"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que produce consunción.
-
-
-
Peza de madeira plana e de pouco grosor, máis longa ca larga.
-
Peza plana e pouco grosa, de calquera outro material sólido e ríxido.
-
Nome de diferentes utensilios domésticos que presentan unha superficie plana e lisa comparable a unha lámina de madeira.
-
-
-
Lista ou índice das materias contidas nun libro con indicación das páxinas onde son tratadas.
-
Lista sistemática de resultados, xa obtidos e dispostos en forma axeitada, que facilita o traballo posterior do manexo de datos.
-
táboa cronolóxica/de cómputo CRON
Forma gráfica de representar esquematicamente os acontecementos por orde cronolóxica, como a sucesión de soberanos e papas ou os elementos de cómputo dos anos, dos meses e dos días.
-
táboa demográfica
Táboa estatística que recolle os datos, por idades e por sexos, que serven para calcular as taxas demográficas. As máis características son as de mortalidade, natalidade, fecundidade e estrutura por idades.
-
táboa de verdade
Táboa de operación que proporciona, para as diferentes variables de entrada, os valores da operación dada tendo en conta todas as combinacións posibles dos valores das variables.
-
...
-
-
-
-
Cada un dos reinos que xurdiron en Al-Andalus como consecuencia do desmembramento do Califato de Córdoba (s XI). Substituído o poder califal polo do exército, foi así como diversos xefes erixiron estes estados autónomos, coñecidos como reinos de taifas que, co tempo, acadaron a independencia total. As taifas constituídas en Al-Andalus foron as de Silvas, Santa María de Huelva, Arcos, Morón, Mértola, Niebla, Carmona, Ronda, Algeciras, Málaga, Granada, Córdoba, Almería, Murcia, Lleida, Albarracín e Tortosa. As que acadaron un poder político máis notable foron as de Toledo, Zaragoza, Sevilla, València e Denia, así como a de Mallorca, que foi a de maior duración. O período dos reinos de taifas significou, en xeral, unha época dunha gran prosperidade, tanto socioeconómica coma cultural. Unificado de novo todo o Al-Andalus coa invasión almorávide, na segunda metade do s XII volveu a producirse, coa súa caída, un fenómeno semellante de fragmentación territorial e política, que se denominou tamén...
-
Soberano que gobernaba cada un dos reinos de taifas.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Tailandia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Tailandia.
-
Arte desenvolvida en Tailandia. Nun primeiro momento floreceron estilos moi diversificados de temas iconográficos e tipos arquitectónicos propios de India, sobre todo budistas. Consérvanse exemplos das culturas khmer (ss VII-XII) e dvaravati (Mahadhatvatija de Lamphun, s XII). O período tai (s XIII) destacou no eido urbanístico (cidades de Sukhothai e Chiang Mai, mosteiro do Xardín Florido). A escultura desenvolveuse, sobre todo, na cidade de Lop Buri (ata o s XV) e caracterizouse polas innovacións achegadas á iconografía de Buda. Outro período importante foi o de Ayuthia (ss XIV-XVIII), caracterizado polos templos en forma de montaña: destacaron o de Rajapurana (1424) e o de Brahrama (1639). En 1767, co traslado da capital a Bangkok, penetraron as influencias chinesas e europeas e prosperou un novo estilo arquitectónico ecléctico caracterizado por torres en forma de furna funeraria asentadas sobre pedestais de diversos chanzos, como o palacio real e o mosteiro de Jetavanarma.
-
-
-
Acción e efecto de tallar ou de fender e separar en partes.
-
-
Acción de tallar ou dar forma a obxectos dun xeito determinado.
-
Operación que consiste en obter unha serie de caras para facer resaltar a beleza dun material ou mineral. O conxunto de caras cunha forma xeométrica determinada denomínase estilo de talla. Os máis coñecidos son o estilo de talla brillante, utilizado co diamante, o de talla esmeralda e a talla rosa.
-
Obra escultórica, especialmente de madeira.
-
media talla
Escultura feita en baixo rrelevo.
-
talla doce
Gravado calcográfico en que as incisións sobre a prancha de aceiro ou cobre deben ser trazadas mediante a utilización do buril, a augaforte ou a punta seca.
-
-
esmelgadoira.
-
Cantidade de moeda que debe ser producida por unidade de peso do metal cuñado.
