"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
-
-
Técnica de representar obxectos tridimensionais sobre unha superficie bidimensional de xeito que, cando se mira cun só ollo, inmóbil e posta á distancia xusta, a imaxe perspectiva coincide coa que daría a visión directa. Tamén se inclúen os métodos e maneiras de representar ou suxerir a profundidade espacial sobre o plano pitórico. Aínda que en Grecia xa coñecían un sistema de formulación da perspectiva e que nos obradoiros dos pintores italianos dos ss XIII e XIV existían esquemas xeométricos e formulas empíricas de redución de obxectos ou planos, foi o humanismo florentino quen abriu o camiño á perspectiva artificialis ou á tradución da óptica e á xeometría en termos plásticos ou de ciencia da representación da visión (Trinità, fresco de Masaccio en santa Maria Novella, Florencia, 1425-1427): non obstante, a tradición atribuíulle este cambio a F. Brunelleschi. Destacaron tamén as formulacións teóricas de L. B. Alberti (De pitura, 1435) e as investigacións de...
-
Construción ou representación xeométrica dun obxecto tridimensional sobre unha superficie bidimensional.
-
perspectiva aérea
Perspectiva que se ocupa da representación do aire ou a atmosfera que envolve os obxectos ou escenas e que segundo as horas do día, a intensidade da luz, a claridade da atmosfera, etc, se modifíca a ambientación. Un exemplo son as obras de Veláquez Las Meninas e Las Hilanderas e os cadros dos impresionistas que trataron de representar a luz e o aire que envolve a paisaxes, obxectos ou espazos.
-
perspectiva aérea
Perspectiva utilizada en certos trazados panorámicos topográficos, nos que, ao situar o punto de vista a bastante altura, ofrecen a visión dunha vista aérea da paisaxe.
-
perspectiva axonométrica
Sistema de representación que consiste en referir os obxectos que han ser representados aos planos dun triedro trirrectángulo (planos coordenados) e proxectalos, despois, sobre un cuarto plano (plano do cadro) oblicuo aos anteriores (axonometría). Pódese escoller a orientación do plano do cadro de xeito que corte o triedro de coordenadas segundo un triángulo equilátero, isóscele ou escaleno, feito que daría lugar a tres sistemas axonométricos diferentes, chamados, respectivamente, perspectiva isométrica, perspectiva diamétrica e perspectiva trimétrica.
-
perspectiva cabaleira
Proxección cilíndrica oblicua dun corpo sobre o plano de proxección (plano do cadro).
-
perspectiva central/polar
Sistema de representación en que as liñas proxectantes pasan por un punto fixo chamado centro de proxección ou polo.
-
perspectiva cónica
Perspectiva central de representación cuxo centro de proxección ou polo é o ollo do observador. Unha perspectiva cónica chámase paralela cando as liñas horizontais do obxecto que se quere representar están as unhas paralelas ao plano do cadro e as outras perpendiculares, e oblicua cando estas liñas se representan oblicuamente respecto ao plano do cadro.
-
perspectiva lineal
Perspectiva que representa os obxectos en calquera dos sistemas de perspectiva, utilizando como medio de expresión soamente a liña. Ao cinguirse aos bordos dos obxectos dá unha imaxe precisa, polo que é a máis utilizada para trazados xeométricos, planos e debuxos técnicos.
-
-
...
-
-
-
Relativo ou pertencente a Perú ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Perú.
-
Arte desenvolvida en Perú. Durante a época colonial, as artes recibiron a influencia hispánica, aínda que con achegas indíxenas. En canto á arquitectura atópase un eclecticismo que responde ás diferentes influencias cronolóxicas, como a igrexa do convento de Santo Domingo de Lima, de estilo mudéxar, ou a catedral de Cuzco, renacentista. A finais do s XVII triunfou plenamente o estilo barroco na igrexa da Compañía de Arequipa, na catedral, reconstruída, de Lima, e en diversas igrexas da capital, Trujillo e Cuzco. Coa independencia, a principios do s XIX implantouse o neoclasicismo, como no palacio do Senado de Lima. Co s XX deuse paso a unha arquitectura de acordo coas novas tendencias. A pintura recibiu novos impulsos con I. Merino, L. Montero e F. Laso, e con J. Sabogal, T. Carvallo, R. Grau e F. Szyrlo.
