"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Reunións internacionais que se celebraron en Washington en 1921 e 1922 para tratar os problemas do Extremo Oriente e do Pacífico. O Tratado de Washington, entre EE UU, Reino Unido, Francia, Italia e Xapón, acordou limitar o armamento naval no Pacífico. Polo Pacto das Catro Potencias, EE UU, Reino Unido, Francia e Xapón comprometíanse a celebrar consultas mutuas sobre calquera cuestión que xurdise naquela zona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla producida o 18 de xuño de 1815, nunha chaira preto da cidade de Waterloo (Brabante), entre o exército de Napoleón I e as tropas angloprusianas baixo as ordes de Wellington. A derrota significou a caída definitiva de Napoleón I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero cinematográfico en que a acción sucede no Far West estadounidense e que reflicte os costumes e as condicións de vida deste territorio. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >O primeiro filme deste xénero foi The Great Train Robbery (1903), de E. S. Porter. Cultivouse en EE UU e entre 1930-1950 en Italia, Francia, Alemaña e España rodáronse as imitacións chamadas spaghetti western. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Destacan, entre outros, os filmes The Lieutenant’s Last Fight (1929) de T.H. Ince, Billy the Kid (1930) de K. Vidor, Stagecoach (1939) de J. Ford, Rio Bravo (1959) de H. Hawks, Alamo (1960) de J. Wayne, The Man Who Shot Liberty Balance (1962) de J. Ford, El Dorado (1965) de H. Hawks, Pale Rider (1985) de C. Eastwood, Dances with Wolves (1990) de K. Costner e Unforgiven (1992) de C. Eastwood.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dicionario biográfico inglés de publicación anual, editado por primeira vez en Londres en 1849.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola psicolóxica con sede na Universidade de Würzburg que a finais do s XIX e na primeira década do s XX representou unha liña de pensamento de grande influencia nos campos psicolóxico e filosófico. Foi fundada por O. Külpe, e tivo representantes como A. Mayer, J. Orth, K. Marbe, N. Ach e K. Bühler. Centrada no estudo dos procesos do pensamento, estes veñen dados por actividades mentais complexas e non por simples sensacións e imaxes (psicoloxía mecanicista e asociacionista).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato alumínico-sódico, de fórmula NaAlSi2O6, que pertence ao grupo dos piroxenos, cristaliza no sistema monoclínico e preséntase habitualmente en forma de gran fino ou en masas densas, xeralmente de cor verde ou branca. Ten unha dureza de 6 e un peso específico de 3,24-3,43.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen é pacífico ou dócil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar do Océano Pacífico comprendido entre o arquipélago xaponés e as costas orientais do continente asiático. Únese ao mar da China Oriental polo estreito de Corea, ao Pacífico polo estreito de Tsugaru e ao Mar Interior polo estreito de Shimonoseki. Ao N, os estreitos de La Pérouse e de Tartaria sepárano do Mar de Okhotsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Xapón, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Xapón.

    3. Lingua aglutinante illada de orixe descoñecida que algúns autores inclúen dentro das linguas altaicas e outros supoñen que provén dun antepasado común das linguas altaicas e das austronesias. Fálase en Xapón e en sectores das illas Hawaii, de California e de Brasil. Ten unha gran variedade dialectal e o dialecto de Toquio é o que se considera idioma oficial. O xaponés moderno é o resultado dun compromiso entre a lingua escrita antiga e a lingua falada moderna. Escríbese en columnas verticais de dereita a esquerda e é o tránsito dunha mestura de caracteres chinos e kana (signo silábico da escritura xaponesa). É unha lingua rica en vogais onde as palabras indíxenas rematan sempre en sílaba aberta e incluso os préstamos estranxeiros se presentan baixo esta forma, a non ser que teñan un n final, que é posible conservar en xaponés. Morfoloxicamente pódense distinguir dúas grandes categorías de palabras, variables e invariables, entre as que figuran os nomes. A sintaxe ofrece...

    4. Arte desenvolvida en Xapón. Ten carácter relixioso e civil e concede moita importancia ao baleiro. A arquitectura, arquitrabada, empregou a madeira, ao igual que a escultura, de ornamentación contida, que tamén usou metais, marfil e laca. Foi común o emprego da acuarela e a augada sobre papel ou seda en forma de rolos despregables. Un primeiro período, o Iomon (s VI a C-600 d C), caracterizouse por pequenas figuras esquemáticas de terracota e o metal introduciuse no momento da cerámica Yayoi (s III? a C). O período Nara (600-794) tivo influencias da arte chinesa da dinastía T’ang (pagode de Yakushiji e mosteiro de Hōryūji) e o Heian (794-1184) representou a asimilación das influencias budistas chinesas (mosteiro de Kasuga, en Nara). En pintura apareceu a escola yamato-e e na escultura o yosegui, ou técnica do encadeado de diversas pezas de madeira. Do período Kamakura (1184-1392) son o mosteiro de Shariden, en Kamakura, as pinturas de Enichi-bo e a escultura...

