"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista quincenal de carácter económico editada en Ourense a partir do 10 de xuño de 1922. Probablemente cesou a súa edición en agosto dese mesmo ano. Subtitulouse “Para el Fomento Industrial, Mercantil y Agrícola de la Provincia de Orense” e imprimiuse nos obradoiros tipográficos de A. Otero.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Inglaterra, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Inglaterra.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo inglés.
-
Individuo do pobo inglés.
-
Pobo formado e desenvolvido nunha gran parte da illa de Gran Bretaña, que comprende, en sentido estricto, a todos os naturais do antigo Reino de Inglaterra, aínda que no caso de Cornualla (Cornwall) considérase impropia esta denominación. Fóra das Illas Británicas, debido ao carácter predominante de Inglaterra na formación de Reino Unido, adóitase denominar, de forma abusiva, ingleses a todos os naturais de Reino Unido. O nome provén do pobo xermano dos anglos. A denominación xeneralizouse a través da súa aplicación ao nome do país ocupado polas outras estirpes xermánicas. A lingua e a cultura celtas dos anteriores poboadores foron case aniquiladas polo carácter violento da conquista anglosaxona, e a súa influencia posterior reduciuse a vestixios. A colonización escandinava (ss X-XI), pola contra, foi básica na constitución do pobo inglés e, especialmente, a conquista normanda (1066) e a lenta evolución que a seguiu. No século seguinte xa se pode falar do pobo inglés coa identidade actual....
-
-
Lingua literaria ou estándar oficial en Reino Unido e nos seus dominios, e en EE UU. O inglés é a lingua indoeuropea que ten máis falantes (preto de 300 millóns), e a segunda do mundo despois do chinés. Historicamente, é unha lingua xermánica sudoccidental, formada en Gran Bretaña despois da súa invasión polas tribos xermánicas dos anglos (segunda metade do s V). Tradicionalmente divídese a súa historia en tres períodos: o inglés antigo, desde o 450 (ou, quizá, desde o 700, data dos primeiros documentos conservados) ata o 1150?; o inglés medio, ata o 1500; e o inglés moderno, daquela en diante. Dous feitos políticos, as sucesivas invasións danesas e a conquista normanda, provocou (1066-1400?), que o francés fose a lingua da nobreza inglesa e contribuíu a conformar a riqueza e a heteroxeneidade do vocabulario do inglés. Ademais, o número de sufixos de derivacións é moi pequeno, feito que provoca que certas familias de palabras non presenten unidade morfolóxica...
-
Arte desenvolvida en Inglaterra a partir da invasión normanda. A cultura celta no N das Illas Británicas e Irlanda influíu na arte anglosaxona, precedente inmediata da arte inglesa. Coa conquista de Guillerme I o Conquistador (1066), introduciuse o estilo normando, con igrexas de naves altas, monumentais e sobrias en decoración (catedrais de Durham e de Peterborough). A Baixa Idade Media e todo o s XVI distinguíronse pola adopción do gótico, que se converteu nun estilo nacional moi individualizado. Foi introducido polos monxes cistercienses no claustro da abadía de Fountains. Do estilo gótico puro só queda unha parte do coro da catedral de Canterbury (1175) e a maior parte da abadía de Westminster, de ábsida semicircular con deambulatorio e capelas radiais. A esta etapa pura sucedeuna o primeiro estilo tipicamente inglés, o early english, ao que pertencen as catedrais de Salisbury, Lincoln e York, que se distinguen polas ábsidas rectangulares, o alongamento das naves e,...
-
cine británico.
-
...
-
-
-
-
Calidade do que é inherente a un ser ou a un conxunto de seres e que non é o resultado dunha acción exterior a eles.
-
filosofía da inmanencia
Sistema de pensamento idealista que identificou a realidade coa consciencia, considerada esta como a unión do eu cos seus obxectos.
-
principio de inmanencia
Principio ontolóxico ligado á filosofía de M. Blondel segundo o que toda expresión humana está presa no mesmo tecido intelixible.
