"Aragón" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 77.
-
PERSOEIRO
Rei de Aragón e Navarra (1104-1134). O Reinado de Afonso I caracterízase pola ampliación dos territorios que herdara dos seus pais Sancho Ramírez e Felicia de Roucy (Navarra) e de Pedro I de Aragón. Cara a Oriente cómpre salientar a conquista de terras musulmanas (Lleida, Tamarit e Valtierra) antes de 1109, ano da morte de Afonso VI de Galicia e León, feito que muda o seu interese político cara a Occidente. Ameazado polos almorábides, Afonso VI optou por casar a súa filla Urraca con Afonso I, acordando a mutua cesión dos reinos respectivos e fixando, en caso de falecemento dalgún deles, unhas normas sucesorias que só gardaban os dereitos de Afonso Reimúndez no caso de que a parella non tivese descendencia. Non obstante , o matrimonio contou coa oposición da nobreza e clero galegos, temerosos do nacemento dun novo herdeiro que desbancase a Afonso Reimúndez. Os nobres, agrupados en torno a Pedro Froilaz -conde de Traba e titor do infante-, proclamaron Rei de Galicia a Afonso Reimúndez VII...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1162-1196). Fillo de Ramón Berenguer IV, herdou o Reino de Aragón e o condado de Barcelona; de Ramón Berenguer III herdou Provenza. O primeiro problema que se lle presentou a Afonso II provocouno Ramón V de Tolosa, quen procurou impedir a unión das terras situadas en ambas vertentes dos Pireneos. Por consecuencia desta oposición cedeulle o goberno de Provenza ao seu irmán Ramón Berenguer IV (1167-1181) en vasalaxe. A súa política a respecto de Provenza e da política occitana en xeral foi de pacificación, que logrou en 1189. Neste sentido, chegou a unha paz con Tolosa (1185), nomeou un alcalde para administrar Provenza e non recoñeceu sobre Provenza a soberanía imperial de Federico I Barbarrubia nin a de Enrique VI. Aliouse con Afonso VIII de Castela (1170); continuou a conquista, fundou Teruel (1171) e tentou apoderarse de València (1172); axudou a Afonso VIII na conquista de Cuenca (1177) coa renuncia previa por parte do castelán dos seus pretendidos dereitos feudais sobre...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1285-1291). Primoxénito de Pedro II o Grande e de Constanza. No ano 1282 o seu pai nomeouno lugartenente dos exércitos reais e en 1285 interveu na defensa de Catalunya ao producirse a invasión de Filipe de Francia. Someteu as illas de Mallorca e Eivissa enfrontándose a Xaime II de Mallorca e herdou Sicilia. A súa política exterior estivo marcada pola defensa dos intereses cataláns no Mediterráneo; así mesmo, a Unión aragonesa foille hostil e tivo problemas coas principais potencias económicas e militares de Europa occidental (Castela, Francia, etc).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1327-1336). Fillo de Xaime II e de Branca de Anjou. Casou con Teresa d’Entença (1314), herdeira do condado de Urgell, polo que incorporou á coroa un dos últimos condados cataláns independentes. Cando aínda era infante dirixiu a expedición a Sardeña que partiu de Portfangás (1323). Aínda que as cidades dominadas por Pisa ofreceron resistencia, Afonso conseguiu o dominio completo da illa logrando que Pisa renunciase ás súas posesións sardas, conservando como feudo o castelo de Cáller. Afonso o Benigno moveuse entre tres influencias: o seu espírito relixioso, a súa enfermidade crónica e a intervención política da súa segunda muller, Leonor, irmá de Afonso de Castela. A súa principal preocupación política foi dirixir unha cruzada contra o Reino musulmán de Granada, se ben non logrou organizala pois o Papa Xoán XXII non demostrou ningún entusiasmo e Afonso XI de Castela e León non foi sincero coas súas intencións. Non obstante , o maior problema que tivo foi o dominio...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1416-1458). Fillo de Fernando, quen deixou trazada a política xeral dos reinos proseguida polos seus fillos, e Leonor de Alburquerque. Mostrou unha sensibilidade ao catalán moi axiña, aínda que no Parlamento de Barcelona (1416) fixera a proposición real en castelán, nas Cortes de Sant Cugat (1419) leu a proposición en catalán. En Sardeña afianzou o dominio catalán (1420) grazas a un acordo co vizconde Guillerme III de Narbona e na illa de Córsega puxo cerco a Bonifacio para facer efectivo o título de Rei de Córsega; así mesmo, entrou na cidade de Nápoles logo de vencer por terra a Luís de Anjou e por mar aos xenoveses. Afonso volveu a Catalunya e permaneceu nove anos nos seus reinos ibéricos. A súa política exterior estivo marcada pola oscilación de intereses entre a expansión mediterránea e a peninsular, con predominio definitivo da primeira. As guerras dos Trastámara de Aragón contra os de Castela, que custaron a vida do infante Enrique (1445), procuraron o dominio de Toledo...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agostiña Saragossa y Doménech.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Historia dos reinos da Coroa Aragonesa do historiador aragonés Jerónimo Zurita. Dividida en 30 libros, os 20 primeiros conteñen a historia da Coroa de Aragón dende o s VIII ata o fin do s XV. Os outros 10 forman a Historia del rey Fernando el Católico. A primeira edición é do 1562, que suscitou fortes polémicas. Está considerada como unha das obras fundamentais da historiografía catalano-aragonesa.
