"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
-
Explicación ou interpretación dun texto.
-
Disciplina teolóxica que estudia a Biblia dun xeito crítico e científico, servíndose doutras disciplinas auxiliares (filoloxía, historia, arqueoloxía, crítica literaria). O interese pola investigación científica da Biblia xurdiu no contexto da Reforma protestante, no s XVI. No ámbito católico, a esexese estivo mediatizada pola súa submisión á dogmática e á apoloxética ata a celebración do Concilio Vaticano II, que favoreceu a introdución dun maior rigor científico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brión hidrófilo, do xénero Sphagnum, que normalmente non supera os 30 cm de longo -aínda que algunhas especies chegan ata os 100 cm-. O caulidio presenta dous tipos de pólas -unhas perpendiculares e outras pendurantes-, dispostas en fascículos laterais, que na parte apical forman unha mouta de pólas curtas, denominada capítulo; neste sitúase o esporanxio -en forma de cápsula esférica de cor escura, sostido por un pequeno pé- que libera as esporas por abertura violenta da cápsula ata distancias de 200 mm. O esfagno presenta unha capa superficial de células mortas e transparentes en que pode entrar e saír a auga grazas á presenza de poros, polo que poden acadar 20 veces o seu peso seco. Dependendo da intensidade de luz que reciben, pigméntanse as células, ben de cor verde ou verde amarelenta, ben de tons arrubiados. Estes brións van medrando polo ápice, mentres a parte inferior vai morrendo para dar lugar á formación da turba. Forman céspedes ou almofadiñas en turbeiras,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gráfico do pulso arterial obtido co esfigmógrafo.
-
-
-
erniz vítreo aplicado por fusión a un metal, á porcelana, á louza ou a outro tipo de material. Ten unha gran resistencia aos elementos corrosivos e emprégase na protección de metais e con finalidade decorativa. A súa fusibilidade e o seu coeficiente de dilatación teñen que ser compatibles cos do material de soporte.
-
Pintura de base alquídica que contén xeralmente resinas de urea ou de melanina, que lle confiren unha maior brancura e dureza.
-
Obxecto adornado de esmalte. O po de esmalte pode ser opaco ou translúcido e aplícase á cerámica e ao metal. O esmalte de tipo cloisonné ou alveolado consiste en colocar perpendicularmente sobre a superficie do metal pequenas láminas que forman un tabicado que segue as liñas do debuxo; as láminas fíxanse por medio dun fundente, e os espacios que se forman entre os tabiques rechéanse de po de esmalte e, trala fusión, púlense con esmeril. Entre outras variantes destacan a filigrana e o fenestrado. O esmalte de tipo champlevé ou escavado é aquel que obtén a superficie que se quere esmaltar mediante o baleirado do metal a través de medios químicos ou cun buril e que, trala fusión, se pule con esmeril. O esmalte pintado foi tratado con pintura aplicada ou pincel unha vez fundido e frío, e tense que volver quentar a unha temperatura inferior para que se fixe a pintura e para que non se funda o esmalte. O esmalte translúcido, ou esmalte sobre...
-
Metal e cor, e tamén forro ou pel, que se emprega para pintar ou representar graficamente a coloración dos escudos. Cando o fondo do escudo ten cor uniforme chámase simple e cando está dividido en particións de cores distintas, composto. Para evitar o problema de lectura dos esmaltes nos brasóns representados tipograficamente, en gravados ou libros, documentos, en pedra ou sobre calquera superficie que non os admita, codificouse un sistema convencional de representación dos diversos esmaltes a través de pequenos puntos e liñas (en diferentes posicións), creado polo xesuíta italiano Silvestre Petra Sancta na obra Tesserae Gentilitiae (1638); este sistema de representación gráfica foise estendendo, sobre todo desde finais do s XVII, e emprégase na heráldica europea. Os metais son o ouro ou topacio (cor dourada ou amarela nas armerías; representado por puntos negros) e a prata ou arxenta (cor prateada ou branca; representado por unha superficie en branco). As cores...
-
-
Substancia branca, dura e compacta, que cobre a dentina na coroa dos dentes. A súa cor depende moito da da dentina. É de estrutura prismática, formada por substancias inorgánicas no 96%, fundamentalmente cristais de hidroxiapatito.
