"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rizoma dalgúns fentos da familia das polipodiáceas, especialmente da especie Polypodium callahuala, que é un elemento da farmacopea indíxena do Perú. De sabor primeiro doce e logo amargo, foi empregado como sudorífico e contra a sífilis e o reumatismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
san (Peralta de la Sal, Huesca 11.9.1557 - Roma 1648) Eclesiástico e educador, fundador da orde dos Escolapios. Estudiou xurisprudencia e filosofía na Universitat de Lleida e teoloxía nas de València e Alcalá de Henares. Ordenado sacerdote o 17 de decembro de 1583, desempeñou diversas responsabilidades eclesiásticas en Aragón e Catalu-nya, ata que en 1592 se estableceu en Roma onde no 1597 fundou unha escola gratuíta, que máis tarde se converteu na Congregación Paulina de Nosa Señora da Escola Pía, elevada a orde relixiosa por Gregorio XV en 1621, e destinada á educación dos sectores populares. En 1638 enviou a Melchiorre Alacchi a Guissona para abrir o primeiro colexio da Escola Pía na Península Ibérica. Calasanz foi un dos primeiros que se preocupou por realizar por toda a Europa católica un labor eficaz de formación elemental establecendo unha organización escolar e preocupándose pola formación dos mestres. Ademais, apoiou a creación dun ensino popular e gratuíto que...
-
-
Producir artificialmente carbonatos de cal.
-
Fixarse sales de calcio nun tecido orgánico: con carácter normal, no caso do depósito sobre a cartílaxe no proceso de formación dos ósos; ou con carácter patolóxico, no depósito sobre tecidos diferentes do óseo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carbonato de calcio, de fórmula CaCO3. Xunto coa argonita, forma o dimorfismo do CaCO3. Cristaliza no sistema romboédrico, en forma de cristais prismáticos e tamén en formas compactas, oolíticas e pisolíticas. Xeralmente é incolora ou branca, con brillo vítreo e as variedades transparentes (espato de Islandia) presentan unha intensa birrefrinxencia. Ten unha dureza de 3 e un peso específico de 2,72. É facilmente soluble en ácidos diluídos, cunha forte efervescencia. Forma as calcarias, o mármore, a creta e as estalactitas e estalagmitas.
-
-
Procedemento gráfico caracterizado pola utilización de pranchas metálicas, xeralmente de cobre, gravadas en profundidade, contrariamente á tipografía. Orixinouse a partir dos gravados realizados no s XV, nos que se empregaba un buril sobre unha lámina de prata ou cobre, reenchidos dunha pasta negra e chamados nielados. As súas utilizacións industriais son o heliogravado e o retrogravado.
-
Lámina obtida mediante algunha das técnicas calcográficas.
-
Obradoiro onde se imprimen calcografías.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á calcografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfuro de cobre e de ferro, de fórmula CuFeS2. Cristaliza no sistema tetragonal, en masas ou cristais a miúdo deformados e difíciles de identificar. Da cor do bronce ou amarela dourada, ten un brillo metálico. É moi importante para a obtención de cobre e contén ás veces cantidades pequenas de ouro e prata. Ten dureza 3,5-4 e peso específico 4,2.
-
-
Acción e efecto de calcular.
-
-
Conxunto de métodos que, aplicados a unha colección de símbolos ou números, permiten obter o resultado dunha operación ou, en xeral, dun problema. O cálculo constitúe o fundamento de toda a matemática cuantitativa. Limitado á álxebra e á aritmética ata o s XVII, a aparición e o desenvolvemento posterior do cálculo diferencial, do cálculo integral e do cálculo de variacións fixeron prever para o cálculo unha amplitude e unha capacidade de resolución case absolutos. Isto levou a Leibniz a pensar na redución de todas as ciencias nunha soa baixo a dirección dun cálculo superior, síntese da álxebra e da lóxica. Modernamente, o cálculo quedou absorbido polo ámbito máis xenérico da análise matemática.