-
PERSOEIRO
Condesa de Aragón e Raíña de Pamplona. Filla do conde de Aragón Galindo III, achegou en dote o condado de Aragón ao Rei de Pamplona García III e transmitiulle os seus dereitos a seu fillo Sancho Garcés II.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Aragón e Navarra, afluente do Ebro pola esquerda. Nace no Ibón de Escalar, na zona axial do Pireneo aragonés. Discorre en dirección S ata Jaca; despois vira cara ao O penetrando no canal de Berdún, á saída do cal queda encorado no pantano de Iesa. Augas abaixo, rega a horta de Xavier, Sangüesa e Caseda, onde vira de novo cara ao SO, e recibe as augas do Irati. Preto de Caparroso recibe ao Cidacos, pouco despois, ao Arga, e desemboca no límite entre Navarra e La Rioja, cerca de Alfaro, logo dun percorrido de 192 km. No seu curso baixo discorre paseniño formando meandros.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Comunidade autónoma do estado español (47.646 km2; 1.187.546 h [1996]) que se estende dende o Pireneo Central, ao N, ata o Sistema Ibérico, ao S. Limita ao N coa República Francesa, ao L con Catalunya, ao O coa Comunidad Foral de Navarra, La Rioja e Castela e León, e ao SO con Castela-A Mancha e ao SL coa Comunitat Valenciana. Administrativamente está dividida nas provincias (de N a S) de Huesca, Zaragoza e Teruel. A súa capital é Zaragoza.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Distínguense tres unidades morfolóxicas e fisiográficas ben definidas: os Pireneos, a depresión do Ebro e o Sistema Ibérico. O Pireneo aragonés correspóndese co Pireneo Central, e nel podemos distinguir en primeiro lugar unha zona axial, formada por unha estreita franxa de materiais paleozoicos metamórficos que dan como resultado formas abruptas. Nesta zona acádanse as maiores altitudes, cos 3.355 m do Monte Perdido, os 3.371 m do Posets ou os 3.404 m do pico de Aneto, no límite nororiental da comunidade.... -
VER O DETALLE DO TERMO
ou infante Enrique (Calatayud 1445 - ? 1522) Conde de Empuries e duque de Segorbe. Fillo do infante Enrique de Aragón, duque de Villena, e de Beatriz de Pimentel, era curmán de Fernando II de Aragón. Fixou a súa residencia no Empurdà de onde foi lugartenente real. Tentou converterse en Rei de Castela, pero a proclama neste trono de Fernando (1475) rematou coas súas aspiracións. De volta a Catalunya obtivo a lugartenencia do Reino de València (1478-1479). Morto Xoán II, Fernando II noméao lugartenente do Principado de Catalunya e do Reino de Mallorca (1479-1494) con amplos poderes. Combateu as axitacións de 1488 e opúxose ao Rei no conflito da implantación en Barcelona e Empuries da nova Inquisición así como da insaculación na Generalitat e no Consello Municipal. En 1494 foi nomeado novamente lugartenente de València, cargo que exerceu ata finais de 1505. Xa vello, aínda tivo unha actuación destacada na Guerra das Xermanías, onde interveu a favor do Rei.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou o filósofo aragonés (Pedrola, Aragón 1525 - Zaragoza 1581) Nobre e erudito. Conde de Ribagorza, duque de Luna e de Vilafermosa, casado con Luísa de Borja e de Aragón (1541). Foi educado en Santiago de Compostela e na corte como meniño da Emperatriz Isabel e do Príncipe Filipe, a quen acompañou a Flandres, onde tomou parte na Batalla de San Quintín (1557). Escribiu: Memorias Históricas de los Condes de Aragón, Historias de los reyes, condes y obispos de Ribagorza, Gistau, Pallás..., Vida del conde de Luna don Lope y de su hermano el arzobispo e Diálogos de medallas antiguas y de otros monumentos raros.