-
Literatura en lingua castelá cultivada en Perú. A primeira gran figura foi o cronista de Indias de orixe inca, Garcilaso de la Vega, que nos seus Comentarios reales narra a historia do Imperio Inca. A partir de 1599 e durante todo o s XVII, o teatro tivo unha grande importancia con figuras como Pedro de Peralta Barnuevo. No s XIX sobresaen a obra filosófica e novelística de Pablo de Olavide e a achega intelectual dos escritores agrupados ao redor do xornal Mercurio Peruano. A prosa, esencialmente narrativa, iniciouse a partir do movemento romántico e baixo o signo do costumismo e do realismo con Ricardo Palma como máximo representante deste período. A derrota ante Chile na guerra do Pacífico imprimiu un cambio decisivo na sociedade peruana e na súa literatura. Manuel González Prada ergueuse como a nova conciencia dun país en crise. Baixo a súa influencia apareceu a novela realista con autoras como Mercedes Cabello de Carbonera e Clorinda Matto de Turner. Dentro do modernismo...
-
Arte musical cultivada en Perú. O imperio inca tiña unha cultura musical moi desenvolvida. Os casteláns introduciron a música occidental: Gutierre Fernández Hidalgo (1553?-1618), foi o primeiro representante nativo. Outros compositores foron J. B. Alzedo (1798-1878), Daniel Alomía (1871-1942) e, modernamente, o grupo de compositores formados no contorno de Rudolf Holzmann (1910).
-
-
-
-
pesca fluvial
Pesca que se practica nas augas continentais. Xurdiu como un medio de subsistencia, pero co tempo deixou de ser tal nalgúns países para converterse nunha actividade lúdica e deportiva. Galicia ten unha elevada fauna fluvial, que se viu reducida nos últimos tempos polo efecto da contaminación e pola construción de minicentrais e encoros. Entre as especies máis importantes destacan o salmón, a troita, a lamprea, a angula, o reo, a anguía, a perca, a robaliza, o barbo, etc. Algunhas destas especies non son estritamente fluviais, senón que pasan algúns períodos do seu ciclo vital no mar, como por exemplo o salmón. A captura de peixes de río está regulada, polo que é necesario para exercer tal actividade estar en posesión dunha licenza de pesca, aínda que non autoriza a pescar en calquera lugar, xa que hai zonas de pesca controlada que necesitan dun permiso especial, e outras zonas onde está totalmente prohibida. Ademais, algunhas especies como a troita, teñen un período de veda en que non poden...
-
Actividade económica que consiste na captura de peixes ou doutros animais vivos da auga, e que ten como obxectivo o consumo humano ou a venda como materia prima para diversas industrias.
Orixe e evolución histórica da pesca
Non se pode establecer unha data concreta para a orixe das actividades pesqueiras, vinculadas desde a súa aparición ás prácticas de explotación do medio desde o Paleolítico. Na Idade de Pedra apareceron os primeiros rexistros que indican a existencia de actividades marisqueiras, xunto con aparellos para a pesca. Orixinalmente, esta actividade estaba ligada ao autoabastecemento das poboacións que se estableceron nas beiras e desembocaduras dos ríos e na costa por mor das dificultades para conservar o peixe. Na Idade do Bronce hai constancia da existencia dun certo comercio pesqueiro local e das melloras nos utensilios pesqueiros. A expansión das culturas ligadas ao Mediterráneo (fenicios, gregos e cartaxineses) permitiu o desenvolvemento... -
Pesca de altura
Pesca que se efectúa en augas comunitarias ou internacionais. A frota pesqueira galega de altura ten un alto grao de especialización produtiva e tecnoloxía elevada, e opera en ámbitos xeográficos moi dispersos. Máis dun cento de unidades que pescan en Gran Sol reúnen boas condicións de seguridade e habitabilidade a bordo; moitas incorporan pequenos túneles de conxelación e cámaras frigoríficas, que permiten aproveitar mellor os recursos e rendibilizar mellor a pesqueira. A frota galega complétase coas unidades que operan en augas internacionais e de terceiros países. Os barcos pertencentes a empresas mixtas -en que un dos socios é unha armadora galega- crean uns 1.000 empregos máis. A frota pesqueira galega experimentou un profundo proceso de modernización, desenvolvido no período 1994-1999, dentro do programa operativo IFOP, destinado á construción de barcos novos e á modernización doutros. Con isto pretendeuse mellorar as condicións de seguridade e habitabilidade dos...