-
cálculo de variacións
Estudio da teoría dos extremos de integrais, definidas de xeito que a súa integrante é unha función coñecida dunha ou máis variables independentes, dunha ou máis variables dependentes e das súas derivadas. O problema consiste en determinar as variables dependentes, de xeito que a integral sexa máxima ou mínima. No caso máis simple, a integral é da forma
FORMULA
onde cómpre determinar a función y(x) de maneira que I sexa máxima ou mínima. -
cálculo diferencial
Parte da análise matemática e, máis concretamente, da análise infinitesimal que trata sobre todas as cuestións relacionadas cos conceptos fundamentais de derivada (ordinaria ou parcial) e de diferencial dunha función. Considérase unha teoría conceptual, estendida tamén como técnica de cálculo, que permite traducir as propiedades xeométricas e físicas do espazo en forma analítica, independentemente do sistema de coordenadas concreto ao que está referido o espacio.
-
cálculo gráfico
Método de cálculo baseado na substitución das cantidades numéricas ou funcións por representacións gráficas (curvas). Obtéñense os resultados, previamente fixada unha escala de medidas, por métodos xeométricos. Entre os métodos máis empregados pódense destacar o das isoclinas e os métodos de iteración.
-
cálculo numérico
Serie de métodos que permiten obter aproximacións das solucións dun problema matemático. O concepto de aproximación queda determinado pola natureza do conxunto ou espazo sobre o que se calcula e pola métrica ou distancia definida nel. Dado un espazo funcional onde hai definida unha métrica, esta permite definir unha topoloxía que, ás veces, dá o concepto de proximidade. Unha vez fixado o espazo e a métrica, o proceso do cálculo numérico resúmese da seguinte maneira: recollida dos datos iniciais do problema (datos de entrada), determinación dun algoritmo de cálculo e obtención de resultados coa aproximación desexada. A avaliación dos resultados obtidos teoricamente a partir da matemática formal e a aproximación numérica de resultados en problemas que teñen unha formulación teórica moi complexa, incluso imposible, son as dúas aplicacións máis directas do cálculo numérico. Os procedementos máis empregados son o método das diferencias finitas, a interpolación, a resolución numérica de ecuacións...
-
-
Avaliación non exacta.
-
Concreción sólida de volume e aspecto variables formada principalmente a expensas dos sales contidos nos líquidos do organismo, especialmente a saliva, a bile e os ouriños. Estes sales deposítanse ao redor dun núcleo, xeralmente proteico, aínda que nalgúns casos, como nos cálculos urinarios, pode ser arredor dun corpo estraño; ou ben fórmanse pola interacción de distintos factores, como a estase biliar, a inflamación ou a discolia, nas afeccións das vías biliares. Os cálculos salivais acostuman presentarse na glándula submaxilar e están constituídos por fosfato e carbonato cálcico en unión con substancias orgánicas. Os cálculos biliares desenvólvense na vesícula biliar e, menos frecuentemente, nas vías biliares; poden estar constituídos por colesterol, pola asociación de colesterol, bilirrubina e calcio, ou ben por bilirrubina e calcio. Os cálculos urinarios orixínanse principalmente nos riles; a maior parte pasan á vexiga e son eliminados cos ouriños; os máis...
-
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfocarbonato de chumbo e cobre, de fórmula Cu2Pb5(SO4)3(CO3)(OH)6. Cristaliza no sistema rómbico; preséntase en pequenos cristais moi brillantes, de cor azul. Ten dureza 2,5-3 e peso específico 5,7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Sistema de distribución do tempo en grupos orixinados polas lunacións (os meses), as fases da Lúa (as semanas) e o movemento aparente do Sol (os anos), tomando como unidade de base o día, determinado polo movemento diúrno aparente do Sol.
-
calendario azteca
Calendario empregado polos aztecas. O calendario civil ou xihuitl tiña un ano de 365 días, con 18 meses de 20 días cada un e 5 días suplementarios, que se consideraban nefastos. O calendario relixioso ou tonalpualli tiña un ano de 260 días.