-
TERRITORIOS
Territorio pirenaico independente xurdido no s IX nos vales de Hecho e de Canfranc. Gobernado pola familia dos Aznar, que loitaron por se manter independentes dos Reis de Navarra, logo do casamento de Andregoto I, filla de Galindo III, con García III de Navarra, quedou unido ao Reino de Navarra durante máis dun século, aínda que seguiu a ter unha personalidade política propia e un bispo propio para o condado. Á morte de Sancho III de Navarra (1035), Aragón obtivo a independencia como Reino de Aragón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Montalto. Fillo natural de Fernando I de Nápoles e Diana Guardato. No 1497 recibe os feudos que pertenceran a Gian Francesco Sanseverino, perdidos no 1507 a favor de Roberto Sanseverino. Non obstante , foi sempre fiel á Casa Real de Nápoles. Casou con Castellana de Cardona, irmá do vicerrei de Nápoles Ramón de Cardona. En 1529, Carlos V nomeouno lugartenente xeral do Reino de Nápoles.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Tomou parte xunto a André Breton e outros na creación do Surrealismo. O seu poema “Le paysan de Paris” (O labrego de París, 1926) está considerado como unha das obras mestras do movemento. Colaborou como xornalista no periódico de esquerdas L’Humanité e desde 1937 ata finais da Segunda Guerra Mundial foi codirector do diario Ce Soir. Obtivo gran popularidade coa súa poesía, animada polo patriotismo da resistencia, recollida en publicacións autorizadas ou clandestinas, frecuentemente con pseudónimo. Posteriormente, iniciou unha volta á versificación tradicional, adaptándoa e retomando os tons e as maneiras de Villón, de Charles d’Orleans e de Apollinaire, xunto ao estilo dos trobadores, a imaxinería da Táboa Redonda e a linguaxe da poesía relixiosa en Le crève-coeur (O desconsolo, 1941), Les yeux d’Elsa (Os ollos de Elsa, 1963) ou La Diane française (A Diana francesa, 1945). Despois da guerra publicou Fou d’Elsa (Tolo por Elsa,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conde de Ribagorza (1485-1512). Foi educado conxuntamente co seu tío, futuro Fernando II, quen o situou sempre en cargos de confianza. Lugartenente do Principat de Catalunya (1496-1506), sucedeu ao Gran Capitán no vicerreinado de Nápoles (1507-1509) e foi elixido capitán xeneral e lugartenente xeral da Coroa de Aragón (1512).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Aragón, aos seus habitantes ou á súa fala.
-
Natural ou habitante de Aragón.
-
Relativo ou pertencente á Coroa de Aragón, aos seus monarcas ou ás súas institucións.
-
O aragonés é unha lingua románica pirenaica que nace no Alto Aragón e Sobrade, e moi probablemente tamén Ribagorza.
Evolución histórica
Xorde da evolución do latín vulgar neses territorios setentrionais de Aragón, aínda que presenta unha forte pegada das linguas prerromanas pirenaicas que constituían o seu substrato. O aragonés vaise constituíndo como lingua diferenciada ao longo dos séculos VII, VIII e IX, como manifestan as voces romances -topónimos, antropónimos, algún substantivo ou adxectivo, etc- que aparecen de xeito illado nos textos redactados en latín. Os primeiros testemuños escritos (frases soltas) en aragonés (ou navarro-aragonés) son as Glosas Emilianenses da metade do s X (976). Entre os séculos IX e XI asentouse como lingua neolatina e posteriormente espallouse cara ao sur segundo a Reconquista ía avanzando e repoboándose os territorios. Ao longo de toda a Idade Media o aragonés debeu ser a lingua popular empregada en todo o territorio como lingua... -
Arte desenvolvida en Aragón. A arte Mudéxar predominou nunha parte importante do reino durante os séculos medievais e tivo influencia ata o Barroco do s XVIII. A arte cristiá da Reconquista comezou a desenvolverse no s X co prerrománico mozárabe de San Juan de la Peña e co Románico das pequenas igrexas de Huesca, enriquecida cunha escultura monumental, con imaxinería e cunha escola pictórica constituída por mestres como os que traballaron en Ruesta, Navaza e Bagüés entre os ss XI e XII. Durante o período gótico continuou o esplendor tanto en arquitectura como en escultura, pero sobre todo en pintura. A orfebrería e as outras artes do metal acompañaron a aparición de manufacturas cerámicas, principalmente en Teruel e Muel. As novidades do Renacemento penetraron con forte pulo e orixinalidade, como se pode apreciar na fachada de Santa Engracia de Zaragoza. Menos relevancia tivo o s XVII, a pesar de terse desenvolvido algunhas solucións barrocas, especialmente na remodelación da Basílica do...