-
-
-
Arma ofensiva formada por unha folla longa, cortante e punzante, dun ou dous fíos, recta ou curvada, e cunha empuñadura, con ou sen gardamán, onde se agarra a man, ou ambas as dúas mans, para o seu manexo. As primeiras mostras destas armas corresponden á Idade do Bronce; distinguíanse as espadas curtas con espeto, as de lingua de carpa e as de lingüeta calada. Na etapa prerromana existían dous grandes grupos ou modelos: no mundo castrexo destacaba a espada de antenas, caracterizada polo remate da empuñadura con forma de arco e a presenza de escotes na base da empuñadura; mentres os guerreiros lusitanos e celtiberos empregaron fundamentalmente a falcata, unha arma curta con folla ancha e curva, dotada dunha empuñadura aberta. Os lexionarios romanos empregaron fundamentalmente dous tipos: unha moi curta e ancha, coñecida como ensis; e outra, o gladius, de dobre fío, que adoptaron despois da Segunda Guerra Púnica e que se inspirou na falcata hispánica. As invasións dos pobos...
-
-
Pao, dos catro que compoñen a baralla, onde hai representadas espadas.
-
Carta deste pao.
-
-
Toureiro encargado de matar o touro co estoque.
-
Especialidade da esgrima que se practica cun estoque, composto dunha lámina de aceiro triangular de 90 cm de longo e unha empuñadura con gardamán duns 20 cm, cun peso total de 770 g. O regulamento da Federación Internacional de Esgrima (FIE) de 1914 especificou as características técnicas desta arma, que foi nos Xogos Olímpicos de Berlín 1936 a primeira que incorporou un dispositivo de control eléctrico para a verificación dos touchés. En 1984 a FIE acordou a introdución da espada nas competicións femininas, de xeito que a partir de 1989 se incluíron nos campionatos mundiais e dende 1996 no programa olímpico.
-
Figura que se representa coa punta cara ao xefe.
-
peixe espada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra do crego valisoletano Enrique Flórez titulada La España Sagrada, o teatro geográfico-histórico de la Iglesia de España. Comezouse a publicar en 1747, cada un dos volumes é independente, e neles analízase a historia das sés metropolitanas e de cada diocese. Flórez escribiu os 27 primeiros volumes. Dende 1772 continuaron a obra os seus compañeiros agostiños Manuel Risco (ata o tomo 42), Antolín Merino e José de la Canal (43-46). En 1836 a Real Academia de la Historia asumiu a responsabilidade da súa redacción, a partir do tomo 47.
-
-
Elemento que se representa, en principio, como un baleiro ilimitado, continuo, tridimensional e continente de todos os obxectos sensibles, dentro do que estes poden cambiar de posición. Está relacionado coa extensión dos corpos reais, aínda que, sen conter ningún corpo real, continúa a súa existencia. O concepto naceu da reflexión sobre a relación que existe entre a representación do espazo e a extensión dos corpos reais. Na filosofía grega, as reflexións sobre o espazo polarizáronse nas posicións representadas por Parménides, que negaba a existencia da nada e do baleiro, e por Demócrito, que afirmaba a súa existencia co fin de xustificar o movemento. Platón definiuno como o habitáculo das cousas creadas e Aristóteles como o lugar onde as cousas son particularizacións. Posteriormente, Teofrastro adoptou unha idea relacional do espazo, Estratón unha idea de espazo absoluto e os estoicos mesturaron ambas as comprensións. Na Idade Media entendeuse como un receptáculo en que se distinguía entre...
-
-
Extensión, fóra da atmosfera terrestre, en que se sitúan os astros. OBS: Nesta acepción tamén recibe o nome de espazo sideral e espazo cósmico.
-
espazo aéreo
Sector da atmosfera comprendido entre a superficie terrestre é o límite practicable pola navegación aérea sobre o que se prolonga a soberanía territorial dun Estado.
-
espazo planetario
Espazo que contén os planos das órbitas que percorren os planetas arredor do Sol.
-
-
-
Porción delimitada da extensión que conteñen todos os corpos existentes.
-
Extensión que ocupa un corpo.
-
Medio en que se desenvolven os procesos xeográficos (relacións entre os fenómenos físicos e o home); en sentido amplo, a totalidade da superficie terrestre. Desde un punto de vista descritivo, divídese en zonas, áreas e rexións, segundo os criterios que se adopten para definir esa división. Constitúe un elemento indispensable nas análises dos fenómenos humanos (sociais, económicos, históricos, etc).
-
espazo vital
Espazo necesario para o desenvolvemento dun individuo ou dunha comunidade.
-
...
-
-
-
-
Determinar ou precisar algo con exactitude.
