"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista en galego editada pola Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza en Santiago de Compostela. Dirixida por José Víctor Carou Fernández, comezou a súa impresión en outubro do 1998. O seu consello de redacción está formado por José Víctor Carou Fernández, Daniel Álvarez, Borja Mariño, Beatriz Padín, Rodolfo Porto e Roberto Relova. Interesada na promoción en Galicia da arte lírica e doutras manifestacións musicais, contén as seccións: “Actualidade”, “Crítica de concertos”, “Cita coa ópera”; “Dicionario de ópera”, “Na escena con...”, “A voz humana”, “Entrevista”, “Asociación”, “Para escoitar, para ler”, “A axenda do afeccionado galego á lírica” e “Butaca reservada a...”. Inclúe, ademais, un amplo soporte fotográfico que acompaña os artigos e críticas dos principais intérpretes operísticos.
-
-
Acrónimo de Disco Compacto. Formato de almacenamento de información lexible de forma óptica lanzado por Philips e Sony na década dos oitenta do s XX. Empregouse orixinariamente para almacenar gravacións de música dixitalizada; posteriormente, estendeuse o seu uso para almacenar arquivos de ordenador (CD-ROM) e de vídeo interactivo (CD-I). Os datos que contén están codificados en sucos microscópicos e lense mediante unha exploración do disco por medio dun láser infravermello. A diferenza dun disco de ordenador, contén os datos nunha longa pista en espiral, igual que o suco dun disco fonográfico; isto simplifica o deseño dos aparatos reprodutores. Cada unidade pode conter 74 minutos de audio (suficientes para a Novena Sinfonía de Beethoven, que foi a meta do deseño) ou de 680 MB de datos de ordenador, aínda que posteriormente apareceu outro formato cunha duración de 80 minutos ou cunha capacidade de 700 MB.
-
Disco compacto (CD-ROM) que non foi gravado dunha vez, senón que algúns arquivos se gravaron nun determinado momento e logo engadíronse máis. O seu directorio ocupa máis dun bloque do espazo do disco, mentres que o software inicial do CD-ROM non le necesariamente os CD multisesión.
-
Disco interactivo compacto, semellante a un disco compacto de audio, que almacena información multimedia (imaxes fixas ou en movemento, son, etc). Os lectores de CD-I comercialízanse como accesorios dos equipos de televisión.
-
Formato creado especificamente pola compañía Kodak para gardar fotografías nun CD lexible por ordenador.
-
Formato de gravación mediante o que un CD pode conter unha parte de son reproducible nunha cadea musical e outra parte de datos lexible nun ordenador.
-
Disco compacto empregado só para ler. Fisicamente semellante a un disco compacto de audio, contén datos utilizables por un ordenador, incluso música e vídeo, sempre que estean gravados nun formato interpretable por este. A maioría dos ordenadores van equipados con unidades lectoras aos que tamén se lles poden instalar gravadoras para copiar CD-ROM, para o que empregan CD gravables (CD-R) ou regravables (CD-RW). A capacidade de almacenamento dun CD-ROM é duns 680 megabytes (aproximadamente 470 veces a dun disquete de 3,5 pulgadas) ou 700 megabytes, segundo o formato. A diferenza dos disquetes, os CD-ROM non están ligados co sistema operativo dun ordenador específico (aínda que o software que ten no seu interior pode estalo). Non obstante , para que un ordenador cun sistema operativo A poida interpretar datos gravados para outro, cun sistema operativo B, probablemente se necesitan aplicacións adicionais. Os CD-ROM proporcionan son dixitalizado, imaxes e presentacións multimedia que resultarían...
-
Arquitectura estendida de CD-ROM. Conxunto de extensións de formato ISO 9660 para os datos do disco compacto que permite que o son e o vídeo se intercalen cos datos de ordenador (o formato anterior requiría que o son, o vídeo e os arquivos de ordenador estivesen en pistas separadas).
-
-
-
Signo ortográfico semellante a unha coma, que se coloca debaixo do <c> en galego medieval (caçar, serviço) e noutras linguas, como o portugués (caçar, maciço, açúcar), o francés (menaçant, leçon) ou o catalán (calça, vençut), de maneira que representa unha consoante sibilante xorda, ben fricativa, ben africada, ante as vocais a, o e u.
