"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imán da confesión islámica dos ismaelitas nizaritas. Foi un título honorífico da corte dos kajarís da Persia. Dende 1817 o título considérase herditario. Estes imáns son venerados na India e na África oriental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei lendario de Argos, fillo de Atreo. Foi o xefe do exército grego que asediou Troia (Iliada, de Homero) para vingar o rapto da muller do seu irmán Menelao. Para que os ventos favorecesen as súas naves sacrificou unha filla (Ifixenia a Áulida, de Eurípides). A súa muller, Clitemnestra, tomou o feito como escusa para asasinalo, en complicidade co seu amante Existo, cando volta vitorioso de Troia (Orestíada, de Esquilo). Este conflito ten sido interpretado modernamente como unha metáfora da antiga loita do matriarcado pola súa pervivencia.
-
-
Calidade do que é asexuado.
-
-
Reprodución asexual, isto é, multiplicación vexetativa sen a intervención de gametos.
-
Ausencia de órganos sexuais.
-
-
Ausencia de regulamentos específicos que prohiban ou autoricen o matrimonio entre individuos de determinados grupos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arseniato de cobre e itrio hidratado, YCu6(AsO4)3(OH)18·3H2O. Cristaliza no sistema hexagonal e os cristais son alongados, dispostos en feixes fibrosos, de exfoliación nula e cor verde azulada. Ten dureza 3-4 e peso específico 2,72.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa alemá de material fotográfico, creadora do proceso Agfacolor, actualmente pertencente a Bayer.
-
-
Acción de aglutinar ou aglutinarse.
-
Procedemento polo cal dúas ou máis palabras se xuntan para constituír unha soa; combínanse palabras primitivas e forman palabras compostas, nas que, xeralmente, tivo lugar unha variación, máis ou menos acusada, nos compoñentes das novas palabras. Mediante o proceso da aglutinación, as linguas obteñen novas palabras.
-
Aglomeración de determinados corpúsculos en suspensión (microorganismos, eritrocitos, etc) portadores dun antíxeno pola presencia, no líquido da suspensión, do anticorpo específico correspondente. Utilízase como medio diagnóstico para identificar microorganismos e para determinar os antíxenos dos eritrocitos e anticorpos presentes no soro.
-
Aglutinación dos eritrocitos como consecuencia da reacción específica dos aglutinóxenos ante as súas correspondentes aglutininas, que provoca a hemólise.
-
-
-
Acción e efecto de agoirar.
-
Presaxio de acontecementos futuros, xeralmente catastróficos, a través de certos sinais e indicios, feito xeralmente por un augur.
-
Persoa que fai ou di algo insistentemente e que pola súa maneira de ser resulta molesta.
-
-
-
Que non ten ángulos.
-
Puntos da superficie terrestre sen declinación magnética; unha agulla magnética situada nun punto ágono sinala exactamente o norte xeográfico.
-
Liña que une os puntos que non teñen declinación magnética. As liñas ágonas pasan polos puntos nos que coincide un meridiano xeográfico co respectivo meridiano magnético. Son liñas imaxinarias e variables.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista bilingüe subtitulada “Papeles de Filosofía” e aparecida en 1981. Dirixida na súa primeira época polo propio Departamento de Historia da Filosofía da Universidade de Santiago, ten como redactores a Carlos Baliñas, Esperanza Guisán e Xoán Vázquez, entre outros. Trátase dunha colección de estudios filosóficos e inclúe as seccións de “Estudios”, “Noticias”, “Notas y comentarios”, “Textos-Documentos”, “Revista-Libro” e “Entrevista”. Escriben sobre temas vencellados coa Filosofía Moral, Ética ou Lóxica. Na segunda época, iniciada en 1986 diríxena X. L. Barreiro Barreiro e Esperanza Guisán, e contan cun comité científico de profesores de filosofía españois e estranxeiros de recoñecido prestixio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de doutrinas de Aurelio Agostiño que se encontran presentes, aínda que diversamente matizadas, en moitos pensadores do Medievo e nalgúns da Idade Moderna. Son elementos definitorios do agostinismo os seguintes: a unidade do saber filosófico-ecolóxico; a primacía da vontade sobre a intelixencia, tanto en Deus como no home; a necesaria iluminación divina do entendemento humano, condición necesaria para acadar verdades absolutas de calquera orde; o pesimismo sobre as posibilidades morais da natureza humana; e a preeminencia da gracia, entendida como espiritualidade mística.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que investiga e estudia os principios científicos da ciencia agronómica para perfeccionar a súa práctica.
-
-
Acción e efecto de agrupar ou agruparse.
-
Conxunto de cousas ou de persoas agrupadas, xeralmente afíns.
-
Unidade máis pequena na estrutura orgánica dos partidos políticos que reúne os afiliados de base á cabeza da cal se sitúa un secretario xeral ou afín segundo os partidos.
