"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
-
Acción ou efecto de axustar ou de axustarse.
-
Operación estatística que consiste en atopar a lei que resume, do mellor modo posible, a variación dunha variable aleatoria Y en función doutra variable X, da que depende. Faise o axuste a partir de parellas de valores (x, y) obtidos dunha mostra. Deixando de lado o axuste puramente gráfico, habitualmente tómase unha función f(x) e suponse que y = f(x) + ε, onde ε é un residuo aleatorio ou ruído; os parámetros que definen a función son determinados polo método dos mínimos cadrados.
-
Tipo de reacción pola que un suxeito fai desaparecer o estímulo que motivou a situación de desequilibrio entre el e o ambiente. Nun sentido amplo emprégase como sinónimo de adaptación.
-
-
Efecto que resulta da operación de axustar dúas pezas entre elas e que depende da súa diferenza de dimensións. Nas pezas montadas (unha delas, o macho, introducida parcialmente ou totalmente na outra, a femia), o axuste é con xogo cando esta diferencia é positiva, isto é, cando a femia é maior ca o macho, e con estreitura no caso contrario. O axuste, segundo sexa con estreitura ou con xogo, será, respectivamente, axuste fixo ou axuste móbil. Segundo a tolerancia admitida e a finalidade do axuste fixo, este será axuste suave, cando as pezas poden montarse simplemente coa man e a montaxe pode desfacerse con facilidade; axuste forte, cando hai que recorrer a ferramentas para realizar estas operacións; axuste forzado ou a presión, cando hai que utilizar unha prensa; axuste a compresión, cando a unión entre as pezas macho e femia ha de ser tan forte que cómpre facela quentando esta para dilatala, ou ben...
-
sistema de axuste por árbore normal
Conxunto sistemático de axustes no que os diferentes xogos ou estreituras se obteñen referindo as diversas colocacións a unha árbore determinada.
-
sistema de axuste por colocación normal
Conxunto sistemático de axustes no que os diferentes xogos ou estreituras se obteñen referindo as diversas árbores a unha colocación determinada.
-
-
Conxunto de operacións que realiza o axustador. As operacións de axuste poden ser clasificadas en operacións de trazado, de desbaste e de modelado, de acabado e mais de medida e verificación. As operacións de trazado teñen por obxecto debuxar sobre o material de partida ou na peza de fundición a forma que se quere obter, sinalando as superficies límite e marcando os eixes ou os centros xeométricos, ou ambos os dous. Nestas operacións, o axustador utiliza fundamentalmente instrumentos que lle proporcionan superficies de referencia: platina, tenaces e nivel; instrumentos que lle permiten trazar liñas: lapis, gramil, compás de puntas, regra e modelo; instrumentos para obter ángulos determinados: escuadro, falso escuadro, goniómetro, divisor; xunto con instrumentos que lle permiten marcar de forma indeleble puntos das liñas ou centros. Ademais, emprega instrumentos de medida. As operacións de desbaste e de modelado dan a forma fundamental á peza. As operacións de acabado...
-
Proceso que se efectúa por medio da calibración dos diferentes sistemas de representación de cores, que inclúen diversas aplicacións gravadas nun mesmo equipo ou rede. Ten como obxectivo a unificación de parámetros para conseguir que, seleccionando unha mesma cor en todas as aplicacións, os documentos impresos ou virtuais que se obteñen ao traballar con cada unha delas sexan idénticos.
