"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

  • Empresa estadounidense creada en 1919. Dedicouse desde os primeiros tempos á explotación de cadeas de radiofonía e diversificou despois as súas actividades cara á electrónica, o material de comunicación e a discografía. En 1926 creou a National Broadcasting Company (NBC), dedicada á produción televisiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da astronomía que estuda as ondas radioeléctricas que chegan do espazo exterior. A posibilidade da existencia destas ondas xa foi prognosticada a finais do s XIX, e en 1930 K. G. Jansky observou a existencia dunhas ondas parasitas que chegaban sempre dunha mesma dirección do firmamento. En 1936 Grote Reber construíu o primeiro radiotelescopio e elaborou o primeiro mapa radioeléctrico do ceo. As emisións radioeléctricas provenientes do Sol foron descubertas por J. S. Hey en 1942, quen observou que os sinais de radar eran moitas veces perturbados por un sinal de orixe descoñecida e constatou que na superficie do Sol aparecían unha serie de manchas de grandes dimensións, co que chegou á conclusión de que a fonte das perturbacións era o mesmo Sol. Este descubrimento dado a coñecer ao mundo científico en 1945 fixo que se formasen os primeiros grupos de radioastrónomos en Gran Bretaña e Australia, e logo en EE UU, Francia, Alemaña e Xapón. A orixe das emisións radioeléctricas estudadas pola...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á radiografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de análise serolóxica moi sensible que se emprega na determinación cuantitativa in vitro de moléculas de fluídos e tecidos biolóxicos (péptidos, esteroides, prostaglandinas e nucleótidos) considerados como antíxenos. No ensaio destes antíxenos pártese da molécula orixinal e da molécula marcada radioactivamente. Esta molécula marcada -que actúa como antíxeno- únese xunto ao anticorpo específico ao sistema que se quere analizar, ambos os dous en cantidades constantes. Na reacción antíxeno-anticorpo, o antíxeno marcado únese ao anticorpo específico en función da cantidade de antíxeno orixinal, que é avaliada mediante unha curva estándar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega para medir a enerxía dunha radiación. O primeiro radiómetro foi construído por W. Crookes para medir a enerxía radiante que proviña do Sol, e consistía nun recipiente de vidro cun muíño de aspas ennegrecidas por un lado que se poñía en movemento cando se expoñía aos raios luminosos ou caloríficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudo radiográfico das dimensións e da capacidade da pelve con fins obstétricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á radiotelegrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estación dos israelitas no deserto do Sinaí. Identificouse co oasis de Feiran, onde Moisés fixo xurdir auga dunha rocha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dirección en que avanza a enerxía que se propaga nunha onda luminosa e, por extensión, en calquera onda electromagnética. En cada punto, esta dirección é normal na fronte de onda do mencionado punto. Segundo a súa lonxitude de onda os raios reciben diferentes nomes. Os raios luminosos, correspondentes á luz visible, son os máis coñecidos. Nun dos seus extremos están os raios infravermellos e no outro os raios ultravioletas. Tamén cabe mencionar os raios ã e os raios Röntgen ou X.

    2. Representación convencional da traxectoria dunha radiación ou dun feixe de partículas na súa propagación polo espazo.

    3. Nome dado a un tipo concreto de radiación ou partícula (por exemplo, raios ou partículas á, raios â, raios ã, raios X, raios cósmicos).

    4. raio emerxente

      Raio que atravesou unha superficie de referencia.

    5. raio extraordinario

      Un dos dous raios en que se divide a luz que incide sobre un material sólido birrefrinxente e que ten dirección diferente á do eixe óptico do material.

    6. raio globular

      Raio que se presenta na forma dun globo de lume, duns 20 cm de diámetro, e que se despraza lentamente coma se flotase no aire. Cando tropeza con algún obstáculo desaparece producindo un gran ruído. É un fenómeno pouco corrente.

    7. raio incidente

      Raio que chega a unha superficie.

    8. raio ordinario

      Un dos dous raios en que se divide a luz que incide sobre un material birrefrinxente e que corresponde ao raio refractado segundo as leis da refracción.

    9. raio paraxial

      Raio de luz que forma un ángulo pequeno co eixe dun sistema óptico centrado, de xeito que lle son aplicables as fórmulas da óptica xeométrica na aproximación de Gauss.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tráfico de contrabando na Raia Seca ourensá.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dividirse en pólas o talo dunha planta.

    2. Dividirse algo en partes diverxentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Compostela. Edificouna Xosé Vareal Cadaval, conde de Ramiranes, no s XIX, no lugar que ocupara o colexio dos Irlandeses. Realizado en cantaría de granito, ten planta baixa e dous pisos, divididos en tres corpos rematados en frontóns. No frontón central atópase o escudo dos condes rematado por unha coroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Confirmar a veracidade dunha cousa que non era segura.

