"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á paquidermia.
-
-
Aplícase aos animais mamíferos de pel grosa e dura.
-
-
Relativo ou pertencente aos paquidermos.
-
Mamífero do grupo dos paquidermos.
-
Grupo, sen valor taxonómico, que foi creado por Cuvier e que reúne os proboscídeos, os suiformes e os équidos por ter unhas características comúns, como o grosor da pel, o seu gran peso e ser estritamente herbívoros.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de desconformidade en que a superficie de separación das dúas series estratigráficas concordantes ou paralelas non é arroiada por unha erosión antiga, senón que se manifesta unicamente por unha superficie de descontinuidade que se pode confundir coas outras superficies de estratificación. Unha paraconformidade representa, daquela, unha ruptura e un hiato dentro do rexistro estratigráfico e un lapso máis ou menos longo de ausencia de sedimentación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polímero do formaldehido, de fórmula HO(CH2O)n H, en que n é maior que 6. É empregado como substituto do formaldehido nas súas aplicacións funxicidas e fumigadoras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que carece de explicación científica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Hormona de estrutura polipeptídica que é segregada polas células principais das glándulas paratiroide. Intervén no metabolismo fosfocálcico regulando a calcemia entre 9,5 e 10,5 mg por 200 cm3. A hipocalcemia estimula a súa liberación na circulación, onde ten unha tripla acción hipercalcemiante: no ril, incrementa a eliminación de fosfatos e, ao diminuír a fosfatemia, aumenta a calcemia; nos ósos, estimula a actividade osteoclástica e favorece a desmineralización, e no tubo intestinal, aumenta a absorción de calcio. OBS: Tamén recibe o nome de hormona paratiroide e paratormona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
parathormona
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade de etioloxía descoñecida, que adoita aparecer en idades avanzadas por culpa de lesións dexenerativas de certas áreas neuronais da base cerebral. Caracterízase por unha rixidez muscular e unha hipertonía extrapiramidal, perda dos movementos automáticos primarios, tremor, palilalia, ptialismo e labilidade emocional. O curso é crónico e progresivo. Foi descrita por James Parkinson.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, en Emilia-Romaña, Italia, situada no centro da chaira emiliana, entre os últimos Apeninos e o Po, a ambas as beiras do torrente homónimo (156.172 h [2001]). Centro comercial, cultural e de ensino superior, en 1064 fundouse a Università degli Studi. De probable orixe etrusca, pasou ao dominio sucesivo de romanos (183 a C), bizantinos (s VI), lombardos (569) e francos (ss VIII-IX). Dependente do bispo parmesano, no s XIII pasou a ser gobernada pola comuna e en 1346 a Milán. Dominada por Francia (1500-1512 e 1515-1521), en 1545 a Santa Sé fixo dela e de Piacenza o Ducado de Parma, e cedeullo aos Farnese. Extinguida a dinastía (1731), pertenceu a unha rama borbónica ata 1801 e posteriormente a María Luísa de Austria. En 1860 a través dun plebiscito foi incorporada a Piemonte. Da cidade romana queda o Canale Maggiore. Entre os edificios posteriores destaca a catedral, de estilo románico lombardo (s XI), con campanario do s XIII; o Battistero, comenzado en estilo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Emilia-Romaña, Italia (3.449 km2; 384.989 h [2001]). A súa capital é Parma.
-
DUCADOS
Territorio señorial centrado na cidade de Parma. Creouno o Papa Paulo III en 1545, coa inclusión de Piacenza e outorgoullo ao seu fillo, Pedro Luís Farnese. Asasinado este en 1547, foi ocupado por Milán ata que Filipe II o devolveu aos Farnese (1558). En 1732 o ducado pasou a Carlos III (Carlos I de Parma) e en 1735 a Austria. Ocupado por España en 1745 pertenceu con Guastalla, a Filipe I de Parma (1748-1765), quen foi sucedido por Fernando I de Parma (1765-1801). Invadido por Napoleón I Bonaparte (1801), en 1815 cedeullo á súa muller, María Luísa de Austria e en 1860 incorporouse a Piemonte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de liques da familia das parmeliáceas, que se caracterizan por posuír o talo foliáceo, máis ou menos aplicado ao substrato, lobulado e xeralmente provisto de ricinas. Comprende especies comúns que viven sobre rochas ou cascas de árbores.
-
-
Relativo ou pertencente ás parmeliáceas.
-
Lique da familia das parmeliáceas.
-
Familia de liques da orde das lecanorais, de talo foliáceo ou raramente fruticuloso, con estrutura estratificada.
-
-
FILOSOFOS
Filósofo grego. Pertenceu á escola de Elea e estivo influído polo monismo relixioso de Xenófanes de Colofón, quen foi considerado o seu mestre. Admitiu un principio constitutivo da realidade e fuxiu da súa caracterización (como auga, aire, etc) para describilo con trazos máis xerais e profundos, descubertos aprioristicamente só pola razón. Expuxo a vía da verdade, propia dos que, empregando só a razón (íïõò), descobren que non se pode deixar de pensar que ‘o ser é e o non-ser non é’ e a vía da opinión (äïîá), propia dos que se fían dos sentidos e admiten inxenuamente a existencia dun mundo plural e cambiante. Deduciu a existencia dun ser único, un, indiviso, pleno, continuo, concluso, eterno (nunca precedido nin seguido do non-ser), inmutable (aínda que non o cualifica nunca de divino). O mundo sensible queda reducido á simple ‘aparencia’ e ‘ilusión’ (ataque implícito a cosmoloxías como a de Heráclito). A súa tese de eternidade do ser, o monismo óntico e racionalista, así como o seu ‘estaticismo’,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral macedonio. Acompañou a Alexandre o Grande a India e destacou nas batallas de Gránico (334 a C), Isos (333 a C) e Gaugamela (331 a C). Oposto ao rei, foi asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao queixo italiano de pasta dura feito con leite de vaca e madurado lentamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Francesco Mazzola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Crónica gravada en mármore, atopada en Paros en estado fragmentario. Rexistra sumariamente acontecementos, noticias sobre a historia literaria, feitos relativos a Atenas, invencións e descubertas, datados en relación co goberno do arconte Diogneto (264-263 a C), cando foi redactada.
-
PERSOEIRO
Cantante e artista chilena. Coñecida como Violeta Parra e de familia humilde, aos doce anos compuxo as súas primeiras melodías. Desde 1952 dedicouse a percorrer zonas rurais para recompilar e gravar música folclórica. Coas súas melodías, de profundo contido humano, conseguiu redescubrir aspectos da cultura popular e borrar algunhas das visións estereotipadas de América Latina. En 1954 viaxou por Europa, onde gravou diversos discos, nunha viaxe que repetiu en 1961, desta volta acompañada dos seus fillos e cos que ofreceu diversos recitais, entre outros, na UNESCO. Iniciada no mundo da pintura, especialmente o óleo, fundou e dirixiu o Museo de Arte Popular de Concepción e foi a primeira artista sudamericana en expoñer individualmente no Museé Des Arts Décoratifs Palais du Louvre (1964). Recibiu o Premio Caupolicán como mellor folclorista (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pseudoparálise infantil sifilítica que se presenta en casos de afectación ósea das extremidades superiores na sífilis precoz.