"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
-
-
Habilidade verbal individual en que se materializa a capacidade lingüística común a todos os seres humanos. Desde a perspectiva ontoxenética, para que esta capacidade lingüística se converta en fala é necesario que se dean unhas condicións determinadas, tanto biolóxicas coma sociais (contorno). En efecto, algún problema orgánico -como a xordeira- ou a falta dun contexto lingüístico adecuado, como ocorre, por exemplo, no caso dos nenos salvaxes, poden dificultar ou impedir totalmente o desenvolvemento verbal. Dentro do estruturalismo, fala oponse a lingua (Ferdinand de Saussure), ou ben a sistema e norma (Eugenio Coseriu). En ambos os dous casos o concepto de fala fai referencia ao nivel máis baixo de codificación, ao ámbito do individual e da variación, mentres que a lingua representa o unitario e homoxéneo, en dous graos de abstracción -norma e sistema-, no caso de E. Coseriu. Na terminoloxía chomskyana os conceptos de lingua e fala equivalen respectivamente aos de competencia e actuación....
-
fala bilingüe
Actualización de dúas linguas distintas nunha mesma conversa por parte de falantes con competencia bilingüe. É unha das consecuencias das múltiples situacións de contacto lingüístico e pode ser de diversos tipos. O falante pode cambiar de lingua en función do interlocutor, o propósito da comunicación ou o tema da conversa, aplicando o que se denomina alternancia de códigos (code-switching), ou ben poden alternar as dúas linguas indistintamente, dando lugar a unha especie de mestura de códigos (code-mixing). Desde un punto de vista gramatical, o primeiro caso trátase dunha alternancia interoracional (cambio de código en oracións diferentes), mentres que o segundo, dunha alternancia intraoracional (dentro da mesma oración). Especialmente a alternancia de códigos leva asociada significados sociais e simbólicos de gran relevancia. Estes dous tipos de fala bilingüe manteñen unha estreita relación con outro fenómeno derivado do contacto lingüístico, a interferencia, de xeito que en moitas ocasións...
-
fala telegráfica
Produción lingüística dos nenos formada por oracións correctas desde o punto de vista da orde de elementos, pero moi sinxelas sintacticamente e carentes de palabras de relación básicas. Este tipo de fala correspóndese cun estadio determinado da adquisición lingüística, que comeza cando o neno ten entre dous anos e dous anos e medio, coincidindo co inicio da etapa sintáctica (posterior ás etapas prelingüística e holofrástica). O carácter telegráfico procede da ausencia de palabras de función gramatical, como o artigo, e a omisión de morfemas flexivos, como as terminacións verbais (
-
-
ariedade lingüística asociada a unha área xeográfica ou a un grupo social.
-
Lingua natural propia dunha comunidade humana.
-
-
Acción de falar.
-
Maneira peculiar de falar unha persoa.
-
-
Modalidade lingüística propia dos falantes dunha lingua nas súas relacións cotiás. Caracterízase, fundamentalmente, pola utilización de xiros, modismos e outros recursos para conseguir énfase, brevidade e afectividade. É frecuente acurtar as palabras e utilizar unha sintaxe pouco coidada e un léxico pouco culto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina filosófica que afirma que as pretensións de coñecemento científico son sempre vulnerables e en ocasións ata falsas. Nega o carácter verdadeiro das teorías científicas e afirma que estas tan só teñen certa probabilidade de ser verdadeiras. Céntrase na ciencia natural e en concreto na física teórica. Entre os seus seguidores destacan C. S. Pierce e K. Popper.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo creado polo filósofo K. R. Popper a partir do verbo inglés to falsify (‘refutar’) e que establece un novo criterio de demarcación entre o que é ciencia e o que non é ciencia. Segundo él, un enunciado ou unha teoría é científica se pode ser falseable pola experiencia ou por medio da contradición interna. Desta maneira, o problema formulado por I. Kant sobre como distinguir o que é ciencia do que non, queda resolto. Así, por exemplo, a teoría do Big-Bang é científica porque pode ser falseada pola experiencia mentres que a astroloxía non, porque non pode ser falseada. En definitiva, desprázase a verificabilidade en beneficio da falsabilidade dos sistemas científicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método filosófico que propón a falsabilidade para probar a non adecuación dunha proposición á realidade.