-
Política económica de reformas dos desequilibrios dunha economía, dun sector ou dunha variable macroeconómica, producidos polo crecemento, os cambios na demanda e as irregularidades concorrentes. Os organismos internacionais (FMI, OCDE, BIRD, BERD) son os seus promotores e cooperadores.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte central dunha rede (en inglés significa columna vertebral) que dirixe o tráfico cara ás canles secundarias; en teoría, todos os sistemas que teñan conexión a ela poderían interconectarse entre si, aínda que tamén teñan a opción de facelo directamente ou por medio de redes alternativas. Respecto da Internet refírese á zona máis densamente interconectada (Internet backbone) de entre os millóns de ordenadores que compoñen a Rede.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de circonio, de fórmula ZrO2. Cristaliza no sistema monoclínico, e os seus cristais son moi pequenos, de cor amarela, vermella ou negra. Ten dureza 6,5 e peso específico 5,4-6,02. É abundante no Brasil e en Sri Lanka. Emprégase como abrasivo e na fabricación de material refractario, pinturas e lacas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Círculo filosófico creado por Wilhelm Windelband (1848-1915) e dirixido máis tarde por Heinrich Ricket (1863-1936); xunto coa Escola de Marburgo representou a dirección predominante do Neokantismo alemán nos primeiros anos do século XX. Profundizou na comprensión da Filosofía como unha teoría do coñecemento, aínda que refutando do pensamento de Kant o excesivo Racionalismo, o Formalismo e a inclinación polas ciencias Matemáticas. Así mesmo, inclinouse cara á filosofía da cultura e da historia, nun primeiro momento, para finalmente profundar na teoría do coñecemento dos valores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filme producido en Francia no ano 1968 e dirixido por François Truffaut. Foi interpretado por Jean Pierre Léaud, Delphine Seyrig, Claude Jade e Michel Lonsdale. Trátase dunha comedia cargada de elementos autobiográficos e cotiáns onde se produce unha identificación entre o autor e o protagonista masculino, non exenta de certa nostalxia. Antoine logra que o expulsen do exército e namórase de Christine, quen o rexeita. Despois de fracasar no traballo e sufrir unha traumática relación, atopará novamente a Christine que, desta vez, si se namorará da soidade e inocencia de Antoine.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Telescopio fotográfico, tipo Schmidt (parte óptica debida a Henry Frederik Baker), mobible só en tres eixes (parte mecánica debida a Nunn), utilizada para o seguimento e localización de satélites artificiais. Ten un espello de 75 cm de diámetro e alcanza 30° na dirección do satélite con ela. Obtéñense, fotografías da traxectoria dos satélites coas que se poden calcular os parámetros dos satélites artificiais.
-
-
Nome aplicado aos cetáceos da suborde dos misticetos, especialmente os pertencentes á familia dos balénidos, dos neobalénidos e dos estríctidos; os da familia dos balenoptéridos denomínanse comunmente rorcuais ( rorcual). As baleas son mamíferos exclusivamente mariños que poden acadar ata os 30 m de lonxitude e un peso de 150.000 kg. As baleas típicas carecen de dentes, no seu lugar teñen unhas formacións córneas denominadas barbas, estas son unhas composicións de queratina que presentan unha forma triangular e colgan da mandíbula superior aloxándose na inferior. As barbas actúan como filtro para reter o plancto do que se alimentan, especialmente crustáceos eufasiáceos coñecidos co nome de krill. Nadan coa boca aberta e, cando a pechan expulsan a auga coa axuda da lingua, de xeito que o alimento queda retido. Como todos os cetáceos e a diferenza dos peixes, as baleas teñen a cola disposta no plano horizontal, con dous espiráculos ou orificios nasais, situados...
-
Cada unha das láminas que presenta este mamífero na mandíbula superior que pola súa dureza ten diferentes aplicacións.
-
Lámina de calquera material semellante ao que se extrae da mandíbula superior do cetáceo do mesmo nome.
-
En Galicia existiron ata a década de 1980 tres factorías baleeiras, situadas en Cangas do Morrazo, Caneliñas de Cee e O Portiño de Morás en Xove, que se encargaban da súa pesca e da preparación dos produtos para a súa distribución no mercado. A carne, rica en proteínas, destinábase ao consumo humano e a graxa para a obtención de aceites.
-
rorcual azul.
-
rorcual común.