-
-
Principio polo que, segundo a terminoloxía de F. de Saussure, o obxecto da lingua é ela mesma, considerada dende o punto de vista estrutural e na relación que hai entre os dous elementos, orixinados da abstracción da substancia lingüística. Considerouse o punto de partida da glosemática.
-
-
-
Sistema filosófico baseado na noción de inmanencia.
-
Tendencia típica do modernismo de considerar a Deus como inmanente ao home, negando o seu carácter sobrenatural
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema filosófico que nega a existencia do materialismo.
-
-
Calidade de inmune.
-
-
Exención de obrigas, penas ou cargas a prol dunha persoa ou dun lugar.
-
inmunidade diplomática
Condición xurídica especial da que gozan os representantes diplomáticos e que inclúe a inviolabilidade da súa persoa, os locais, os arquivos, a correspondencia e tamén a inmunidade de xurisdición.
-
inmunidade eclesiástica
Privilexio outorgado á Igrexa polo que os templos quedan exentos da xurisdición civil e poden conceder o asilo relixioso; os bens da Igrexa gozan de exención fiscal, as persoas eclesiásticas non poden ser sometidas a xuízo sen a autorización do bispo e ademais fican exentas da prestación de determinadas obrigas ou servicios.
-
inmunidade parlamentaria
Prerrogativa que gozan os membros dunha cámara lexislativa segundo a cal non poden ser detidos (agás en caso de flagrante comisión de delito) nin inculpados ou procesados nunha causa sen unha autorización previa (suplicatorio) da cámara da que forman parte.
-
-
-
Proceso polo que un organismo se fai resistente a unha enfermidade, especialmente infecciosa, gracias á formación de anticorpos específicos. Nun sentido máis amplo, o termo é empregado para definir a capacidade de reacción dun organismo diante dunha substancia antixénica. A inmunidade pode ser natural (conxénita) ou adquirida.
-
inmunidade celular
Conxunto de procesos inmunitarios que se realizan en ausencia de anticorpos e que son posibles grazas aos linfocitos T3 (timodependentes).
-
inmunidade humoral
Conxunto de procesos inmunitarios relacionados coa presenza de anticorpos producidos fundamentalmente polos linfocitos B (bursadependentes).
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combinación formada por un antíxeno e o seu anticorpo específico. O depósito de inmunocomplexos nun tecido determinado pode desencadear a activación do complemento e a conseguinte resposta inflamatoria que, secundariamente, é capaz de producir unha lesión tisular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de detección de substancias antixénicas, como as hormonas ou vitaminas, por medios serolóxicos, a través de anticorpos específicos marcados cun elemento fluorescente, un colorante ou unha substancia radioactiva.
-
-
Tratamento preventivo de determinadas enfermidades mediante a aplicación de soros específicos que conteñen anticorpos.
-
Tratamento realizado co propósito de alterar o sistema inmunitario.
-
-
-
Calidade de innato.
-
Sistema filosófico que afirma que hai unha serie de ideas, principios e nocións universais que son innatas.
-
-
-
Escrito formulístico co que se solicita oficialmente algo á administración.
-
Impugnación da resposta dada a un argumento.
-
Fotografía obtida cunha cámara fotográfica elemental.
-
Procedemento fotográfico baseado na utilización dunha película que se revela automaticamente cando sae, unha vez exposta, da cámara fotográfica.
-
-
-
Fotografía obtida cun tempo de exposición moi curto, para tentar conseguir unha imaxe nítida aínda que haxa movemento.
-
Fotografía obtida cunha cámara fotográfica elemental.