-
calendario chinés
Calendario empregado en China ata a revolución de 1911. Ao inicio da dinastía Zhou (ss XI-VIII a C) a duración do ano era de 366 días, pero empregábase un calendario lunar de 354 días, que rapidamente se cambiou por un lunisolar, coa intercalación de sete meses lunares cada dezanove anos; obtívose así o calendario de Zhuangzi (s III a C), que durou ata a reforma da época Han (104 a C). Ata a revolución republicana de 1911 China rexíase polo calendario lunar (yinli), no que a diferenza de once días e un cuarto entre o ano solar e os doce meses deste calendario estaba compensada coa introdución dun mes intercalado cada tres anos. O calendario oficial, na República Popular de China, é o gregoriano, introducido no s XIX polos xesuítas.
-
calendario exipcio
O calendario exipcio foi nun primeiro momento exclusivamente lunar, con meses de 29 e 30 días. A necesidade de prever as crecidas do Nilo fíxoos estudar o ano trópico e buscar un calendario máis axustado ás súas necesidades. Estableceron tres estacións de catro meses (a estación da sementeira, da recolleita e da inundación) de 30 días (ano de 360 días). Este ano civil avanzaba un ano enteiro cada 69 anos trópicos; a pesar de que o sabían non intentaron modificalo. Os exipcios agruparon os días en decans, tres destes formaban o mes e 36, o ano.
-
calendario grego
Calendario creado para intentar axustar os movementos do Sol e da Lúa. Destacan as reformas de Solón e de Metón; sen embargo, ningún deles chegou a resolver o problema, e os gregos remataron adoptando progresivamente o ciclo romano.
-
calendario gregoriano
Calendario creado en 1582 por iniciativa do Papa Gregorio XIII quen, asesorado especialmente por Ghiraldi, decretou que fosen engadidos dez días de súpeto (o día seguinte ao 4 de outubro foi o 15), modificando o concepto de ano bisesto no novo calendario. Así os novos anos bisestos son aqueles múltiplos de catro que non acaben en dous ceros, agás todos os rematados en dous ceros pero que conteñan un número divisible entre catro. Deste xeito obtíñase un ano gregoriano medio de 365,2425 días civís, que soamente producen un exceso de tres días cada mil anos. Posteriormente, case todos os países adoptaron o calendario gregoriano. A pesar do seu uso, practicamente universal, os seus inconvenientes son numerosos, razón pola que se intentou impulsar, por agora sen éxito, diversos proxectos de reforma.
-
calendario hindú
Calendario empregado polos hindús. No tempo do Rig-Veda, arredor de 1200 a C, parece que xa se usaba un calendario civil lunisolar, que constaba de 360 días, dividido en 12 meses de 30 días. Cada 5 anos intercalábase un novo mes. A astronomía mesopotámica e grega foi introducida na India nos primeiros séculos despois de Cristo, e xorde así un novo calendario con diversas variantes. Para unificar o calendario hindú, o goberno da India introduciu un novo calendario oficial, comezando o 1 de Chaitra de 1879 da era Saka, que corresponde ao 22 de marzo de 1957. Este calendario utilízase hoxe xunto co gregoriano.
-
calendario hebreo
Calendario empregado polos hebreos. Era un calendario lunar formado por doce lunacións, que comprendía 353, 354 ou 355 días, e un décimo terceiro mes suplementario. Os meses eran alternativamente de 29 e 30 días, para aproximarse á duración das lunacións. No s IV dC o calendario hebreo foi modificado e transformado totalmente en lunisolar: a intercalación do décimo terceiro mes fíxose de acordo co ciclo de Metón, e, cada dezanove anos de duración deste, considéranse doce anos sinxelos e sete embolísticos daquel. Este calendario úsase, xuntamente co gregoriano, no Estado de Israel. Os meses son Tišrej, Khešven, Kislev, Tevet, Švat, Adar, Veadar, Nīsan, Ijar, Sivan, Tamūz, Av e Ēlūl.
