"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da Rusia asiática comprendida entre o Ienisei ao O, e a divisoria hidrográfica do Pacífico ao L (7.200.000 km2; 9.750.000 h [1985]). Fisiograficamente divídese entre as chairas de tundra, a penechaira de Siberia Central (a parte máis extensa) e a zona montañosa do SL, Sajan, Zabajkal e Kolyma. A cidade principal é Krasnojarsk.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao estilo arquitectónico desenvolvido en Sicilia e Italia meridional durante os ss XII e XIII, constituído por unha profusa variedade de formas artísticas bizantinas, musulmás, lombardas e normandas. En Campania predominan os elementos musulmáns, bóvedas, arcos de ferradura, peraltados e entrecruzados e decoración exuberante, nas catedrais de Caserta Vecchia (ss XII-XIII) e Amalfi (1266-1268, claustro). Baixo o dominio normando, a arquitectura siciliana incorporou esquemas do románico normando, planta basilical con cruceiro moi remarcado e torres monumentais, formas da arte bizantina, cúpulas sobre pendentes, capiteis, temas iconográficos e ornamentación con mosaicos, e técnicas de orixe musulmá, decoración de pavimentos, muros e bóvedas. Destacan San Giovanni degli Eremiti (1132’), Santa Maria dell’Ammiraglio ou La Martorana (1143?), San Cataldo (anterior a 1161) e a Capella Palatina no Palazzo Reale (1140), todos en Palermo, a catedral de Cefalù (s XII), a catedral de Monreale...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade infecciosa causada por un ou máis virus, que implica unha profunda alteración da inmunidade celular que favorece a instauración doutras infeccións e enfermidades de prognóstico clínico grave. O axente causante é o retrovirus VIH (Virus da Inmunodeficiencia Humana) que provén, probablemente, de mutacións doutro virus, o STLV-III, que desencadea a sida no mono verde de África, lugar de orixe da síndrome. O virus actúa sobre os linfocitos T4 (cooperadores/indutores) destruíndoos. Identificáronse dúas variantes do VIH: o VIH-1, de extensión universal, e o VIH-2, limitado nos seus inicios a África occidental. Os primeiros casos de sida foron descritos en Los Angeles e Nova York en 1981, e foron crecendo progresivamente nos últimos anos. A incidencia acumulativa da enfermidade a finais de 1991, segundo datos da OMS, era dun total de 446.681 casos declarados en todo o mundo, dos que 10.101 correspondían a España, e destes 3.026 en Galicia (datos da Consellería de Sanidade) que por...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Fenicia, que corresponde coa actual Ṣ aydā, uns 40 km ao S de Beirut, en Líbano. Documentada no III milenio a C, caeu en poder dos exipcios durante o reinado de Tutmosis III. Ata finais da XVIII dinastía (1567-1320 a C) foi a cidade fenicia máis importante, causa da súa expansión comercial por Siria e pola conca mediterránea. Vítima dos pobos do mar, caeu en poder dos filisteos (1191? a C) e perdeu a súa hexemonía en beneficio de Tiro. Durante o predominio dos asirios, e posteriormente dos neobabilónicos, mantívose fiel. Sometida polos aqueménidas, levantouse en van (344 a C) contra Artaxerxes III. A partir da súa conquista por Alexandre o Grande cambiou diversas veces de mans entre os seléucidas e os tolemaicos. En época romana (66 a C-385) organizouse como república, e no período bizantino (395-667) foi sé dun bispado. Foi conquistada polos árabes en 667. Tomada (1111) por Balduíno I, converteuse na capital do señorío de Sagette. Disputada varias veces...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Código xurídico elaborado baixo a dirección do Rei Afonso X o Sabio, que comprende sete libros ou partidas chamados Libro de las Leyes ou Fuero de las Leyes. Trátase dunha ampla enciclopedia de dereito, sobre toda clase de materias xurídicas, así como sobre fundamentos filosóficos, morais e históricos de cada unha das institucións. Inspiradas fundamentalmente nas fontes do dereito romano e do dereito canónico, e nos textos dos romanistas e canonistas estranxeiros, a iniciativa de facer esta magna obra debeuse a Fernando III, quen comezou a escribir o libro Septenario, máis tarde continuado polo seu fillo Afonso X coa colaboración dunha comisión de xuristas. O Corpus Iuris Civilis constitúe a súa fonte principal. Tiveron unha gran difusión, e foron traducidas durante a Idade Media ao galego, portugués e catalán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á sifilografía.
