"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

      1. Recollida de donativos, especialmente con algún fin benéfico. Ex: A colecta para o equipo de fútbol vai ser mañá.

      2. Cantidade recollida mediante donativos. Ex: A colecta deste mes non chegou a cinco mil pesetas.

      3. Recollida de esmolas que se fai na misa ou noutra celebración relixiosa. Apareceu como parte da liturxia da misa cara ao s XII cando se entregaban produtos de primeira necesidade (pan, viño, cera, aceite), que se substituíron posteriormente por achegas de cartos.

    1. Primeira oración da misa no rito romano que pecha a procesión de entrada. Esta denominación, documentada no s III, indica a pregaria colectiva de todos os presentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Resección cirúrxica, total ou parcial, do colon. Practícase máis frecuentemente a resección parcial, coñecida co nome específico de hemicolectomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que recolle. Ex: No concello compraron dous novos camións colectores de lixo. Onte remataron de colocar os novos tubos colectores da rede de sumidoiros.

      2. Que ou quen recolle ou colecta certos impostos, taxas ou calquera tipo de dereitos.

      3. Que ou quen recolle fondos ou doazóns, especialmente con fins benéficos. Ex: Os grupos colectores recadaron moitos medicamentos. Os colectores de donativos realizaron unha reunión no centro cultural.

      4. Que ou quen recompila documentos ou calquera tipo de material para o seu estudio. Ex: Anda de colector polas parroquias para o seu traballo de dialectoloxía. A colectora de música tradicional sacou un novo disco.

      5. Eclesiástico que recadaba as esmolas das misas para distribuílas entre os celebrantes.

      6. Depósito, xeralmente móbil, de capacidade e formas diversas que se emprega para recoller cousas inservibles.

    1. Sumidoiro de grandes dimensións que forma parte da rede de saneamento. Ten a función de recoller as augas pluviais e fecais que chegan aos sumidoiros e conducilas cara á estación depuradora ou ao lugar de desaugue.

      1. Condución principal destinada á distribución dun fluído por conducións secundarias ou a recibilo destas para eliminalo.

      2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Borato hidratado de calcio, de fórmula Ca2B6O11·5H2O. Cristaliza no sistema monoclínico, formando cristais brancos ou amarelados. Ten dureza 4,5 e peso específico 2,4.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Colombia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Colombia.

    3. Arte producida no territorio de Colombia. Durante os séculos anteriores á época colonial desenvolvéronse neste territorio diferentes culturas. En Huila a civilización megalítica de San Agustín construíu templos formados por un corredor de pedra con cuberta, como o templo da Diosa Madre. No eido da escultura destacan os monolitos antropomorfos, representación das divindades. A cultura calima desenvolveu unha ourivería caracterizada polo emprego da curva e unha escultura de pequenas figuras enmascaradas, representación dos xefes e sacerdotes. Os chibchas crearon os tunjos ou placas cerimoniais, realizadas con finas láminas de ouro que se traballaban sobre placas fundidas, e os vasos cerámicos antropomorfos. Baixo o nome de cultura quimbaya agrúpanse diversos pobos que empregaron variadas técnicas de ourivería para crear figuras humanas e os poporo ou botellóns. A cultura tairona destacou na construción de casas con cimentos circulares e na elaboración...

    4. Arte cinematográfica desenvolvida en Colombia. Despois duns inicios documentalistas, o cine colombiano viviu un dos seus mellores períodos durante a década dos anos vinte, con títulos como La María (1921), de Alfredo del Diestro; Aura o las violetas (1922), dos irmáns Di Domenico e, sobre todo, Alma provinciana (1926), de Félix J. Rodríguez. Condicionada pola chegada do cine sonoro, a produción limitouse a documentais de actualidade durante a década dos anos trinta, período que remata co gusto polas comedias musicais. Os anos cincuenta deron paso a unha xeración nova pero pouco interesada pola realidade social do país. Os seus membros máis destacados eran Guillermo Angulo, Julio Luzardo, Jorge Pinto, Álvaro Gonzalez e Francisco Norden. En contraposición, Carlos Álvarez impulsou unha produción abertamente comprometida á que se sumaron Marta Rodríguez e Jorge Silva. A creación da empresa estatal FOCINE, nos últimos anos, reactivou a produción cinematográfica grazas a cineastas como Ciro Durán,...

