"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escala areométrica, proposta por Antoine Baumé no ano 1768, moi empregada na determinación de concentracións de ácidos e xaropes. Utilízanse dúas escalas referidas a 15°C. Para líquidos máis densos ca a auga: °Bé = 145 - (145/peso específico). Para líquidos menos densos: °Bé = (140/peso específico) - 130, onde °Bé significa graos na escala de Baumé.
-
-
Declarar o Sumo Pontífice beato a alguén.
-
Proclamar venerable ou respectable algo, exaltar unha condición ou unha virtude.
-
Facer feliz ou benaventurado a alguén.
-
-
-
Relativo á beatitude.
-
Que produce benaventuranza ou placidez a alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Realizador cinematográfico italiano. Dirixiu numerosos filmes de denuncia contra a opresión das autoridades civís e familiares, o exército e contra todo tipo de poder. O erotismo e o estupro son outras temáticas tratadas por este realizador. Dirixiu La colpa e la pena (A culpa e a pena, 1961), La Cina è vicina (A China está próxima, 1967), Marcia Trionfale (Marcha triunfal, 1977), Gli occhi e la bocca (Os ollos e a boca, 1982), Diavolo in corpo (O diaño no corpo, 1986) e Il Principe di Homburg (O Príncipe de Hamburgo, 1995). Obtivo o Oso de Prata de Berlín en 1990 por La condanna (A condena).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto aromático heterocíclico. É unha base débil, soluble en auga quente, obtida por condensación do o-diaminobenceno co ácido fórmico. Pódense caracterizar as aldosas por conversión en derivados do bencimidazol, dos que se mide o seu poder rotatorio específico.
-
-
Actividade de quen axuda, xeralmente con medios económicos ou materiais, aos que non dispoñen de medios dabondo para cubrir necesidades intelectuais ou materiais básicas.
-
Organización que ten como obxectivo a protección e o auxilio dos desvalidos mediante a asistencia médica, cos seus establecementos de albergue, etc.
-
Selo especial emitido para fins caritativos ou benéficos.
-
-
-
Que causa ou produce algún ben.
-
Relativo ou pertencente á beneficencia.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Bengala, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Bengala.
-
Lingua indoeuropea da familia índica oriental, falada pola maioría da poboación do estado de Bengala Occidental (India) e de Bangladesh, territorios nos que é unha lingua de uso oficial. Pertence ao grupo de linguas máis faladas, concretamente a cifra de falantes aproxímase aos 165 millóns. O bengalí emprega unha escritura de seu, derivada do alfabeto brahmi xuntamente co devanagari.
-
Literatura cultivada en lingua bengalí. Hai textos en bengalí desde o s XI d C, pero foi no s XV cando comezou un brillante período que, ata o s XVIII, se caracterizou polo cultivo da poesía místico-lírica, iniciada por Chandīdās (s XV) e Vidyāpati Thākur (s XV), polas adaptacións das obras sánscritas clásicas, pola influencia do movemento hindú Chaitanya e pola tradición narrativa en verso, con figuras como Mukundarām Chakravartī (s XVI) ou Bharatchandra (1712-1760), entre outros. Dende finais do s XVIII, fíxose patente a influencia occidental de personaxes como V. Hugo, A. Comte ou J. E. Renan e a actitude de renovación ideolóxica, relixiosa e social. Rāmmohan Rāy foi o vangardista dun movemento que instaurou as bases do teatro, a novela, a poesía moderna, e que culminou con Rabīndranāth Thākur, máis coñecido polo seu nome en inglés R. Tagore, que tipificou a síntese das tradicións oriental e occidental. Foi Premio Nobel de Literatura...
-
Ave granívora de 10 cm de lonxitude, de peteiro vermello, cola curta e plumaxe de cor carmesí nos machos e castaña coa mitra vermella nas femias e nos novos, e salferida de branco nas partes inferiores e nas ás. Orixinaria de Paquistán, India e Indochina, reprodúcese en Exipto, Italia e Península Ibérica a partir de exemplares fuxidos da catividade. En Galicia obsérvase en humidais litorais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de titanio e bario, de fórmula BaTi(SiO3)3, do grupo dos sorosilicatos. Cristaliza no sistema hexagonal, en cristais de fractura concoidal dunha cor azul clara. Ten dureza 6-6,5 e peso específico 3,65. Emprégase en xoiería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Ciudad de los Muchachos Foi fundada en Ourense o 14 de setembro de 1956 por Jesús César Silva Méndez, coñecido como Padre Silva, co desexo de convertela nunha escola de formación xuvenil, onde acollía a todos os rapaces que tivesen problemas de inadaptación social. A idea da creación da Ciudad de los Muchachos foi concibida a partir do sistema experimentado polo Padre Flanagan na súa Boy’s Town de Omaha nos EE UU. A partir dese momento o Padre Silva intentou conseguir ingresos para a cidade a través de exposicións de pintura, tómbolas, campañas (como a realizada no 1958 denominada Trapabocha: trapos, papel, botellas e chatarra), etc. Nun principio esta “cidade” instalouse en Areas (Pontevedra), pero, no 1960, trasladouse á zona de Seixalvo, onde está a quinta de Benposta. No 1961 creouse a primeira industria e, dous anos despois, o Ministerio de Educación autorizou a Escola de Formación Profesional e no 1964 botou a andar a Escola Internacional de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fosfato de ferro hidratado, de fórmula Fe3[(OH3P|O4]2·2,5H2O. Cristaliza no sistema monoclínico, e os cristais son de cor vermella ou marrón avermellado, tabulares e lixeiramente alongados, en agregados fibrosos radiais. Ten dureza 3-4 e peso específico 3.
