"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

    1. Parte da anatomía que describe os músculos.

    2. Rexistro gráfico das contraccións musculares que se realiza co uso do miógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á miografía ou ao miógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro gráfico das contraccións musculares que se obteñen co miógrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é admirable ou asombroso. OBS: Úsase sobre todo na linguaxe literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mestura de diferentes cousas.

      1. Libro que contén escritos de temática diversa dun só autor ou de diversos autores.

      2. Obra composta por traballos en prosa ou en verso, publicada en homenaxe a un escritor, un político ou un científico, entre outros, polos seus amigos.

      3. Conxunto de diversos opúsculos que nas bibliotecas adoitan estar encadernados xuntos atendendo ao seu formato.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Obra que se encarga a unha persoa ou a un conxunto de persoas para que a cumpran.

      2. Función ou obra que realiza unha persoa ou cousa.

    1. Conxunto das persoas que son enviadas a algún lugar para realizar unha tarefa cunha finalidade concreta.

      1. Envío de sacerdotes e misioneiros, xeralmente a novas terras, para propagar unha doutrina relixiosa. É un fenómeno propio de todas as relixións universalistas, apréciase no budismo, no islamismo, no mazdeísmo, e nalgunhas escolas do hinduísmo nos tempos modernos, e dáse sobre todo do cristianismo. Evanxelizada entre os anos 43 e 49, Roma converteuse pola súa condición de capital do Imperio nun centro importante de organización xerárquica das misións. Durante o s IV, co establecemento constantiniano da fe cristiá como relixión imperial, fíxose posible a manifestación do afán universalista desta fe. A primeira comunidade cristiá exterior ao Imperio foi a dos sirios orientais da Mesopotamia sasánida. India recibiu o Evanxeo antes do s VII, no ámbito da mesma Igrexa Sirio-oriental. Ao N de Mesopotamia formáronse tamén, no s III ou IV, as igrexas de Armenia e Xeorxia, e ao tempo foron evanxelizados Etiopia e os godos, que, xunto con aquelas igrexas, se separaron de Roma e tiveron unha...

      2. Acción creadora e histórico-salvífica da segunda e da terceira persoa da Trindade chamada así na doutrina trinitaria, no sentido de que o Pai envía ao Fillo e ao Espírito Santo coa palabra de Deus e como principio de vida nova para os homes.

      3. Edificio ou residencia que serve de sede ou centro das actividades propias dos misioneiros e sacerdotes.

      4. santa misión

        Serie continuada de prédicas, leccións doutrinais e exercicios piadosos que fan durante algúns días nunha parroquia ou localidade un ou varios sacerdotes chamados misioneiros. A pesar de que o nome e a práctica son moi antigos, as misións non se institucionalizaron ata a primeira metade do s XIX. Un dos seus principais predicadores foi santo Antón María Claret, que fundou a Congregación de Misioneiros Fillos do Inmaculado Corazón de María, ou misionistas.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución de carácter socioeducativo e cultural, orientada a reducir a desigualdade entre o campo e as zonas urbanas. Durante a Segunda República, converteuse na experiencia máis xenuína de educación popular. Non se trataba de organizar un ensino sistemático, senón de complementar o labor da escola, cara a integración do mundo rural no novo marco social. O Padroado de Misións Pedagóxicas foi creado por un Decreto de 29 de maio de 1931. Os iniciadores das Misións inspiráronse na doutrina predicada por Manuel Bartolomé Cossío. Cossío reflexionara con frecuencia en levar ás aldeas e lugares apartados a cultura, reivindicando o ocio e a contemplación estética como valores educativos, convencido de que o gozo no estudo e na beleza da arte era moi importante para calquera persoa. O 6 de agosto de 1931 publicouse o Decreto en que se nomeaban os membros da comisión central: Manuel B. Cossío (presidente), Domingo Barnés (vicepresidente), Luis Álvarez Santullano (secretario) e catorce vogais. O...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Cousa escura, oculta ou díficil de coñecer.