-
Explicar algo polo miúdo e con detalle. O texto especifica as características que teñen que ter todos os participantes. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto.
-
-
-
Calidade de específico.
-
Capacidade dun parasito para adaptarse a unha única especie animal.
-
Propiedade dunha molécula para establecer unha interacción de maneira propia con outra, como a dun substrato polo seu enzima.
-
-
-
Relativo ou pertencente á especie.
-
Aplícase ao que é exclusivo ou propio de algo ou de alguén que presenta características comúns.
-
Aplícase ao medicamento indicado especialmente para unha doenza en particular.
-
especialidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal liberal de información xeral editado en Medellín (Colombia) a partir do 22 de marzo de 1887. Fundado por Fidel Cano, en 1997 comprouno o grupo Valores Bavaria, propiedade do industrial Julio M. Santo Domingo. Dirixido por Carlos Lleras de la Fuente, tiña unha tiraxe media de 200.000 exemplares. O diario defendeu a liberdade e loitou contra o narcotráfico e a corrupción política, feito que lle valeu dous incendios en 1948 e 1952, a súa clausura en 1955 por parte do goberno ditatorial, o asasinato do seu director Guillermo Cano en 1986 e a explosión dunha bomba en 1989 que destruíu parte das súas instalacións. Entre os seus colaboradores, cómpre salientar o Premio Nobel de Literatura Gabriel García Márquez e o ex-presidente de Colombia Belisario Betancourt. O 29 de outubro de 1987 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación y Humanidades. En maio de 2002 pasou a editarse semanalmente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á espectrofotografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao espectrógrafo ou á espectrografía.
-
-
Espectrómetro que permite rexistrar sobre un soporte de imaxe, que pode ser unha placa fotográfica, uns receptores fotoeléctricos ou unhas cámaras de televisión, o espectro da radiación estudiada. A incorporación dunha cámara fotográfica a un espectrómetro convérteo nun espectrógrafo. Un espectrógrafo de placa fotográfica, asociado a un telescopio clásico, permite analizar o dominio espectral comprendido entre os 310 nm e os 1.100 nm. A placa fotográfica pode substituírse, neste dominio, por cámaras electronográficas, cámaras CCD, cámaras de televisión ou receptores fotoeléctricos.
-
Aparato que determina o nivel relativo das diferentes frecuencias que integran un son complexo. Permite analizar os harmónicos e expresar a súa porcentaxe e o seu nivel. Está composto dunha serie de filtros que descompoñen a corrente microfónica, de xeito que só permiten o paso dunha serie de frecuencias. Estas, trala correspondente análise electrónica e dixitalización coa axuda de medios informáticos, convértense en variacións de luminosidade sobre unha pantalla, e dan conta dos compoñentes da onda sonora inicial.
-
Espectrómetro de masa dotado dun sistema de rexistro fotográfico.
-
Espectrómetro magnético dotado dalgún tipo de sistema que rexistre as intensidades dos diferentes feixes de partículas cargadas electricamente, separados de acordo co valor do seu momento lineal. É, polo tanto, un espectrómetro magnético rexistrador.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao espectroheliógrafo ou á espectroheliografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colección de sementes feita con fins científicos.
-
-
-
Ser inmaterial, simple e substancial, que ten a capacidade de posuírse a si mesmo por medio da autoconsciencia e da libre autodeterminación, e de realizar e comprender valores suprasensibles. Nas distintas concepcións relixiosas, o concepto de espírito ligouse co de alma, xa que os dous son principios vivificadores. Afirmouse a existencia de espíritos na natureza, reflexo da actividade física e psíquica da persoa. Para algúns, este animismo sería o primeiro estadio histórico na formación dos sistemas relixiosos. As súas características serían a natureza incorpórea ou sutil, o carácter de transcendencia sobre a morte, e a facultade de dotar de vida a un ser e facelo un individuo. Na tradición filosófica occidental contrapúxose a idea de espírito á de natureza, no senso de que este é o principio ordenador e comprensible daquela. O espírito interpretouse como πεῦμα ou principio animador ou como νοῦζ, pensamento, razón e explicación. Na filosofía...
-
Espírito Santo
Unha das tres persoas do Deus cristián ( Trindade).
-
-
-
Ser inmaterial co que se poñen en contacto certas persoas mediante a práctica do espiritismo. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
espírito infernal/maligno/das tebras
demo.
-
espíritos vitais/animais
Na filosofía antiga, espíritos que levaban a vida do corazón e do cerebro ao resto do corpo. Na tradición galega podían actuar como medio para transmitir o mal de ollo.