-
-
Reunión de forzas militares de diversos exércitos coa finalidade de constituír un conxunto operativo para cumprir unha misión. A súa composición varía segundo as necesidades da acción militar; normalmente ten como base un ou máis batallóns de infantería, aos que se suman unidades de artillería ou carros.
-
agrupación táctica
Agrupación que ten por base dous ou máis batallóns ou grupos tácticos.
-
-
Modalidade contractual de colaboración entre empresarios que sen crear un ente con personalidade xurídica propia, serve para facilitar ou desenvolver en común a actividade empresarial dos seus membros. A agrupación temporal de empresas é unha fórmula de colaboración que adoita ser empregada polas pequenas empresas do sector da construción para a realización de obras de grande envergadura (infraestruturas de comunicación, edificios administrativos, equipamentos culturais ou deportivos, etc), disolvéndose unha vez rematada a obra.
-
Unión de dúas ou máis leiras inscritas para formar outra con número diferente das agrupadas, sempre que se trate de fincas veciñas ou, se son discontinuas, formen unha finca funcional. Nas leis de patrimonio está expresamente prohibida a agrupación de soares urbanos para evitar a deturpación dos conxuntos históricos e trazado urbanístico consolidado.
-
-
agrupación de municipios
Previsión constitucional ou estatutaria para poder establecer circunscricións territoriais propias diferentes da provincia. Na constitución española de 1978 contémplase esta posibilidade (artigo 141. 3), ao abeiro da cal se teñen constituído en Galicia diversas mancomunidades de municipios para a prestación, financiamento e xestión en común de servicios (en Ferrolterra, en Vigo, no Xallas, no Morrazo, etc) e 53 comarcas segundo a Lei de Desenvolvemento Comarcal de Galicia (1996).
-
...
-
agrupación de municipios
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada en Lugo en 1959 para a formación e promoción de fotógrafos. Entre as súas actividades sinalamos: cursiños de laboratorio fotográfico, exposicións monográficas, concursos, proxeccións e conferencias. Destaca a organización do concurso Folla do Carballo a nivel estatal e o patrocino do Salón Galaico-Portugués de Fotografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización de militancia socialista, fundada na cidade de Vigo en 1894. Mantivo constantes contactos organizativos coas agrupacións de Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela. A organización viguesa estivo representada no IV Congreso do PSOE por Valentín Diego. Recentemente (1999) unificou as tres agrupacións nas que estaba subdividida: Fragoso, Calvario e rúa do Príncipe.
-
-
Barriña de metal ou doutra materia dura, acabada en punta.
-
-
Barra pequena, fina e longa, normalmente de metal, pero que pode estar feita doutros materiais, rematada en punta nun extremo e cun burato no outro polo que se fai pasar o fío, cordel, etc, usada para coser e bordar, ou sen burato se se usa para facer punto.
-
Nas máquinas de fabricación de xéneros de punto, peza metálica alongada acabada en gancho e provista de medios para cerrar o que serve para formar a malla.
-
agulla de bordar
Agulla, xeralmente máis fina e máis curta ca a de coser, empregada para bordar; pode ter máis dun ollo para enfiar diversos fíos.
-
agulla de cardar
Cada unha das agullas que ten a gornición do aparello que serve para cardar.
-
agulla de cego
Agulla que ten o corpo partido en dirección á punta para poder introducir o fío, sen enfiala.
-
agulla de coser
Agulla recta, alongada ou en forma de fuso, acabada en punta, que serve para coser todo tipo de roupa.
-
agulla de debuxo
Barriña collida ao punto dun debuxo jacquard para que se suxeite no dispositivo do leito.
-
agulla de embalar
Agulla grosa, de punta recta ou curva, empregada para coser tea de embalaxe.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedra ou instrumento específico para sacar fío a determinados obxectos. Reciben diferentes nomes segundo o obxecto que afíen. Así, o molexón emprégase para os coitelos e fouciños, o esperón para o material de carpintería e a moa para o afiado dos gateños na ferrería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Soberano azteca de Tenochtitlán (1486-1502). Sucedeu o seu irmán Tizoc. Organizou co seu aliado Nezahualpilli, soberano de Culhuacán, unha guerra florida contra Oaxaca e sacrificou 20.000 prisioneiros. Loitou contra os txolules de Puebla e os tlaxcales. Chegou a Guatemala e incorporou Veracruz e Mitla.