    2. Resultar definitivamente certo algo que era dubidoso.

    3. Reafirmarse nunha crenza, ideoloxía ou intención. OBS: Emprégase seguido da preposición en.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe de estado que tivo lugar o 9 de termidor do ano II (27 de xullo de 1794) na Francia revolucionaria. Os moderados provocaron a caída de Maximilien de Robespierre, feito que significou a fin do Terror (1793-1794) e do dominio xacobino na Convención Nacional e puxo o proceso revolucionario en mans dos elementos moderados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada na Coruña en 1849. Creouse como Academia Provincial de Bellas Artes e desde 1913 instalouse no edificio do Real Consulado do Mar. Baixo o seu patrocinio naceron o Museo Provincial de Belas Artes e a Escola de Artes e Oficios da Coruña. Desde o 12 de xullo de 1916 ostentou o título de Real, desde o 14 de abril de 1947 someteuse oficialmente baixo a advocación da Virxe do Rosario, patroa da cidade da Coruña e en 1984 modificou a súa denominación pola de Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario. Desde 1986 integrouse no Instituto de España como academia asociada. Consta das seccións de Pintura e Gravado, Arquitectura, Escultura, Música e Amantes da Arte. O seu regulamento facultouna como institución oficial consultiva da Administración para actuar en todo o relativo á protección, acrecentamento e transmisión ás xeracións futuras dos bens culturais, así como promover e realizar estudos de investigación e promocionar o desenvolvemento das manifestacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corporación de carácter científico, técnico, humanístico e social de ámbito nacional que se fundou en Madrid en 1920. Os seus obxectivos son contribuír ao desenvolvemento da ciencias, letras, artes e de todo aquilo que difunda a cultura; servir de nexo entre os seus membros e os doutores doutros países para promover o intercambio cultural e as relacións entre entidades científicas; e asesorar a entes públicos e privados que o soliciten sobre asuntos inherentes á cultura, á ciencia e á tecnoloxía.Ten académicos numerarios, supernumerarios, correspondentes e de honra. Divídese nas seccións de Teología, Humanidades, Derecho, Medicina, Ciencias Experimentales, Farmacia, Ciencias Políticas y de la Economía, Ingeniería, Arquitectura y Bellas Artes, e Veterinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   Institución fundada en 1713 por iniciativa de Juan Manuel Fernández Pacheco, marqués de Villena, que ademais foi o seu primeiro director (1713-1725). O 3 de outubro de 1714, Filipe V aprobou a súa constitución e ao ano seguinte fixáronse os seus primeiros estatutos. O seu obxectivo principal é velar para que os cambios que experimente a lingua castelá non rompan a unidade que mantén en todo o ámbito hispánico. Consta de 46 académicos de número; en xuño de 2005 está formada por 41 académicos de número (Guillermo Rojo desde o 2001), 3 académicos electos, e dúas vacantes. Existen, ademais, académicos correspondentes españois ata un máximo de 60 (de Galicia están representados Constantino García González, Darío Villanueva e José Álvaro Porto Dapena), académicos correspondentes hispanoamericanos e estranxeiros, académicos de número das Academias americanas e académicos honorarios. Ao longo da súa historia publicou seis volumes do Dicionario, coñecido posteriormente como Dicionario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Madrid que naceu do desenvolvemento dun parladoiro de médicos, cirurxiáns e farmacéuticos reunidos desde mediados do s XVIII na botica de J. Ortega e que en 1733 se oficializou co nome de Tertulia Literaria Médica Matritense. En 1734 modificouse polo nome de Académica Médica Matritense, aprobada por real decreto de Filipe V e desde entón tomou o apelativo de real. Intenta dar información de tipo médico con diversas publicacións e presta diversos servizos ao estado, como o desenvolvemento de informes sobre saúde pública. Na súa sede desenvolve cursos de posgrao ou monográficos con validez universitaria. Desde 1879 publica os Anales de la Real Academia Nacional de Medicina e en 1921 iniciou a Biblioteca Clásica de la Medicina Española. Ten académicos de número e correspondentes e está integrada no Instituto de España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xardín creado en 1755 por Fernando VI á beira do río Manzanares. A partir de 1774 Carlos III ordenou o traslado ao Paseo del Prado, onde se inaugurou en 1781, obra de Francesco Sabatini e de Juan de Villanueva. Destaca por ter unha importante colección de plantas e polas diversas publicacións que se coordinan desde o centro. Desde a súa creación, promoveuse o ensino de botánica, realizáronse expedicións a América e ao Pacífico, encargáronse os debuxos de grandes coleccións de láminas de plantas e copiáronse herbarios que serviron de base para describir novas especies. Desde 1939 depende do CSIC, e realiza numerosas investigacións en flora, sistemática e evolución ou palinoloxía. Foi declarado BIC (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO