"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

      1. Cesamento da vida. Tradicionalmente, considerouse un paso radical do ser, da vida, a un estado oposto, pasivo e inmóbil. Esta oposición vida/morte foise transformando en virtude dos progresos científicos, técnicos e culturais. A morte é diagnosticada cando hai parada da actividade cardiovascular; o factor determinante é a parada irreversible de determinadas funcións encefálicas, a morte cerebral, caracterizada por un trazado plano do electroencefalograma. A problemática filosófica da morte está presente de tres maneiras clásicas. A primeira é a das doutrinas da caída, na que a morte é a liberación da presión corporal da ánima, que volve adquirir gusto polo intelixible. A segunda maneira é a das doutrinas da información, a ánima informa ao corpo, sendo forma e acto do corpo, sen haber unha inmortalidade da ánima independente do corpo. Finalmente a corrente monista materialista, que considera a morte como un feito a constatar, que topa a súa completa explicación na constitución física do...

      2. Separación do corpo e da alma, para os cristiáns.

      3. morte da ánima

        Privación da benaventuranza, da vida eterna.

      4. morte de Deus

        Situación fundamental de triunfo absoluto do nihilismo inherente á tradición do pensamento occidental, segundo Nietzsche, e desde a que desenvolve a reflexión desta filosofía. Trátase en realidade do enunciado dun fenómeno cultural que induce á reflexión sobre a relixión e á teoloxía que prevaleceron ata entón en Europa: se o Deus-recurso se esvae, a sociedade moderna poderá recuperar o nihilismo aceptando a continxencia histórica cun Umwertung aller Werte, ou cambio de valor de todos os valores.

      1. Resultado de matar unha persoa a outra.

      2. Delito, no dereito penal, que consiste en matar a unha persoa sen que concorran circunstancias que dean lugar a outro delito especial.

      3. condena a morte

        Condena que consiste en ser privado da vida.

      4. morte civil /

        Privación dos dereitos civís e políticos que impón a lei a unha persoa e que variou ao longo da historia. Segundo o dereito romano, a morte civil das persoas prodúcese como consecuencia da pena por deportación ou polo feito de converterse en escravo. Algunhas circunstancias de carácter relixioso influíron sobre esta materia desde un dobre punto de vista: mediante unha restrición considerable da capacidade xurídica dos infieis, os herexes e os apóstatas, e que en determinadas condicións levan a negarlle a condición de persoa aos non bautizados, e mediante a consideración que a profesión relixiosa orixinaba da morte civil da persoa. Actualmente a personalidade só se extingue pola morte natural da persoa.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Recipiente de pedra, de madeira ou doutros materiais, en forma de vaso, onde con axuda dunha maza se trituran substancias para esmagalas ou reducilas a pasta.

      1. Boca de fogo que lanza proxectís con grandes ángulos de elevación. Da variedade de pezas que recibiron o nome de morteiro a partir do s XV, desde 1918 reservouse este nome para as armas de infantaría de tiro curvo, sen freo nin percusor e canón de ata 10 calibres. A traxectoria parabólica das granadas, estabilizadas con aletas, e a súa caída vertical permiten alcanzar obxectivos inalcanzables para unha arma de tiro recto. Os calibres máis habituais son os de 60, 80 e 120 mm, estes últimos cun alcance duns 6.000 m. Os alcances máximos posibles consíguense mediante suplementos engadidos á carga de proxección.

      2. Peza pequena de ferro, parecida a esa arma, que se enche de pólvora para lanzar fogos artificiais.

      1. Material aglomerado feito cunha mestura dun conglomerado (cal, cemento ou unha mestura de ambos os dous), area e auga, que endurece nun certo tempo. Emprégase para unir os ladrillos ou as pedras dunha construción, para revocar paredes e para facer pavimentos.

      2. morteiro celular

        Morteiro de cemento pórtland de baixo peso específico, pola presenza de aire na súa masa, obtido pola acción dun escumante e pola reacción dun aireante que provoca a súa expansión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Privar de vitalidade algunha parte do corpo.