-
Pesca de baixura
Pesca realizada sen saír da plataforma costeira. Efectúase mediante embarcacións de tamaño medio a unha distancia máxima de 60 millas do litoral. A pesca máis tradicional é a que se realiza dentro das rías ou ben nas súas proximidades. Nela conxúganse as artes e os sistemas máis antigos (barcos a remos, xeitos, axexo, etc), xunto coas técnicas e aparellos máis modernos (radares e embarcacións a gasóleo). Desde finais do s XIX, os portos galegos máis industriais e dinámicos foron os de Vigo e A Coruña, en que a forte demanda de peixe diario sustentaba unha gran frota de barcos de altura, movidos a vapor ou a gasóleo. Aínda así, na maioría dos portos de pesca de baixura de Galicia, principalmente aqueles en que a incidencia da pesca industrial era menos forte, a pesca imperante era a tradicional, a de costa. Cara á década de 1910, coa definitiva eclosión da industria conserveira e o aumento da demanda do peixe, todo o litoral galego foi abandonando a pesca tradicional a prol da de altura...
-
pesca fluvial
-
Modalidade de pesca deportiva que se efectúa a pulmón libre e con arpóns propulsados mecanicamente. Debe sinalarse a posición do pescador cunha boia vermella ou alaranxada, e só pode realizarse entre a saída e a posta do Sol. Tamén deben respectarse unhas distancias mínimas: de 250 m respecto da zona de baño ou doutros deportes acuáticos; de 300 m respecto das artes de pesca de cerco ou arrastre; e de 500 m respecto da pesca con cana. A pesca submarina é unha actividade regulada, tanto polo Estado como polas respectivas comunidades autónomas. Prohíbese a pesca submarina en reservas ou zonas protexidas, así como a comercialización das especies capturadas neses lugares. En canto ás modalidades de pesca submarina, existen, entre outras, a pesca profunda, a máis de 30 m, a pesca á espera e a pesca a pouca profundidade
-
Conxunto de peixes que se pesca dunha vez.
-
-
-
-
Peixe osteíctio, do xénero Merlucius, que pertence á familia dos merlúcidos. Presenta un corpo alongado e cuberto de pequenas escamas. A cabeza é grande, igual ca a boca, que está provista de dentes pequenos e moi afiados. Os dentes da mandíbula superior son fixos, mentres que os da inferior poden inclinarse cara a atrás, de forma que facilitan a entrada do alimento e se opoñen á súa saída. A primeira aleta dorsal é moi curta, mentres que a segunda se estende ao longo de case o resto do corpo. A aleta anal é tamén moi longa, oposta e case igual á segunda dorsal. É un peixe bentónico que vive en zonas de bancos de area e sobre o noiro continental, en augas por debaixo dos 15°C e cunha salinidade comprendida entre o 31 e o 34,5%. Presenta dous tipos de migracións: unha vertical, de ritmo diario, e outra horizontal, de ritmo estacionario. Durante o día permanece preto do fondo e durante a noite desprázase cara a augas medias ou superficiais para alimentarse. Nas migracións estacionais,...
-
pescada americana/prateada [Merluccius bilinearis, Fam dos merlúcidos]
ive entre Cabo Cod, Massachusetts (EE UU) e cabo Sable, Nova Escocia, Canadá. Péscase, tanto na súa forma larvaria como adulta, nas costas de Baixa California (México) e de California (EE UU).