-
-
Facer pasar por verdadeiro algo que é falso.
-
Cambiar o verdadeiro carácter dunha cousa coa finalidade de enganar a alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato que rexistra, en forma de banda ampla, a forza necesaria para accionar as pas dunha amasadora que xira a unha velocidade constante a través dunha masa compacta de fariña e auga, dunha consistencia inicial fixa. O rexistro gráfico que se obtén é o farinograma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gráfico obtido cun farinógrafo que dá idea da evolución das características reolóxicas da masa en función do tempo. Mediante este gráfico dedúcense as aptitudes e as aplicacións industriais de distintos tipos de fariña e completa os datos obtidos co alveógrafo.
-
-
Dominar ou someter coa mirada.
-
Exercer en alguén unha atracción irresistible.
-
Someter mediante supostos poderes maléficos
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista xurídica aparecida na Coruña en 1880. Reapareceu nunha segunda época o 30 de outubro de 1892 co subtítulo de “Revista jurídico-administrativa. Órgano de todas las colectividades judiciales y administrativas de Galicia”. Dirixiuna Manuel Rodríguez Bermúdez e imprimiuse cada dez días nos obradoiros tipográficos de Vicente Abad. Incluíu traballos xurídicos, unha sección de consultas e información sobre oposicións a notarías e outros postos da Xustiza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Elevación anormal da temperatura do corpo a causa dun trastorno na súa regulación. O control da temperatura corporal é función dalgúns centros cerebrais que se localizan no hipotálamo; esta misión realízana grazas a un sistema de retroacción negativa que se compón de tres elementos esenciais: primeiro, os receptores que advirten da temperatura a nivel do sistema nervioso central; segundo, os mecanismos capaces de producir efectos vasomotores, de modificar a secreción da suor e o metabolismo; e terceiro, as estruturas integradoras que determinan se a temperatura é demasiado alta ou demasiado baixa, e que activan, en consecuencia, os mecanismos mencionados. A temperatura normal pode variar, segundo os individuos, entre os 35,8°C e os 37,2°C, medida na boca cun termómetro clínico. A determinación rectal ou nun ambiente moi caloroso ou durante un exercicio intenso elévase normalmente de 0,5°C a 1°C. A temperatura corporal acada, doutra banda, o valor máis elevado entre as 18 e as 20 horas do...
-
febre aftosa
Enfermidade vírica do gando, fundamentalmente do bovino e do ovino, que se pode transmitir ao home, ben por contacto directo, ben por inxestión do leite destes animais. No home produce trastornos gastrointestinais, febre intensa e aftas na boca.
-
febre álxida
Febre que comporta dores difusas, como cefalalxias ou mialxias, ou ben localizadas.
-
febre amarela/de Siam
Enfermidade vírica aguda e febril que se transmite pola picadura dos mosquitos da especie Aedes aegypi. É orixinaria de África occidental e endémica en moitos lugares de América tropical e África, aínda que, ás veces, se pode volver epidémica e difundirse noutras rexións. Caracterízase pola dexeneración adiposa do fígado e conxestión das mucosas do estómago e intestinos. Despois dunha incubación de 2 a 15 días, a enfermidade comeza a manifestarse mediante arrepíos, cefalalxia, frío, dor na rexión lumbar, aumento da febre e vómitos de cor vermella ou negra que se deben á presenza de sangue.
-
febre botonosa
Febre exantemática do litoral mediterráneo, causada por unha rickettsia que se transmite por medio dun carracho de can. Maniféstase como unha enfermidade aguda febril, con cefalea, mialxias, exantema maculopapular e unha lesión de inoculación que aparece como unha mancha negra. OBS: Tamén se coñece co nome de enfermidade de Olmer.