    5. As primeiras manifestacións da literatura producida en Colombia remóntanse á tradición indíxena, abolida polo efecto da conquista. Posteriormente, durante a época colonial, xurdiron figuras que nutriron as letras colombianas como Hernando Domínguez Camargo (1606-1659), Frei Andrés de San Nicolás (1617-1666), Sor Francisca del Castillo y Guevara (1671-1742) e Francisco Álvarez de Velasco y Zorrilla (1674-1704). Ao remate das guerras da independencia, a produción literaria rexorde da man das tendencias románticas. Destacan, entre outros, José Eusebio Caro (1817-1853), Rafael Pombo (1833-1912) e Jorge Isaacs (1837-1895), autor da novela María (1867). Europa continuaba a ser o polo de atracción e a finais do século, a influencia de Poe, Baudelaire e Verlaine era notoria. Xa se anunciaba o modernismo, primeira corrente literaria na que a produción hispanoamericana se manifestaba orixinal. José Asunción Silva (1865-1896) foi o gran poeta do momento. Posteriormente, Guillermo Valencia...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Conversa, especialmente dunha certa importancia, entre dúas ou máis persoas. Ex: Xa iniciaran o coloquio cando chegamos nós.

      2. Disertación pública sobre un tema entre persoas especializadas na materia que se trata sen que haxa necesariamente acordo entre elas.

    1. Intercambio de opinións ao remate dunha conferencia, unha sesión de cine ou doutro acto semellante, entre o conferenciante ou o presentador e o público que asistiu ao devandito acto. Ex: Gústame escoitar o coloquio que hai despois da proxección da película.

    2. Obra literaria dialogada, en prosa ou verso, na que personaxes reais ou imaxinarios expoñen distintas opinións de carácter social, filosófico ou moral dende unha perspectiva crítica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Niobotantalato de ferro e manganeso, de fórmula (Fe,Mn)(Nb,Ta)2O6. Mineral isomorfo da tantalita, de cristais tubulares da singonia rómbica e, a miúdo, maclado. Ten dureza 6 e peso específico 5,15-5,25. Emprégase para a obtención de niobio. Denomínase tamén niobita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista en galego que apareceu en Muimenta, Cospeito, o 17 de maio de 1984. Subtitulada “Voceiro da Asociación Cultural Aquilino Iglesia Alvariño”, dedicábase a informar sobre os asuntos da comarca. Comentaba as actividades do centro, acollía páxinas de humor gráfico e remataba as edicións con pasatempos. En maio de 1986 editou un monográfico sobre Aquilino Iglesias e unha pequena escolma con seis dos seus poemas. Neste número colaboraron X. Lois Vilar, Francisco Fernández del Riego ou Manolo Regal Ledo, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de combinar ou combinarse.

    2. Serie de elementos tomados conxuntamente nun número determinado e que poden dispoñerse de diversas maneiras.

    3. Conxunto único de números, letras ou signos que permite acceder a certos aparatos ou abrir mecanismos de seguridade.

    4. Peza de vestir interior feminina que cobre desde os ombros ou a cintura ata o bordo da saia.

    5. Coordinación entre distintos medios de transporte.

      1. Configuración na que só se ten en conta a distinción entre os elementos agrupados e non a orde na que se toman. Chámase combinación de orde n, formada a partir dun conxunto de m elementos (0?n?m), a calquera dos subconxuntos formados ao considerar n elementos diferentes entre os m que integran o conxunto dado, sen ter en conta a orde; deste xeito considérase que dúas combinacións son diferentes cando algún dos seus elementos é diferente. O número de combinacións de orde n, formadas a partir dun conxunto con m elementos, represéntase mediante a expresión
        GRAFICO
        onde V n m indica o número de variacións, e P n o de permutacións. Pódese representar a miúdo C n m por

      2. combinación con repetición

        Tipo de combinación na que cada elemento pode repetirse calquera número de veces nunha mesma combinación. O número de combinacións con repetición de orde n, formadas a partir dun conxunto con m elementos, represéntase pola expresión
        GRAFICO

