"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Regra de diferentes materiais que se emprega para medir material tipográfico e para converter as medidas do sistema métrico decimal ao sistema tipográfico, e á inversa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade fenicia, que corresponde á actual Ṣ ūr, situada en Líbano, a uns 87 km ao S de Beirut. Documentada desde o III milenio a C, no s XVI a C foi conquistada por Tuthmosis I, e estivo en poder exipcio ata o reinado de Ramsés II. Ao redor de 1191 a C foi repoboada por xente de Sidón. Desde o s X ao VI a C exerceu a hexemonía sobre as outras cidades fenicias. O soberano principal foi Hiram I. Outros reis importantes son Ithobaal (887-856 aC) e Pigmalión (821?-774 a C), durante cuxo reinado Dido fundou Cartago (841 a C). Conquistada polos neobabilonios con Nabucodonosor II (570 a C), adoptou formas republicanas de goberno en substitución da monarquía hereditaria. Incorporada ao Imperio Aqueménida, rebelouse en 345 a C, pero foi conquistada por Artaxerxes III. Opuxo nova resistencia, sen éxito, a Alexandre o Grande, e a súa toma (332 a C) significou o fin de Fenicia. Despois formou parte do Imperio Seléucida (198-64 a C), da provincia romana de Siria (64 a C-395...
-
-
Relativo ou pertencente a Marco Tulio Tirón.
-
Conxunto de signos taquigráficos que constitúen o primeiro sistema coherente de abreviación, ideado, segundo a tradición, por Marco Tulio Tirón, e moi difundido e ensinado nas escolas durante o Imperio Romano e que durou ata a Idade Media. Existe unha recompilación, que se denomina Comentarii, conservada só en grupos de manuscritos dos ss IX e X. Cada palabra forma unha nota, composta normalmente dun signo principal, correspondente á radical, e dun signo auxiliar que fixa a terminación. A carón deste sistema de notae desenvólvese un sistema de abreviación máis simple baseado na representación silábica. Existen aínda as notae iuris, usadas nos antigos manuscritos xurídicos, con formas particulares. Foron a miúdo prohibidas a causa dos equívocos e fraudes ata que Xustiniano as prohibiu definitivamente. Caeron en desuso e foron redescubertas no s XVI, aínda que ata o s XIX non apareceu unha clasificación exitosa, feita polo francés Chassant.
-
-
-
-
Palabra ou frase que dá nome a un libro, capítulo, conferencia ou a calquera obra literaria ou artística, que expresa normalmente o asunto ou contido de que trata.
-
Subdivisión dun código, lei ou regulamento.
-
Nome que designa unha profesión, grao ou categoría desempeñada por unha persoa despois de realizar e superar os estudos correspondentes.
-
-
-
Denominación honorífica que se lle dá a unha persoa.
-
Tratamento honorífico concedido polo rei, co que distingue a unha persoa, que se transmite aos herdeiros directos.
-
título nobiliario /HERÁLD
Distinción honorífica inalienable, perpetua, vinculada e imprescritible (se non é vitalicio ou persoal para dúas vidas ou máis), concedida a unha persoa e aos seus descendentes ou sucesores hereditarios segundo unha orde establecida. En España, esta orde queda regulada no privilexio de creación do título, e no seu defecto séguense as leis que regulan a orde de sucesión á coroa. A concesión e rehabilitación de títulos nobiliarios regulouse no Real Decreto 222/1988, de 11 marzo, que modificou os reais decretos de 1912 e 1922. A obtención dos títulos nobiliarios faise segundo uns méritos, pero ata o s XIX había os denominados títulos beneficiados, que se concedían a unha persoa polo feito de ter sufragado economicamente unha determinada obra. Son títulos nobiliarios os de duque, marqués, vizconde, barón e señor. Non se consideran títulos senón dignidades, os cualificados de grande de España, almirante de Aragón ou mariscal de Navarra, entre outros.