-
pescada arxentina [Merluccius hubbsi, Fam dos merlúcidos]
Peixe osteíctio, de ata 90 cm as femias adultas e 60 cm os machos. Presenta corpo alongado e lixeiramente comprimido, cuberto de escamas cicloides, de mediano tamaño, que se desprenden facilmente. A cabeza é máis pequena ca no resto das pescadas. A primeira aleta dorsal presenta raios duros, a segunda unha base ampla e bilobulada, e a aleta caudal remata nunha liña recta nos adultos. É de cor gris clara na cabeza e dorso, branca na zona ventral, con reflexos dourados por todo o corpo. As aletas dorsais, peitorais, caudal e o terzo posterior da anal teñen cor gris escura, e os dous terzos anteriores da anal e das ventrais son transparentes. Habita en zonas que van desde Brasil ata o S de Arxentina, en profundidades comprendidas entre os 50 e 500 m, cunha profundidade media duns 200 m. Tolera un rango de temperatura de entre 3 e 18°C, cun óptimo comprendido entre 5 e 10°C. Fundamentalmente é pescada pola frota de altura, que emprega redes de arrastre de fondo. É a base da industria pesqueira...
-
pescada austral [Merluccius australis, Fam dos merlúcidos]
Peixe que presenta corpo alongado de ata 118 cm nas femias e 105 cm nos machos. A parte dorsal iníciase cun aplanamento na cabeza ata a altura da metade das órbitas e logo elévase para facerse lixeiramente convexo en toda a súa extensión. Presenta cabeza robusta e boca grande que se estende ata case o extremo das órbitas. Posúe dentes en mandíbulas e vómer; os das mandíbulas en dúas series, máis fortes os da mandíbula superior ca os da inferior. As escamas son pequenas e implántanse debilmente sobre a pel, polo que se desprenden con facilidade. É de cor gris prateada, máis escura no dorso e máis clara na rexión ventral. Aliméntase doutros peixes e crustáceos, e reprodúcese entre finais do inverno e comezos da primavera. É unha especie relativamente lonxeva (ata 24 anos en femias e 20 anos en machos). Para a súa captura a frota de altura emprega redes de arrastre. É propia das augas de América do Sur e de Nova Zelanda.
-
pescada chilena [Merluccius gayi, Fam dos merlúcidos]
Pescada que presenta corpo alongado e fusiforme, coa cabeza esmagada e grandes órbitas. É de cor gris prateada, máis escura no dorso e con tons brancos no ventre. Vive nos mares que van desde o N de Perú ata o S de Chile.
-
pescada de Senegal/negra [Merluccius senegalensis, Fam dos merlúcidos]
Pescada que vive en profundidades comprendidas entre os 18 e os 500 m. Aliméntase fundamentalmente de pequenos peixes, crustáceos e cefalópodos. A desova ten lugar entre os meses de xaneiro e marzo. A súa cor negra ou moi escura do lombo e dos laterais diferénciana do resto das pescadas. Vive nas costas de Senegal.
-
pescada do Pacífico [Merlucius productus, Fam dos merlúcidos]
Pescada en que a desova peláxica das femias depende do seu tamaño (pode chegar a ser de 50.000 a 80.000 ovos por femia). O seu crecemento é relativamente rápido, especialmente durante os primeiros anos de vida. Poden chegar a vivir arredor dos 15 anos, en fondos oceánicos e zonas costeiras, en profundidades que poden chegar aos 1.000 m. Distribúense polas costas do Pacífico setentrional.
-
pescada europea [ingl: hake] [Merluccius merluccius, Fam dos merlúcidos]
Peixe osteíctio, da orde dos gadiformes, que poden acadar os 180 cm de lonxitude, aínda que é moi raro que sobrepase os 100 cm. Presenta corpo fusiforme, alongado, pouco comprimido lateralmente, de sección redondeada e cuberto de escamas caducas e pequenas. A cabeza é aguda e alongada, anteriormente deprimida por unha fosa que se sitúa na parte anterior, bordeada por cristas frontais que conflúen noutra occipital. A boca é grande e oblicua, e presenta maxilares con dentes agudos e pequenos en dúas ou tres series, dos que a serie interna son de maior tamaño. Os da mandíbula superior son fixos, mentres que os da inferior poden inclinarse cara a atrás, de forma que facilitan a entrada das presas na boca e se opoñen á súa saída. Posúen vómer con dentes e palatino sen eles. As dúas aletas dorsais están separadas unha da outra por un espazo relativamente grande; a primeira é máis curta e alta ca a segunda, e só presentan unha aleta anal que é oposta e escotada e máis curta ca a dorsal segunda....
