"Xavier" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 84.

  • PERSOEIRO

    Escritor peruano. Introduciu o surrealismo na poesía do seu país con Difícil trabajo (1935) e Descubrimiento del alba (1937). Tamén é autor de narracións como Hollywood, 1931 e ensaios, César Vallejo o la teoría poética, 1963.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e enxeñeiro de telecomunicacións. Trasladouse a Galicia na súa nenez. Fundou a empresa GAELICO. Destacan as súas colaboracións en distintos xornais e revistas dende 1971 (El Ideal Gallego, Faro de Vigo, O Correo Galego, El Correo Gallego, El Mundo,Teima, Economía Gallega e Luzes de Galicia). En 1972 publica Voltar. Seis personaxes e un fado, libro de relatos, e en 1978 A fundición (Premio Pedrón de Ouro de relato, 1978). A partir de aquí aumenta a súa producción literaria no eido da narrativa curta: O Larvisión (Premio Francisco Lanza, 1981); O Larvisión e outros relatos (1984); Los Ángeles Flash (1989); Far South (1991); Contos das Américas (1992); Contos do Impaís (1992); Sucinto informe (1992); (Relación de feitos de sangue (Premio Manuel Murguía, 1994); Hotel Damasco (Premio Concello de Vilalba, 1995). A súa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Catedrático de Teoloxía Escolástica (1816). Presidiu a Academia de Sagrada Teoloxía e interveu no alistamento do Batallón Literario. No 1811 fundou o semanario compostelán El Sensato que continuou a publicarse ata 1815. Ao regreso da monarquía absolutista de Fernando VII, estivo baixo sospeitas pola publicación dese xornal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escritor pertencente a un grupo de narradores galegos en castelán, algúns deles xa se deran a coñecer como tales antes de 1936. O seu traballo ao servizo da cultura de Galicia tivo o seu verdadeiro desenvolvemento a partir da década dos 50. O seu labor insírese dentro da corrente do novo ensaísmo de raizame galega e moderno espírito europeo. Orixinal ensaísta, escribiu un estudo titulado Etnobiología atlántica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Compositor e musicólogo. Formouse musicalmente en Lugo, Santiago de Compostela e Madrid, onde ampliou estudos de composición con David del Puerto, Luis de Pablo, Tomás Marco, Cristóbal Halffter e outros. Licenciouse en Musicoloxía na Universidade de Oviedo (1990). Colaborou coa Sociedad General de Autores e co Ministerio de Cultura na elaboración do Dicionario da Música Española e Hispanoamericana. É o promotor do proxecto Sistema de Especialización da Música en Vivo, no que se integran informática, electrónica, deseño de instrumentos e composición e da peza frauta, clarinete, violín, viola e violoncelo (2004).
     

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador de Arte. Catedrático de Historia da Arte na Universidade de Rennes e profesor na Sorbonne, contribuíu cuns estudios no eido da musivaria romana e medieval: Les mosaiques romaines et mediévales de la regió laietana (Os mosaicos romanos e medievais da rexión laietana, 1978), Els mosaics de paviment medievals a Catalunya (Os mosaicos do pavimento medievais en Catalunya, 1979) e Il mosaico (O mosaico, 1996). Tamén realizou traballos de investigación no eido da arquitectura e da pintura: La catedral románica de Vic (1979), L’art pre-románic a Catalunya: segles IX-X (A arte prerrománica en Catalunya, séculos IX-X, 1981) e os volumes O mundo romano 1.000-1.220 (1982 -1983) e La pittura in Italia. L´Altomedioevo (A pintura en Italia, o Altomedievo, 1994). No ano 1991 foi nomeado director xeral do Museo Nacional de Arte de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico francés. Dedicouse ao estudo da Anatomía e da Patoloxía. Considerado como un dos creadores da medicina científica moderna, foi o introdutor do concepto de tecido como unidade morfolóxica e fisiolóxica dos seres vivos, e como o lugar no que se producen as lesións. Estableceu as bases da histoloxía e da anatomía patolóxicas en Traité des membranes en général et des diverses membranes en particulier (Tratado das membranas en xeral e das diversas membranas en particular, 1800) e Anatomie générale appliquée (Anatomía xeral aplicada, 