-
-
-
Documento que establece o dereito de alguén a unha distinción honorífica, un grao profesional ou a exercer un cargo ou unha profesión.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que se emprega para reproducir o son gravado nos discos fonográficos. Está constituído por un xiradiscos, un brazo fonocaptor e unha cápsula fonocaptora. Hai tocadiscos manuais e automáticos. OBS: Tamén se denomina pick-up.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre xaponesa, -xurdida do mesmo tronco que a dos Minamoto- á que estivo vinculado o último shogunado (1603-1868). En 1603 Iyesasu Tokugawa (morto en 1616), que fora proclamado shōgun en Edo, unificou administrativamente Xapón e someteu os daimios ao seu poder. Os Tokugawa protagonizaron unha era xenófoba e anticristiá, que rompeu case todos os vínculos coas potencias europeas. Non obstante, foi moi notable no aspecto cultural. A comezos do s XIX o shogunado e a dinastía Tokugawa entraron en crise a causa das transformacións internas e a presión exterior. En 1868 o último shōgun, Yoshinobu Tokugawa (morto en 1913), entregou os seus poderes ao Emperador Mutsuhito I de Xapón, co que comezou a época Meiji.
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo tolteca.
-
Individuo do pobo tolteca.
-
Pobo amerindio precolombino pertencente probablemente ao grupo nahua, que desenvolveu unha das culturas posclásicas máis importantes de México entre os ss IX e XII. O seu carácter guerreiro reflectiuse na organización de castas e, sobre todo, na relixión. De feito, Texcatlipoca -deus guerreiro-, obrigaba a unha guerra constante para satisfacer a súa necesidade de vítimas, aínda que na capital, Tula, foi imposto temporalmente o culto ao pacífico Quetzalcóatl. Os seus devotos foron expulsados ao Yucatán, onde deron novo esplendor a Chichén Itzá. Derrotados (1168) polos chichimecas, refuxiáronse en Cholula e en Calhuacan.
-
-
-
Lotaría, de carácter benéfico ou comercial, en que diferentes obxectos son ofrecidos como premios.
-
Posto dunha feira onde se sortean estes premios.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina de san Tomé de Aquino e dos seus seguidores e intérpretes que establece as chamadas cinco vías para a demostración da existencia de Deus, como causa primeira e última fin da creación. Das súas doutrinas destaca a da analoxía do ser, a da distinción entre esencia e existencia, a da inintelixibilidade do singular e a da primacía do intelectual. Distínguese entre o tomismo de Tomé de Aquino e o da tradición posterior, chea de variadas modalidades. A ensinanza de Tomé de Aquino non tivo moitos seguidores nos ss XIII e XIV. No s XV destacaron Johannes Capreolus (1380?-1444) e a aparición da edición prínceps das obras de Tomé (1497). O s XVI na Península Ibérica tivo un grande esplendor, e destacaron Francisco de Vitoria e Domingo de Soto, así como Melchor Cano e Domingo Báñez. Os esforzos teolóxicos da Contrarreforma recorreron ao tomismo, que, coa organización dos estudos eclesiásticos, foi vulgarizado dunha maneira sincretista. Cos teólogos xesuítas os tomistas entraron en disputas...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diorita cuarcífera cuxos principais compoñentes máficos son a hornblenda e a biotita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar vigor e maior enerxía ao organismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Palacio dos sultáns atománs en Istambul, coñecido tamén co nome do Serrallo. Construído por Mehmet II (acabado en 1478) no lugar da antiga acrópole, baixo Solimán o Magnífico pasou a ser a sede oficial do sultán, ata que en 1855 Abdülmecit a trasladou ao palacio de Dolmabahçe.