-
febre cuartá
Febre palúdica producida polo Plasmodium malariae, en que os accesos febrís sobreveñen ao cuarto día e se separan por dous días de apirexia.
-
febre das Montañas Rochosas/purpúrea americana
Enfermidade infecciosa da rexión das Montañas Rochosas que se caracteriza por unha hipertermia, erupción de manchas vermellas que poden confluír e síntomas mentais. Débese á rickettsia da especie R. rickettsi, que se transmite pola picadura de carrachos.
-
febre das trincheiras/quintá
Enfermidade infecciosa febril, que se transmite polos piollos, que foi endémica-epidémica nas frontes de combate de ambas as guerras mundiais. OBS: Tamén recibe o nome de enfermidade de Werner-His.
-
febre de Haverhill
Afección epidémica que se observou en 1926 en Haverhill (Massachusetts), caracterizada por febre, ás veces recorrente, poliartrite e eritema papuloso.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en 1957 para promover a cooperación entre institucións, entidades, organismos e persoas que por todo o mundo se dedican á investigación teatral. Publica a revista Theatre Research International, e celebra un congreso cada catro anos, xunto con seminarios e outras actividades. Ocúpase da supervisión de traballos como a World Encyclopedia of Contemporary Theatre e dun importante banco de datos sobre bibliotecas, museos, fondos bibliográficos, investigadores e liñas de investigación arredor do feito teatral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Copenhaguen? 1471 - Gottorp 1533) Rei de Dinamarca (1523-1533) e de Noruega (1525-1533), e duque de Slesvig- Holstein, Fillo do Rei Cristián I. Foi elixido rei de Noruega na Dieta de Vyborg (1523). Partidario do luteranismo, favoreceu o seu desenvolvemento nos seus territorios.
-
-
-
Aquilo que se aparece ou se manifesta e que é obxecto do coñecemento.
-
Suceso de calquera tipo.
-
Cousa captada pola sensibilidade que pode ser explicado pola ciencia; I. Kant contrapúxoo a noúmeno ou cousa en si que se referiría a aquel tipo de realidades que, existindo, están máis alá das nosas posibilidades de coñecemento científico, como poden ser Deus e a alma.
-
-
Persoa ou cousa que presenta calidades extraordinarias ou fóra do común.
-
Ser que presenta algún tipo de anormalidade.
-
Todo evento que posúe unha correlación entre os anteriores e os posteriores.
-
-
-
Relativo ou pertencente á fenomenoloxía.
-
Movemento filosófico que ten como base o método fenomenolóxico e que se caracteriza pola descrición dos fenómenos como como defensa dos prexuízos do sistema e sobre a interrelación dos problemas. Iniciouna F. Brentano e foi desenvolvido, entre outros, por E. Husserl, M. Scheler e N. Hartmann.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plasto das feofíceas, que é rico nun pigmento de cor marrón chamado ficoxantina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
olframato de ferro, de fórmula FeWO4. Cristaliza no sistema monoclínico. É de cor acastañada ou negra, ten unha dureza entre 4 e 4,5 e un peso específico de 7,51. Foi descrita por Breithaupt a partir de exemplares procedentes de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro de Xosé Carlos Fernández Díaz editado en 2006 por Ir Indo edicións.El Ferrocarril en Galicia é unha obra única na bibliografía ferroviaria de Galicia, xa que proporciona unha ampla visión do mundo do ferrocarril no país galego. Nela pódese contemplar a construción das liñas existentes, explicacións sobre o retraso na chegada do ferrocarril á nosa Comunidade, ou mesmo a falta de desenvolvemento e competitividade relacionados coa comunicación. Toda a rede ferroviaria descríbese con datos estatísticos (estacións, pontes, túneles, accesos a portos, etc.). Ademais, realiza unha comparativa cos servizos existentes na Galicia de hoxe e os do resto do Estado, poñendo de manifesto o inferior número de relacións externas e internas con respecto a outras comunidades españolas. No capítulo de “Plans recentes” ofrécese ao lector un amplo repaso por multitude de plans frustrados e anulados, substituídos por outros igualmente esquecidos e inútiles. Tamén fala da falta de investimentos, incluso en...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado en Ferrol a partir do 4 de xullo de 1920. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de El Correo Gallego. Incluía, ademais de información deportiva, algunha sección literaria.
