida que se fai avanzando ao mesmo tempo o pé dereito e a arma.

    VER O DETALLE DO TERMO