    2. Molestar ou humillar física ou moralmente a unha persoa.

    3. Castigar o corpo con mortificacións.

    4. Atormentarse moral ou fisicamente unha persoa.

    5. Castigar o propio corpo con mortificacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insecto díptero da suborde dos braquíceros que pertence a moi diversas familias, xéneros e especies. A característica principal é que posúe un aparato bucal picador chupador e que presenta un só par de ás, porque o segundo está reducido a unhas estruturas denominadas halterios ou balancíns. Ademais, ten todo o corpo cuberto de pelos ou sedas. Algúns destes dípteros reciben denominacións populares propias doutras ordes de insectos como o piollo das abellas (Braula coeca) ou o carracho dos carneiros (Mellophagus ovinus). Na tradición oral recóllense ditos como: “As aguias non cazan moscas. En boca pechada non entran moscas. Unha mosca soa non fai verán”.

    2. mosca abellón

      Mosca de aspecto similar ao abellón, de ata 12 mm de lonxitude e con longa trompa. Os adultos aliméntanse do néctar das flores, pero as larvas son hiperparasitas das larvas de himenópteros.

    3. mosca azul/capivermella [Calliphora erytrocephala, Fam dos calliofóridos]

      Mosca duns 10-12 mm de longo e dunha cor azul metálica, que pon os ovos sobre a carne fresca. As larvas, chamadas areixas, producen un suco que descompón a carne, da que se nutren. Está presente en Galicia.

    4. mosca camaleón/das cortes [Stomoxys calcitrans, Fam dos múscidos]

      Mosca de aproximadamente uns 6 mm de lonxitude, moi semellante á mosca común, da que se diferenza por presentaren a trompa dirixida cara a adiante, mediante a que se nutre. Zuga o sangue tanto a animais como ao home, e a súa mordedura é moi dolorosa. Ten distribución mundial, polo que é común en Galicia.

    5. mosca común/doméstica [Musca domestica, Fam dos múscidos]

      Mosca dun 8 mm de longo, de cabeza negra, corpo gris con bandas negras por enriba e amarelado por debaixo e ás transparentes de tonos grises. Habita en zonas poboadas por humanos de case todos os países de climas temperados. Dunha gran proliferación, presenta de 7 a 10 xeracións anuais que se suceden de primavera a outono. A causa da súa desagradable presenza e do feito de ser a vectora de numerosas enfermidades infecciosas, é combatida con diversos insecticidas e con medidas de hixiene individuais e colectivas.

    6. mosca da carne [Sarcophaga carnaria, Fam dos sarcofáxidos]

      Mosca duns 15 mm de longo, de tórax co fondo gris e con bandas negras lonxitudinais e de abdome con cadrados negros sobre un fondo gris. É importante polo feito de ser vivípara, a femia deposita as larvas na carne en descomposición, en cadáveres e feridas. É perigosa, pois pode transmitir diversas enfermidades infecciosas. É común en Galicia, e aparece principalmente entre os meses de marzo a novembro. OBS: Tamén se denomina moscardo e moscón.

    7. mosca da froita/do mediterráneo [Ceratitis capitata, Fam dos tripétidos]

      Mosca duns 6 mm de longo, de cabeza amarela e co dorso gris, os costados amarelados, o ventre leonado, as patas amarelas e as ás irisadas e cunha banda afumada. As femias inxectan os ovos nos froitos de diversas árbores, mediante un longo oviscapto. Estendida por toda España, constitúe unha praga moi prexudicial.

    8. mosca da oliveira [Dacus oleae, Fam dos tripétidos]

      Mosca duns 5 mm de longo, de cabeza avermellada, tórax gris con tres liñas de cor parda e abdome dunha cor amarela alaranxada. É unha praga das oliveiras que provoca a caída antes de madurar. É común en todos os países mediterráneos, especialmente nas zonas costeiras, onde as condicións de humidade propician o seu desenvolvemento.

    9. mosca da pomba [Ornithomyia avicularia, Fam dos hipobóscidos]

      Mosca duns 8 mm de longo, coa cabeza e o tórax aplanados, ectoparasita das pombas e outros grupos de aves. É transportadora de axentes patóxenos.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariedade de uva, de bagos grandes e ovais, dunha cor que vai do amarelo pálido ao azul ennegrecido, cun perfume e un gusto doce, lixeiramente moscado. Cultívase especialmente en Italia, no S de Francia, en Grecia, en Tunisia, en Alsacia, en Tirol e en Hungría.