-
-
Técnica que determina a forma e as dimensións dun terreo ou lugar da superficie terrestre para representar graficamente as súas características físicas. Así, elabóranse os mapas topográficos,represetacións gráficas das características físicas da superficie, que se denominan planos topográficos se o terreo representado é de pouca extensión. As súas principais aplicacións son a navegación, tanto marítima como aérea, a construción de canais e estradas, as operacións militares, a determinación das superficies agrarias ou o catastro. Unha das súas operacións fundamentais é o levantamento topográfico, co que se determina a posición relativa dunha serie de puntos do terreo, escollidos previamente, e, dunha maneira xeral, consta de dúas fases: unha que serve para determinar a proxección horizontal dos puntos escollidos sobre un plano de referencia (ademais doutros puntos de referencia dunha rede xeodésica), levantamento planimétrico, e outra, que determina a...
-
Descrición dunha parte ou dunha rexión anatómica determinada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á topografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
. É un importante centro hulleiro da conca do Donbass. Chamado antigamente Cist’akovo, en 1964 modificou o seu nome en recordo do comunista francés Maurice Thorez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Bayarque, Almería 28.10.1937) Xeógrafa. Doutora en Xeografía pola Universidad de Navarra (1967), en 1968 incorporouse á Universidade de Santiago de Compostela e en 1981 converteuse en catedrática de Xeografía de España. As súas principais liñas de investigación son a xeografía rexional do mundo, a xeografía de Galicia, a xeografía social e das relixións e a xeografía dos asentamientos humanos. Membro dos comités científicos de Estudios Migratorios, Nimbus e A Estrada, das súas obras destacan La Navarra húmeda del Nororeste. Estudio geográfico de la ganadería (1971), Un modelo de encuesta rural para Galicia (1981), Las Parroquias de Galicia: Cartografía y estadísticas (1985), A Montaña galega: o home e o medio (1993), Parroquias y arciprestazgos de Galicia (1994), Geografía de Galicia (2000-2002), que dirixiu, e Estudio Geográfico del Atlas de Lázaro Luis del año 1563. Códice de la Academia...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político británico, foi fundado no s XVIII polo grupo tory. Representou os intereses dos grandes terratenentes, defendeu as prerrogativas reais sobre o poder parlamentario e os privilexios da Igrexa Anglicana. Ocupou o poder desde 1710 a 1714. A instauración da dinastía dos Hannover conlevou á perda da súa influencia, foi acusado polos whigs de defender os Stuart, e permaneceu apartado do poder durante o resto do s XVIII. A reacción que se produciu en Gran Bretaña contra a Revolución Francesa significou o renacemento do partido, que reformou o seu conservadorismo. En 1807 accedeu ao poder e impulsou unha política de oposición radical a toda influencia revolucionaria (R. Stewart), na mesma dirección que a Restauración europea. Un sector do partido en que destacaron G. Canning e R. Peel, evolucionou cara a posicións máis reformistas e, en 1832, fundou o Conservative Party.
-
-
Mecanismo fisiolóxico que se caracteriza pola expulsión repentina, ruidosa e máis ou menos violenta, de aire dos pulmóns. Débese á estimulación voluntaria ou reflexa do centro nervioso tusíxeno, que está situado no solo do cuarto ventrículo. A partir das zonas tusíxenas os estímulos chegan ao centro da tose e a través das vías eferentes activan os músculos respiratorios e larínxeos, provocando unha inspiración profunda, seguida da contracción repentina dos músculos espiratorios, coa expulsión do aire a gran velocidade, que arrastra as secrecións e os corpos estraños que existen nas vías respiratorias.
-
Tose que está asociada a un aneurisma e que vai acompañada frecuentemente da parálise dunha corda vocal.
-
Tose que ten lugar por unha compresión das vías respiratorias e que se asemella ao ladrido dun can.
-
Tose que se caracteriza por provocar vómitos.
-
Enfermidade aguda infectivo-contaxiosa das vías respiratorias altas, causada polo bacilo Haemophylus pertussis, que se caracteriza pola aparición de tose típica convulsiva. O axente chega á traquea e aos bronquios por vía aérea, iniciando o liberamento de endotoxinas que son as responsables do cadro clínico. É unha enfermidade de predominio invernal que afecta a nenos de 2 a 5 anos principalmente e que se transmite por contaxio directo. Esta maniféstase inicialmente por un período catarral inespecífico, con febre e tose irritativa, comezando de modo progresivo a infección do sistema nervioso, dos pulmóns, dos capilares e da medula ósea. As principais complicacións da enfermidade son de tipo respiratorio e nervioso.