-
Denominación que reciben certos cetáceos de gran tamaño e de cor branca como a beluga ou, como no caso da coñecida Moby Dick, cachalotes albinos.
-
xibarte.
-
Nome que reciben as baleas da familia dos balénidos que se caracterizan por ter a mandíbula inferior arqueada e non presentar aleta dorsal.
-
Balea ártica de ata 20 m de lonxitude, con 250-350 barbas de ata 4 m de longo, manchas brancas debaixo da cabeza, que carece de calosidades, e beizo inferior branco. É unha especie case que extinguida; a poboación do Océano Atlántico desapareceu no século XIX e sobrevive, en pequeno número, preto de Alasca e das illas Baffin.
-
...
-
-
-
Deixar sen nada dentro algún receptáculo sacando o que contén. SIN: baldeirar, desocupar, librar.
-
Deixar baleiro un lugar facendo saír o que hai dentro ou abandonándoo. SIN: baldeirar, desaloxar, desocupar, evacuar.
-
Sacar algunha cousa dun receptáculo. SIN: desocupar, librar.
-
erter o contido dun recipiente.
-
Formar un obxecto deitando metal fundido ou calquera outra materia branda dentro dun molde baleiro.
-
Practicar un baleiro nun sólido.
-
Sacar datos dun escrito.
-
Quedar algunha cousa sen contido. SIN: baldeirarse.
-
Saír o contido dun recipiente na súa totalidade. SIN: baldeirarse.
-
Facerse unha cavidade no interior dalgunha cousa. SIN: baldeirarse.
-
...
-
-
-
Deixar sen nada dentro algún receptáculo sacando o que contén.
-
Deixar baleiro un lugar facendo saír o que hai dentro ou abandonándoo.
-
Sacar algunha cousa dun receptáculo.
-
Verter o contido dun recipiente.
-
Formar un obxecto deitando metal fundido ou calquera outra materia branda dentro dun molde baleiro.
-
Practicar un baleiro nun sólido.
-
Sacar datos dun escrito.
-
Quedar algunha cousa sen contido.
-
Saír o contido dun recipiente na súa totalidade.
-
Facerse unha cavidade no interior dalgunha cousa.
-
...
-
-
-
Composición vogal semellante ao madrigal con ritmo de danza e a voces diversas (ss XV e XVI).
-
Serie de danzas, con texto ou sen el, precedidas dunha peza inicial.
-
Composición instrumental de carácter coreográfico que, ás veces, forma parte constituínte dunha suite (Frescobaldi, Schein).
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parroquia de Partovia, concello do Carballiño, é de orixe romana. Xa no Dicionario geográfico-estadístico-histórico de España (1845-1850) de Pascual Madoz hai referencias a estas augas. O actual edificio data de 1842.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello de Verín, as primeiras instalacións consistían nun pavillón e nun salón para auguistas construído en 1859. Nos primeiros anos do s XX edificouse o hotel que funcionou ata 1960. Na actualidade mantense como planta de envasado de augas minerais naturais, que se comercializa baixo o nome de Agua de Sousas.
-
-
Plataforma feita de táboas e pólas atadas con cordas que se utiliza para transportar mercancías ou persoas, xeralmente nos ríos e lagos.
-
Árbore duns 20 m de altura, de follas palmeadas e flores brancas e pilosas, que vive nas selvas chuviosas de América, dende o sur de México ata o norte de Perú. Aínda que existen plantacións (Costa Rica), a maior parte da madeira procede de árbores salvaxes.