    6. Reacción química pola que dous ou máis elementos ou moléculas se xuntan para formar un composto único, como, por exemplo, o xofre e o ferro para dar sulfuro de ferro. Cando a combinación non presupón ningún cambio de valencia e é a unión de dous compostos binarios, denomínase tamén adición, como, por exemplo, a reacción HCl+NH 3 →NH 4 Cl.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xénero dramático fundamental da preceptiva clásica caracterizado polo desenlace feliz e pola súa intención, xeralmente crítica, moralizadora ou satírica. Defínese, en termos xerais, polo desequilibrio dunha situación de estabilidade, que progresa cara a un novo equilibrio, concibido de forma optimista, a través de enredos, equívocos, trucos e enganos que introduce o autor para divertir o público. Esixe unha actitude de distanciamento con respecto á acción para facer efectiva a crítica humorística das debilidades humanas que a caracteriza. Xurdiu en Atenas no s V a C, a partir dos desfiles e cantos rituais celebrados anualmente en honor do deus Dionisos. Aristóteles concibiu na súa Poética a primeira definición do xénero, por oposición á traxedia, como “unha imitación dramática de homes inferiores”. Seguindo a súa teoría, tradicionalmente se lle atribúen tres trazos: personaxes vulgares, sen grandes virtudes, que se expresan nun estilo humilde ou baixo; desenlace feliz e recursos destinados...

    2. alta comedia

      Comedia, xeralmente de tema amoroso, protagonizada por xentes de clases acomodadas que recorre ás sutilezas da linguaxe, alusións, agudezas ou xogos de palabras.

    3. baixa comedia

      Comedia que utiliza recursos da farsa e do cómico.

    4. comedia antiga

      Comedia que se representaba en Atenas no s V a C, xurdida de ritos festivos e caracterizada pola sátira da vida política e social e pola presenza de coros burlescos.

    5. comedia ballet

      Comedia concibida por Molière e Lully na que o ballet alterna co texto dialogado, formando parte da acción ou como intermedio autónomo entre as escenas e os actos.

    6. comedia burguesa

      Modalidade de comedia orixinaria do s XVIII na que os temas e personaxes pertencen á clase burguesa.

    7. comedia burlesca

      Tipo de comedia aparecido no s XVII, de carácter literario ou histórico, que se representaba durante o Entroido e na que se parodiaban temas e personaxes coñecidos polo público.

    8. comedia de capa e espada

      Modalidade da comedia barroca española. O seu nome deriva da indumentaria dos personaxes, que se reduce á capa e á espada propias dun cabaleiro. O móbil da acción adoita ser un duelo, os celos ou os distintos aspectos dun galanteo. Calderón foi o seu principal cultivador.

    9. comedia de caracteres

      Comedia que se caracteriza polo predominio da análise psicolóxica dos personaxes sobre a intriga. Os protagonistas adoitan ser estereotipos que representan unha determinada peculiaridade do ser humano ou certas actitudes sociais.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo de comisario.