-
Tose que non vai acompañada de expectoración.
-
Tose que se debe á irrigación das fibras do trixémino.
-
-
-
Ciencia de aplicación sanitaria que estuda os velenos, as pezoñas ou os tóxicos. Estuda a procedencia e a natureza, as propiedades físicas, químicas e biolóxicas, as vías de penetración no organismo, o metabolismo, así coma a patoloxía das intoxicacións, o tratamento dos intoxicados, a loita contra as intoxicacións e as cuestións legais, xurídicas e sociolóxicas relacionadas cos tóxicos. O uso de pezoñas foi moi divulgado no Renacemento, o que deu lugar á aparición, no s XVII, da toxicoloxía legal, para asesorar os tribunais. O primeiro tratado científico Traité des poisons ou toxicologie générale (1814-1815) foi publicado por Mateu Orfila e Rotger, grazas ao que a toxicoloxía alcanzou o nivel de ciencia. A toxicoloxía non só é unha ciencia que se ocupa de envelenamentos agudos individuais, senón que é tamén unha ciencia de interese colectivo que trata de intoxicacións, moitas veces crónicas, que inclúen campos tan variados como a toxicoloxía bromatolóxica, a...
-
Parte da bromatoloxía e da toxicoloxía que estuda os posibles efectos tóxicos dos alimentos. Os efectos tóxicos dos alimentos poden ser debidos a moitas causas: contaminación bacteriana, por compostos químicos engadidos, contaminación natural, alimentos que se descompuxeron, compoñentes que se forman en animais ou plantas estacionalmente ou por causas ambientais, compoñentes habituais de alimentos sans que son tóxicos para algúns individuos ou substancias naturais canceríxenas en alimentos. OBS: A primeira grafía <x> representa o son [ks].
-
-
-
-
Acción de traballar.
-
Actividade consciente do home orientada a obter os bens ou medios para satisfacer as súas necesidades, transformando a natureza que o rodea coa finalidade de aumentar a súa utilidade. As formas concretas que pode tomar dependen dun conxunto complexo de factores tecnolóxicos e sociais. As súas posibilidades están limitadas pola natureza física do home, que só poden superarse coa produción de instrumentos de traballo, que a súa vez requiren que o home produza un excedente co seu traballo. O proceso configúrase, polo tanto, como a interrelación entre o obxecto de traballo, que é a natureza que este transforma, e os instrumentos de traballo, que xa son natureza transformada por traballo pasado ou morto, coas horas de traballo aplicadas no proceso ou traballo vivo. Por medio do traballo o individuo interrelaciónase cos outros membros da sociedade a causa do fenómeno da división do traballo que pode ser técnica ou social. Baixo o capitalismo, a capacidade de traballo que pode ser utilizada no...
-
Actividade física ou mental que alguén desenvolve de maneira profesional e remunerada.
-
Lugar onde se realiza unha actividade profesional.
-
traballo a tempo parcial
Relación laboral de carácter estable en que o empresario e o traballador acordan un tempo de traballo por debaixo da norma habitual, a diferenza do traballo a tempo completo.
-
traballo social
Actividade profesional propia dos traballadores sociais que consiste en analizar, sintetizar e interpretar as causas e os elementos implicados nunha realidade concreta, especialmente se é conflitiva, e en formular programas de acción xunto ás persoas afectadas. Como actividade profesional naceu nos países industrializados a finais do s XIX como resposta ás necesidades provocadas polos cambios socioeconómicos do momento.
-
traballos forzados /
Traballos aos que estaban obrigados algúns condenados por razón dun delito e que formaban parte da condena. Normalmente a condena tiña lugar nun campo de traballo, como os campos de concentración creados polos nazis desde 1934 ata o final da Segunda Guerra Mundial.
-
-
-
Obra en que alguén traballa.
-
...
-
-