-
Contribución que, na Idade Media, esixían os señores feudais aos servos e vasalos que estaban na súa xurisdición.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado federado de Tanzania que se estende entre o Océano Índico e o lago Tangañika (937.186 km2; 22.533.758 h [1988]). Corresponde o sector continental do país, o máis extenso e menos poboado de Tanzania. Estaba habitado por pobos negros paleolíticos. Estes primeiros poboadores foron desprazados por tribos bantús nos ss VII e VIII. No s VIII tamén chegaron as primeiras expedicións árabes. A partir do s XIII os bantús costeiros islamizáronse e adoptaron o swahili, lingua comercial de África oriental. No s XVI os portugueses chegaron a África oriental e a Zanzíbar pero, finalmente, foron expulsados polos árabes de Omán. En 1884 os alemáns estableceron un protectorado, máis tarde convertido en colonia. Os alemáns relegaron a poboación africana ás terras máis pobres e construíron dous ferrocarrís. Despois da Primeira Guerra Mundial, o país foi traspasado pola Sociedade de Nacións á administración británica. O proceso descolonizador foi relativamente pacífico. En 1955 constituíuse...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade exipcia situada 167 km ao NL do Cairo (actual San el-Haggar). A súa antigüidade parece remontarse ao Imperio Antigo (2682-2181 a C). Durante o segundo Período Intermedio foi a capital das dinastías XV (1674 -1567 a C) e XVI (1684-1567 a C), época durante a que se chamaba Avaris. A súa conquista por Ahmosis significou o fin da dominación hicsa en Exipto. Durante a dinastía XXI, pasou de sede do nomós XIV do Baixo Exipto a capital de todo o país. Entrou en decadencia a partir da XXVI (664-525 a C) pola competencia de Sais. Atopáronse o Gran Templo, a columnata palmiforme, dezaoito obeliscos, hoxe esnaquizados, estelas e estatuas de Ramsés II, o lago sagrado do reinado de Nectanebo II e a necrópole real con tumbas dos faraóns das dinastías XXI-XXII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ehículo de combate, completamente acoirazado, armado cun canón e unha ou dúas metralladoras e que se despraza mediante eirugas. Destinado principalmente a romper a fronte do inimigo e penetrar en profundidade, as súas características básicas céntranse na mobilidade, a blindaxe e a potencia de fogo. A mobilidade posibilita a operación en terreos moi accidentados, vén determinada pola potencia do seu motor (entre 500 e 800 CV), a súa autonomía (ata 600 km), e polos sistemas de tracción e de suspensión. Como non teñen rodas directrices, xiran por diferenza da velocidade da eiruga dun lado respecto á da outra, polo que o diferencial é especialmente complicado. O motor, nun principio de gasolina, foi substituído posteriormente por un diésel sobrealimentado. Co tempo algúns tanques (M 1 Abrams americano) son propulsados por turbinas de gas. As blindaxes chegaron a acadar grosores de aceiro de 400 mm na torreta. Divididos inicialmente en lixeiros, medianos e pesados; o denominado tanque de batalla...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tantalio de ferro e manganeso, de fórmula (Fe, Mn)Ta2O6. Cristaliza no sistema rómbico e forma unha serie isomorfa continua coa columbita. Ten un peso específico de 5,19-8,2 e unha dureza de 6-6,5, e é de cor negra parda. Entre os seus usos está o de participar en aliaxes co ferro, para aumentar así a súa resistencia á corrosión e ás altas temperaturas. En Galicia destacan os xacementos de Verín, Laza, Boiro ou Maceda.
-
-
Relativo ou pertencente aos Tantra ou ao tantrismo.
-
Sincretismo de elementos de orixe budista e hinduísta, con achegas propias dos países onde se desenvolve o tantrismo. Os vestixios máis antigos remóntanse ao s VIII. Arte anónima, segue fielmente a tradición canónica e deixa pouco espazo á creatividade. Tanto a pintura como a estatuaria consisten en gran parte na representación iconográfica das numerosas deidades do panteón tántrico, nos aspectos pacífico ou iracundo. Entre as pinturas destacan as denominadas t’angka (desenrolables), achega típica da arte tibetana.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escribir un texto con signos taquigráficos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á taquigrafía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga extensión territorial, habitada polos tártaros. Tradicionalmente, a súa extensión abranguía os actuais Mongolia, Manchuria, Turkestán, Afganistán e Siberia. Posteriormente identificouse co territorio do actual Turkestán e desde o s XIV chamóuselle así a toda Asia Menor.
-
-
cremor tártaro.
-
Sólido en forma de cristais incoloros, eflorescentes no aire, e altamente tóxicos, que ten aplicación como mordente para tecidos e coiro, e en medicina como emético e sudorífico.
-
-
-
-
Réptil, da orde dos quelonios, coas extremidades curtas, adaptadas á natación, unha cuncha que protexe o corpo e un bico córneo sen dentes. Son animais mariños e terrestres.