-
pescada surafricana/do Cabo [Merluccius capensis, Fam dos merlúcidos]
Pescada que presenta o lombo de cor prateada con tons marróns e ventre claro. As escamas son de maior tamaño ca no resto das pescadas. Vive nas augas do sur de África e na zona meridional de África.
-
-
...
-
-
-
Converter unha substancia orgánica en pedra ou nunha substancia de consistencia pétrea.
-
Deixar a alguén paralizado a causa de algo inesperado, un susto ou unha acción violenta. OBS: ;Tamén se emprega co mesmo significado a expresión deixar petrificado.
-
Converterse unha substancia orgánica en pedra ou nunha substancia de consistencia pétrea.
-
Quedar alguén paralizado a causa de algo inesperado, un susto ou unha acción violenta. OBS: ;Tamén se emprega co mesmo significado a expresión quedar petrificado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista semestral publicada en Santiago de Compostela a partir de novembro de 1991. Subtitulouse “Revista de la Asociación de Artes Gráficas e Impresión de Galicia”. Editada pola Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia, coa colaboración da Xunta de Galicia, estivo dirixida por Masito Beiro e distribuíuse entre o sector gráfico galego e portugués, especialmente en escolas de artes gráficas de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á petrografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa tabaqueira que Philip Morris fundou en Londres en 1847. En 1902 trasladouse a Nova York e, en 1919, pasou a denominarse Philip Morris & Co. En 1954 diversificou as súas actividades e creou Philip Morris International e, en 1985, constituíu o holding Altria Group Inc, formado en 2003 polas empresas Philip Morris International, Philip Morris USA, Philip Morris Capital Corporation, Kraft Foods e Nabisco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo fotográfico creado en 1902 en Nova York. Promovido por Alfred Stieglitz e George L. Beam, propuña desenvolver a fotografía ata lograr un uso pitórico, reunir a todos os americanos preocupados pola arte e promover mediante exposicións a artistas que non pertencesen ao propio grupo, incluso de fóra de EE UU. Máis tarde romperon co pictorialismo e apostaron pola fotografía moderna, a imaxe pura sen manipulacións e unha temática baseada nas máquinas e na vida urbana. Neste grupo participaron fotógrafos como Edward Steichen ou Gertrude Käsebier, que publicaron os seus traballos no órgano de expresión do grupo, Camera Work. Desapareceu en 1917.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espazo natural protexido de 24.719 ha, declarado Parque Nacional en 1995 ao incluírse dentro do antigo Parque Nacional das Montañas de Covadonga. É un sistema montañoso situado na parte central da Cordilleira Cantábrica, que se estende por Asturias, Cantabria e Castela e León. A súa morfoloxía actual débese ao modelado glaciario e cárstico sobre zonas calcarias que propiciaron unha erosión diferencial. A súa paisaxe presenta montañas de grande altura (Peña Cerredo, 2.648 m), presididas por impresionantes agullas e afiadas arestas, con profundas gorxas de augas cristalinas, que dan paso a frondosos vales cubertos de bosques. Respecto á flora, hai prados e bosques de carballos (Quercus), abeleiras (Corylus avellana), amieiros (Alnus), salgueiros (Salix), freixos (Fraxinus), pradairos (Acer), teixos (Taxus baccata), faias (Fagus) e castiñeiros (Castanea sativa), entre outros, así como numerosos fentos. En canto...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sólido cristalino vermello que funde a 168°C. Emprégase na preparación de colorantes azoicos, como indicador e como reactivo específico para a albumina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á pictografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Debuxo ou xeroglífico que representa ou expresa unha idea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexistro gráfico dos fenómenos fisiolóxicos mediante o cuarzo piezoeléctrico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gráfico da presión arterial que se obtén mediante un piezómetro.
-
-
Pequena placa metálica disposta verticalmente no extremo de determinados instrumentos astronómicos ou topográficos, e provista dunha ou máis pequenas aberturas circulares ou lonxitudinais cara ás que se dirixen as visuais para efectuar aliñacións ou medir ángulos.