-
Nome da letra <ç>, composta por un signo ortográfico semellante a unha coma que se coloca debaixo do c, usada no galego medieval e nalgunhas linguas, como o portugués, o catalán e o francés. OBS: Tamén se denomina ce cedillado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada no concello de Culleredo, é a torre da homenaxe do antigo castelo que construíu Martiño de Becerra no último terzo do s XIV. Ten planta cadrada e muros de cantería de máis de 12 m de altura. Despois das Revoltas Irmandiñas pasou a mans dos Andrade, polo que os brasóns que aínda conserva representan as armas desta familia e as dos Freijomil. Propiedade do concello de Culleredo, rehabilitouse como museo etnográfico. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sulfato de estroncio, de fórmula SrSO4. Cristaliza no sistema rómbico en cristais tabulares ou prismáticos ou, xeralmente, en masas de cor transparentes ou translúcidas lixeiramente azuladas, brancas, amarelas, verdes ou encarnadas. Ten dureza 3-3,5 e peso específico 3,96. Emprégase na obtención de estroncio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Unidade anatómica e fisiolóxica fundamental da materia viva tanto para os organismos unicelulares como para os organismos pluricelulares; polo tanto, é o sistema organizado máis simple, portador das funcións vitais. Unha célula pode constituír un organismo por si soa, feito que se denomina organismo unicelular, ou formar grupos especializados con outras células dando lugar a tecidos e órganos nos organismos pluricelulares. Os principais compoñentes das células son macromoléculas, isto é, ácidos nucleicos, proteínas e polisacáridos; e moléculas de pequeno tamaño, como lípidos, ATP, AMP cíclico, porfirinas e auga (nun 70-80%). Distínguense dous tipos de células: a procariota, unidade de estrutura das moneras, e a eucariota, unidade estrutural do resto de formas de vida (protistas, fungos, plantas e animais). A célula procariota ten membrana plasmática e citoplasma, pero non ten membrana nuclear que separe o citoplasma do material xenético e non ten orgánulos diferenciados...
-
célula anexa
Nas anxiospermas, célula que está en contacto cun tubo criboso co que se comunica por numerosos plasmodesmos e perforacións.
-
célula autotrófica
Célula que fornece as súas necesidades metabólicas mediante a incorporación, exclusivamente, de produtos inorgánicos do medio.
-
célula auxiliar
Célula próxima á ovocélula, nas rodofíceas, rica en substancias de reserva que se poden pór a disposición da ovocélula fecundada, ben por fusión de ambas as dúas, ben por penetración do núcleo diploide ata a célula auxiliar ou ben por unión mediante un filamento absorbente.
-
célula B
linfocito B.
-
célula branca
leucocito.
-
célula cebada
mastocito.
-
célula citotóxica
Tipo de célula non caracterizada hematoloxicamente que, proveniente da medula ósea, coloniza o bazo e o sangue, e ten capacidade para atacar e provocar a lise de linfomas in vitro. Son específicas de diferentes tipos de tumores e tamén se coñecen como células NK.
-
célula de rexeneración
Célula indiferenciada que, durante o proceso de rexeneración, dá lugar a outras diferenciadas.
-
...
-
-
-
-
Punto de intersección do hemisferio celeste situado sobre un observador coa vertical astronómica do lugar xeográfico deste observador. No sistema de coordenadas horizontais, o cénit é o punto de máxima altura posible: 90°. O punto diametralmente oposto recibe o nome de nadir.
-
cénit xeodésico
Punto de intersección do hemisferio celeste situado sobre un observador coa recta normal á superficie da elipsoide terrestre, no punto xeográfico onde se sitúa o observador.
-
-
Punto culminante dunha cousa, institución, persoa, etc.
-
-
-
-
Cómputo estatístico dunha poboación ou de calquera ben moble ou inmoble, realizado sobre unha base territorial determinada e nun momento concreto con fins demográficos, fiscais, electorais ou como instrumento de planificación política (atribución de orzamentos, recursos e investimentos, execución de obras, etc).
-
censo de poboación
Reconto oficial e periódico da poboación dun territorio determinado. O seu principal obxectivo é coñecer o tamaño, a distribución e as características da poboación dese territorio nun momento concreto. Os resultados adoitan publicarse nun documento estatístico que constitúe a principal fonte de documentación para as análises demográficas, sociolóxicas e xeográficas, e para a elaboración de políticas de planificación. A Organización das Nacións Unidas, interesada na homoxeneización das informacións que os censos proporcionan, define o censo como o “conxunto de operacións que consisten en recoller, recompilar, avaliar, analizar e publicar ou divulgar os datos demográficos, económicos e sociais relativos a todos os habitantes dun país e das súas divisións administrativas nun momento ou período dado” (ONU, 1958).