    2. Organismo institucional dedicado a temas humanitarios, científicos ou políticos, de dimensión nacional ou internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional fundado en Canberra en 1948 por Australia, os Países Baixos, Nova Zelanda, Francia, Gran Bretaña e os EE UU, coa finalidade de coordinar programas de desenvolvemento económico e de cooperación ecolóxica, médica e educativa entre os estados ribeiregos do Pacífico sur. Os Países Baixos deixaron de formar parte desta organización en 1962. En 2000 contaba con 27 estados membros. Os seus principais órganos son a Conferencia do Pacífico Sur, que se reúne anualmente, o Comité de Representantes dos Gobernos e das Administracións, e o Secretariado, con sede en Nouméa (na colonia francesa de Nova Caledonia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo rexional da ONU fundado en 1948 e con sede en Chile. O seu obxectivo fundamental é o desenvolvemento económico de América Latina, con medidas como a industrialización, a potenciación do comercio intrarrexional ou o patrocinio de estudios sobre os problemas tecnolóxicos dos países da área. Elabora publicacións propias, entre as que destacan Cuadernos de la CEPALC, CEPALC Review e Demográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano executivo da Unión Europea que personifica e defende os seus intereses xerais. A súa orixe está nos primitivos tratados da CEE, a CEEA e a CECA, ata que en 1965 o Tratado de Bruxelas unificou a Comisión para as tres comunidades. Componse de vinte membros, os comisarios, designados polos gobernos dos estados membros e investidos polo Parlamento europeo e por un mandato renovable de cinco anos. A distribución dos comisarios por cada Estado determínase de maneira que cada Estado membro estea representado por un nacional, polo menos, e nunca por máis de dous. As súas funcións principais son as de garda dos tratados comunitarios, velando polo cumprimento da legalidade comunitaria; a instrumentación das políticas comunitarias, a través da execución dos orzamentos comunitarios e a administración dos fondos estruturais; a representación da Unión no exterior, ante terceiros estados; a organización de conferencias internacionais; e o impulso da actividade comunitaria en xeral, a través da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano con carácter consultivo creado polo Tratado da Unión Europea e asinado en Maastricht o 7 de febreiro de 1992. Está composto por representantes das colectividades rexionais e locais dos quince estados membros da UE. Os seus compoñentes son nomeados polos membros do Consello Europeo, por catro anos e por unanimidade. O Comité das Rexións pode ser consultado polo Consello ou pola Comisión Europea en materias de educación, xuventude, cultura, saúde pública, redes transeuropeas e cohesión económica e social. Tamén pode emitir un ditame por propia iniciativa cando se considera que están en xogo intereses rexionais específicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de varias empresas mercantís creadas en Europa occidental durante os ss XVII e XVIII para a explotación do comercio coas Indias Orientais. Tiñan apoio gobernamental e autorización para adquirir territorios e exercer neles funcións de goberno, como lexislar, emitir moeda, declarar guerras, negociar tratados ou administrar xustiza. As principais foron: a Compañía Inglesa das Indias Orientais, con monopolio comercial en Asia, África e América, que estableceu as súas primeiras factorías na India (Madras, Bombai e Calcuta); e a Compañía Holandesa das Indias Orientais, fundada con privilexio dos Estados Xerais holandeses en 1602, que tiña o monopolio do comercio co Océano Índico e que colaborou na Guerra da Independencia contra Castela. A invasión francesa de 1795 cortou a comunicación da Compañía cos seus establecementos coloniais e provocou a súa fin (1798). A Compañía Francesa, constituída en 1664 por Jean Baptiste Colbert, mantivo o monopolio do comercio nos océanos Pacífico e Índico....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía creada en 1776 co fin de atender as necesidades de formación dos oficiais da Armada, de acordo coas novas esixencias da navegación e da guerra. Constituíuse como un centro científico no contexto do movemento ilustrado. Seguindo o modelo da que existía en Cádiz, tiña unha estrutura militar e outra docente, constituída pola Academia, supeditada á primeira. O mando correspondía a un capitán de navío. O primeiro en exercer o cargo foi Francisco Javier de Winthuysen. Os gardas mariñas de Ferrol chegaron a dispoñer dun regulamento específico: Instrución para Guardias Marinas de la Compañía del Ferrol (1806). A creación desta compañía axudou a impulsar a actividade do departamento naval de Ferrol e favoreceu que acudisen pilotos, astrónomos, matemáticos e outros especialistas á cidade. Ademais, a Academia posuía un observatorio único en Galicia. Nas clases de capacitación para oficiais estudiábase aritmética, xeometría, trigonometría, cosmografía, navegación, artillería e manobras....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou convento de la Enseñanza Edificio situado no núcleo histórico de Santiago de Compostela. Fundouno o bispo Rajoy y Losada en 1765 como colexio de Señoritas Nobres, baixo a advocación da Nosa Señora da Gracia e san Xudas Tadeo, e co patrocinio do indiano Mateo Vázquez. Reedificouse entre 1821 e 1841 baixo o goberno do arcebispo Múzquiz. Pertence á Compañía de María e funciona como colexio de ensino. O proxecto inicial foi obra de Clemente Fernández Sarela, pero continuou as obras Xoán López Freire. A fachada, obra de Xosé Otero, é neoclásica. Consta de dous corpos laterais rematados en forma de torreón e dun corpo central con fachada dórica que remata cunhas esculturas de Xosé Pernas (1831). A igrexa ten planta de cruz grega e o seu espazo central cóbrese cunha cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Instrumento de orientación baseado nas propiedades dos imáns e empregado esencialmente para determinar direccións horizontais, a partir da dirección aproximada norte-sur. Consiste nunha agulla imantada, aloxada nunha caixa redonda e sostida sobre un pivote ou por medio dun fío sen torsión, co fin de que poida xirar libremente nun plano horizontal. Por efecto do campo magnético terrestre, a agulla oriéntase na dirección do meridiano magnético do lugar. No fondo da caixa hai unha rosa dos ventos que pode ser fixa ou solidaria á agulla; unha panca accionada dende o exterior permite inmobilizar esta posición determinada, co que se consegue que, ao mover o compás, a agulla, que neste caso é solidaria coa caixa, tome sucesivas posicións diferentes e, polo tanto, que a indución magnética sufrida sexa menor. No uso do compás cómpre ter en conta que o norte xeográfico non coincide co norte magnético e que, para obter a dirección daquel, é preciso engadir á dirección do norte magnético o valor da...

