"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

    1. Acción e efecto de inferir.

      1. Razoamento mediante o que o home pasa dunha ou máis proposicións, verdadeiras ou falsas, a outra posición, a verdade ou falsidade da que se supón que depende a verdade ou falsidade da primeira ou das primeiras proposicións.

      2. Cuestión metalóxica relativa ao establecemento, na lóxica simbólica, das denominadas regras de inferencia, variables segundo os cálculos propostos, que permiten a derivación dunha conclusión a partir dunhas premisas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de flores agrupadas. As inflorescencias son de dous tipos: en acio ou indefinidas, se o eixe medra indefinidamente, e cimosas ou definidas, se o eixe remata nunha flor e o crecemento se volve lateral. Unha inflorescencia é simple se as ramificacións do eixe principal son unifloras, e composta se son multifloras. Decote as inflorescencias presentan hipsófilos (brácteas e bractéolas).

    2. Inflorescencia en que o eixe primario e cada un dos secundarios remata nunha flor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de influír.

      1. Poder de influír en alguén ou en algo.

      2. Persoa ou persoas poderosas coas que se ten amizade e das que un se vale para o seu propio beneficio. OBS: Emprégase normalmente en plural.

    2. Efecto producido a distancia.

    3. indución electrostática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser influenciado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exercer unha persoa ou cousa influencia sobre outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de economía editada polo Ministerio de Comercio desde 1898.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista quincenal de carácter económico editada en Ourense a partir do 10 de xuño de 1922. Probablemente cesou a súa edición en agosto dese mesmo ano. Subtitulouse “Para el Fomento Industrial, Mercantil y Agrícola de la Provincia de Orense” e imprimiuse nos obradoiros tipográficos de A. Otero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de froitos orixinado a partir dunha inflorescencia. Exemplos destes son o poliaquenio do plátano común ou de sombra, os sicóns da figueira e a sorose do ananás.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de inherente.

    2. Unión de cousas inseparables pola súa natureza e que só se poden separar mediante a abstracción.

    3. Compenetración íntima de suxeito e predicado ou de elemento determinado e elemento determinante; por exemplo, cando un atributo predica unha propiedade consubstancial a un obxecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de iniciar ou iniciarse.

    2. Conxunto de ritos e cerimonias polas que un membro xa formado dun clan ou dunha tribo é admitido na comunidade. Estas cerimonias comprenden unha simbolización das ideas de forza, de proba e de dor e a instrución nas leis do clan ou da tribo transmitidas oralmente. Normalmente, efectúase no paso á puberdade e pode implicar ablacións, incisións ou marcas corporais e a segregación de ambos os sexos.

    3. Conxunto de rituais polos que un candidato é admitido nunha sociedade relixiosa como membro efectivo, cunha instrución previa nos seus segredos e na súa teoloxía. As relixións mistéricas, como a do culto á Mitra, iniciaban os seus neófitos co Bautismo e, con frecuencia, cunha comida sacramental. Na relixión cristiá, os rituais de iniciación comprenden o Bautismo, a Confirmación e a Eucaristía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de iniciar ou iniciarse.

    2. Que ou quen participa do coñecemento de algo que é secreto ou só sabido por un grupo reducido.

    3. Persoa que pasou por unha cerimonia de iniciación.

    4. Membro dunha seita ou dunha sociedade secreta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen inicia.

    2. cebador.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está ou se corresponde ao inicio de algo.

      1. Aplícase á palabra que é a primeira dunha oración.

      2. Aplícase á vogal precedida de consoante que é a primeira vogal dunha palabra (castro); cando esta vocal non vai precedida de consoante, denomínase inicial absoluta (anil).

      3. Aplícase á letra coa que comeza unha palabra.

      4. Conxunto formado pola letra inicial dun nome e un apelido, ou pola de todos os apelidos, dunha persoa. OBS: Úsase normalmente en plural.

      5. Letra que serve de inicio a un parágrafo, capítulo, libro, etc. Normalmente son letras máis grosas ca as empregadas no texto. Comezáronse a utilizar nos manuscritos do s XII, sendo debuxadas polos crisógrafos e coloreadas polos iluminadores.

    2. Célula embrionaria que, mediante divisións sucesivas, actúa como axente principal do crecemento dos órganos dos vexetais inferiores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar inicio ou comezo a algo.

    2. Ensinar ou proporcionar a alguén os primeiros coñecementos ou experiencias de algo.

    3. Introducir ou admitir a alguén nunha sociedade secreta ou comunidade relixiosa.

    4. Realizar as operacións propias de cando se pon en marcha un sistema ou cando comeza a execución dun programa.

    5. Ter inicio algo.

    6. Adquirir os primeiros coñecementos ou experiencias de algo.

    7. Entrar alguén nunha sociedade secreta ou comunidade relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á iniciación. OBS: Úsase normalmente para referirse a unha sociedade secreta ou comunidade relixiosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proposta, idea ou decisión que posibilita o inicio ou a realización de algo.

    2. Acción de quen propón ou fai algo antes cós demais.

    3. Calidade ou capacidade de quen decide ou emprende algo con decisión.

    4. Potestade para formular unha lei mediante a presentación ao Parlamento dun texto articulado con prescricións normativas. Gozan desta potestade o goberno, membros do Congreso e Senado, Parlamentos autonómicos e o pobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa militar do goberno estadounidense proxectado e desenvolvido polo presidente R. Reagan e a súa administración e feito público en 1983. O seu obxectivo era destruír os mísiles balísticos intercontinentais soviéticos mediante sistemas de armas instalados no espazo e na terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Calidade do que é inherente a un ser ou a un conxunto de seres e que non é o resultado dunha acción exterior a eles.

      2. filosofía da inmanencia

        Sistema de pensamento idealista que identificou a realidade coa consciencia, considerada esta como a unión do eu cos seus obxectos.

      3. principio de inmanencia

        Principio ontolóxico ligado á filosofía de M. Blondel segundo o que toda expresión humana está presa no mesmo tecido intelixible.

    1. Principio polo que, segundo a terminoloxía de F. de Saussure, o obxecto da lingua é ela mesma, considerada dende o punto de vista estrutural e na relación que hai entre os dous elementos, orixinados da abstracción da substancia lingüística. Considerouse o punto de partida da glosemática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de inminente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de inmundo.

    2. Aplícase ao que mancha, ensucia ou contamina. OBS: Úsase normalmente en plural.

    3. Aplícase ao que non é moral nin decente.

    VER O DETALLE DO TERMO