    5. Produción cinematográfica realizada en Xapón. O éxito máis destacado do cine mudo xaponés foi Nani ga kanojo o so Saseta (1930), de Shigeyoshi. A época florecente iniciouse co éxito, en Venecia, de Rasho-mon (1950), de Akira Kurosawa, que continuou en 1951 con Saikaku ichidai Onna, de Kenji Mizoguchi, e en 1953 con Ugetsu Monogatari, do propio Mizoguchi. Tamén destacaron K. Ichikawa, M. Kobayashi, T. Imai, Y. Ozu, S. Hisamatsu e S. Yamamoto. A crise industrial orixinada pola televisión provocou que os grandes produtores abrisen os seus mercados aos temas da xuventude, dirixidos por novos cineastas. Nese momento naceu o novo cine xaponés, controlado política e economicamente, que chegou ao seu punto álxido coas creacións dalgúns dos seus mellores realizadores, como S. Imamura, Y. Masumura, N. Oshima, H. Teshigahara e Y. Yoshida. No terreo creativo, o gran cineasta de todos os tempos foi Kurosawa, quen dirixiu Ran (1986) e foi premiado cun Oscar honorífico en 1990. Outros que consolidaron...

    6. Literatura desenvolvida en Xapón. Despois das cancións e dos poemas da primeira época arcaica de Yamoto (400-710), comezou un período de crecemento da literatura en Xapón, moi influenciada pola chinesa (período Nara, 710-794). As dúas primeiras obras escritas foron as crónicas históricas Kojiki (Memorias dos acontementos da humanidade, 712) e Nigonhi (Anais do Xapón, 720), ademais de poesías dunha gran perfección, das que 4.500 están recollidas na Manyōshū (Colección das mil follas, 760), a maior antoloxía xaponesa. O período de Heian (794-1185) é a época clásica xaponesa, e a antoloxía máis coñecida é Kokinshū (Colección de poesías antigas e modernas, 905). Nesta época escribíronse por vez primeira textos en prosa en lingua xaponesa (ata ese momento facíase en chinés), como Taketori Monogatari (Historia dun leñador), e cara ao ano 1000 a prosa xaponesa xa conseguira unha calidade apreciable, como Ise Monogatari, Tosa...

    7. Arte musical cultivada en Xapón. A teoría musical xaponesa e moitos dos seus instrumentos proceden da música chinesa. Os instrumentos principais son o biwa, de catro cordas, o shamisen, semellante á guitarra, o koto, cítara de trece cordas, e o shakuhachi, frauta do s XIV. A maioría dos xéneros antigos aínda sobreviven: as danzas bugaku, o drama musical No (s XIV), os kouta, poemas cantados do s XVI, e os naga-uta (s XVII). Da escola moderna xaponesa destacan Yoritsune Matsudaira (1907), Toshiro Mayuzumi (1929), Kazuo Fukushima (1930) e Toru Takemitsu (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espazo de terreo delimitado, ordenado e plantado con vexetais non produtivos, que se destina ao lecer dos inquilinos dunha vivenda (xardín privado) ou de toda a veciñanza (xardín público).

    2. Xardín destinado ao cultivo de plantas con propósitos científicos. En Galicia destaca o Xardín da Vila de Padrón, con preto de 300 especies, e declarado Ben de Interese Cultural (1946).

    3. Establecemento onde se impartía a primera etapa do ensino preescolar aos nenos en idades comprendidas entre os 2 e os 4 anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suplemento de humor semanal editado por La Voz de Galicia desde 2000. Dirixido polo humorista e caricaturista Siro, contou coa colaboración dos principais ilustradores e humoristas gráficos galegos. Recibiu o Premio Galicia de Comunicación (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar do Océano Pacífico, situado entre as illas de Borneo, Xava e Sumatra. Únese co mar da China Meridional polo estreito de Karimata e co Océano Índico polo estreito de Sonda.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Grupo natural de seres que se parecen en certas características esenciais.