-
-
-
Mestura de gases que forma a atmosfera terrestre. Nas capas baixas da atmosfera, o aire perfectamente seco ten, a 0°C e a 760 mm de presión, con variacións mínimas, a seguinte composición en volume: nitróxeno 78,084%, osíxeno 20,946%, argon 0,934%, dióxido de carbono 0,033%, outros gases raros 0,002%. Os coñecementos esenciais sobre a natureza do aire son debidos a Lavoisier, quen demostrou cos seus experimentos (1774) que está formado por nitróxeno e osíxeno. A primeira determinación cuantitativa correcta da proporción de osíxeno no aire foi efectuada a finais do s XVIII por un químico catalán, Antoni Martí i Franquès, que atopou que a composición volumétrica do aire atmosférico era de 79 partes de nitróxeno e 21 de osíxeno (aire vital, na época), rectificando así os valores aceptados por outros investigadores: Lavoisier, Priestley, Scheele, Senebier e Cavendish. A presencia, no aire, de substancias inertes distintas do nitróxeno fora indicada por unha experiencia de Cavendish (1785) e...
-
Nome xenérico dado antigamente aos gases. Así, o aire desfloxisticado ou aire vital era o osíxeno; o aire fixo, o dióxido de carbono; o aire inflamable, o hidróxeno; o aire floxisticado, o nitróxeno; o aire inflamable das marismas, o metano.
-
-
O aire como medio, por oposición á terra e á auga.
-
Aire en movemento, vento, especialmente de pouca intensidade.
-
-
Apariencia, aspecto que posúe algo ou alguén con respecto a outro elemento ou persoa.
-
Actitude expresiva dunha calidade persoal ou emoción.
-
-
Enfermidade que se contrae polo contacto con certos animais, especialmente os réptiles, persoas e mesmo lugares como os cemiterios, segundo a medicina popular galega. A debilidade, adelgazamento, inapetencia e raquitismo son algúns dos seus síntomas, que se manifestan especialmente nos nenos. A terapia adoita ser un ritual cheo de simbolismos onde o curandeiro desempeña o papel máis importante.
-
Estado de debilidade causado nunha persoa polo mal de ollo.
-
...
-
-
-
-
Mestura de gases que forma a atmosfera terrestre. Nas capas baixas da atmosfera, o aire perfectamente seco ten, a 0°C e a 760 mm de presión, con variacións mínimas, a seguinte composición en volume: nitróxeno 78,084%, osíxeno 20,946%, argon 0,934%, dióxido de carbono 0,033%, outros gases raros 0,002%. Os coñecementos esenciais sobre a natureza do aire son debidos a Lavoisier, quen demostrou cos seus experimentos (1774) que está formado por nitróxeno e osíxeno. A primeira determinación cuantitativa correcta da proporción de osíxeno no aire foi efectuada a finais do s XVIII por un químico catalán, Antoni Martí i Franquès, que atopou que a composición volumétrica do aire atmosférico era de 79 partes de nitróxeno e 21 de osíxeno (aire vital, na época), rectificando así os valores aceptados por outros investigadores: Lavoisier, Priestley, Scheele, Senebier e Cavendish. A presencia, no aire, de substancias inertes distintas do nitróxeno fora indicada por unha experiencia de Cavendish (1785) e...
-
Nome xenérico dado antigamente aos gases. Así, o aire desfloxisticado ou aire vital era o osíxeno; o aire fixo, o dióxido de carbono; o aire inflamable, o hidróxeno; o aire floxisticado, o nitróxeno; o aire inflamable das marismas, o metano.
-
-
O aire como medio, por oposición á terra e á auga.
-
Aire en movemento, vento, especialmente de pouca intensidade.
-
-
Apariencia, aspecto que posúe algo ou alguén con respecto a outro elemento ou persoa.
-
Actitude expresiva dunha calidade persoal ou emoción.
-
-
Enfermidade que se contrae polo contacto con certos animais, especialmente os réptiles, persoas e mesmo lugares como os cemiterios, segundo a medicina popular galega. A debilidade, adelgazamento, inapetencia e raquitismo son algúns dos seus síntomas, que se manifestan especialmente nos nenos. A terapia adoita ser un ritual cheo de simbolismos onde o curandeiro desempeña o papel máis importante.
-
Estado de debilidade causado nunha persoa polo mal de ollo.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de teatro afeccionado creado en Asados (Rianxo) en 1933. Dende a súa posta en funcionamento mantivo unha liña permanente de traballo, que nos últimos anos se diversificou coa creación de obradoiros de teatro para nenos. No seu repertorio poden atoparse espectáculos creados a partir dos títulos máis significativos do Movemento Dramático Rexional, con pezas de Xabier Prado Lameiro, Manuel Sánchez Hermida, Euxenio Charlón Arias, e do Movemento Dramático Nacional, con textos de Leandro Carré, Rafael Dieste e Daniel Castelao. O grupo de teatro Airiños, promovido nos seus inicios por mestres como Xosé Losada Castelao e Manuel Insua Castelao, constitúe unha mostra da importancia do teatro como práctica cultural comunitaria e da crecente significación da animación teatral.