"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
-
Corrixir algo que se fixo ou se dixo con anterioridade.
-
Facer ou poñer algo recto.
-
Efectuar unha rectificación.
-
Determinar a lonxitude dun arco curvo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificar de novo.
-
-
-
Aplícase ao visor fotográfico que dá unha imaxe de igual tamaño ca a do clixé.
-
Aplícase á cámara fotográfica que posúe un visor réflex.
-
-
Aplícase ao circuíto que serve á vez como amplificador de sinais de baixa e alta frecuencia.
-
-
-
Acción e efecto de reflectir ou reflectirse.
-
Operación pola que a mente pon atención aos propios actos do coñecemento, e incluso ao eu ou suxeito que os sustenta, e non ao contido destes mesmos actos. Foi interpretada tradicionalmente como peculiaridade do home e como equivalente á conciencia. Na modernidade especificouse o sentido da reflexión como operación do sentido interno contraposta á sensación, como antecedente das correspondentes ideas ou como acto radicalmente redutible á sensación.
-
Obtención da figura simétrica dunha dada con relación a un plano que se toma como elemento de simetría. Cada punto e a súa imaxe atópanse sobre unha recta perpendicular ao plano de reflexión e a igual distancia a un e a outro lado deste. A reflexión con esvaramento é unha operación complexa de simetría que consiste na asociación dunha reflexión e unha translación paralela ao plano de translación.
-
Modificación da traxectoria dunha partícula, dun raio ou da fronte dunha onda cando inciden sobre unha superficie límite do medio por onde se moven. No caso particular dos raios, pódese probar que a recta normal da superficie reflectora, o raio incidente e o reflectido son coplanarios, formando o denominado plano de reflexión, á vez que os ángulos formados por cada un dos raios coa normal (denominados ángulo de incidencia î e ángulo de reflexión ˆr) son iguais. Cando unha onda é parcialmente reflectida nunha superficie, defínese o coeficiente de reflexión R como R= I r /I i , onde I i é a intensidade da onda incidente e I r é a da onda reflectida. No caso das ondas, as anteriores leis resultan ser consecuencia do principio de Huygens, e na aproximación xeométrica da óptica, resultan selo do principio de Fermat. Cando unha onda transversal incide sobre unha superficie e é reflectida,...
-
Simetría respecto a un plano (simetría especular) ou a unha recta.
-
En mecánica cuántica, probabilidade que ten unha partícula de ser reflectida por unha barreira de potencial, cuxo nivel de enerxía é superior ao da partícula. Os valores que poden coller están comprendidos entre 0 e 1. O coeficiente de reflexión e de transmisión sempre suman 1.
-
Relación entre o fluxo luminoso reflectido por un corpo, obxecto ou superficie e o fluxo incidente.
-
Fenómeno que consiste no feito de que cando un obxecto se interpón no ámbito de propagación dunha onda sonora, unha parte da enerxía volve ao medio orixinal (é reflectida) e outra parte é absorbida e transmitida polo obxecto. A proporción de enerxía reflectida depende das propiedades de absorción e das dimensións do obxecto. Este fenómeno emprégase para medir a potencia acústica mediante a cámara de reverberación.
-
Fenómeno polo que cando unha cousa pasa dun medio máis refrinxente a outro menos refrinxente (refracción), hai un ángulo de incidencia máximo t tal que todos os raios que inciden cun ángulo máis grande que este non pasan ao segundo medio nin tan sequera parcialmente, senón que son reflectidos outra vez ao medio de onde proceden. O ángulo límite só depende dos índices de refracción n 1 e n 2 dos dous medios. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia do cristianismo occidental que, iniciado no s XV, perdurou ata o XVII e que foi a orixe das Igrexas protestantes, dun lado, e da Contrarreforma, por outro. No s XV a Reforma era necesaria. O estamento eclesiástico centrouse na fundación de novas ordes relixiosas coa figura do clérigo regular (teatinos, barnabitas, somascos, xesuítas) e de novas ordes femininas (anxélicas, ursulinas) sen clausura, menos contemplativas e máis activas. As antigas ordes monásticas e mendicantes animaban no seu interior á formación de congregacións observantes ou de reforma que, como no caso dos capuchinos, chegaron a constituír unha orde nova. Apareceron tamén bispos preocupados pola reforma, vinculados a miúdo ás irmandades ou compañías de laicos, en Italia, ou vinculados á obra reformadora dos Reis Católicos na Península Ibérica. Outros movementos de reforma anteriores ao Concilio de Trento foron o de Jean Standonck, ao redor do colexio de Montaigu en París; o evanxelismo do grupo de J....
