"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
-
Acción de disecar un vexetal ou un cadáver para o seu estudio.
-
Incisión provocada polas augas de arroiada que divide unha superficie.
-
Análise profunda e moi minuciosa dalgunha cousa.
-
-
-
Acción de diseminar ou diseminarse.
-
Dispersión natural das diásporas dun organismo.
-
Depósito constituído por grans finos de mineral dispersos polas rochas.
-
Difusión ou extensión dun proceso patolóxico ou de xermes dentro dun organismo.
-
Concepto procedente da teoría da deconstrución que alude á condición ilimitada da interpretación, posto que todo texto presenta infinitas posibilidades de lectura.
-
-
-
Acción e efecto de disertar.
-
Texto que realiza un estudo pormenorizado dunha cuestión concreta, integrada nun marco conceptual máis amplo. Cultivouse desde a Idade Media tanto en latín coma nas linguas romances. No ámbito universitario francés refírese ao estudio crítico que inicia certos traballos académicos.
-
-
-
-
Alteración, cuantitativa ou cualitativa, dunha función orgánica.
-
disfunción sexual
Trastornos, de diferente tipo e de orixe diversa, caracterizados por unha alteración do desenvolvemento da resposta sexual humana que imposibilita levar a termo unha relación sexual satisfactoria.
-
-
Conxunto de dificultades de adaptación dunha unidade social a un contexto determinado, que eventualmente leva ao cambio e mesmo á desaparición desta unidade. É fundamental na teoría sociolóxica funcionalista, especialmente en Parsons e Merton, que diferenciou a disfunción manifesta e a latente, segundo sexa voluntaria ou involuntariamente perniciosa.
-
-
-
Acción e efecto de disgregar ou disgregarse.
-
Operación química que consiste en solubilizar substancias insolubles en auga ou nos ácidos disolventes habituais na análise química. Os reactivos engádense en estado sólido e a mestura fúndese. Segundo a natureza dos reactivos e do fundente, a disgregación pode ser ácida ou alcalina, coas súas variantes oxidante, redutora e sulfurosa.
-
Separación dos grans ou dos diferentes elementos que compoñen unha rocha por causas mecánicas ou químicas.
-
-
disgregación mental
Trastorno do pensamento que consiste nunha falta de estruturación e coherencia mental.
-
disgregación psíquica
Trastorno no que se dá unha desconexión evolutiva entre os diferentes elementos do psiquismo.
-
disgregación mental
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso polo que dúas realizacións fonemáticas, articulatoriamente semellantes ou comúns, tenden a diferenciarse por medio da substitución ou desaparición dun son. Historicamente hai moitos casos, pero sincronicamente só se rexistran casos na fala vulgar ou dialectal (*somana por semana, *abril por abrir, *loiro por louro).
-
-
Acción de disimular.
-
Actitude de quen disimula.
-
-
-
Acción de disipar ou disiparse.
-
Conduta de quen se entrega desenfreadamente aos praceres e diversións.
-
-
-
Acción e efecto de dislocar ou dislocarse.
-
Conxunto de defectos lineais que destrúen a regularidade da rede cristalina dun cristal real. Distínguense dúas clases de dislocacións: unha é a de cuña, na que a distorsión da rede cristalina está producida pola introdución parcial dun plano de átomos extraordinario; a dislocación está onde acaba bruscamente a intromisión deste plano no interior do sólido. A outra clase de dislocación é a helicoidal, que acostuma describirse ofrecendo un procedemento imaxinario de producila. Así, suponse que dentro dun cristal real se produce un corte parcial e que o material dun lado deste corte se despraza oblicuamente con respecto ao material doutro lado. Como consecuencia, as filas de átomos perpendiculares á aresta do corte, isto é, a dislocación, determinan un tipo de pendente en espiral.
-
Deformación producida polas forzas oroxénicas e tectónicas, especialmente as fallas e os dobramentos, que afecta ás rochas sedimentarias.
-
Cambio estrutural nos cromosomas a causa da perda ou o desprazamento dalgúns segmentos cromosómicos.
-
-
Desprazamento dun constituínte dende a súa posición normal cara á periferia do enunciado e a súa substitución dentro deste enunciado por un pronome átono. Hai dislocación á esquerda cando este desprazamento se realiza cara á posición inicial (Este libro, cando o mercaches?), e dislocación á dereita cando o constituínte se sitúa na parte final do enunciado (Non o quero, a teu irmán).
-
dislocación temporal
Desprazamento nos valores temporais de determinadas formas verbais. Os exemplos máis claros de usos dislocados son o presente histórico, onde se produce o desprazamento dun tempo presente cara ao pretérito (En 1969 o home chega por vez primeira á Lúa) e o presente prospectivo, cun desprazamento cara ao futuro (Luís comeza no seu traballo a vindeira semana).