-
Dereito aplicado en Aragón, nado da consolidación dos costumes xurídicos dos habitantes do Reino de Aragón. A súa fonte principal foron os foros municipais concedidos polo Rei aragonés ás vilas de Jaca (1064), Barbastro (1100), Belchite (1116), Zaragoza (1118-1119) e Teruel (1176). Foi compilado, sen incluír as institucións de dereito público como a do Xustiza Maior, no Foro Xeral do Reino de Aragón, e promulgado polas cortes de Huesca de 1247). O Rei Pedro, fillo de Xaime I, agregou a figura do Privilexio Xeral, peza fundamental das liberdades civís aragonesas e primeiro dos moitos engadidos que se habían de suceder ata que o xustiza maior, Martín Díez de Aux, realizou a compilación que formaría o principal corpo de dereito escrito, aplicado ata 1926. Desde as Cortes do 1592 experimentou un período de decadencia que culminou en 1707 cos decretos de Nova Planta. O Código Civil do 1879 conservou a integridade do dereito das rexións forais e estableceu o carácter supletorio respecto ao Código...
-
Literatura escrita en lingua aragonesa. Durante a súa época de independencia tivo unha literatura propia, relacionada coas lendas épicas autóctonas como La campana de Huesca, prosificada polos cronistas posteriores. De todos xeitos, incorpora a influencia das literaturas castelá, provenzal e catalana. Moitos textos casteláns copiados por escribáns de Aragón incorporan aragonesismos. Este é o caso do “Poema de Roncesvalles”, da Razón de amor, da Vida de María Egipciaca, do Llibre dels Tres Reys d’Orient, do Libro de Apolonio e dun dos manuscritos do Libro de Alexandre, todos do s XIII. A influencia da lírica provenzal chegou aos trobadores aragoneses, como Tomás Périz de Foces (s XIV), que escribiu en provenzal, ou Rodrigo Díez e Pedro de Santa Fe, que o fixeron en aragonés e en catalán. Desde o s XIII hai unha produción historiográfica coa Crónica de san Juan de la Peña, escrita en latín e traducida ao aragonés en 1372, o Libro...
-
Arte musical desenvolvida en Aragón. No s VII Zaragoza constituía un centro musical importante como mostra a obra de Ildefonso, De Viris illustribus. De San Juan de la Peña chegaron catorce folios dun libro de coro do s X con antífonas da liturxia hispánica. Neste mosteiro introduciuse a liturxia romana no ano 1071, difundíndose logo o canto gregoriano por todo Aragón. Na catedral de Huesca consérvanse dous libros con notación aquitana: un Hymnarium e un Prosarium. A partir do s XVI as catedrais de Huesca e, sobre todo, a de Zaragoza, deron pé a unha boa produción de música polifónica e de órgano. Ao comezo do s XVIII, foron mestres da Basílica do Pilar de Zaragoza o compositor aragonés Miguel de Ambiela e o catalán Lluis Serra. Francisco Javier García, nomeado Il Spagnoletto, introduciu o estilo operístico italiano en Aragón. No s XX, entre os compositores, organistas, directores e estudiosos da música nacidos en Aragón destacan, entre outros, Miguel...
-
-
PERSOEIRO
Un dos primeiros industriais do cine catalán. Fundou, xunto con Antoni Pujol, os laboratorios Fotofilm.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Palabra ou xiro de procedencia aragonesa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mineral diforme da calcita. Cristaliza no sistema rómbico. Preséntase en formas pseudohexagonais, prismáticas ou tabulares por macla de repetición ou en maclas múltiples xustapostas ou entrecruzadas, de diversas formas. É incoloro, branco ou de cores morada ou castaña. Por riba dos 400° C transfórmase en calcita. Opticamente é biaxial negativo e de forte birrefrixencia. Ten dureza 3,5-4 e peso específico 2,94-2,95. É un dos elementos constitutivos das estruturas estalagmíticas e estalactíticas. Aparece tamén en cavidades basálticas, en xesos e arxilas, nas perlas e nas capas nacaradas de cunchas de moluscos. Recibe o nome da localidade de Molina de Aragón, onde é abundante.