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Ourense a partir do 15 de febreiro de 1910. Subtitulouse “Diario independente. De intereses generales, de noticias y avisos”, aínda que co tempo desapareceu este lema. De tendencia católica e convervadora, e impulsada por Acción Social Católica, tivo os seus propios obradoiros tipográficos. Durante a súa primera época adoptou unha postura monárquica e funcionou como órgano oficioso da CEDA durante a Segunda República. Ao longo da súa historia participaron na súa dirección Manuel Cambón Fraga (1910-1913), Marcial Ginzo Soto (1913-1930), Agustín Mosquera Gil (1930) e Xosé Fernández Gallego (1930-1932), ata que, poucos anos despois da Guerra Civil, os irmáns Ricardo e Alejandro Outeiriño se fixeron coa dirección e o control económico do xornal, mantiveron a súa orientación conservadora e lle deron un carácter máis profesional. O xornal abriuse entón ás colaboracións dalgúns membros do Grupo Nós, como R. Otero Pedrayo, F. López-Cuevillas e V. Risco, ou dos seus continuadores,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa do sector téxtil creada en Redondela por Xosé Regojo (1900-1993), quen se instalou na vila ao redor de 1928. Dedicada inicialmente á fabricación de camisas, durante a Guerra Civil converteuse en provedor oficial do exército franquista e diversificou a súa produción. Acadou o seu apoxeo na década de 1960 coa fabricación da camisa Dalí e a comezos de 1970 tiña fábricas en Zamora, Redondela e Soutomaior. Moi afectada pola crise xeral da década de 1970, pechou a comezos dos anos oitenta. Un dos sucesores do fundador mantén en Portugal o Grupo Regojo.
-
-
-
Instrumento de madeira, plástico ou metal, longo e recto, de sección rectangular e xeralmente de pouco grosor, empregado para trazar liñas rectas cun lapis ou cun tiraliñas.
-
regra graduada
Regra que leva gravada unha escala lineal, xeralmente en centímetros e milímetros, e que se emprega para medir lonxitudes nun debuxo.
-
-
Instrución ou norma de conduta, que indica o que se debe ou non se debe facer e a maneira de facelo.
-
menstruación.
-
-
Conxunto das ordenacións que regulan a vida cotiá e o comportamento a seguir nunha orde relixiosa.
-
Cada un dos preceptos dunha regra relixiosa.
-
regra monástica
Norma escrita que regula a vida dos frades con miras á observación dos consellos evanxélicos. Nun principio os frades rexíanse por decretos conciliares, decretais pontificias e leis civís ditadas por eles. Cada unha das comunidades monásticas regulaba a súa vida seguindo algún dos conxuntos de regras contidas nos codices regularum, coleccións coas regras e tratados ascéticos dos monxes de Exipto e as regras de santo Agostiño, san Pacomio, san Basilio e san Xerome, entre outros. As regras antigas foron reunidas por san Bieito de Aniana nun Codex regularum no s IX. Despois estas regras foron substituídas pola regula monachorum de san Bieito de Nursia (regra de san Bieito).
As regras monásticas en Galicia
A diferenza do que sucedeu no resto de Europa, a entrada da regra de san Bieto no NO da Península Ibérica foi un proceso tardío. Durante os períodos suevo e visigodo, e a Reconquista, seguíronse algunha das regras dos codices regularum....