-
-
Modificación na posición habitual do acento dunha palabra, que pasa a outra sílaba diferente por necesidades rítmicas. Emprégase para dotar o poema dun ritmo máis marcado, con frecuencia en composicións para ser bailadas ou cantadas, ou para axustar a rima dun verso aos restantes na estrutura á que pertence.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de desproporción.
-
-
Acción e efecto de disociar ou disociarse.
-
-
Reacción pola que un composto químico se transforma en dúas ou máis substancias máis simples, elementais ou non, como por exemplo, a reacción do cloruro de amonio que dá cloruro de hidróxeno e amoníaco, ou a de ioduro de hidróxeno que dá hidróxeno e iodo.
-
calor de disociación
Enerxía que se absorbe cando un mol dunha substancia dada se disocia nos seus elementos constituíntes.
-
disociación iónica
Reacción de equilibrio entre unha substancia en solución e os seus ións. Segundo Arrhenius (1887), as propiedades das solucións dos electrólitos explícanse aceptando que se dá unha fracción de electrólito disociada en ións en equilibrio coa forma molecular non disociada. Así, defínese unha constante de disociación determinada a partir do grao de disociación (fracción disociada), que depende da concentración e que se pode avaliar experimentalmente. A teoría de Arrhenius unicamente é válida para solucións moi diluídas de electrólitos débiles e, ademais, ignora o papel do disolvente que participa tanto no efecto enerxético que acompaña a disolución dos ións, como no efecto dialéctrico que inflúe sobre as forzas electrostáticas entre os ións. En 1923 Debye e Hückel enunciaron a súa teoría da disociación completa dos electrólitos fortes, segundo a que se admite que estes se dan só en solución en forma iónica e que as forzas interiónicas, ignoradas por Arrhenius, fan diminuír a velocidade entre...
-
disociación térmica
Reacción de ruptura dos enlaces dunha molécula e liberación dos átomos constituíntes conseguida con temperaturas elevadas, cando a enerxía de axitación térmica dos gases chega a superar as enerxías de enlace.
-
presión de disociación
Presión do gas en equilibrio co sólido a unha temperatura determinada, cando o sólido se disocia dando lugar a un ou máis produtos gasosos.
-
-
Ruptura da unidade psíquica da personalidade, perceptible mediante a observación de movementos ou expresións contrarias ao contexto intelectual ou emocional que os rodea.
-
Procedemento que consiste nunha sucesión de conceptos ou de elementos incompatibles desde o punto de vista semántico ou lóxico nun mesmo período gramaticalmente correcto. Foi habitual na literatura surrealista, nas imaxes de tipo onírico.
-
Aumento da cantidade de albumina no líquido cefalorraquídeo, cunha cifra normal ou moi pouco aumentada do número de células.
-
...
-
-
-
Acción de disolver ou disolverse.
-
-
Proceso polo que unha substancia, o soluto, se dispersa noutra substancia, o disolvente, e orixina un sistema homoxéneo en canto á súa composición molecular. Ten lugar, ben por reacción química co disolvente de xeito que se forma unha nova substancia, ben por reacción química co disolvente en que se forma un solvatado, ou ben por dispersión simple. O primeiro caso dáse cando o disolvente interacciona co soluto rompendo algúns enlaces e formando novas substancias, como na disolución dos metais en ácidos, formando sales. O segundo caso implica tamén reacción, a de solvatación denominada, nas solucións acuosas, hidratación, que dá solvatados constituídos por moléculas ou ións dos solutos rodeados dun certo número de moléculas de disolvente. O terceiro caso preséntase cando non hai interaccións químicas entre soluto e disolvente, senón que o proceso se explica pola tendencia dos sistemas físicos cara aos estados de máxima desorde ou máxima entropía.
-
calor de disolución
Enerxía que se libera cando un mol dunha substancia se disolve totalmente nun determinado volume de disolvente.
-
-
solución.
-
-
Acto xurídico que abre o proceso de liquidación dunha sociedade, que non coincide co momento de extinción da sociedade, e que se produce trala distribución do haber social e a cancelación das contas.
-
disolución matrimonial
Ruptura, por calquera das causas legais, do vínculo matrimonial validamente celebrado.
-
-
Relaxación moral ou dos costumes.
-
Procedemento, efectuado baixo a forma de decreto, mediante o que o poder executivo acurta o período de mandato lexislativo do Parlamento e fixa a data de novas eleccións. A Constitución española prevé dous tipos de disolucións, a automática e a discrecional. A disolución automática das cámaras pódese producir ao transcorrer catro anos da formación das cámaras, cando o Congreso de los Diputados non outorgara a investidura a ningún candidato á presidencia do Goberno no prazo de dous meses trala celebración das eleccións e cando se acepte polas cámaras unha proposta de revisión total da Constitución ou parcial nos preceptos que a propia constitución define. A disolución discrecional das cámaras é unha potestade do presidente do Goberno, con deliberación do Consello de Ministros. Non procede disolver as cámaras no suposto de que estea en trámite unha moción de censura e no termo dun ano dende a anterior disolución. O Congreso de los Diputados, ademais, non se pode disolver durante a vixencia...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de dispensar.