1801). Na obra Recherches physiologiques sur la vie et la mort (Investigacións psicolóxicas sobre a vida e a morte, 1800), adoptou unha actitude vitalista, ligada en parte ás ideas da escola da Montpeller, pero na que xa había conceptos estritamente organicistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Parma (1974-1977). Fillo do duque Roberto I e da súa segunda muller, María Antonia de Portugal. Sucedeu o seu sobriño Roberto II como duque de Parma e xefe desta casa. Durante a Primeira Guerra Mundial foi oficial de artillería do exército belga, e participou xunto co seu irmán Sisto nas negociacións secretas entre o seu cuñado, o Emperador Carlos de Austria, e os aliados. Pretendeu durante algún tempo o trono de Francia, escribiu artigos e algún libro nos que facía valer as orixes francesas da súa familia. En 1936, ao morrer Afonso Carlos de Borbón, foi nomeado rexente da Comunión Tradicionalista e encargado de nomear o sucesor da coroa española. En 1937 manifestou a súa adhesión a Franco, pero en 1945 firmou un manifesto pedíndolle que se retirase. Na Segunda Guerra Mundial organizou en Francia un núcleo de resistencia, sendo deportado a diferentes campos de concentración. En 1952 foi proclamado Rei en Barcelona por un grupo de partidarios. En 1975 renunciou aos seus pretendidos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. En 1923 emigrou a Bos Aires onde colaborou en diversos medios xornalísticos como Caras y Caretas ou La Prensa. Fundou o semanario Mundo Español (1923) e a revista Síntesis (1927). Destacado conferenciante, entre as súas publicacións salientan: El madrigal de las hermosas (1916), Los poemas de los pinos (1922), De los pazos gallegos (1922), Canto a la raza gallega y versos de fe y de silencio (1923), Penumbras (1923), Galicia madre (1944) e El perfecto optimista (1945). En 1970 deuse a coñecer en Bos Aires o volume Antología poética de Xavier Bóveda, nunha edición de Néstor Astur Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Emigrado a Bolivia concibiu o proxecto de unir este país co Atlántico, utilizando a corrente do Amazonas. Con este obxecto constituíu unha Compañía que sería a encargada de construír o porto sobre o río Grande ou Marmoré, a canalización deste río, a apertura de varios ferrocarrís, etc. Coa chegada da Guerra do Pacífico, pola que Bolivia perdeu todo o litoral do Pacífico, malogrouse o proxecto. Ademais destas actividades é autor da obra Colección de documentos relativos a la expulsión de los jesuitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Profesor na Escola de Maxisterio de Santiago de Compostela. Licenciouse en Belas Artes (1985) e en Arte (1991). A súa pintura reproduce paisaxes e escenas urbanas compostelás. Participou en diversas mostras individuais e colectivas. Recibiu en 1975 o premio extraordinario no XVII Certamen Nacional de Arte e, en 1989, o premio de adquisición do I Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Realizou estudios de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidad Central de Madrid. Exerceu a docencia en varios institutos de Galicia e, dende 1980, no Institut Jaume II de Alacant. Foi director da colección de narrativa do Instituto de Cultura Gil Albert da deputación de Alacant e colaborador de honra do departamento de Lingüística Xeral e Teoría da Literatura da Universitat de Alacant. Deuse a coñecer como poeta en castelán coa obra El dolor de la carne (1960). En galego publicou o poemario Paisaxe de verde chuvia (1986) e o libro de relatos As calexas do cigurath (1973), reeditado íntegro en 1996, xa que na súa primeira edición sufrira mutilacións por parte da censura. No eido da crítica literaria destacan as súas colaboracións en revistas especializadas e na prensa, así como o volume monográfico A obra literaria de Eduardo Blanco Amor (1993). Foi galardoado nas Festas Minervais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse na Escuela de Arquitectura de Madrid. É autor, entre outras obras, da Escola d’Alts Estudis Mercantils de Barcelona (1961) e da Escuela de Telecomunicaciones de Madrid (1960-1971). Recibiu a Medalla de Ouro da IX Triennale di Milano (1956) e o premio ao mellor pavillón na