      2. Tipo de galvanómetro que ten como órgano móbil un compás colocado no centro dunha bobina, disposta no plano do meridiano magnético, e no que se emprega como par antagonista o creado polo campo magnético terrestre sobre a agulla. O máis utilizado é o compás de tanxentes, no que a tanxente do ángulo de desviación é proporcional á corrente que se está a medir. Tamén se emprega o compás de senos, no que o seno do ángulo de desviación é o que determina a corrente que se quere medir.

      3. compás de inclinación

        Compás que ten o eixe da agulla horizontal, de xeito que esta se move nun plano vertical; isto permite obter a inclinación magnética do lugar.

      4. compás de lente

        Compás topográfico provisto dunha lente fixada á caixa mediante un brazo. Difire dun acimutal no feito de que o círculo graduado xira coa lente, mentres que os índices, representados polos extremos da agulla magnética, son fixos. O fondo da caixa adoita estar constituído por un espello, co fin de diminuír o erro na lectura. Ten a mesma aplicación có compás topográfico.

      5. compás de peto

        Compás portátil, sinxelo e de fácil manexo. Pode ter unha alidada de pínnulas abatibles incorporada, que dá unha maior precisión no cálculo dunha demora ou dun acimut.

      6. compás topográfico

        Goniómetro especial que, xeralmente, está formado por un compás ordinario que ten os extremos dun mesmo diámetro e sobre a parede da caixa, por unha parte, unha pínnula e, pola outra, un prisma triangular que permite á vez a visión do círculo graduado e a definición de visuais xunto coa pínnula, de xeito que forma con ela unha alidada. Nestas condicións, ao visar un punto, a lectura feita no círculo graduado a través do prisma será o acimut magnético daquel punto respecto á estación. Úsase no alzamento de planos de bosques e en traballos de minería.

      1. Instrumento para trazar arcos de circunferencia e tamén para medir distancias. Consiste, esencialmente, en dous brazos unidos por unha das extremidades, xeralmente mediante un pasador que permite a súa articulación. O compás de debuxo ten un brazo acabado nunha punta que permite fixalo e o outro provisto dunha peza para trazar liñas con lapis ou con tinta. Outros compases para debuxar son o bailarín e a bigoteira.

      2. compás de arandela

        Instrumento análogo a un compás de vara, empregado polos albardeiros para cortar círculos de diversas medidas.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Operación de cambiar unha cousa por diñeiro. Trátase dun contrato que transmite a propiedade dun obxecto a cambio dun prezo consistente en diñeiro, en todo ou na súa maior parte, ou dun sinal que o represente. Para que un contrato sexa de compravenda debe ser consensual, bilateral, oneroso, conmutativo e translativo de dominio. Os elementos fundamentais dunha compravenda son: o consentimento das partes, que deben ter capacidade legal para manifestalo e para obrigarse; a cousa obxecto do contrato, que debe ter existencia determinada e ser lícito o seu comercio; e o prezo, que debe ser certo e determinado. As partes do contrato teñen dereitos e obrigas respecto a este: o vendedor está obrigado á conservación da cousa ata o momento da transacción, entregala xunto cos títulos de propiedade correspondentes, garantir a posesión pacífica e útil e aboar os gastos de outorgamento; o comprador debe pagar o prezo sinalado, acoller a cousa vendida e satisfacer os gastos necesarios e os útiles da transacción....

      2. compravenda a proba

        Contrato de compravenda no que se lle concede ao comprador o dereito a ensaiar ou probar a mercadoría, de modo que a consumación do contrato se condiciona a que sexa aceptada por este.

      3. compravenda baixo reserva de aprobación

        Contrato de compravenda no que o comprador só presta o seu consentimento cando recibe e examina a mercadoría. No caso de que non se axuste aos seus intereses, ten a facultade de resolver o contrato.

      4. compravenda en estado de gracia

        Contrato de compravenda no que existe unha reserva por parte do vendedor de recomprar a cousa cando se transmite e que constitúe un contrato típico específico. Diferénciase da compravenda co acordo de devolver en que, xunto coa trasmisión da propiedade, se entrega o dereito de recomprar.

      5. compravenda sobre mostras

        Contrato de compravenda no que a mercadoría comprada toma como referencia obxectiva unha mostra do xénero. Se xorde un desacordo, por considerar o comprador que a mercadoría entregada non se axusta á mostra, as dúas partes nomean uns peritos que decidirán se é ou non de recibo. En caso de que non o sexa, o comprador pode instar á resolución do contrato.

    1. Comercio que se realiza comprando ou vendendo cousas usadas.

    VER O DETALLE DO TERMO