-
calendario lunar
Calendario que ten como base o fenómeno das lunacións (meses). Os primeiros calendarios foron os lunares. A duración da lunación varía de 29 días e 6 horas a 29 días e 20 horas, o que equivale a unha duración media de 29,5305 días civís. Por esta razón os calendarios lunares están formados normalmente por meses de 29 e 30 días, aos que aínda lles hai que engadir axustes.
-
...
-
-
-
Relativo ou pertencente ao califa ou ao califato.
-
Período da arte hispano-musulmana correspondente á época do califato de Córdoba (912-1012). A arquitectura califal presenta unha serie de características que atopan a súa expresión capital na ampliación da mesquita de Córdoba por ‘Abd al-Raḥmān III, al-Hakam II e Almanzor, e na cidade de Medināt al-Zahrā’. En primeiro lugar destaca a determinación dun canon construtivo propio que emprega relacións numéricas baseadas nos tercios dun módulo. Introduciu os arcos lobulados e os arcos cruzados, onde a función estrutural de soporte das bóvedas está disimulada por unha aparencia decorativa por medio de chapas, e a utilización de bóvedas de nervios, de extensa influencia nas artes musulmanas, como na mesquita do Cristo da Luz (Toledo), románica e incluso barroca. As columnas, en xeral, carecen de base e presentan uns capiteis inspirados vagamente nos corintios. O arco máis empregado é o de ferradura coa alzada peraltada no semirradio, lintel adoelado, extradorso descentrado...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente mariña fría do Pacífico oriental que circula en dirección N-S bordeando as costas de California (EE UU), xeralmente acompañada de remuíños de vento e de bruma.
-
-
Relativo ou pertencente á caligrafía.
-
Escritura trazada artificiosamente, con intención estética, e sen espontaneidade.
-
-
-
Que calma.
-
Medicamento para aliviar a dor ou as molestias. Os dous tipos principais de calmantes específicos son: os sedantes, que reducen a tensión nerviosa e resolven problemas nos que predomina o estado de excitación, como a reserpina, a fenotiacina e o benzhidrol; e os analxésicos, de acción antidolora específica, como os que actúan en cadros de dor visceral, caso da metadona e a morfina ou os analxésicos menores como o ácido acetilsalicílico, o paracetamol e a codeína. Outros medicamentos non son específicos para tratar a dor pero a súa acción ten unha influencia semellante, como os antiespasmódicos que actúan directamente sobre os espasmos e as contraccións, como o metilbromuro de homatropina, o butilbromuro de escopalamina, a papaverina; os barbitúricos que provocan a aparición de sono e son derivados do ácido malónico; e os anestésicos, de acción deprimente das funcións do sistema nervioso, como a cocaína, a procaína e a tetracaína.
-
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, e tamén do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde ás voces ‘martelo’ e ‘maza’.
-
-
-
Induración circunscrita da epiderme formada por unha acumulación de células estratificadas da capa córnea a consecuencia da fricción ou da presión prolongada e repetida. Tamén pode aparecer baixo a acción da calor ou de substancias químicas.
-
-
Conxunto de tecidos parenquimáticos que aparecen nas feridas, segregados por un cambium producido grazas ao estímulo de necrohormonas.
-
Deposición de calosa que obtura as placas cribosas ao chegar o período de repouso.
-
-
Neoformación ósea que solda os dous extremos dun óso fracturado. A fractura dá lugar a un hematoma que se transforma en coágulo, e este organízase a expensas do tecido conxuntivo dos arredores, que sofre un proceso de metaplasia; o foco de fractura ocúpao o tecido osteoide, sobre o que se deposita calcio e se forma un tecido óseo. A consolidación dunha fractura pode ser anormal, coa formación de calos hipertróficos, viciosos, dolorosos, etc.
-
Camiño estreito e difícil que transcorre por terreos abruptos.
-
Movemento que fan cos pés as cabalerías para marcar un paso uniforme e lixeiro.
-
Lazo que ten a vela da dorna no lado vertical superior.
-
Insensibilidade á que conduce a reiteración dun determinado acto ou costume.