-
-
Peixe da orde dos bericiformes.
-
Orde de peixes da clase dos actinopterixios. Os individuos desta orde presentan un perfil oval e o corpo comprimido, coa cabeza grande, ollos moi desenvolvidos e gran número de radios nas aletas pelvianas. Viven na zona abisal do Océano Atlántico e do Océano Pacífico. Pertencen a esta orde as familias dos berícidos e dos dirétmidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de aluminio e berilio, de fórmula Be3Al2Si6O18. Pedra preciosa que cristaliza na clase holoédrica hexagonal. As variedades máis importantes son a esmeralda e a augamariña. Outras variedades son o heliodoro (amarelo), a morganita (rosa), a goshenita (incolora) e o berilo verde. A súa dureza é de 8, e o peso específico de 2,67-2,80. Ten unha orixe principalmente pneumatolítica. Emprégase para a obtención do berilio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fosfato de berilio e sodio, de fórmula NaBe(PO4). Cristaliza no sistema monoclínico. É incoloro, branco ou amarelo pálido. Ten dureza 5,5-6 e peso específico 2,81.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo editorial alemán fundado en 1835 por G. Bertelsmann. Dedicado nun principio á edición de obras de consulta, introduciuse no campo discográfico (1958) e na televisión (1964); co tempo converteuse na primeira empresa mundial no sector dos medios de comunicación. No estado español é propietario do Círculo de Lectores, da Editorial Plaza y Janés e da empresa de artes gráficas Printer, entre outras empresas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato hidratado de berilio, de fórmula Be4Si2O7(OH)2. Cristaliza no sistema rómbico, en pequenos cristais incoloros ou brancos sobre os prismas de berilio ou nas xeodas de pegmatita. Ten dureza 6 e peso específico 2,6.
-
-
Pedra sagrada sen puír e tallada toscamente, que recibía o culto na Antigüidade por parte dalgúns pobos do Próximo Oriente e do Mediterráneo. Era considerada como a propia divindade ou un símbolo da mesma. Un betilo famoso é a Pedra Negra da Meca, venerada xa antes da predicación de Mahoma.
-
Nome co que se coñecen as pezas prehistóricas con apariencia de idoliños e que teñen un aspecto máis ou menos antropomórfico e con forma cilíndrica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arseniosulfato hidratado de ferro e chumbo, de fórmula PbFe3[(OH)6SO4AsO4]. Forma cristais romboédricos, pseudocúbicos de cor verde escura, branca ou negra. Ten dureza 3,5-4,5, e peso específico 4-4,3.
-
-
Ciencia auxiliar que mediante a busca, a identificación, a descrición e a clasificación de todos os documentos publicados ou reproducidos por procedementos mecánicos, fotomecánicos ou electrónicos, facilita o coñecemento científico ou práctico dunha materia. Pode ser enumerativa ou sistemática cando actúa en extensión, e analítica ou descritiva cando estudia o documento en profundidade. A primeira pode ser xeral, sobre a totalidade dun tema, dunha materia ou dun autor, e especial sobre unha parte. A bibliografía analítica estudia o documento en si mesmo, deixando de lado calquera consideración sobre o seu contido, coa finalidade de reconstruír o seu proceso de produción.
-
Relación sistemática, diversamente ordenada e a miúdo crítica ou razoada, de obras relativas a unha ou diversas materias. Poden ser retrospectivas (coa finalidade de recoller un período determinado) ou correntes (que recollen periodicamente as publicacións actuais). Actualmente, o termo aplícase non só aos textos impresos senón tamén a calquera tipo de obra (mesmo o material audiovisual). Aínda que existen compilacións bibliográficas anteriores, a necesidade do repertorio bibliográfico non aparece, sen embargo, ata o s XV, coa invención da imprenta. Axiña comezaron a aparecer as primeiras bibliografías especializadas (medicina, botánica, patrística, etc). A primeira bibliografía universal é a de Konrad von Gesner, Bibliotheca universalis (1545), e a primeira de ámbito nacional a do inglés John Bale, Illustrium Majoris Britanniae Scriptorum [...] summarium (1557-1559). No s XVII comezan a aparecer as revistas bibliográficas como o Journal des Savants...
-
Conxunto de obras, ensaios, artigos, etc, que foron escritos sobre un tema concreto ou nun período determinado.
-
Lista de obras relativas a un tema determinado e que preceden ou seguen a unha monografía, un artigo, etc.
-
Sección dun xornal onde se anuncian os libros de publicación recente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que fai referencia aos libros ou á bibliografía.