    2. iño obtido da uva moscatel, despois de solealo varios días, que posúe un característico aroma doce moscado. A vinificación é moi delicada, posto que o que dá cáracter específico a este viño é que non todo o azucre se transforma en alcohol, detendo a fermentación do mosto antes de que termine.

    3. Variedade de ameixeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Porción ou unidade dalgunha cousa, especialmente dunha mercadoría, que se mostra para facer coñecer a súa calidade.

      2. Signo convencional que se pon nunha tenda para indicar aquilo que se vende.

      3. Porción finita dunha poboación que é utilizada para extrapolar conclusións sobre diversas características da poboación total. En xeral, a elección dunha mostra estatística é levada a cabo con bases aleatorias. Ao medir unha característica nunha mostra obtéñense os valores da mostra ou distribución empírica da mostra, da que se extraen os parámetros estatísticos esenciais, como a media ou a varianza, entre outras, que son os que permiten extraer conclusións. A elección de mostras dá lugar á teoría da mostraxe estatística, que achega as condicións para garantir a representatividade das mostras e as ferramentas matemáticas que hai que utilizar para extraer conclusións.

      4. Anaco ou pequena cantidade dun material que se utiliza para analizalo ou determinar as súas propiedades.

    1. Exposición pública de obxectos ou produtos.

    2. Cousa que se emprega como exemplo ou modelo para un traballo, en especial o modelo caligráfico que os nenos copian para aprender a escribir.

    3. Acción e efecto de mostrar.

    4. Demostración ou proba de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de recoller mostras.

    2. Procedemento que consiste na elección ao azar dunha mostra dunha poboación, co fin de sacar conclusións sobre os individuos que compoñen esta.

    3. Operación de análise que consiste en escoller mostras representativas das calidades e a composición media da totalidade da mostra. Empréganse métodos específicos de mostraxe, que varían segundo as materias coas que se ensaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que conduce un vehículo automóbil e coida do motor.

    2. Persoa que conduce unha motocicleta.

    3. Garda civil de tráfico que conduce unha motocicleta.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. moucho de orellas común [Otus scops, Fam dos estríxidos]

        Ave estrixiforme que ten as partes superiores pardas, as inferiores brancas e riscadas e o iris amarelo. Presenta unhas plumas na cabeza amodo de orellas e é a única ave rapaz nocturna que carece de plumas nas dedas. Aliméntase principalmente de insectos, en especial de ortópteros, e de pequenos vertebrados. Evita os bosques densos, aínda que selecciona sobreirais, piñeirais, carballeiras abertas e é máis abundante en zonas agrícolas con árbores e sebes, en soutos e en parques de vilas e cidades. Distribúese polas rexións temperadas eurasiáticas e no N de África, principalmente nos países mediterráneos, chegando ata o O de China e ata Polonia, Alemaña e ao lago Baikal polo N. Non aparece en Europa central, nas Illas Británicas e nos países nórdicos. Mentres que as poboacións máis norteñas son migradoras, as máis meridionais sono parcialmente, ou son sedentarias. Na Península Ibérica e Baleares está amplamente distribuída, pero é escasa no N e L de Galicia, onde é unha especie estival que...

      2. moucho pirenaico [Aegolius funereus, Fam dos estríxidos]

        Ave estrixiforme, de 25 cm, que ten as partes superiores pardas con pintas brancas e as inferiores abrancazadas con liñas anchas e escuras. Habita no centro e no norte de Eurasia e América. OBS: Tamén se denomina curuxa de Tengmalm.

      3. moucho real

        avelaiona común.

      4. Pequena ave de presa, da familia dos estríxidos, xeralmente nocturna, con cabeza grande, cara aplanada que forma “discos faciais”, e ollos dirixidos cara a adiante. Ten un peteiro ganchudo semiagochado e garras fortes, e caracterízase por presentar un voo silencioso. Algunhas especies teñen penachos de plumas amodo de “orellas”, e ambos sexos son parecidos. Adoitan aniñar en ocos ou niños abandonados. En Galicia atópanse tres especies: o moucho común, o moucho de orellas e o moucho real ou avelaiona. Esta última é, xunto coa curuxa común, a máis abondosa das rapaces nocturnas galegas. As outras dúas, sobre todo o moucho de orellas, son máis típicas de ambientes mediterráneos, aparecendo en Galicia nas zonas máis cálidas.