-
tartaruga boba [Caretta caretta, Fam dos quelónidos]
Réptil de ata 130 cm de lonxitude, coa cuncha dorsal completamente osificada e recuberta de placas córneas xustapostas. Vive nos mares tropicais e subtropicais e atópase con frecuencia no Mediterráneo.
-
tartaruga de carei [Eretmochelys imbricata, Fam dos quelónidos]
Réptil mariño, de ata 1 m de lonxitude, que ten a cuncha en forma de corazón recuberto de láminas córneas imbricadas, de cor amarela e negra verdosa e a cabeza e as extremidades de cor terrosa. Estas tartarugas son moi apreciadas pola beleza das láminas córneas da cuncha, que constitúen o carei. Viven nos mares das zonas tropicais e intertropicais, especialmente nas costas de América Central, de Asia meridional e de Australia.
-
tartaruga elefante [Testudo elephantopus, Fam dos testudínidos]
Tartaruga terrestre, duns 160 cm de lonxitude, diúrna e herbívora, que vive en grandes grupos. É endémica nas illas Aldra, no Océano Índico.
-
tartaruga laúde [Dermochelys coriacea, Fam dos dermoquélidos]
Tartaruga mariña, duns 2-2,3 m de lonxitude, coa cuncha recuberta dunha pel corácea. Aliméntase de peixes e substancias vexetais. Habita no Océano Pacífico, no Atlántico e no Índico, aínda que ás veces pode atoparse no Mediterráneo central e oriental.
-
tartaruga mediterránea [Testudo hermanni, Fam dos testudínidos]
Tartaruga terrestre, duns 30 cm de lonxitude, cunha cuncha curvada e oval e cola rematada nun tubérculo córneo de forma cónica cunha canle lonxitudinal. É de cor amarelada con manchas escuras ou negras, e o escudo ventral é de cor amarela no medio, con bandas laterais negras. Vive en piñeirais litorais ou terreos areosos moi expostos ao sol. Habita nos Balcáns, na Península Ibérica, Occitania, Córsega, Sardeña e na Italia continental e peninsular.
-
tartaruga moura [Testudo graeca, Fam dos testudínidos]
Tartaruga terrestre, duns 30 cm de lonxitude, moi semellante á mediterránea, pero coa cuncha dorsal máis curva, placa supracaudal simple, cola sen tubérculo córneo e dunha cor amarela verdosa con manchas escuras. Habita no N de África, no SO da Península Ibérica, nos Balcáns (Albania e Grecia) e no SO de Asia.
-
tartaruga verde [Chelonia mydas, Fam dos quelónidos]
Tartaruga mariña, duns 160 cm de lonxitude, coa cuncha dorsal en forma de corazón. Habita ao redor das calas e nada sobre todo na superficie da auga. Habita no Océano Índico e no Atlántico.
-
-
Formación dos lexionarios romanos que consistía en apiñarse co escudo sobre a cabeza para protexerse dos ataques do inimigo, especialmente ao aproximarse a algunha muralla.
-
...
-
-
-
-
Edificio destinado á representación de obras literarias, musicais ou outras modalidades, como o mimo ou as sombras. En Grecia, as tres partes principais do teatro eran os chanzos(κοἱλα), reservadas ao público, que envolvían nuns dous terzos a orquestra (ορχἠστρα), circular, reservada ás evolucións do coro. Tanxente a ela levantábase a escena, a parte máis avanzada da que, unha plataforma rectangular denominada λογεῐον ou proscenio, estaba reservada á representación, limitado por un muro (σκηνἠ) con decoración fixa. Os romanos copiaron o modelo grego baseándose nos estudos de Vitrubio. Os chanzos estaban divididos en seccións comunicados por galerías, escaleiras, pasadizos e portas de acceso (vomitoria),e a escena tomou máis grandiosidade (uns 150 m de lonxitude). Durante o s XVI apareceron as primeiras salas destinadas ás representacións teatrais, nas...
-
teatro de ópera
Teatro dedicado principal ou exclusivamente a espectáculos de ópera. O primeiro foi o de San Casiano, en Venecia (1637), onde Monteverdi e Cavalli estrearon algunhas das súas obras. No s XVII inaugurouse a Académie de Musique de París (1671) e no s XVIII abríronse algúns dos máis célebres, como o Covent Garden de Londres (1732), o San Carlo de Nápoles (1737) e o Teatro alla Scala de Milán (1778).