-
-
Ser algo sinal ou signo doutro.
-
Ser unha palabra ou frase a representación dun concepto ou dun pensamento.
-
Ter algo unha consecuencia.
-
Ter máis ou menos importancia algo.
-
-
-
-
Aquilo que por convención ou relación natural representa algo.
-
Carácter que se emprega na escritura e na imprenta.
-
Símbolo que se emprega para indicar unha operación ou caracterizar unha magnitude. Entre os máis correntes están o signo de sumar (+), o signo de restar (-), o signo de multiplicar (x), o signo de dividir (:) e o signo radical (√).
-
Sinal, sobre todo de carácter verbal, mediante o que, no ámbito da comunicación e nun contexto globalmente informativo, se representa algo ou se establece unha relación con outra cousa. Das diferentes distincións establecidas entre tipos de signos destaca a feita por Sexto Empírico entre signo suxestivo e indicativo, e entre signo natural e convencional, que presenta o problema do carácter específico que a linguaxe ten como signo. Entre as interpretacións dadas sobre o valor dos signos están a tradicional-realista, a nominalista e a convencionalista. Respecto ao carácter relativo e relacional do signo, acéptase que os signos en relación con eles mesmos ou outros signos son obxecto da gramática e da sintaxe; que en relación co significado son obxecto da lóxica e da semántica, e subdivídense en signos icónicos, índices e símbolos; e que en relación co suxeito interpretador son obxecto da retórica e da pragmática, que é en xeral o obxecto da semiótica. Á...
-
Sinal, acontecemento ou palabra que se interpreta como a manifestación e presenza do transcendente ou divino. Entendido como algo de valor superior ao do puro símbolo, o signo é a base de toda a concepción sacramental do cristianismo.
-
Cada un dos sinais gráficos que complementan as notas dunha partitura e permiten facer unha interpretación correcta dela.
-
Fenómeno que, recoñecido polo médico no organismo do enfermo e apreciado por el, é de interese para establecer a diagnose ou a evolución dunha enfermidade.
-
-
-
Cada unha das doce partes en que se considera dividido o zodíaco.
-
...
-
-
-
-
Ausencia de todo son ou ruído.
-
Feito de estar alguén sen falar e sen facer ruído.
-
Feito de non expresar alguén a súa opinión ou algunha información.
-
Cada un dos dous intervalos que separan os ruídos cardíacos.
-
-
Breve intervalo que indica a ausencia de música e canto.
-
Signo gráfico posto no pentagrama para indicar a interrupción do son. Na notación actual correspóndelle a cada figura de duración un signo de silencio.
-
-
Ausencia de resolución por parte dunha autoridade administrativa respecto a unha petición ou un recurso que lle foi presentado. Constitúe un acto administrativo de omisión, que pode ser positivo (efecto estimatorio) ou negativo (efecto desestimatorio).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pneumoconiose causada pola inhalación de pos de sílice que produce un depósito de óxido de silicio nos pulmóns. Caracterízase pola aparición de cambios xeneralizados de tipo fibrótico-nodular visibles radioloxicamente e non ten tratamento específico, polo que é moi importante a súa prevención.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo reino de Corea establecido en 57 a C ao SL de Corea con capital en Kyŏngju. Aliado coa dinastía chinesa Tang, destruíu os dous reinos rivais de Paekche (663) e Koguryo (668) e unificou a nación coreana por primeira vez. Foi a idade de ouro da historia de Corea. Máis adiante, Wang Kon, un rebelde, fundou a dinastía Koryo (918). O derradeiro rei de Silla someteuse a el (935).