Feira de Nova York (1964-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Licenciouse e doutorouse en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi catedrático da Escola Universitaria de EXB de Ourense (1987), profesor de historia contemporánea de España na Universidade de Rennes II (1987-1988) e profesor de historia contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Foi un dos fundadores do Colectivo de Historia Xerminal e impulsor en 1983 das Xornadas de Historia de Galicia de Ourense. As súas investigacións xiran ao redor do galeguismo, do movemento obreiro e da emigración. Colaborou en numerosos xornais e revistas, como El Correo Gallego, La Voz de Galicia, Faro de Vigo ou Diario 16, e foi membro do consello de redacción da revista Grial. Participou na edición crítica de Sempre en Galiza de Castelao (premio de investigación da Universidade de Santiago de Compostela). Entre as súas obras destacan O nacionalismo galego na Segunda República (1982), O galeguismo na encrucillada republicana (1985), Crise...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e escritor. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, colabora dende 1987 en El Correo Gallego (Correo das Culturas) e noutras publicacións como Grial, Boletín Galego de Literatura, Xermolos, Encrucillada e codirixe a revista Casa da Gramática. Realizou as edicións de Alfredo Brañas. Obras selectas (1990), Valentín Lamas Carvajal. Obras selectas (1991) e Antón Avilés de Taramancos (2000), e participou na edición e estudo de Aturuxo (1994), Alba (1995), Gelmírez (1995), Plumas e letras en La Noche (1996) e La Noche (1996). Publicou as traducións Don Don e Dona Dona veñen á escola (1989), Historia da Arte Galega. Renacemento (1991), Historia da Arte Prehistórica e Romana (1993) e Cadernos para a reforma (1989-1991). Coordinou e participou no equipo de redacción do Dicionario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político portugués. Foi gobernador xeral de Moçambique (1915-1917), ministro de Xustiza, Finanzas e Guerra, e xefe do goberno (1920-1923). Fundou o Partido Republicano da Reconstitução Nacional en 1920.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciouse en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa andaina profesional nos xornais El Correo Gallego e O Correo Galego. Redactor xefe de O Correo Galego, coordina a edición electrónica deste xornal na Internet. Publicou O Pindo: pedra e mar (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Membro dunha familia de artistas, comezou a debuxar e traballar con metais no obradoiro do seu pai e na Escola Massana de Barcelona. Completou a súa formación en Londres, París e Nova York. Inicialmente traballou o bronce e outros metais, para logo concentrarse na creación de grandes esculturas en mármore ou pedra. As súas obras caracterízanse pola depuración formal e as superficies pulidas. Entre as súas creacións destaca a escultura da praza Sóller de Barcelona (1983). En 1972 creou a Fundación Corberó, centro de obradoiros para artistas e artesáns. Recibiu, entre outros, os premios Manolo Hugué (1960) e Ramón Rogent (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Realizou estudos en Lugo e, posteriormente, licenciouse en Xornalismo en Barcelona. Viviu a maior parte da súa vida na cidade condal dedicado ao xornalismo e á literatura. Colaborou en distintos medios de comunicación de Galicia (La Voz de Galicia, Faro de Vigo e O Correo Galego), Barcelona (La Vanguardia, El Periódico, Diario de Barcelona, Bouquet e Comer y beber) e Bos Aires.
    Como narrador publicou en castelán, entre outros títulos, Literatura gallega actual (1957), Rosalía de Castro. Vida y obra (1967), Los gallegos (1970), El sexo, arma política (1971), Perfil conflitivo de Galicia (1976), El verano del 36 (1976), Los últimos días de la República (1975), Las dos caras de Galicia bajo el franquismo (1977), Bandolerismo, romerías...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor e gravador. Licenciouse en Filosofía e Letras e diplomouse en maxisterio. Residiu en Catalunya, onde exerceu a docencia. Entre outras mostras participou na Bienal de Manresa.

    VER O DETALLE DO TERMO