-
-
Representación pública dunha obra teatral. En Grecia tivo a súa orixe nas festas relixiosas; diversas compañías itinerantes, formadas por un actor e un coro, actuaban nas prazas das cidades. Esquilo introduciu o segundo actor na representación dramática e Sófocles o terceiro. O teatro romano foi en boa medida un herdeiro do grego. En Sicilia xurdiu o teatro de fýlakes, que pasou ao continente e deu lugar ás farsas atelanas; os seu arquetipos cómicos influíron na Commedia dell’Arte do Renacemento. Os ss XVII e XVIII marcaron un progreso da escenografía, sobre todo nos teatros cortesáns; do escenario simultáneo, que obrigaba a dividir a escena en diversos espazos, pasouse ás decoracións presentadas de maneira sucesiva. A finais do s XVIII o director tomou o relevo como creador do espectáculo. En Francia, André Antoine impuxo o naturalismo escenográfico co Théâtre Libre (1897). En Austria Max Reinhardt utilizou plataformas xiratorias e levou o escenario á sala. En Rusia,...
-
-
Xénero literario dramático.
-
Conxunto das obras dramáticas dun autor, dunha época ou dun pobo.
-
-
-
Lugar onde acaece un acontecemento.
-
teatro de operacións
Zona xeográfica onde se desenvolve o conxunto dunhas operacións militares. É a máxima xurisdición que pode ter un mando militar en guerra.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Teatro situado en Vigo. Proxectado por A. Rodríguez Sesmero, inaugurouse en 1900. Da decoración interior encargouse o escenógrafo Arturo D’Almonte e as esculturas realizounas M. Gómez Román. En 1904 adquiriuno J. García Barbón e desapareceu en 1910 por mor dun incendio. No seu terreo edificouse o Teatro García Barbón.
-
-
-
Entrelazado de fío ou de fíos que forman unha tea ou traballo análogo. A orixe terminolóxica dos tecidos é moi diversa: algúns toman o nome do ligado (tafetá, sarga, raso), outros do seu aspecto (espiga, piqué) ou do efecto da derradeira operación que se ten que efectuar (moaré, estampado). Outras veces conservan o nome xeográfico do punto de orixe (cambrai, gasa) ou o nome do seu inventor (batista). O tecido de lanzadeira está formado por dúas series de fíos perpendiculares entrelazados de maneiras moi variadas. Unha das series, lonxitudinal, denomínase urdido, e a outra, transversal, denomínase trama. A trama adoita ser un só fío ou uns poucos, que se van entretecendo entre os fíos do urdido, alternativamente de dereita a esquerda e viceversa, invertindo a dirección das orlas. Os tecidos ou xéneros de punto por trama están formados por un só fío transversal que se enlaza co mesmo mediante mallas ou puntos, mentres que os tecidos ou xéneros de punto...
-
Calquera cousa formada ao entrelazar varios elementos.
-
-
Conxunto de células dun organismo coa mesma función e coa mesma diferenciación morfolóxica, e que poden ser semellantes ou de distinto tipo. O tecido constitúe a estrutura fundamental da que se compoñen os órganos dos animais e das plantas. Nos animais distínguense o tecido glandular, epitelial, muscular e nervioso, entre outros, e nos vexetais o parénquima, os tecidos mecánicos ou de sostén (colénquima e esclerénquima), de reserva e de protección, entre outros.
-
-
-
-
Conxunto dos procedementos e actividades que se empregan nunha ciencia, arte ou actividade como medio para obter un determinado produto ou resultado.
-
Conxunto de procedementos para o aproveitamento industrial ou científico dos elementos naturais e dos seus derivados.
-
-
Pericia ou habilidade para poñer en práctica os procedementos que se empregan nunha determinada arte, ciencia ou actividade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da enxeñaría que trata da transmisión de información a distancia. Claude Shannon, enxeñeiro estadounidense, foi o primeiro en tratar matematicamente os problemas das telecomunicacións, e ao resolver en 1948 os problemas básicos da comunicación, sentou tamén as bases da Teoría da Información. Esta teoría non se interesa polo aspecto semántico da información, senón por aspectos como a cantidade de información contida nunha serie de mensaxes e os requirimentos para transmitilos. Shannon estudou o problema de enviar unha mensaxe desde a fonte de información ao seu destino a través dun medio afectado por ruído. Esta mensaxe, ben pode ser voz (sinal analóxico), ou ben unha ringleira de caracteres (sinal dixital). Os sistemas de telecomunicación modernos normalmente dixitalizan a información antes de transmitila. Unha característica importante da mensaxe é a cantidade de información que contén, medida en bits, diferentes dos “bits” ou “binits” (binary digits, díxitos binarios) empregados...