-
Folíolo dunha folla dúas ou máis veces pinnaticomposta.
-
Parte destacada dunha aleta, que está situada entre as aletas anais e dorsais. Aparece no atún e noutros escómbridos.
-
-
-
-
Arte de pintar.
-
Obra que resulta da acción de pintar. As primeiras manifestacións pitóricas datan do Paleolítico Superior. Son as pinturas rupestres localizadas nas covas, sobre todo, no S de Francia, N de España e nos Urais. Trátanse en xeral de representacións da fauna cuaternaria, policromadas, naturalistas e sen formar escenas, e con escasas representacións humanas. Destacan as covas de El Castillo e Altamira (Cantabria) e Lascaux (Francia). Durante o Epipaleolítico ou o Neolítico desenvolveuse no Levante español unha nova pintura rupestre monocroma e de tintas planas con representación de escenas de caza, danza e guerra de carácter máis esquemático e dinámico ca as pinturas paleolíticas, das que estacan as pinturas da cova de Cogull (Lleida). Na civilización exipcia decoráronse con pinturas murais as tumbas dos faraóns. Eran escenas da vida cotiá e representacións mitolóxicas realizadas cun estilo máis conceptual ca realista. As culturas mediterráneas empregaron a pintura en diferentes modalidades....
-
Táboa, lámina, lenzo ou muro en que se pinta unha cousa.
-
pintura absoluta
Pintura xeométrica non figurativa que se basea na esencia da liña, a superficie e a cor. Busca expresións construtivas a base de ángulos rectos e cadrados.
-
pintura á chamberga
Procedemento pictórico que consiste en pintar obxectos que non están expostos á intemperie, mediante o uso de cores preparadas con verniz de pez grega e augarrás.
-
pintura de historia
Representación de escenas do pasado, que intenta a reconstrución dos grandes sucesos históricos, polo seu interese ético ou épico ou pola súa propia transcendencia. Desenvolveuse a partir do Barroco.
-
pintura de xénero
Representación de temas e escenas da vida cotiá, considerada especialmente polos mestres holandeses e flamengos do s XVII.
-
pintura ao óleo
Técnica pictórica que consiste na disolución en aceite de cores utilizadas para pintar. Emprégase sobre unha base absorbente de tea ou madeira. Na Idade Media esta técnica usábase combinada coa da témpera. No s XV apareceu a pintura ao óleo independente nos Países Baixos, e que a tradición lle atribúe o seu descubrimento a Jan van Eyck.
-
pintura xestual
action painting.
-
-
...
-
-
-
-
Insecto de moi pequeno tamaño, pertencente ás ordes dos homópteros, anopluros, psocópteros e malófagos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Cando o piollo salta, que farán as pulgas? Piollo resucitado e enfachendado, morre coma un condenado”.
-
piollo branco [cast: piojo blanco; ingl: oleander scale] [Aspidiotus nerii, Fam dos diaspídidos]
Insecto homóptero de cor branca e de aproximadamente 3 mm de lonxitude, moi prolífico e de desenvolvemento rápido, cuxas femias poñen os ovos envoltos nunha cuberta protectora baixo a que ten lugar o desenvolvemento embrionario. Habita nas rexións mediterráneas sobre plantas ornamentais e de cultivo, ocasionando estragos.
-
piollo común [port: piolho; cast: piojo; ingl: louse] [Pediculus humanus, Fam dos pedicúlidos]
Anopluro duns 2 mm de lonxitude, co corpo deprimido, de cor amarela escura e cuberto cunha cutícula resistente, aparello bucal perforador-chuchador e patas con moitos pelos acabados nunha unlla. Son animais cosmopolitas e viven parasitos sobre o corpo do home, alimentándose do seu sangue. Distínguense dúas subespecies: P. humanus capitis, que vive na cabeza do home, adherido aos pelos; e P. humanus humanus, piollo do corpo humano que vive nos vestidos do home, especialmente nas zonas das costuras, e que pasa á pel cando quere chuchar sangue. Son moi perigosos, posto que poden transmitir diversas enfermidades. Ademais, o piollo provoca proído e ás veces engrosamento da pel. O mellor remedio é a hixiene, xa que o contaxio se produce por contacto con outra persoa ou con roupa infestada.