-
-
Persoa, considerada en canto á súa cálidade intelectual e humana.
-
Ánimo ou valor para actuar.
-
Inclinación ou disposición cara a algo, como un comportamento ou unha actitude.
-
...
-
-
-
Brillo ou luz intensa.
-
Calidade do que é grande, luxoso ou magnífico.
-
Situación ou punto álxido que alcanza algo ou alguén.
-
-
-
Debuxo ou representación gráfica, feita para dar idea dunha cousa atendendo aos seus caracteres esenciais.
-
-
Resumo de algo no que se recollen as súas liñas básicas ou as características máis salientables dunha idea, proxecto ou explicación.
-
Conxunto dos puntos que se van tratar ou de actos que se teñen que realizar, recollidos por orde e sen detalle.
-
-
-
Forma baixo a que se representa un concepto intelectual.
-
Expresión ou enunciado, en lóxica, do que se subtraeron certo grupo de palabras que se substituíron por espacios en branco ou letras esquemáticas.
-
esquema conceptual
Conxunto de conceptos e proposicións que achegan o marco para describir e explicar elementos dunha determinada materia e os criterios para recoñecer os fenómenos anómalos e necesitados de explicación.
-
esquema transcendental
Rrepresentación intermediaria, na filosofía de I. Kant, entre o fenómeno e as categorías.
-
-
Representación simplificada do contido dun arquivo informático, por exemplo gráfico ou textual.
-
...
-
-
-
Cada un dos períodos nos que se divide o ano. Astronomicamente, as estacións están determinadas polos equinoccios (nos meses de marzo e setembro) e polos solsticios (en xuño e decembro), que se deben ao movemento de rotación da Terra nun plano inclinado con respecto á súa órbita ao redor do Sol. Na zona temperada, estes fenómenos astronómicos correspóndense co tránsito entre as catro estacións climáticas nas que se divide o ano, debido aos cambios que o grao de incidencia dos raios solares provocan na temperatura da superficie e da atmosfera terrestre, e como consecuencia destes na distribución da humidade nas masas de aire, de xeito que se producen grandes contrastes termopluviométricos; así, o equinoccio de marzo marca o paso entre o inverno e a primavera no hemisferio setentrional, e entre o verán e o outono no meridional; o solsticio de xuño é a entrada do verán boreal e do inverno austral; o outono chega ao hemisferio norte co equinoccio de setembro, cando a primavera chega ao hemisferio...
-
Equipamento onde un vehículo recolle e deixa mercadorías e viaxeiros. Normalmente, sitúanse á beira das grandes vías de comunicación, na entrada dos núcleos de poboación, e comunícanse con eles por medio de vías deseñadas para acoller a afluencia de tránsito que xeran.
-
-
Centro ou conxunto de instalacións dedicadas a determinadas actividades ou a realizar estudios de investigación, normalmente de carácter científico.
-
estación alpina/invernal/de esquí/de montaña
Localidade de montaña en que se construíu ou habilitou un conxunto de instalacións dedicadas á práctica de actividades deportivas invernais (especialmente pistas de esquí) así como os equipamentos e infraestruturas necesarios para o acceso aos servicios e o aloxamento dos usuarios. A única estación de montaña da Comunidade Autónoma de Galicia é Cabeza de Manzaneda (na parroquia de Cova, A Pobra de Trives).
-
estación de servicio
Lugar onde se subministra combustible aos automóbiles.
-
estación de transferencia de lixo
Instalación na que se descargan os residuos para posteriormente poder trasladalos a outro lugar para a súa recuperación, tratamento ou eliminación.
-
estación espacial
Nave espacial de concepción modular, situada en órbita permanente, destinada á experimentación en condicións de baixa gravidade e durante períodos prolongados. Desenvolvéronse a partir das experiencias das estacións orbitais Sal’ut e Skylab permanentes e do laboratorio Spacelab.
-
estación meteorolóxica
Instalación dotada de instrumentos destinados á obtención de rexistros cuantitativos dos fenómenos meteorolóxicos. Como mínimo, unha estación meteorolóxica debe contar con instrumentos para medir as temperaturas (termómetros) e recoller as precipitacións (pluviómetros).
-
estación orbital
Nave espacial colocada en órbita para ser utilizada como hábitat de sucesivas tripulacións espaciais que chegan mediante naves de transporte e que permanecen nela durante un tempo prolongado, co fin de realizar experimentos a baixa gravidade.
-
...
-
-