-
-
Que inspira simpatía.
-
Aplícase á parte do sistema nervioso vexetativo que está constituída por unha cadea de ganglios nerviosos, en número de 20 a 25, que están situados fronte á columna vertebral desde o cranio ata o cóccix. Ten unha relación íntima cos procesos tróficos e as funcións secretoras e cardiovasculares do organismo. OBS: Tamén se denomina ortosimpático ou sistema nervioso simpático.
-
-
-
Facer máis simple ou menos complexa unha cousa.
-
-
Converter unha expresión, unha cantidade ou unha ecuación noutra equivalente pero máis simple.
-
Transformar unha fracción noutra equivalente que sexa irredutible.
-
-
-
-
Método gráfico de determinación da área que está comprendida entre unha curva e o eixe, e que se aplica para a determinación do volume existente entre unha superficie curva e un plano. Foi inventado polo matemático inglés Thomas Simpson e emprégase para o cálculo do arqueo dos buques.
-
Método para aproximar a área limitada por unha curva y = f(x), o eixe OX e dúas rectas paralelas x = a e x = b. O método supón que os pequenos arcos da curva son aproximables mediante arcos de parábola que pasan polo punto medio e polos puntos terminais do arco considerado. Este método pode empregarse para aproximar calquera integral definida.
-
-
-
-
Indicación ou aviso óptico, acústico ou doutra natureza, codificado ou non, que serve para anunciar ou advertir algunha cousa, dar ordes ou transmitir mensaxes ou informacións.
-
Bandeira, lámpada ou obxecto de forma convencional que se emprega en terra, en mar ou a bordo dunha embarcación, para facilitar a navegación ou establecer comunicación. Os sinais destinados a embarcacións clasifícanse en sinais visuais e acústicos e sinais radiotelefónicos e radiotelegráficos. Son sinais os faros, as balizas, os semáforos, as bandeiras ou as sirenas.
-
sinal de circulación
Placa, disco ou cartel que, nunha estrada, nunha rúa ou nun cruzamento, serve para regular o tránsito, para advertir aos condutores dos vehículos dalgún perigo ou dalgún obstáculo, ou para darlles algún aviso ou indicación relacionados co tránsito. O código de circulación distingue os sinais de advertencia de perigo (placas triangulares equiláteras colocadas coa base horizontal e o vértice oposto na parte superior -agás no caso do “ceda o paso”, en que a posición é invertida-, co contorno vermello, o fondo branco ou amarelo e as letras ou os símbolos de cor negra ou azul escura); os sinais de prohibición e de fin de prohibición (que son discos, co contorno vermello e, xeralmente, o fondo branco e os símbolos negros ou azuis, nos de prohibición, ou ben discos brancos atravesados por unha banda inclinada negra, gris ou azul sobre os símbolos do correspondente sinal de prohibición); os sinais de obriga (que son circulares, triangulares ou octogonais, de...
-
-
Xesto ou aceno co que se quere indicar algo a alguén.
-
Marca ou cicatriz que deixa unha ferida.
-
Cantidade ou fracción do prezo total, entregada a conta, antes de facer firme un contrato de compravenda.
-
Modelo matemático das variables dun sistema. Xeralmente admite unha descrición temporal, variacións do sinal no tempo, e unha descrición frecuencial (espectro), compoñentes do sinal de diversa frecuencia. Un sinal determinista é o que ten unha descrición como función da variable tempo x(t), mentres que os sinais aleatorios soamente poden describirse por un modelo probabilístico. Os sinais analóxicos defínense para todo valor de t, en contraposición aos discretos no tempo (ou secuencias), que soamente o son para t=nT, onde n é un número natural e T un valor determinado de t.
-
Magnitude física variable que pode transmitirse, propagarse e detectarse adecuadamente, de maneira que que perturbe ou modifique un estado de equilibrio constitúe un elemento portador de información. Os sinais poden ser eléctricos, mecánicos, pneumáticos, ópticos ou acústicos, e empréganse para transmitir información de acordo cun código establecido.