-
Madeira da árbore do mesmo nome, branca, moi lixeira (peso específico 0,21-0,25) a causa do aire que enche os seus abundantes poros, e notablemente resistente. Pola súa flotabilidade foi empregada dende a Antigüidade na construción de embarcacións, boias, salvavidas, etc. Tamén se utiliza en maquetería e aeromodelismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria fundada no ano 1964 con domicilio social en Santiago de Compostela. Anteriormente, recibía o nome de Banco Hijos de Olimpio Pérez (1847), que modificou logo de absorber o Banco de Crédito e Inversión, que tiña a súa sede social en Barcelona e unha sucursal en Madrid. Foi o primeiro banco galego que contaba cunha estrutura territorial en Catalunya. En 1988 pasou a denominarse Banco Gallego; dende 1997 pertence á Caixa de Aforros de Vigo, actualmente no grupo Caixavigo e Ourense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída en Madrid no 1926 coa denominación de Banco Popular de los Previsores del Porvenir, cun carácter cooperativo. No 1947 trocou o nome polo actual. O seu crecemento iniciouse na década de 1940, mediante unha política de espallamento xeográfico en colaboración co Banco Central. Posteriormente, por medio dunhas sociedades de carteira (Popularinsa), realizou unha política de expansión a partir do control de bancos de carácter rexional; no caso galego, o Banco de Galicia, entidade absorbida no ano 1971.
-
-
Acción e efecto de bañar ou bañarse. SIN: bañadura.
-
Líquido disposto para bañarse ou no que alguén se dá un baño.
-
Recipiente para bañarse. SIN: bañeira.
-
Cuarto amañado especialmente para bañarse ou asearse. OBS: Tamén se chama cuarto de baño e xeralmente consta de bañeira, lavabo, retrete e demais servicios hixiénicos. SIN: aseo.
-
Instalación destinada ao baño, especialmente de tipo medicinal. SIN: balneario.
-
Revestimento superficial dun obxecto que consiste nunha película de metal, verniz, esmalte ou outra substancia para embelecelo ou protexelo.
-
Artesa onde se salga a carne de porco para a súa conservación. Normalmente está formado por un tronco de árbore, especialmente de castiñeiro, cunha tapadeira en forma de taboleiro e un burato na parte inferior do mesmo tronco para que vaia saíndo a salmoira.
-
-
Recipiente onde se lle bota a comida aos animais, especialmente aos porcos. SIN: bacía, maseira.
-
Caixa de madeira onde se vai picando a comida dos animais, especialmente o toxo.
-
-
...
-
-
-
Alga da orde das banxiais.
-
Orde de algas da subclase das banxiofícidas de talo xeralmente heterotrófico e con reprodución sexual.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
č (Vjažla, Tambov 1800 - Nápoles 1844). Poeta ruso. Influído polos románticos alemáns, tratou temas filosóficos cun profundo pesimismo. Cómpre subliñar os seus poemas narrativos Eda (1824), Bal (‘O baile’, 1828) e Tsyganka (‘A xitana’, 1831).
-
-
Fita ou correa coa que se ata o liño ou estopa á roca para logo fiar.
-
ext Cordel ou fita delgada que serve para atar ou suxeitar algunha cousa.
-
Trampa feita con fíos ou lazos para cazar animais no monte.
-
-
-
Estado do que é bárbaro, que presenta inferioridade ou falta de civilización. O concepto de barbarie (ou o seu afín pobo bárbaro) foi introducido por Llewis H. Morgan no seu estudio Ancient Society (A sociedade antiga, 1877). Segundo el, o estado de barbarie era unha fase intermedia entre o estado salvaxe e o estado civilizado; na barbarie o home domina xa unhas técnicas elementais: fai lume, domestica animais, constrúe edificios rudimentarios, etc. Este esquema, desenvolvido por Engels, sobre todo en Ursprung der Familie, des Privateigentums und des Staates (A orixe da familia, da propiedade privada e do estado, 1884), foi seguido no s XX por científicos como Gordon Childe no seu ensaio Social Evolution (A evolución social, 1951). A connotación pexorativa deste termo explica que a Antropoloxía e a Socioloxía estiveran relegadas.
-
Brutalidade ou crueldade extrema. SIN: bestialidade, salvaxismo.
-
Carencia de cultura, modais, instrución, etc. SIN: incultura, rusticidade.
-