-
-
Segunda das cinco partes que integran a retórica clásica; segue á inventio e precede á elocutio, memoria e pronuntiatio. Regula a ordenación e distribución dos asuntos atopados polo orador na inventio, parte coa que a dispositio mantén un vínculo tal que as dúas operacións poden considerarse simultáneas ou mesmo, nalgunhas teorizacións, como na Rhetorica ad Herennium, o tratamento da dispositio está xa presente na inventio. A teoría retórica da dispositio pode aplicárselle ao conxunto ou a fragmentos concretos da obra literaria, particularmente á de carácter narrativo. Permite organizar o discurso en dúas partes, polo xeral, antitéticas ou complementarias dentro do conxunto no que se integran. Pero o máis común é distribuír o texto nunha serie de partes que, aínda que poidan variar en número nas diferentes concepcións, poden reconducirse a catro, cada unha delas con posibles subdivisións e con distinto grao de relevancia segundo o tipo de discurso. Se as seccións extremas teñen como fin...
-
Acción de dispor(se) ou dispoñer(se).
-
-
Xeito en que se dispón ou coloca algo.
-
Distribución das partes dun edificio.
-
-
Facultade ou posibilidade de dispoñer de algo ou alguén.
-
Estado de ánimo ou actitude que presenta alguén para facer algunha cousa.
-
Inclinación e aptitude dunha persoa para desenvolver unha actividade determinada.
-
Calidade da persoa que fai as cousas ben e con interese.
-
Parte esencial dun diploma ou dun documento xurídico na que está expresado o obxecto da acción ou da vontade do actor.
-
...
-
-
-
Acción de dispor(se) ou dispoñer(se).
-
-
Xeito en que se dispón ou coloca algo.
-
Distribución das partes dun edificio.
-
-
Facultade ou posibilidade de dispoñer de algo ou alguén.
-
Estado de ánimo ou actitude que presenta alguén para facer algunha cousa.
-
Inclinación e aptitude dunha persoa para desenvolver unha actividade determinada.
-
Calidade da persoa que fai as cousas ben e con interese.
-
Parte esencial dun diploma ou dun documento xurídico na que está expresado o obxecto da acción ou da vontade do actor.
-
-
...
-
-
-
-
Investigación ou estudo sutil e moi rigoroso sobre algunha cuestión.
-
Divagacións ou reflexións que alguén fai á parte do asunto que se está tratando.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de medición electrónica das distancias. Utiliza normalmente un raio luminoso (xeodímetro) ou unha radiación non visible (telurómetro).
-
-
-
Acción e efecto de distinguir ou distinguirse.
-
Diferencia entre dous ou máis seres, realidades ou dimensións do real, en virtude de que unha cousa non é a outra, ou ben non se considera que o sexa. Moi relacionado co problema da división, espertou o interese do pensamento grego e da escolástica. Esta última estableceu dous tipos de distinción: real, entre cousas realmente distintas, e de razón, puramente mental. Posteriormente, admitiuse tamén a división entre distinción absoluta, referida a cousas nas que non hai ningunha relación entre a cousa e o modo, e distinción modal, entre unha cousa e o seu modo. Diferenciouse tamén entre distinción adecuada, entre partes que son á vez todos, e de distinción inadecuada, entre un todo e algunha das súas partes.
-
-
Calidade das persoas ou cousas que destacan pola súa elegancia e refinamento.
-
Consideración ou tratamento especial que se lle fai a unha persoa.
-
Premio ou recoñecemento que se lle concede a alguén e que o distingue dos demais.
-
-
-
Acción de distraer ou distraerse.
-
Cousa que atrae a atención e que serve para distraer a alguén.
-
Termo acuñado por Paul Bremond para aludir a unha estratexia característica da lóxica narrativa, segundo a cal o axente dun relato pode non levar a cabo a acción que se lle encomenda, ben porque se distrae ou ben porque recibe unha información que o afasta da súa intención inicial de xeito que muda o desenvolvemento dos acontecementos da trama.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario de carácter científico e literario editado en Pontevedra a partir do 15 de maio de 1847. Subtitulado “Periódico de Ciencias y Literatura”, cesou en novembro dese mesmo ano. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos Hijos de Vila y Cía e, posteriormente, nos talleres de Francisco A. Ruiz. Os seus redactores foron Miguel Rúa, Xosé Ramón Franco e Antolín Esperón, e contou coa colaboración de Martínez Padín, Xosé Domínguez Izquierdo, Xosé Puente Brañas e Xosé Mª Posada, entre outros. Dividiuse nas seccións “Ciencias Naturales”, “Literatura”, “Noticias”, “Precios de mercado” e “Anuncios”. Probablemente tivo unha segunda época de edición a partir de 1852.