"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
-
de homenaxear.
-
Que ou quen recibe unha homenaxe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Render homenaxe a alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a unha molécula formada por átomos idénticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción renacentista situada na praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. Foi fundado en 1499 como hospital de peregrinos polos Reis Católicos despois da súa visita á cidade. En 1501 comezaron as obras baixo as trazas outorgadas polos irmáns Enrique e Antón Egas que crearon unha nova tipoloxía hospitalaria. Iniciado en estilo plateresco, consta dunha capela de planta de cruz latina ao redor da que se sitúan dous patios aos que se abren as dependencias masculinas e femininas. Na capela destaca o ciborio plateresco. Non se mantén a estutura orixinaria dos primeiros patios que co tempo se converteron en catro, coñecidos co nome de evanxelistas. No s XVI Rodrigo Gil de Hontañón reedificou, aínda que mantivo a súa estrutura, os patios dianteiros, os de Marcos e Xoán, con características do Renacemento salmantino. No s XVIII, frei Manuel de los Mártires edificou os patios posteriores, os de Mateo e Lucas, en estilo barroco compostelán. A portada iniciouse en 1519 baixo a dirección...
-
PERSOEIRO
Escultor. Recibiu o Prix de Rome (1764-1768). Foi un grande anatomista, feito que reflectiu entre outras obras en L’Écorché (1766) e Diane (1781) e nos retratos que fixo da burocracia intelectual. Foi autor, entre outros, dos bustos de Diderot (1771), Sophie Arnould (1775), Franklin (1778) e Voltaire (1788). En 1785 realizou unha estatua de George Washington para o Capitolio de Virginia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Coñecido como Eduardo Galeano, foi redactor xefe do diario La Marcha (1960-1964), director de Época (1964), e en Bos Aires fundou e dirixiu a revista Crisis. Na súa obra pretendeu reflectir a intrahistoria dos pobos e das xentes de América Latina en base a pequenas historias. Escribiu Los días siguientes (1963), Guatemala, país ocupado (1967), Las venas abiertas de América Latina (1971), Días y noches de amor y de guerra (1978) e Patas arriba. La escuela del mundo al revés (1998). A súa triloxía Memoria del fuego, composta por Los nacimientos (1982), Las caras y las máscaras (1984) e El siglo del viento (1986), foi premiada polo Ministerio de Cultura de Uruguay e recibiu o American Book Award da Washington University.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Reacción de síntese de haluros orgánicos por descarboxilación de sales de prata de ácidos carboxílicos, en presenza de halóxenos:
FORMULA
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de California, EE UU, situada á beira do Océano Pacífico (185.000 h [estim 1999]). Promovida a principios do s XX como centro estival, o posterior descubrimento de xacementos petrolíferos (1919) proporcionoulle o seu desenvolvemento industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fosfato de manganeso, de fórmula Mn5(PO4(PO3OH))2. Cristaliza no sistema monoclínico. É incolora ou de cor avermellada, amarela ou castaña. Ten unha dureza 3,5 e un peso específico 3,2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Axencia Internacional de Enerxía Atómica.
-
PERSOEIRO
Pintor. De formación autodidacta, inicialmente a súa obra orientouse na crítica do Franquismo, polo que foi detido en diversas ocasións. Posteriormente, a súa crítica dirixiuse ao terrorismo de ETA polo que recibiu ameazas e o ataque a algunha das súas obras. Cultivou un esquematismo xeométrico con temas propios do realismo social. Entre as súas obras destacan Los cubos de la memoria, no porto de Llanes, e El bosque pintado, no Oma-Kortezubi (Bizkaia). En 2001 recibiu a Medalla ao Mérito no Traballo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Periódico de tendencia caciquil, seguidor de Riestra, editado en Redondela a partir de 1902. Cesou a súa edición en decembro de 1917. Subtitulouse “Semanario independiente” e estivo dirixido por Buenhijo Pérez Sobrino. No apartado literario incluíu poemas, diálogos onde se analizan temas municipais, e recensións da revista Vida Gallega. En 1918 puido comezar unha segunda etapa.