      2. Circunstancia de facer unha cousa dun xeito secreto, co coñecemento de moi poucos, especialmente facendo ostentación desta reserva.

      3. Rito secreto, nas relixións antigas, orientais e gregas, reservado aos iniciados. Os principais misterios, que consistían xeralmente na reprodución de episodios da vida do deus, eran os misterios de Eleusis; os dos Cabiros, celebrados en Samotracia; os de Mitra, orixinarios de Persia; e sobre todo os órficos. Algúns deles, como os de Cibeles e os dionisíacos, tiñan carácter orxiástico.

      1. Designio de Deus de realizar a salvación dos homes por medio de Xesús Cristo, designio oculto durante todos os séculos pero agora revelado aos crentes. Concepto que se expuxo nos escritos paulinos, a tradición patrística, en xeral, presentou o misterio como a mesma realidade divina, persoal, que é comunicada por graza ao home crente e transforma radicalmente o seu ser creado. En relación coa razón humana, o misterio pode ser coñecido, aínda que non comprendido de todo. Neste senso a razón non se ten que entender como a capacidade de eliminar o misterio, senón como a capacidade de asumir o misterio. As proposicións de fe consideradas como misterios estritos son a Trindade, a encarnación de Deus e a autocomunicación de Deus ao meniño.

      2. Cada un dos pasos da vida, paixón e morte de Xesús Cristo, que son obxecto de diversas festas do culto litúrxico e que constitúen as partes en que se divide o rosario.

      3. Representación, na imaxinaría, destes mesmos pasos.

      4. misterio pascual

        misterio pascual.

    1. Representación dramática de orixe medieval e de tema relixioso, onde se puñan en escena pasaxes da vida de Cristo, da Virxe ou dalgún santo. As primeiras mostras deste xénero poden ser datadas no comezo do s X, no norte de Occitania, e ata o s XII foron cantadas en latín. As representacións saíron progresivamente do interior das igrexas ás prazas e os cregos deixaron de ser os únicos actores. Esta evolución continuada fixo que, no s XIV, os misterios foran auténticos espectáculos teatrais.

    2. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Falsear, mediante a mestura ou confusión dos elementos, co fin de enganar.

    2. Abusar da credulidade de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Converter algo ou a alguén en mito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á mitografía ou aos mitógrafos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín mensual editado en Santiago de Compostela a partir de decembro de 1979. Subtitulouse “Revista rural galega”. Dirixida por Manuel Robla Riesco e editada polo Instituto Social da Galicia Rural (ISGAR), incluíu debuxos e gráficos de Saavedra Pita. Continuadora da tradición das publicacións agraristas existentes no franquismo, nos seus diferentes apartados prestou unha atención especial aos sectores agrario e gandeiro de Galicia. Nel incluíronse disposicións lexislativas, normativas sobre cooperativismo agrario e montes comunais, a evolución no mercado dos produtos agroalimentarios e novas relacionadas co sector. Ademais, inseriu algunhas viñetas de humor, poesía e unha caixa de correo para os lectores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Técnica e arte de construír reproducións a escala reducida de barcos, aeroplanos, vehículos e aparatos diversos. Pode dar lugar a unha actividade deportiva, como é o caso do aeromodelismo.

    2. Arte de facer modelos de barcos a escala reducida. É a forma de modelismo máis antiga das practicadas actualmente e comprende distintos aspectos, que responden a diferentes fins, de xeito que se poden considerar as seguintes clases de modelos: os modelos técnicos, proxectos que fan os arquitectos navais; os históricos, reproducións minuciosas a escala construídas con rigor científico segundo os métodos da arqueoloxía naval; os modelos didácticos, maquetas de veleiros a escala pouco reducida que teñen as escolas de náutica para explicar a manobra ou a arquitectura naval; e os modelos dos mariñeiros, pequenas naves feitas a bordo ou en terra, algunhas delas construídas dentro de botellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de moderno.