      2. Categoría taxonómica intermedia entre a familia e a especie, que inclúe especies cunha serie de características comúns.

      1. Clase natural ou establecida convencionalmente á que pertence unha cousa segundo as súas calidades.

      2. Categoría gramatical que serve para clasificar as palabras en dúas clases ou grupos: os masculinos e os femininos. É inherente aos substantivos, e nos adxectivos e determinantes é unha característica que adquiren, a través da concordancia, ao se unir aos substantivos ou ao se substantivar. A adxudicación dun xénero a un substantivo que designa un ente determinado é arbitraria, inmotivada. A oposición de xénero fúndase no criterio semántico de ‘sexo’ e exprésase formalmente mediante morfos de xénero en distintos niveis á vez: no nivel de palabra e sen morfemas opcionais, rapaz-∆ oponse a rapaz-a, ou con morfemas opcionais, por exemplo, rapaciñ-o/rapaciñ-a. Na frase ou oración, rapaz e rapaciña poden estar marcados ademais con morfemas descontinuos: dous rapaces pequenos/dúas rapaciñas pequenas. Na oposición de xénero o termo feminino da oposición é o intensivo ou marcado e significa constantemente ‘sexo feminino’; o termo masculino é o extensivo e significa ‘sexo masculino e/ou sexo...

      3. xénero literario

        Cada unha das manifestacións formais das obras literarias segudo unha clasificación que ten en conta a estrutura e o contido. Desde Platón e Aristóteles ata o s XIX, establecéronse tres xéneros básicos que parten da imitación e da descrición da natureza. Da primeira xorde o xénero dramático (traxedia, drama, comedia), da segunda o lírico (poesía) e da súa fusión o épico. Benedetto Croce (1886-1952) representa o cambio de perspectiva: cada obra é unha visión do mundo, singular e individual; pertence a un xénero por aspectos externos. Actualmente admítese, en xeral, a división clásica, mais como a expresión de tres actitudes fundamentais do ser humano e como unha axuda, co engadido de subdividións, para a clasificación das obras.

      4. xénero literario bíblico /

        Cada un dos xéneros literarios da Biblia. A determinación dos xéneros literarios, abordada abertamente pola Formgeschichte, é decisiva nalgúns casos, como os das xenealoxías, os de determinadas narracións ‘históricas’ (etioloxía, evanxeos da infancia) e os da literatura apocalíptica. Entre outros xéneros literarios destacan o epistolar (Epístolas), o lírico (Cantar dos Cantares) e o profético, ademais do didáctico (libros sapienciais), moi relacionado cos aforismos ou sentenzas, o legal e o ritualista. A utilización dos xéneros literarios manifesta o carácter do autor dos escritos bíblicos e axuda a compender o sentido e o alcance da inspiración da Escritura.

      5. xénero musical

        Maneira de dividir a gama en diferentes intervalos. Os antigos gregos utilizaban tres xéneros melódicos: o cromático, no que se suceden os semitóns, o diatónico, no que alternan cinco tons e dous semitóns, e o enharmónico, que divide a gama nun ton, cuartos de ton e dúas terceiras maiores.