-
-
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Último imperio alemán (1933-1945), que se identifica co nazismo. A designación de Hitler como chanceler o 30 de xaneiro de 1933 significou a transformación do estado de acordo coas doutrinas do nazismo; entre outras, a fin do parlamentarismo, a suspensión de garantías, a atribución ao poder executivo de facultades ilimitadas e a conversión do Partido Nazi en partido único. O novo estado estivo dotado dun poderoso exército e lanzouse á conquista de materias primas e de mercados, o que levou ao estoupido da Segunda Guerra Mundial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente de codificación da lingua galega que defende a recuperación e o uso da escrita histórica do galego, a escrita galego-portuguesa -a mesma que emprega o luso-brasileiro na actualidade-, porque considera que o galego e o portugués son a mesma lingua e, consecuentemente, variantes dun mesmo diasistema. Polo tanto, seguindo estes criterios, a lingua que se fala en Galicia tamén se fala en Portugal, Brasil, diversos países africanos e Timor Oriental. Dentro do reintegracionismo pódense distinguir dúas correntes: unha partidaria de acollerse sen límites á norma portuguesa (a mesma ortografía ca o portugués e practicamente a coincidencia total nos outros aspectos; sería a postura que defende, por exemplo, a Associação Cultural de Língua, Literatura e Cultura Lusófonas-Irmandades da Fala da Galiza e Portugal) e outra partidaria dun achegamento máis moderado ao portugués. A proposta máis radical foi definida por Manuel Rodrigues Lapa que consideraba o galego como un dialecto rústico que...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que se dá tradicionalmente a cada un dos magos procedentes de Oriente que, segundo o Evanxeo de san Mateo (2, 1-11) foron a adorar a Belén ao Mesías acabado de nacer, guiados por unha estrela. San Mateo, non obstante, non especificou o seu número, o seu nome, a súa nacionalidade nin a data deste suceso. A primeira mención aos nomes dos Magos na tradición occidental apareceu no s VII, nun códice da Bibliothéque National de París. A partir do s IX no Liber Pontificalis de Ravenna apareceron repartidos xeograficamente e asociados ás idades da vida. Existen interpretacións que din que os Reis Magos poderían ter sido astrólogos babilonios, sacerdotes persas ou cultivadores das ciencias, particularmente a astroloxía e a astronomía. Desde un punto de vista teolóxico, a tradición popular máis tardiamente converteunos en tres homes sabios, magos ou santos reis. Aínda que nos albores do cristianismo se representaban como dunha mesma raza, crese que a diversidade posterior,...
-
-
Que fai referencia ou mantén algún tipo de relación con algo ou alguén.
-
Que mantén unha relación de subordinación ou comparación respecto a algo ou alguén do que depende para acadar unha definición plena.
-
Que é parcial ou non completo.
-
Aplícase á relación que existe entre dous tons, un maior e outro menor, cuxas tónicas están situadas a unha distancia dunha terceira menor e que teñen a mesma armadura na clave.
-
Aplícase ao elemento lingüístico que se caracteriza por ser nexo subordinante con capacidade anafórica e, ademais, cumprir unha función pronominal ou adverbial dentro da oración que introduce ou dentro dun dos seus constituíntes. Algúns relativos son invariables (que, quen, onde, cando, como) e outros presentan variación (canto, canta, cantos, cantas; cuxo, cuxa, cuxos, cuxas; o que, a que, os que, as que; o cal, a cal, os cales, as cales). Funcionalmente, na maior parte dos casos, son frases (núcleo de frases). Uns son núcelo de FN (relativos pronominais, substitutos ou autónomos) e outros de FAdv (relativos adverbiais). Ademais o cal, canto e cuxo tamén poden funcionar como determinantes. Na maior parte das súas construcións, o relativo precisa dun elemento contextual correferente con el, cos mesmos trazos semánticos, e que non ten necesariamente que cumprir a mesma función sintáctica. Este elemento denomínase antecedente...