      5. moucho común [Athene noctua, Fam dos estríxidos]

        Ave que se caracteriza por ter a parte superior de cor marrón escura moteada de branco apagado. Ten a cabeza ancha e os ollos amarelos, cunha característica expresión fera. Especie de distribución paleártica, esténdese desde o Mediterráneo ata China e o N de África. En Europa está amplamente distribuída alcanzando latitudes superiores aos 55° en Escandinavia e N de Rusia. En España distribúese como reprodutora na práctica totalidade do territorio peninsular pero evitando os grandes sistemas montañosos (Pireneos, Cordilleira Cantábrica, Sistema Central e Serra de Segura). Toda a península esta ocupada pola subespecie Athene noctua vidalii. Cría en Baleares, en Ceuta e en Melilla (nas dúas últimas a subespecie glaux de distribución norteafricana) pero non en Canarias. En Galicia aparece por todo o territorio, aínda que sufriu unha forte regresión nos últimos 25 anos. É unha especie extremadamente ubicua que non ten requirimentos de hábitat moi específicos. Evita fragas densas, os ambientes...

      6. moucho cornudo

        bufo pequeno.

      7. moucho emigrante

        curuxa das xunqueiras.

    1. santiaguiño.

    2. Que ou quen é moi pouco animado e case non fala.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de mover ou moverse.

      1. Cambio de posición dun corpo, nun sistema material, respecto a un sistema de referencia e en función do tempo. As investigacións feitas por Kepler, Galileo e Newton sobre o movemento fixeron abandonar a idea aristotélica dun universo intuitivo e deron lugar ao nacemento da mecánica, que se divide en cinemática, que estuda o movemento sen ter en conta as causas que o producen, e a dinámica, que considera a casualidade. O espazo e o tempo son os parámetros que determinan o movemento, xuntamente co establecemento dun sistema de referencia. Para un punto material, defínense tres conceptos: a traxectoria, a velocidade e a aceleración. En función destes estúdanse esencialmente catro tipos de movemento: rectilíneo uniforme, en que a velocidade é constante en módulo e dirección e calquera aceleración é nula; circular uniforme, en que a velocidade é constante en módulo e variable en dirección, e a aceleración tanxencial nula; rectilíneo...

      2. movemento absoluto

        Movemento dun corpo que se move en relación a determinados corpos ou puntos de referencia que se supoñen fixos.

      3. movemento acelerado

        Movemento en que a aceleración non é nula e pode ser positiva ou negativa.

      4. movemento browniano

        movemento browniano.

      1. Acción pola que un corpo ou algunha das súas partes cambia de lugar ou de posición.

      2. movemento ameboide

        Maneira peculiar de moverse unha ameba ou un leucocito pola protrusión de pseudópodos.

      3. movemento automático

        Movemento que se produce no corpo independentemente da vontade.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no centro histórico de Pontevedra. Data dos ss XVII e XVIII e rehabilitouse baixo a dirección do arquitecto Jesús Fole para acoller un museo etnográfico, que se inaugurou o 23 de marzo de 2001. Foi vivenda señorial e centro de ensino e destaca a escaleira de acceso á planta alta e a terraza-mirador sobre o río Lérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título honorífico que se aplica aos eruditos no Islam, entre os que se atopan os mestres relixiosos, xuristas e xefes de escola.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á técnica ou ao aparato que combina diversos medios técnicos de información. En informática, as aplicacións multimedia combinan texto, gráficos, son, animación e vídeo de forma interactiva para o usuario, quen pode escoller a opción que máis lle interese participando activamente no programa e elixindo o xeito de recibir a información. O desenvolvemento dos sistemas multimedia xurdiu como consecuencia lóxica da evolución das técnicas informáticas, como son as posibilidades gráficas dos microordenadores, os programas de animación e a incorporación de secuencias de vídeo en tempo real. As demandas destes sistemas traen aparellado o desenvolvemento de paquetes integrados de programas. O software ten que reunir unha serie de características esenciais, como que o seu uso sexa intuitivo, que ofreza opcións de interactividade, que teña capacidade de importar gráficos, son ou texto, e que presente un contorno gráfico avanzado. Todas as aplicacións multimedia esixen dispositivos...