Características técnicas dos censos de poboación
As características comúns que deben ter todos os censos son a enumeración individual, que abranga todos os... -
censo de vivendas
Conxunto de operacións tendentes a compilar e publicar os datos relativos a todos os recintos dun determinado territorio destinados á habitación humana, xa se conciban como tales ou non.
-
censo electoral
Documento público no que constan os electores con dereito a sufraxio. Contén a inscrición das persoas que reúnen os requisitos para ser elector e non estean privados, definitiva ou temporalmente, do seu dereito a sufraxio; comprende o censo dos electores residentes no país e o censo dos electores residentes-ausentes que viven no estranxeiro. O censo electoral é único para toda clase de eleccións e ten que se adaptar ás eleccións ao Parlamento Europeo e ás eleccións municipais, nas que poden votar cidadáns doutros estados. O cidadán ten a obriga de inscribirse e de comprobar os seus datos periodicamente, sen prexuízo da revisión anual que fan os poderes públicos. Os datos que figuran nel son o nome e apelidos e o número do Documento Nacional de Identidade. A súa orixe atópase na eclosión dos sistemas parlamentarios representativos xurdidos das revolucións democrático-burguesas do s XIX, daquela configurado como o importe do imposto necesario para ser considerado elector. O constitucionalismo...
-
-
-
Imposición ou prestación periódica, en cartos ou en especie, que afecta tanto á orde tributaria ou fiscal como á contractual.
-
Contrato agrario de carácter perpetuo ou temporal polo que se concedía o dominio máis ou menos pleno dunha propiedade ou da explotación dun ben inmoble a cambio dunha renda en diñeiro ou en especie. A súa orixe está nunha decisión do señor que cede as súas terras ao campesiño, en concepto de posesión. A cambio do dereito do campesiño a cultivalas en beneficio propio, o señor percibía rendas fixas, prestacións en traballo e a obriga de mellorar a propiedade. A lei española de 1990 recoñece dúas clases de censos: un perpetuo, denominado censo enfitéutico, e un temporal denominado censo vitalicio.
-
censo consignativo/perpetuo
Contrato no que o propietario dun inmoble impón sobre este un gravame de pensión perpetua ou por tempo indefinido, en compensación polo capital que recibiu en cartos.
-
censo enfitéutico
Pagamento periódico, xeralmente anual, dunha cantidade en metálico ou en especie (cabezas de gando ou froitas), ou mestura de cartos e produtos que o censatario lle fai ao censualista en recoñecemento do dereito señorial. Polo pago deste canon, o censatario adquire o dominio útil do inmoble xunto coa posibilidade de redimir o censo, pero o censualista conserva o dominio directo. O carácter da prestación é reverencial e de recoñecemento do señorío. Considéranse variedades do censo enfitéutico o censo con dominio, polo que o señor directo do predio establecido en enfiteuse percibe, segundo o contrato, todos os dereitos incluídos o de laudemio e o de tenteado; e o censo sen dominio, que lle dá dereito ao señor unicamente a unha pensión periódica.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
[CNRS] Institución pública creada en 1939, dependente do ministerio francés, responsable da investigación científica. Encárgase de desenvolver, coordinar e subvencionar programas científicos, amais de reunir información sobre a situación da ciencia en cada momento. Comprende tamén o INAG (Institut National de Astronomie et de Géophysique) e o IN2P3 (Institut National de Physique Nucléaire et de Physique des Particules). Como primeiro organismo francés de investigación, abrangue todos os ámbitos científicos e controla máis de 1.500 laboratorios e centros relacionados coa ciencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro fundado no ano 1997 e dirixido por Mar Nogueira. Ten como obxectivos a reconstrución histórica de todas as actividades e espectáculos que realiza o IGAEM, a conservación do material e a creación dunha base documental. Entre as súas actividades tamén está a formación dunha biblioteca especializada de teatro, música e danza, destinada a arquivar tanto material escrito como gráfico e mesmo elementos visuais, como maquetas ou carteis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade creada en 1984 por Manuel Sendón, Xosé Luís Suárez Canal e Vítor Vaqueiro. A súa actividade principal é a organización, cada dous anos, da Fotobienal de Vigo (mostra fotográfica realizada en Vigo). Arredor das exposicións