-
-
Representación intelectual dunha cousa, entendida como o acto ou obxecto do pensamento. Segundo as diferentes concepcións gnoseolóxicas, as ideas son interpretadas como correspondentes á esencia mesma das cousas, como simples nomes que designan un número indefinido de cousas, ou como representacións totalmente sensibles. Mentres que para R. Descartes existían tres tipos de ideas: as adventicias, que proveñen do exterior; as innatas, coas que nacemos; e as facticias, que son ou ben unha suma das anteriores ou ben froito da imaxinación; I. Kant distinguiu entre a idea, en sentido tradicional, e a denominada idea transcendental da razón, ou modo de determinar nun contido obxectivo a esixencia da razón humana de sobrepasar a experiencia sensible, fenoménica e condicionada. Con elementos psicolóxicos, as ideas son estudiadas pola ideoxenia, a psicoloxía experimental e a psiquiatría. Desde esta perspectiva distínguese entre a idea delirante, crenza falsa de base patolóxica, e a idea fixa de natureza...
-
Termo lóxico, interpretado a miúdo como unha realidade ontolóxica, que se corresponde á idea como concepto. Entre as diversas interpretacións filosóficas destacan a de Platón, que considerou as ideas realidades independentes supramundanas, e a de G. W. F. Hegel, que as entendeu como as unidades absolutas do concepto.
-
-
Coñecemento ou concepción fundamental de algo.
-
Propósito ou intención de facer algo.
-
Plan para a realización de algo.
-
Pensamento ou dito espontáneo.
-
Opinión ou crenza que se ten sobre algo ou alguén.
-
Habilidade ou disposición para facer algo.
-
...

Parte fundamental dunha doutrina.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal de tendencia monárquica editado en Lugo a partir de 1889. Cesou a súa edición ao redor de 1915. O seu propietario e redactor foi Antonio Menéndez, mentres que a dirección asumiuna Acevedo Rivero. Ademais de narracións de destacados autores, cómpre salientar a publicación de biografías, conferencias e estudios históricos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico de tendencia caciquil, seguidor de Riestra, editado en Redondela a partir de 1902. Cesou a súa edición en decembro de 1917. Subtitulouse “Semanario independiente” e estivo dirixido por Buenhijo Pérez Sobrino. No apartado literario incluíu poemas, diálogos onde se analizan temas municipais, e recensións da revista Vida Gallega. En 1918 puido comezar unha segunda etapa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de formación das ideas.
-
-
Relativo ou pertencente á idea.
-
Que só existe no pensamento.
-
-
Que responde a un arquetipo ou a un concepto perfecto.
-
Que reúne as mellores calidades posibles ou que é o mellor na súa liña.
-
-
-
Modelo ou representación perfecta de algo que se pode tomar como patrón.
-
Aquilo ao que se aspira por consideralo o mellor.
-
-
Conxunto de ideas, valores ou crenzas que ten unha persoa ou grupo.
-
-
...
-
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en La Habana a partir de xullo de 1926. Cesou a súa primeira etapa en agosto de 1928. Subtitulouse “Paladín de la cultura y defensor de la colonia gallega de Cuba”. Dirixida por Xosé Mª Sánchez Brea, incluía información sobre as actividades da colonia galega na illa. Na súa segunda época, desde agosto de 1928 ata maio de 1930, converteuse en revista mensual e inseriu crítica musical e teatral, novas sociais e literatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semanal editada en La Habana a partir do 3 de xuño de 1909. Voceira das Sociedades Gallegas de Instrución, foi dirixida por Casimiro Fernández. Ademais da información societaria, incluíu tamén artigos de carácter cultural, xunto con algunhas colaboracións literarias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal editado na Coruña a partir do 1 de abril de 1917. Nos seus inicios subtitulouse “Diario católico, regionalista e independiente”, de acordo cos principios do seu fundador, o sacerdote Xosé Toubes Pego. Veu encher o oco deixado polo periódico católico El Eco de Galicia, destruído por un incendio. En 1931 incorporouse ao grupo da Editorial Católica, propietaria de El Debate, do diario Ya e da axencia Logos, entre outros medios de comunicación. Durante a Segunda República (1931-1936) sufriu a acción da censura. Nese mesmo período serviu como apoio da CEDA, defendeu a opinión da Igrexa Católica e a acción da alta burguesía de Galicia. No período de posguerra seguiu mantendo a súa orientación ideolóxica e mantivo unha estreita relación co goberno franquista, xa que moitos membros do seu consello de dirección pertencían a diversas institucións e cargos públicos. Ao longo da súa traxectoria editorial, dirixírono: Alfredo G. Ramos, Xacobe Varela, Xosé Mª de Santiago,...