    2. Aplícase aos grandes grupos empresariais formados por absorción de empresas dos sectores dos medios de comunicación, o ocio e as novas tecnoloxías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de níquel (74%), ferro (21%), cobre (5%) e cromo (1,5%), con propiedades magnéticas de alta permeabilidade, que se usa na fabricación de cables telegráficos submarinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Madrid a partir do 23 de outubro de 1989. Integrado no grupo Unidad Editorial SA, promoveuno o ex-director de Diario 16, Pedro J. Ramírez, quen ocupa o mesmo cargo neste diario, tras a súa saída forzosa do anterior. A redacción está formada por un equipo de profesionais que xa traballaran anteriormente co director. Definiuse como progresista e estableceu unha dura confrontación con El País, o seu máximo rival no ámbito estatal. Apostou polo xornalismo de investigación e as súas páxinas foron tribuna para continuas acusacións contra as administracións, os políticos, os empresarios ou os grupos de poder acusados de actuacións ilegais. A opinión ten un gran peso dentro do xornal e a súa liña informativa foi importante para o cambio de orientación política en España no momento da súa saída. Ademais do seu servizo a través da rede Internet, ofrece información de carácter local para as comunidades de Catalunya e Illes Balears. Cun deseño moi visual e na liña de La Vanguardia,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • munificiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Lugar en que se custodian coleccións de obras que pertencen ao mundo da arte, da ciencia ou da técnica.

      2. Lugar en que hai obxectos artísticos ou curiosos.

    1. Institución permanente non lucrativa, ao servizo da sociedade e do seu desenvolvemento, aberta ao público e que adquire, conserva, investiga, comunica e expón os testemuños materiais das persoas e do seu contorno, con finalidades de estudo, educación e pracer. Designaba na Grecia clásica un lugar conectado coas Musas ou as artes inspiradas por elas. Foi na época do Renacemento cando comezou a facer referencia a coleccións de arte e de antigüidades. As doazóns de particulares, eclesiásticos e monarcas fixeron posible a maioría dos grandes museos, que se enriqueceron a partir do colonialismo e das escavacións practicadas principalmente nos países mediterráneos e de Asia Menor. Os estudos museolóxicos e museográficos naceron no s XVIII en Alemaña e desenvolvéronse co espírito da Ilustración. No s XX recibiron un gran pulo, sobre todo a partir da creación no seo da Sociedade de Nacións da Oficina Internacional de Museos (1926-1946) e da creación do ICOM (International Council of Museums) en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo arqueolóxico de titularidade estatal fundado en 1867, situado en Madrid. A súa finalidade é a conservación, investigación e difusión dos seus fondos, así como o apoio documental e divulgativo dos novos proxectos arqueolóxicos e científicos. As súas coleccións abarcan desde a prehistoria ata o s XIX, pero destacan os vestixios pertencentes á prehistoria, protohistoria, Antigo Exipto, Próximo Oriente, Grecia, Roma, Idade Media e Moderna, así como o gabinete numismático. Realiza tamén exposicións temporais e conta cunha biblioteca especializada en publicacións científicas de arte, historia, arqueoloxía e museoloxía, cun arquivo e cun servizo fotográfico. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo etnográfico situado en Doade (Lalín). Atópase nunha antiga casa de pedra que pertenceu a unha das familias máis adiñeradas da zona. A súa colección componse de obxectos tradicionais galegos de uso cotiá, ou vinculados á artesanía, na súa maior parte doados, e cunha especial presenza da comarca de Deza. Organízase en diversas salas dedicadas á vivenda, cociña, liño, oficios, agricultura, cerámica, bonecas, marquetaría e ao mar. Conta cun pequeno taller de restauración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo comarcal fundado en 1984 na Fonsagrada por un padroado veciñal, do que tamén forman parte o concello e os centros educativos. Pertence ao Consello Galego de Museos. Os seus fondos agrúpanse en seccións de arquitectura popular (vivenda, hórreos, muíños), etnografía (oficios, vida rural, xogos e outros aspectos), arqueoloxía (época megalítica, castrexa e romana), historia local, e escultura relixiosa e contemporánea. Ten unha biblioteca especializada e un arquivo fotográfico, ademais de salas para exposicións temporais.

    VER O DETALLE DO TERMO