-
piollo dos libros [cast: piojo de los libros; ingl: common booklouse] [Trogium pulsatorium, Fam dos tróxidos]
Insecto psocóptero duns 3-4 mm de lonxitude, con antenas filiformes moi desenvolvidas, tórax pequeno e sen ás, e abdome grande, que vive entre os libros, herbarios, etc, nutríndose dos fungos que alí viven e da goma con que están enganchadas as follas. Destrúen superficialmente a folla de papel, facendo desaparecer o texto, aínda que se a tinta non é comestible deixan intactas esas zonas.
-
piollo dos polos [cast: piojo de los pollos; ingl: chiken louse] [Menopon gallinae, Fam dos menopónidos]
Insecto da orde dos malófagos, duns 4-5 mm de lonxitude, con antenas curtas, aparello bucal mastigador e abdome elíptico. Parasita as galiñas e nútrese de plumas e escamaduras da pel.
-
piollo negro [cast: piojo negro] [Parlatoria zizyphi, Fam dos diaspídidos]
Insecto parasito específico das auranáceas, especialmente dos cítricos. O escudo que posúe, adherido con forza ao vexetal, protexe os ovos e dificulta o tratamento con insecticidas.
-
piollo pato [port: chato, piolho-ladro; cast: ladilla; ingl: crab louse] [Phthirus pubis, Fam dos pedicúlidos]
Insecto anopluro parasito do home que mide 1,5 mm de lonxitude. Aseméllase ao piollo, pero co corpo máis curto e amplo, cos tres pares de patas provistas de unllas para fixarse ben ao pelo do hospedador. Vive sobre todo na pube e en zonas pilosas, onde se alimenta do sangue do hospedador ao que parasita, aínda que existen casos en que se traslada a outras zonas do corpo. Contáxiase por contacto.
-
piollo vermello [port: cochonilha cabeça-de-prego; cast: piojo rojo, cochinilla roja; ingl: spanish red scale] [Chrysomphalus dictyospermi, Fam dos diaspídidos]
Insecto homóptero polífago parasito dos cítricos e dalgunhas plantas ornamentais. É moi sensible aos insecticidas e está considerado como moi prexudicial dado que a súa presenza provoca grandes perdas económicas. As femias presentan un escudo de 2 mm, circular, mentres que no macho é alongado. As larvas instálanse preferentemente no froito.
-
-
Especie de bóchegas ou verrugas que lles saen ás vacas na lingua. OBS: Tamén se denominan piollos da lingua.
-
...
-
-
-
Relativo ou pertencente á dinastía pipina.
-
Membro da dinastía do Reino de Austrasia que descendía de Pipino de Landen, e que deu orixe á dinastía carolinxia. O seu fillo Grimoaldo destronou o merovinxio Dagoberto II para concederlle o trono ao seu fillo Khildeberto, pero foron asasinados (656?). Do matrimonio de Begga, irmá de Grimoaldo, con Ansexiselo, fillo de Arnulfo, bispo de Metz, naceu Pipino de Heristal, quen unificou os reinos francos (687). Á morte do seu sucesor Teodobaldo (714), Carlos Martel destronou a viúva rexente Plectruda (719). A partir de 741 as terras quedaron divididas entre Carlomán e Pipino I, quen tiveron que consentir a restauración do Reino Merovinxio (743). Os fillos de Pipino, Carlomán e Carlomagno, repartíronse ao reino (768) e formouse o Imperio Carolinxio.
-
-
-
Grupo pouco numeroso de soldados que se ocupa de diferentes servizos especiais.
-
-
Grupo pouco numeroso de persoas que, nunha folga ou nunha revolta, se ocupa de impedir, mediante métodos pacíficos ou coactivos, que outros realicen o traballo, vaian votar, ou ben que se manifesten a favor ou en contra dalgunha idea ou programa.
-
piquete informativo
Piquete que durante unha folga informa aos seus compañeiros para que se unan á protesta.
-
-