    1. Produto que se compra e se vende.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proxecto científico internacional iniciado en 1990 co obxectivo de coñecer a secuencia completa do xenoma humano para estudar a súa estrutura e funcións. Composto por distinos centros de China, Francia, Alemaña, Xapón, Reino Unido e EE UU, en 1994 sumouse á carreira a empresa privada Celera Genomics. Finalmente, en 2000, os dous competidores anunciaron conxuntamente o primeiro borrador do xenoma humano secuenciado, e en abril de 2003, dous anos antes do previsto, completaron o mapa xenético humano. As implicacións éticas e legais deste proxecto levaron á UNESCO a aprobar en 1997 a Declaración universal sobre o xenoma humano e os dereitos humanos, na que se afirma que o xenoma humano é Patrimonio da Humanidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elemento químico de número atómico 54, pertencente ao grupo 0 da táboa periódica. É un dos gases nobres, compoñente minoritario do aire. Foi descuberto en 1898 por W. Ramsay e M. W. Travers. O xenon natural está constituído por nove isótopos naturais estables con masas que van de 124 a 136 e que determinan un peso atómico de 131,30. Coñécense ademais quince radioisótopos artificiais. Obtense en pequenas cantidades mediante destilación fraccionada do aire líquido. A pesar de ter un primeiro potencial de ionización de 12,1 eV, forma numerosos compostos nos que actúa coas valencias 2, 4, 6 e 8. Entre estes cabe sinalar os fluoruros (XeF2, XeF4, XeF6), que foron empregados como axentes fluorantes de grande eficiencia, os óxidos (XeO3, XeO4), oxidantes e poderosos explosivos, os xenatos (HXeO4-) e os perxenatos (XeO64-), que son posiblemente os oxidantes máis fortes que se coñecen. A causa do seu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da xeofísica que estuda as dimensións e a forma da Terra, así como o campo gravitacional, valéndose de ferramentas como a triangulación, a nivelación, a astronomía xeodésica ou a gravimetría. A hipótese da Terra plana sobreviviu ata a revolución copernicana do s XVI. Os primeiros intentos científicos de medir as dimensións do globo terráqueo realizounas Eratóstenes (s III a C), que calculou que o meridiano terrestre tiña 40.000.000 metros, valor moi próximo ao aceptado actualmente. Ata o s XVII pensouse que a Terra era unha esfera perfecta, pero actualmente acéptase a idea de que se trata dun elipsoide de revolución cunhas dimensións que varían segundo os autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ciencia que trata de analizar e explicar a localización e a distribución no espazo dos diferentes elementos da superficie terrestre e a súa evolución. O seu obxectivo é a análise do resultado das relacións entre dúas estruturas diversas: a física e a humana, ambas as dúas obxecto de estudo doutras ciencias que analizan aspectos parciais. Os estudos sobre a forma da Terra e a súa posición respecto aos astros foron iniciados polos caldeos, chineses e aztecas, entre outros pobos. Estes coñecementos formaron parte da xeografía pero acabaron desenvolvendo unha ciencia propia, a astronomía. Os gregos aplicaron un gran rigor nos estudos astronómicos e, a súa expansión polo Mediterráneo, levonouno a unha sistematización das observacións de navegantes e viaxeiros. Apareceu entón a corografía e paralelamente, comezou o desenvolvemento da cartografía. As achegas máis importantes na elaboración de itinerarios e descricións foron as de Estrabón e C. Ptolomeo, cuxa concepción, aínda que moi deformada,...

      2. xeografía biolóxica

        bioxeografía.

      3. xeografía económica

        Rama da xeografía que estuda o home como produtor e os resultados das súas actividades.

      4. xeografía física

        Rama da xeografía que estuda todos os elementos naturais inanimados que constitúen a superficie terrestre, coa finalidade de analizar e comprender o medio onde vive o home e as actividades que este realiza. A diversidade dos elementos de estudo obriga a subdividila en diversas ramas como a climatoloxía e a xeomorfoloxía, que tamén se relaciona coa xeoloxía, incluíndo a paleoxeografía, a hidroloxía e a ocenografía.

      5. xeografía humana

        Rama da xeografía que estuda todo o que está en relación co home e as súas actividades. Segundo os enfoques no estudo do home pode dividirse en: xeografía social, económica e do establecemento humano.

      6. xeografía rexional

        Rama da xeografía que estuda todos os elementos xeográficos que aparecen nun sector concreto da superficie terrestre ou unha parte destes elementos, para poñer de manifesto as interrelacións que se producen.

      7. xeografía social

        Rama da xeografía que estuda o home e os grupos humanos en si mesmos, considerando a existencia e os efectos da evolución e da organización.

      8. xeografía xeral

        Rama da xeografía que estuda un elemento xeográfico ou un conxunto de elementos xeográficos en toda a superficie terrestre para establecer unha tipoloxía determinada.

    1. Conxunto dos accidentes e características físicas dun territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á xeografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo da relación que existe entre o medio xeográfico e a estrutura socioeconómica e a evolución política dun país. Malia que o termo foi introducido polo sueco Kjellén, considerouse a F. Ratzel como o fundador da disciplina. K. Haushofer e os seus seguidores elaboraron unha serie de teorías fundamentadas no espazo vital, na superioridade da raza e a expansión natural duns pobos en detrimento doutros, que foron aproveitadas e adoptadas polo réxime nazi. Ao final da Segunda Guerra Mundial esta disciplina caeu en descrédito e posteriormente, Y. Lacoste demostrou que podía constituír unha disciplina crítica. A escola inglesa preferiu modificar esta denominación pola de xeografía política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo do Océano Pacífico, en dirección NO-SL, que separa a illa de Vancouver da costa de Columbia Británica, en Canadá, e que se comunica co Pacífico polos estreitos de Queen Charlote ao NO e de Juan de Fucaao SL.

    VER O DETALLE DO TERMO