-
-
-
Porción de algo que sobresae dunha superficie.
-
Conxunto de formas que accidentan a superficie terrestre, resultado das interaccións dos diferentes compoñentes do espazo xeográfico: a litosfera, a atmosfera, a hidrosfera e a biosfera. A xeomorfoloxía estuda as formas de relevo e a súa xénese. As formas que constitúen o relevo terrestre están relacionadas coa actuación dos procesos externos de modelado (chuvia, vento e temperatura) e cos factores internos (litoloxía, forma do xacemento e disposición tectónica). Cada un destes factores ten unha diferente maneira de actuar, que orixinan por tanto formas distintas. O modelado do relevo dun ou doutro axente vén condicionado, en última instancia, polo clima imperante, de forma que cada dominio climático ten un axente erosivo característico ou predominante, aínda que os outros tamén poidan estar presentes. Outro factor importante é o tempo, necesario para que poidan actuar os axentes xeolóxicos, tanto externos coma internos, e desenvolver calquera tipo de relevo. A natureza das rochas pode...
-
Escultura non exenta. As figuras poden realizarse cara ao fondo (relevo fundido) ou cara a fóra (relevo saínte). Neste último caso distínguese entre altorrelevo, cando sobresae do fondo máis da metade do seu vulto, mediorrelevo, cando só sobresae a metade, e baixorrelevo, cando sobresae menos da metade. Cando a liña de contorno das figuras está escavada, proporcionando claridade á representación, denomínase relevo escavado ou refundido. A práctica do relevo escultórico iniciouse na Prehistoria, pero as súas primeiras manifestacións plenamente definidas están no mundo exipcio e mesopotámico, subordinadas ao marco arquitectónico, característica que se mantivo ao longo de toda a historia. Desde un punto de vista plástico pode considerarse cun carácter espacial ou segundo un criterio simplemente volumétrico. O relevo espacial é aquel en que o fondo do relevo non é tan só un soporte senón un medio para crear profundidade. É o caso...
-
Sona dunha persoa.
-
Importancia que se lle dá a algo ou alguén.
-
Calidade do que se manifesta con claridade por estar ben contrastado.
-
Fenómeno que consiste en destacar un mineral do medio en que está mergullado para podelo observar mellor (xeralmente mediante bálsamo do Canadá). Serve para poder determinar o índice de refracción do mineral.
-
-
-
-
Conxunto de dogmas ou doutrinas, de crenzas, costumes e ritos, de actitudes e sentimentos e de maneiras de comportamento que vinculan unha persoa ou un grupo humano con aquilo que se recoñece como sagrado, misterioso ou transcendente, e que a miúdo se identifica con Deus ou o divino.
-
Conxunto de dogmas ou doutrinas, de preceptos ou costumes, e de ritos que configuran socioloxicamente e oficialmente o sentido transcendente dun grupo humano determinado. Polo que respecta á interrelación dos aspectos subxectivo e obxectivo do feito relixioso, é importante consignar os diferentes significados que, etimoloxicamente, pode ter a palabra relixión. Por unha banda, pode vir derivada do verbo relegere, é dicir, ‘recoller, reunir, todo canto ao culto dos deuses se refire’. Por outra, tradicionalmente en Occidente e nos ámbitos culturais cristiáns, recibiuse o termo relixión como un derivado da raíz semántica religare, subliñando con isto a dimensión relixiosa en canto que liga, une ou ata ao crente con Deus. Relixión é aquela dimensión do home pola que se transcende a si mesmo e é capaz de romper o círculo pechado ou o horizonte hermético da súa existencia recortada, de tal modo que se podería falar dunha dimensión relixiosa inexcusable unida á súa propia condición...
-
-
-
irtude que move ao home a darlle a Deus o culto debido.
-
Conxunto de principios e prácticas dirixidos a cumprir ferventemente un ideal, unha institución.