-
Procedemento fotográfico baseado na utilización dunha película que se revela automaticamente cando sae, unha vez exposta, da cámara fotográfica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo cultural científico, non oficial, que ten por finalidade a promoción da cultura occitana. Con sede en Toulouse, foi fundado en 1945 e esforzouse por impoñer a unificación lingüística das falas occitanas consumada por Loïs Alibert.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo constituído en 1970 que integrou servicios preexistentes, como o Servicio Nacional de Información Documental y Bibliográfica, o Depósito Legal e a Comisión Nacional de Planificación y Coordinación Bibliográfica. Ocupábase da realización da bibliografía en curso de todas as publicacións en lingua española. Pasou a depender da Biblioteca Nacional (1985) e realiza o control e cuantificación da produción bibliográfica do Estado mediante a elaboración da Bibliografía Española, coa clasificación e a catalogación de todas as obras impresas en España, e da asignación do número internacional das publicacións períodicas International Standard Serials Number (ISSN).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución cubana na que, por iniciativa de Xosé Neira Vilas, se creou a Sección Gallega o 15 de decembro de 1969. Dirixida por X. Neira Vilas durante 22 anos, desenvolveu un intenso labor de investigación e recompilación das achegas da emigración galega na illa e converteuse nun dos máis importantes fondos bibliográficos galegos de América.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución patrocinada pola Xunta de Galicia, as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, e o ICI, que ten por obxecto a intensificación dos intercambios culturais, científicos e empresariais entre Galicia e os países iberamericanos. Publica a Revista Galega de Cooperación Científica Iberoamericana. Foi declarado de interese galego en 1991.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade cultural creada o 6 de abril de 1964 na Coruña co obxectivo de potenciar os estudios sobre a cidade herculina. Xurdiu baixo iniciativa do concello e do seu alcalde Eduardo Sanjurjo de Carricarte, que foi o primeiro presidente do padroado. Promove estudios de carácter científico, artístico, literario, económico, social ou industrial que afecten á cidade. Publica monografías e unha revista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro estatal español, con carácter científico e técnico, creado en 1942 e dedicado a tarefas de estudio, desenvolvemento, inspección e normalización en temas aerospaciais.
-
-
Arte de distribuír o material sonoro entre os diferentes instrumentos que a teñen que interpretar, de acordo coa capacidade de cada un para reproducir a idea musical do autor. L. H. Berlioz foi o autor do primeiro tratado moderno de instrumentación (1842-1843).
-
Rama da enxeñería que estudia a construción e utilización de instrumentos, ou sistemas de instrumentos, especialmente instrumentos de medida, para detectar, observar, medir, analizar, comprobar, calibrar, controlar e regular fenómenos físicos e para rexistrar, procesar e comunicar os datos correspondentes a estes fenómenos. A importancia da instrumentación dentro da ciencia e da tecnoloxía debe relacionarse coa importancia da medida no método científico. No s XIX moitos dos fenómenos e das magnitudes dos que se ocupaba a instrumentación eran descoñecidos ou mal entendidos. O tempo era medido de maneira rudimentaria con clepsidras e reloxos de area ata que as observacións de Galileo sobre o péndulo propuxeron o uso de sistemas resoantes nos que se contan ciclos. A óptica e a electrónica foron as ciencias que máis contribuíron á instrumentación. A óptica achegou o microscopio, o telescopio e o espectrómetro, que abriron novos camiños na astronomía e na bioloxía. A contribución da electrónica...
-
Conxunto de instrumentos dunha aeronave que indican, en cada momento, o estado e a evolución do aparato. Divídense en tres grupos: os instrumentos de voo, que inclúen os indicadores de altitude, de velocidade respecto ao aire, do número de Mach, de velocidade vertical, de velocidade angular, altímetro e ciclómetro; os instrumentos de navegación, que definen a posición da aeronave respecto á terra e inclúen o compás xiroscópico e magnético e os xiroláser e indicadores dos sistemas de radionavegación; e os instrumentos do grupo dos propulsores, que indican os valores dos parámetros básicos de funcionamento dos motores dunha maneira independente para cada un deles.
-
-
-
Facer que algo sexa máis intenso.
-
Facerse algo máis intenso.
-