organízanse conferencias, proxeccións e obradoiros, que contan coa participación dos fotógrafos invitados. O acondicionamento da sala principal para acoller as exhibicións, que se realiza na Casa das Artes e da Historia, encárgaselles anualmente a diferentes arquitectos e deseñadores galegos de vangarda. Ademais o CEF dispuxo dunha sala estable dedicada á fotografía, Sala dos Peiraos, que funcionou entre os anos 1985 e 1991, e na que se presentaban periodicamente mostras de fotógrafos de todo o mundo, como Brandt, ao tempo que se daban a coñecer novos creadores galegos. Tamén organizou outras mostras de carácter puntual en diversas cidades. O CEF edita, ademais dos catálogos correspondentes a cada unha das Fotobienais, outros libros, entre os que destaca a colección...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instituto creado en Trieste (Italia) en 1964 polo físico paquistaní Abdus Salam. Financiado polo goberno italiano, a UNESCO e a AIEA, organiza un gran número de cursos e seminarios de traballo de disciplinas físicas e matemáticas. Encárgase tamén da edición da revista científica ICTP Lecture Note Series. Outorga, anualmente, a medalla Dirac (dende 1985) e o premio ICTP (dende 1982) ambos os dous galardóns están dirixidos a científicos que realizan contribucións importantes para o desenvolvemento da física teórica e das matemáticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual subtitulada “Revista neosófica-Orense-España”. Só publicou sete números, desde xuño de 1917 ata xullo de 1918, nos que incluía artigos literarios, ensaios, traballos de historia, arte e bibliografía. Dirixida por V. Risco, tivo a Arturo Noguerol e Florentino Cuevillas como administradores, co que se prefiguraba así o papel dirixente do futuro grupo Nós nas letras galegas, que incluía ademais as primeiras entregas literarias de Otero Pedrayo. Trátase dunha publicación literaria de corte modernista e un primeiro intento, desde unha posición inconformista e inadaptada, de renovar o panorama intelectual da Galicia da época. Nas súas páxinas deuse cabida a un amplo grupo de escritores situados entre o simbolismo e o modernismo como Xavier Bóveda, Eduardo del Palacio, Ramón Villarino de Sáa, P. Rodríguez Sanjurjo, F. Álvarez de Nóvoa ou R. Cansinos Assens; no capítulo da plástica os debuxos das portadas son da autoría de Risco, Ramón París e Jesús Soria. A presenza do futuro grupo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Machada de pedra pulida prehistórica que se cría que proviña da caída dun raio. Este termo cuñárono os científicos do Renacemento e estivo en vigor ata o s XVIII.
-
-
-
Garantir que algo é verdadeiro.
-
Declarar unha persoa autorizada nun documento oficial que o que consta nel é certo.
-
Declarar un documento oficial que o que está escrito nel é certo.
-
-
Enviar por correo un paquete ou unha carta pagando unha tarifa superior á normal, de forma que se obtén un certificado co que se pode acreditar o envío coa seguridade de que o destinatario o vai recibir.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carbonato de chumbo isomorfo da aragonita, de fórmula PbCO3. Cristaliza no sistema rómbico e é de cor branca, incoloro ou escuro. Ten dureza 3-3,5 e peso específico 6,5. Emprégase para a obtención de chumbo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de antimonio, de fórmula SbO4. Cristaliza no sistema rómbico e é de cor branca, amarela e, ás veces, vermella. Ten dureza 4-5 e peso específico 6,64.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O Adaptador de Gráficos de Cores foi o modelo de tarxeta de vídeo máis común a mediados da década dos oitenta para os modelos PC de IBM. O software escrito para CGA executábase, normalmente, en ordenadores con monitores dos tipos EGA, VGA e MCGA, e soportaba unha resolución máxima de 640 por 200 pixels.
-
VER O DETALLE DO TERMO
A Interface de Paso Común é a forma estándar de realizar comunicacións de programas de ordenador con servidores HTTP da World Wide Web, de forma que unha páxina web poida amosar material procesado por ordenador mentres se consulta e non só textos e gráficos enlatados; este é o caso, por exemplo, dun contador de visitas. Os programas CGI danlle saída normalmente a textos HTML precedidos por unha cabeceira MIME de “Tipo de contido”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
O Metaarquivo de Gráficos de Ordenador é o formato de arquivo estándar ANSI para datos gráficos, tanto vectoriais como de mapas de bits.