-
Cociente da potencia do sinal e a do ruído existente na banda de frecuencias ocupada polo devandito sinal. Constitúe unha medida cuantitativa da calidade dun sistema de comunicación. Cómpre unha relación de 10 dB para que un sinal de audición sexa intelixible, ou ben 40 dB para unha boa imaxe de televisión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de México situado na costa do Pacífico que limita ao N co estado de Sonora, ao L cos de Chihuahua e Durango, ao S co de Nayarit e ao O co Pacífico (58.328 km2; 2.536.844 h [2000]). A súa capital é Culiacán. É unha franxa alongada que se sitúa entre Sierra Madre Occidental e a costa, constituída por unha chaira aluvial cuaternaria. A poboación, de tipo rural, aséntase xunto aos ríos e á costa. Os principais cultivos son algodón, avea, azucre, millo, cacahuetes e trigo. A súa riqueza máis importante é a minaría, pouco explotada, e a gandaría.
-
-
-
Tendencia a fundir diversos elementos relixiosos e filosóficos, usualmente considerados heteroxéneos, sen un criterio claro de selección.
-
Síntese de dous elementos culturais ou de dúas culturas diferentes que, ao ser reinterpretadas, dan lugar a unha entidade cultural totalmente nova.
-
-
Asunción de diversas funcións por unha soa forma. O ablativo latino, por exemplo, asumiu as funcións dos casos instrumental e locativo indoeuropeos; a desinencia -i latina de DOMINI asume sincreticamente o caso nominativo e o número plural.
-
Forma de apreciación confusa propia do xeito de pensar dos nenos pequenos que aínda non desenvolveron a facultade de percibir con claridade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento dos traballadores organizados en sindicatos en defensa dunha mellora das súas condicións de vida e de traballo. Os primeiros pasos do movemento sindical organizado déronse en Reino Unido, onde se creou, por influencia de Robert Owen, a Great Consolidated Trade Union (1833), aínda que os seus precedentes atópanse na segunda metade do s XVIII. En Alemaña, a unión dos lassallianos e os marxistas (Congreso de Gotha, 1875) permitiron o inicio dun sindicalismo de orientación socialista que adquiriu unha grande implantación. En Francia desenvolvéronse as asociacións de axuda mutua, sobre todo a partir de 1830, e as cámaras sindicais de oficios (1860), ata chegar á formulación do sindicalismo revolucionario que cristalizou na creación da Confédération Générale du Travail (CGT) en Limoges en 1895. En Italia creouse a Confederazione Generale Italiana del Lavoro (CGIL) en Milán en 1906, de tendencia socialista. En España a súa influencia inicial foi bakuninista coa Federación Rexional Española...
-
-
-
Conxunto musical de voces, de instrumentos, ou das dúas cousas.
-
Composición para orquestra, estruturada segundo as normas que regulaban a sonata. No s XVII podía adoptar o significado de sonata, concerto ou outra composición. A sinfonía clásica apareceu no s XVIII. Tivo unha orixe diversa, por unha banda o concerto grosso e pola outra a obertura da ópera, e seguía o esquema en tres tempos allegro-adagio-allegro (G. Sammartini), despois, coa intercalación do minueto pasou a ter catro (autores da escola de Mannheim). Cultivada por numerosos autores, acadou todo o esplendor con J. F. Haydn que, xunto con Mozart, deixou un extenso legado sinfónico, e estableceu o seu desenvolvemento temático de acordo coas normas da forma sonata. Beethoven recolleu este legado e modificouno, e substituíu o minueto por un scherzo e deulle unha maior extensión ás sinfonías. Os seus pasos foron seguidos por Schubert, Schumann, Brahms, Liszt, Bruckner, Mahler e R. Strauss na música alemá; por Berlioz, Saint-Saëns e C. Franck en Francia; por Dvořák...
-
-
Conxunto de elementos que se unen para producir un efecto harmonioso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disco fonográfico, cunha gravación xeralmente inferior a cinco minutos de duración en cada unha das súas caras, que se reproduce a 45 rpm.