"Az" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2426.

  • PERSOEIRO

    Xeógrafo persa. Escribiu a obra cosmolóxica A ǧ ā’ ib al-makhlūqāt (As marabillas das cousas creadas) e unha xeografía en dúas redaccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no Freixo (Crecente). Realizada en cantaría, ten planta en forma de U con dúas alturas. Unido a un dos corpos laterais e aberto cara ao patio sitúase unha escaleira exterior. Na parte posterior ten unha solaina e á adega accédese por un arco de medio punto. O portón de acceso ten ameas e un escudo. Conserva anexa unha capela e ten un pombal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Quindous (Cervantes). Trátase dunha fortaleza, cun aspecto exterior pechado e macizo, sen apenas ocos, de planta rectangular. Destacan os dous torreóns cilíndricos colocados a ambos os dous lados da fachada. A igrexa parroquial de Quindous foi a capela do pazo. Foi declarado BIC en 1949.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pazo de Castrelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santalla de Vilausende (Ribadeo). Conserva a estrutura primitiva, con patio de entrada e corredor sobre piares de granito e cuberta de lousa. O conxunto, rodeado por unha muralla, complétase cun pombal hexagonal e unha capela dedicada á Inmaculada. No muro L destaca unha pedra de armas dos Montenegro e Luaces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Praza situada en Santiago de Compostela que pecha a catedral polo leste, á que dan a ábsida, a Porta Santa e a torre do reloxo. Foi urbanizada por Xácome Fernández (1611-1616), quen construíu unha escaleira para unir os dous niveis: o superior ou Quintana de Vivos, e o inferior ou Quintana de Mortos, xa que en orixe era un cemiterio. Está pechada polo L polo muro do convento de San Paio de Antealtares, polo N pola casa da Parra e polo S pola casa da Conga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Castrelo (Cambados). Ten planta rectangular próxima á forma en L, cun piso baixo e un andar. Na porta principal destaca o arco de medio punto do s XVI e nunha das fachadas engadiuse unha escalinata cara a 1900. Destaca o escudo de armas que alude aos Peña, Torre, Bazán, Abraldes, Acevedroa, Lobeira, Aldao, Somoza e Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Paradela (Meis). Ten planta rectangular con piso baixo só pola parte posterior, seguindo o desnivel do terreo, e un andar no resto do edificio. Conserva unha das torres que o franqueaban e no lugar da outra construíuse unha terraza con balaústre. No interior destaca unha árbore xenealóxica con escudos situada na campá da cheminea do salón principal. O patio é pechado e con ameas, e nun dos seus extremos atópase unha capela. Nos seus arredores sitúase un hórreo e un cruceiro. A súa orixe vincúlase con Xoán de Balboa e Mariño Lobeira no s XVI. Conserva brasóns que aluden aos Mariño, Lobeira, Aldao, Andrade, Mendoza, Sotomayor, Sequeiros, Pardo de Figueroa, Bermúdez, Mosquera, Pimentel, Taboada e Varela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Noalla (Sanxenxo). Foi unha torre do casal de Moldes do mariscal Sueiro Gómez de Soutomaior. Ten planta en forma de L con planta baixa e piso. Na fachada principal destaca un balcón de pedra, orientado cara ao sur. Conta cunha capela do s XVII. O conxunto está amurallado. Conserva dous escudos que aluden aos Valladares e Padín, e aos Rivera, Figueroa, Ulloa, Torres e Aponte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Esposende (Ribadavia). Ten planta irregular e dous pisos agás nas fachadas noroeste e norleste, en que só ten un debido ao gran desnivel do terreo. O patio está delimitado pola casa, por unha capela e por unha construción auxiliar, polo que conforma un espazo en forma de L. Relacionado cos Ulloa, conserva un escudo coas armas dos Temes, Vilamarín, Feijoo, Ulloa e Losada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Lois (Ribadumia). Edificado en 1790, a casa conta cun patio interior, capela cunha pía bautismal (s XVI), dous cruceiros (ss XVIII), dous hórreos (s XVIII e s XIX), un pombal, estanque e adega, en que se elabora viño albariño, así como augardentes e licores con denominación específica. A finca conta cunha parte dedicada ao cultivo de viño e outra formada por xardíns con máis de 850 variedades de camelia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista, irmán de Vicente Quiroga Vázquez. Licenciado en Dereito, formou parte do Partido Alfonsino. Foi deputado pola sección de Lugo (1869-1872), pola de Quiroga (1876-1879) e polo distrito de Valdeorras (1879-1884 e 1896-1901); senador pola provincia de Lugo (1884-1885) e pola de Ourense (1903-1904), e director xeral de Agricultura (1895),

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, irmán de Manuel Quiroga Vázquez. Pertenceu ao Partido Liberal, foi deputado polo distrito de Quiroga durante dez ocasións entre 1872 e 1907, e senador pola provincia de Lugo (1896-1898 e 1910-1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torres de San Tirso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • herba da raña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político húngaro. Membro do Magyar Kommunista Párt (Partido Comunista Húngaro, MKP), tras a Segunda Guerra Mundial ocupou as carteiras de Interior (1946-1948) e Asuntos Exteriores (1948-1949). Acusado de crimes contra o estado baixo o réxime soviético, foi executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Compostela. Edificouna Xosé Vareal Cadaval, conde de Ramiranes, no s XIX, no lugar que ocupara o colexio dos Irlandeses. Realizado en cantaría de granito, ten planta baixa e dous pisos, divididos en tres corpos rematados en frontóns. No frontón central atópase o escudo dos condes rematado por unha coroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Arrabaldo (Ourense). A súa planta orixinal era en forma de L pero sucesivas modificacións transformárono nun edificio de dúas plantas con forma rectangular. As dependencias adxectivas desapareceron e os patios modificáronse. No lado sur conta cunha solaina. Os escudos que conserva aluden aos Puga, Mosquera, Varela, Aguilar e Bóveda. Ten unha capela anexada nunha das esquinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Xurxo de Moeche (Moeche). Construído a finais do s XVII, ten planta irregular polas distintas reformas que sufriu. Consta de dous andares con muros de carga de cachotaría, agás os vans das ventás, con carpintarías de madeira, que están enmarcados por pezas de cantaría. Nas súas proximidades sitúase un hórreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás aves carnívoras e de prea co peteiro algo curvo e as patas adaptadas para cazar as presas. Pertencen ás ordes falconiformes e estrinxiformes.

      1. Relativo ou pertencente ás rapaces.

      2. Ave do antigo grupo das rapaces.

      3. Antigo grupo de aves de prea, adaptadas ao réxime alimentario carnívoro, ao que pertencían as actuais ordes falconiformes (rapaces diúrnas) e estrinxiformes (rapaces nocturnas), que se caracterizan por presentar un corpo de gran tamaño e un potente voo.

    VER O DETALLE DO TERMO