-
-
-
Conxunto de actuacións ou manifestacións dedicadas a un artista ou a unha arte.
-
festival de cine
Manifestación cinematográfica que presenta periodicamente unha selección das consideradas mellores películas inéditas de diversos países a un público especializado. Os festivais cinematográficos máis prestixiosos son a Mostra Internazionale d’Arte Cinematografica di Venezia (fundada en 1932), o Festival Internacional de Cine de Cannes (fundado en 1946), o Internationale Filmfestspiele Berlin (fundado en 1951), e o Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián (fundado en 1954). Noutra escala inferior destacan o Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Sitges, o Festival de Cine de Ourense ou as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia que se celebran anualmente no Carballiño.
-
festival de música
Conxunto de actos ou espectáculos musicais. O primeiro país en celebralo foi Inglaterra, co Three Choirs Festival, fundado en 1715. Os festivais Händel de Londres (1784-1787 e 1791) foron os primeiros dedicados a un compositor. No s XIX estendéronse por Europa, dentro dos que destaca o de Bayreuth, dedicado a R. Wagner. O incremento do turismo, sobre todo dende 1945, fixo que moitas cidades os organizasen, como Múnic, Florencia ou Edimburgo.
-
festival de teatro
Evento teatral anual que ten como finalidade a promoción e difusión do teatro. As orixes atópanse en Grecia, cando a cidade celebraba as festas relixiosas na honra de Dióniso, se representaban comedias e traxedias, e se realizaban concursos de coros, nos que participaban as tribos da cidade. Entre os festivais máis coñecidos en Europa figuran os de Aviñón e Edimburgo, e na Península Ibérica destacan os de Tárrega, especializado no teatro de rúa; Almagro, para teatro clásico; Sitges, cunha orientación experimental e vangardista; o Festival Iberoamericano de Cádiz, o Festival de Otoño de Madrid ou o Grec de Barcelona, que presentan traballos destacados en diferentes continentes. En Galicia houbo festivais pioneiros como a Mostra de Ribadavia ou as Jornadas de Teatro de Vigo, que tiveron continuidade no Festival de Ribadavia, na Mostra de Teatro Galego-Portugués de Cariño, na Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas ou na Mostra de Teatro Infantil Xeración Nós de Ferrol Terra. A estas iniciativas...
-
-
Festa con diversas actuacións, especialmente musicais.
-
Actuación destacable de alguén, especialmente dun artista ou deportista.
-
-
-
Culto dos fetiches. O termo aplicouse á relixión dos pobos de África Occidental e posteriormente, trala publicación da obra Culto dos deuses fetiches (1760) do erudito francés Charles de Brosses, difundiuse por Europa e identificouse coa relixión daqueles pobos que consideraban a todos os seres naturais dotados de forzas anímicas, forzas que tentaban propiciar por medio do culto. Segundo as interpretacións da etnoloxía, este tipo de relixións inclúense no concepto de animismo.
-
Admiración esaxerada e excesiva de algo ou alguén.
-
Manifestación ou comportamento sexual, xeralmente como resultado dunha fixación de impresións infantís, que consiste en contemplar e manipular unha parte do corpo ou un obxecto determinado para espertar o apetito sexual ou chegar incluso ao orgasmo.
-
Expresión utilizada por Marx para expresar a terxiversación do home respecto das cousas, as mercadorías e as relacións de produción, imperante no sistema capitalista. Consiste en atribuírlles ás mercadorías propiedades fantásticas que non lle pertencen de seu, senón que son atribuíbles ao traballo humano. Así, por exemplo, atribuírlle un prezo determinado polo seu valor obxectivo, cando, en realidade, o prezo é consecuencia da relación social concreta de traballo que se materializa a través desa mercadoría.
-