-
-
-
Cloruro mercurioso, de fórmula Hg 2 Cl 2 . Produto da alteración do cinabrio, preséntase en cristais pequenos e tetragonais. É un mineral pesado, insípido, insoluble e de cor gris ou branca amarelada. Ten dureza 1,6 e peso específico 7,15. Emprégase en medicina como purgante e vermífugo.
-
Electrodo de referencia de fácil preparación e de potencial moi constante, empregado en substitución do electrodo normal de hidróxeno. Consta dun depósito de mercurio cuberto dunha pasta de calomelanos e mercurio, que está en contacto cunha disolución de concentración coñecida de cloruro de potasio saturada de calomelanos.
-
-
-
Que produce calor ou que quenta.
-
Relativo ou pertencente á calor.
-
poder calorífico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Procedemento fotográfico patentado por W. H. F. Talbot no 1841, que consiste en fixar a imaxe sobre papel fotosensible mediante o proceso negativo-positivo. Permite a tiraxe de copias e foi a orixe dos procedementos modernos de fotografía.
-
-
Liñaxe galega, oriúnda de Portugal, que se estendeu a Santander, Burgos, Araba, Guadalajara, Soria, Murcia, Logroño e Valladolid. A esta caste pertenceu a heroína coruñesa Mayor Fernández de la Cámara Pita, coñecida popularmente como María Pita. Os de Galicia e Castela levan como armas: en campo de ouro, un corazón de goles atravesado por unha frecha de prata e cantonado de catro ventás de azul, cargadas con cadansúa flor de lis de ouro. Algúns recollen, en campo de sable, un castelo de prata cunha soa torre e dous lobos de ouro empinados aos seus muros. Outra variante trae escudo partido: primeira partición, en campo de prata, catro faixas de azul; segunda partición, en campo de prata, cun león rampante da súa cor.
-
-
Compartimento ou estancia principal dunha casa, en especial o cuarto onde se dorme.
-
Sala ou conxunto de salas dunha residencia reservada ao soberano, aos seus familiares ou á corte, accesible só a determinados oficiais e servidores, aos embaixadores e persoas de rango elevado.
-
Departamento dun navío destinado ao aloxamento e á estadía dos pasaxeiros, do capitán e dos oficiais. En moitos casos localízase na parte central do barco e constitúe o compartimento principal, e con frecuencia, o único.
-
Cada un dos departamentos do casco dun navío separados por tabiques ou pranchas, como a cámara de máquinas, a cámara de caldeiras ou a cámara de aloxamento.
-
Teito abovedado ou estancia cuberta por unha bóveda.
-
-
-
Recinto ou oco que realiza unha función determinada.
-
cámara acoirazada
Local revestido de pranchas de aceiro e provista de elementos de seguridade, que substitúen, nun establecemento bancario, á caixa forte cando a súa capacidade é insuficiente.
-
...
-
-
-
-
-
Compartimento ou estancia principal dunha casa, en especial o cuarto onde se dorme.
-
Sala ou conxunto de salas dunha residencia reservada ao soberano, aos seus familiares ou á corte, accesible só a determinados oficiais e servidores, aos embaixadores e persoas de rango elevado.
-
Departamento dun navío destinado ao aloxamento e á estadía dos pasaxeiros, do capitán e dos oficiais. En moitos casos localízase na parte central do barco e constitúe o compartimento principal, e con frecuencia, o único.
-
Cada un dos departamentos do casco dun navío separados por tabiques ou pranchas, como a cámara de máquinas, a cámara de caldeiras ou a cámara de aloxamento.
-
Teito abovedado ou estancia cuberta por unha bóveda.
-
-
-
Recinto ou oco que realiza unha función determinada.
-
cámara acoirazada
Local revestido de pranchas de aceiro e provista de elementos de seguridade, que substitúen, nun establecemento bancario, á caixa forte cando a súa capacidade é insuficiente.
-
cámara de aire
Espacio oco no interior dos muros que serve de illamento.
-
...
-
-