    2. Conxunto de ideas e actitudes opostas ás da Antigüidade, a Idade Media ou o período clásico. Se ben pode resultar doado constatar que hai un conxunto de “ideas modernas”, é moito máis difícil establecer os límites da súa aparición. Referencias historiográficas como a caída de Bizancio e a Revolución Francesa parecen demasiado convencionais. Pódense atopar moitos dos trazos que caracterizan o pensamento moderno en autores moi anteriores a esta data e considerouse o ano 1000 como o comezo da modernidade. Hai tamén un amplo abano de posibilidades para definir o final. Mentres que para uns a modernidade remata co romanticismo, outros fana chegar ata case os nosos días. En canto aos trazos definitorios do pensamento moderno, M. Weber circunscribiunos ao paso dunha cultura baseada na relixión e na metafísica, cuns valores arredor de Deus, a unha cultura “politeísta” respecto aos valores, en que ciencia, moralidade e arte son esferas autónomas. Pódese falar dun tempo novo na arte definido pola...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cambiar algo sen alterar a súa natureza esencial, mudando só algunha calidade.

    2. Limitar ou restrinxir o sentido ou a aplicación dunha palabra.

    3. Mudar algo algunha das súas calidades como a forma ou o aspecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Accidente ou morfema verbal -cos de persoa, tempo e voz- que dá lugar a modificacións do verbo por influencia ou réxime dalgunha palabra ou algunha frase á que estivo ou puido estar subordinado e que manifesta a actitude subxectiva do falante respecto a aquilo que di. O modo defínese sobre todo en relación cunha clase non marcada de proposicións que expresan simples situacións de feito, prescindindo da actitude do falante cara a aquilo que di. Estas oracións simplemente declarativas son, en sentido estrito, non modais ou non marcadas polo que fai o modo.

      1. Determinación entitativa sen consistencia nela mesma que depende sempre doutra entidade e cun grao de realidade menor ca o do accidente. Os modos poden ser, entre outros, substanciais, accidentais e de inherencia, segundo sexan determinación dunha substancia, dun accidente ou do xeito como un accidente ou unha calidade é inherente a un suxeito. O concepto foi case exclusivo da chamada última escolástica (sobre todo de Francisco Suárez) pero conservouse con moi diversas interpretacións na filosofía moderna (Descartes, Spinoza, Locke e Leibniz, entre outros). OBS: Tamén se denomina modo de ser e modo real.

      2. modo de ser

        Cada un dos atributos transcendentais do ser, como a bondade, a unidade, a verdade e, para algúns, a beleza.

      1. Carga imposta nun acto de liberdade que supón un límite no enriquecemento do que recibe, e que este ha de cumprir para evitar que o acto poida ser revogado ou se convirta en ineficaz.

      2. Encargo unido a unha doazón ou a un legado que obriga o adquirente.

      3. modo de adquisición

        Feito xurídico polo que unha persoa adquire o dominio ou outro dereito real sobre a cousa.

    2. Carga imposta nun acto de liberdade que supón un límite no enriquecemento do que recibe, e que este ha de cumprir para evitar que o acto poida ser revogado ou se convirta en ineficaz.

    3. Disposición das premisas segundo a súa cantidade (universal ou particular) e calidade (afirmativa ou negativa), nun siloxismo categórico. Considerando que as premisas poden ser universais afirmativas (A), universais negativas (E), particulares afirmativas (I) e particulares negativas (O), as posibilidades de combinacións entre premisa maior e menor no siloxismo son de 16 modos (AA, AE, AI, AO, EA, EE, etc); e, como estes 16 modos se dan en cada unha das catro figuras que o siloxismo pode ter segundo a posición do termo medio nas premisas, o número total de figuras que os modos acadan no siloxismo é de 64. Destes, só 19 son considerados loxicamente válidos (4 deles non son aceptados como válidos por todo o mundo).