-
-
Orde ou instituto relixioso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo estatal español creado en 1941 pola Lei de Bases de Ordenación Ferroviaria e do Transporte por Estrada. A súa creación significou a estatalización de todas as vías férreas do ancho especial adoptado por España e respondeu á necesidade de reconstruír as liñas destruídas pola Guerra Civil Española (1936-1939). Absorbeu as compañías dos principais ferrocarrís: Caminos de Hierro del Norte de España, Compañía de los Ferrocarriles de Madrid a Zaragoza y a Alicante e a Compañía Nacional de los Ferrocarriles del Oeste. Xestionouse como unha empresa privada, pero o seu presidente é nomeado polo ministro de Transporte. Coa entrada en vigor o 1 de xaneiro de 2005 da nova lei do sector ferroviario desapareceu o monopolio público no sector ferroviario e comezaron a súa andaina Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (Adif), encargado da xestión da rede e dos activos, e a RENFE Operadora, integrada polos sectores de transportes de viaxeiros e mercadorías: Ave, Grandes Líneas, Regionales,...
-
-
Acción e efecto de repoboar.
-
Acción desenvolvida durante a Reconquista (ss IX e XIII) na Península Ibérica. Tivo como finalidade volver poboar con cristiáns os territorios que foran conquistados polos musulmáns durante o s VIII, para asegurar a súa defensa e a explotación agrícola e gandeira. Beneficiou especialmente os mosteiros, as ordes militares e a nobreza. Nos reinos occidentais fíxose inicialmente por medio da presuria e nos orientais pola aprisio. O repoboamento de Galicia, val do Douro e o alto Ebro (ss VIII-X) foron obra de homes libres e de mosteiros bieitos. Mentres en Galicia e León os campesiños foron absorbidos axiña polos grandes propietarios, en Castela mantívose a pequena propiedade. Nos ss XI e XII a repoboación chegou ata o Tajo e o val do Ebro. Nas zonas fronteirizas favoreceuse pola concesión ás cidades de foros, cartas de franquía ou poboamento, con exencións fiscais. No interior repobouse o Camiño de Santiago, con francos e mosteiros cluniacenses, e outras zonas ata entón desérticas, con monxes...
-
reforestación.
-
-
-
Xornalista especializado en reportaxes ou noticias.
-
Reporteiro que se encarga do testemuño gráfico dun feito ou acontecemento.
-
-
-
Acción e efecto de representar.
-
Conxunto de persoas que representan unha corporación.
-
Cousa que representa algo ou a alguén.
-
Poder, de carácter revogable, outorgado legalmente a un procurador, avogado ou graduado social colexiado, para representar a alguén nunha causa procesual. Este poder remata coa morte da persoa que o dá, se o litigante transmite os seus dereitos sobre a cousa litixiosa a outra persoa ou á morte ou cese no oficio do procurador.
-
Reprodución consciente dun obxecto efectivamente presente, dunha percepción pasada ou dun acontecemento futuro. Segundo o sentido que predomina na percepción dos obxectos fálase de representacións ópticas ou acústicas, entre outras. Segundo a forma que a representación adopta fálase de representacións eidéticas e non eidéticas, conceptuais, efectivas ou volitivas.
-
Grupo de permutacións, matrices ou transformacións que é isomorfo respecto doutro grupo dado. Cando se trata con grupos abstractos é necesaria unha representación do grupo, para operar mellor con el.
-
Dado un grupo G, grupo H tal que existe un homomorfismo de G en H epixectivo (ou exhaustivo). Dise que H é a representación de G.
-
Obra de teatro presentada ante o público.
-
Método gráfico mediante o que é posible debuxar unha figura (punto, curva ou superficie) nun espazo dado.
-
Método que permite representar figuras ou elementos do espazo mediante debuxos planos. Dos sistemas de representación máis utilizados destacan os diferentes tipos de proxección (como o de planta e alzado) e de perspectiva. Constitúe a base da xeometría descritiva e ten unha aplicación importante no debuxo técnico.
-