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de metal cuñada pola necesidade dos intercambios, con aliaxe, título, peso e valor establecidos. A creación da moeda foi precedida, nos pobos gandeiros, por cabezas de gando empregadas como medio de intercambio. O nome dado polos romanos ao diñeiro, pecunia, indicaba a orixe gandeira do termo, xa que este procedía do latín pecus ‘res’. Moeda, pola contra, derivou dun apelativo da deusa Xuno, que tiña o seu templo no Capitolio á beira da casa da moeda da Roma republicana. A moeda, introducida polos gregos a finais do s VIII a C, difundiuse rapidamente por todo o mundo antigo. Os metais máis usados foron o ouro, a prata, o bronce e, máis raramente, o billón e o electrón (ouro e prata). O sistema monetario grego máis difundido foi o ático, co dracma como unidade, mentres que o talento e a mina se empregaron no cálculo de valores. En Roma, o metal máis usado foi o bronce, e a unidade de valor foi o as, con fraccións segundo o sistema duodecimal, como en Grecia, onde a...

    2. Parte da oferta monetaria dun país, composta de billetes máis moeda metálica, e que tamén se denomina efectivo en mans do público. No caso do Estado español, a moeda de curso legal é distribuída polo Banco de España, e está constituída por billetes emitidos polo Banco de España e polas moedas metálicas que son amoedadas polo Ministerio de Facenda.

    3. Unidade monetaria propia dun país.

      1. moeda convertible

        Moeda que pode ser intercambiada polo seu detentor, dentro duns límites de cantidade determinados, polo equivalente en moeda doutro país, ao tipo de cambio establecido entre ambas as dúas.

      2. moeda feble

        Moeda que ten un valor inestable ou con tendencia a perdelo constantemente en relación coas fortes. As moedas febles adoitan corresponder a países subdesenvolvidos con elevadas taxas de inflación e problemas de pagamento no exterior.

      3. moeda forte

        Moeda que ten un valor estable no mercado internacional de cambios ou unha consolidada tendencia a revalorizarse respecto ás outras moedas. Corresponden, normalmente, a países que gozan dunha estabilidade de prezos e unha menor taxa de inflación ca o resto e tamén de excedentes na súa balanza de pagamentos.

      1. moeda de conta

        Representación dun valor monetario moi superior ao da moeda corrente, que se usa para expresar cantidades moi elevadas. Poden considerarse como tal, o talento e a mina do antigo Oriente, a libra en Grecia e o soldo na Europa medieval e moderna.

      2. moeda miúda

        Moeda de máis ínfimo valor, que representa unha fracción da unidade monetaria. Desde a época medieval mantívose esta denominación para os diñeiros e os óbolos de billón, que aparecen documentados como “diñeiros miúdos” ou simplemente “miúdos”.

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Lugo a partir de 1995. Promovida pola área de Filoloxía Española do campus universitario de Lugo, estivo dirixida por Alexandre Veiga e Claudio Rodríguez Fer. Cada ano, e de xeito alternativo, publicou un monográfico con investigacións sobre o español e literatura española. Incluíu artigos, recensións, homenaxes e necrolóxicas. Contou entre os seus colaboradores con Manuel Seco, Alonso Montero, Teresa Moure, Hueso Montón, Darío Villanueva, Carmen Blanco e Pere Gimferrer. A revista tivo unha serie de anexos monográficos que, baixo o título Lucus Lingua, ofreceron traballos sobre lingüística de carácter científico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método gráfico que permite calcular, nun punto determinado, o esforzo normal, de tracción ou de compresión, e o esforzo cortante que actúan sobre un elemento de superficie de inclinación arbitraria, se se coñece o esforzo normal e o esforzo cortante que actúa sobre dous elementos de superficie ortogonal. Serve para determinar os esforzos principais e as direccións das superficies que os soportan, ás que corresponde un valor nulo de esforzo cortante. As superficies en que o valor do esforzo cortante é máximo forman un ángulo de 45° coas anteriores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carburo de silicio, de fórmula SiC. Cristaliza no sistema hexagonal e a cor varía entre o verde e o negro. Ten dureza 9,5 e peso específico 3,218.

    VER O DETALLE DO TERMO