"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
-
Acción e efecto de reproducir ou reproducirse.
-
-
Cousa que reproduce outra.
-
Obxecto que reflicte ou está conformado como outro obxecto artístico tido por orixinal, para utilizalo en maior ou menor grao como intermediario para a documentación, coñecemento ou fruición dos valores históricos, culturais, estéticos ou funcionais do obxecto orixinal. Comprende a copia fiel de imaxes sagradas, a repetición de escenas ou motivos na Antigüidade e no mundo medieval, a fabricación de copias nos talleres renacentistas, a difusión do gravado, ou os revivals, e a produción industrial.
-
-
-
Proceso polo que os seres vivos aseguran a aparición de elementos ou individuos novos ou idénticos aos seus proxenitores. Constitúe un fenómeno que se manifesta en varios niveis. A nivel molecular tradúcese na duplicación do ADN. A nivel celular relaciónase co crecemento da célula, que cando acada un tamaño concreto comeza a súa división. Nos organismos unicelulares a capacidade de reprodución dunha célula representa a produción dun novo individuo. Nos organismos pluricelulares aparece a sexualidade, a diferenciación sexual e a fecundación mediante dous gametos, que é a forma máis normal de reprodución. A reprodución sexual supón unha diversificación, xa que o organismo que resulta é unha mestura dos carácteres dos dous proxenitores. Se ben a reprodución sexual é característica dunha evolución avanzada, moitos organismos pluricelulares non perderon a asexual. Das modalidades de reprodución asexual destacan a xemación, a esquizoxénese, a esporoparidade e a partenoxénese. Na reprodución sexual,...
-
Renovación dunha parte orgánica destruída.
-
-
Operación contraria á gravación pola que se reconstitúe a información primitiva. No caso da reprodución do son, obtéñense as ondas sonoras compoñentes da información almacenada nun disco, unha fita magnética ou unha película cinematográfica. Os equipos empregados constan de varios elementos ou aparatos: o dispositivo de lectura, o amplificador, co preamplificador e os altofalantes (dispostos a miúdo en caixas acústicas) ou auriculares.
-
Proceso que permite, dadas unhas determinadas condicións económicas, sociais e técnicas, a produción específica e o mantemento do modo de produción en que estas teñen lugar. Introducido polo marxismo, parte da consideración das condicións materiais que fan posible o autosostemento dun determinado modo de produción, é dicir, o proceso que consiste en converter constantemente unha parte dos produtos creados en novos mediante a produción. A reprodución simple dáse nun sistema produtivo que conserva indefinidamente as mesmas dimensións e a mesma composición interna, é dicir, que os novos medios de produción xerados só conseguen substituír o capital que se vai consumindo. A reprodución ampliada pecha o proceso de acumulación, e por iso os novos medios de produción xerados son máis grandes, o que non sería necesario para substituír o capital fixo consumido.
-
Método demográfico que permite medir dunha forma clara e operativa o número dos nacementos. O futuro dunha poboación depende do número de mulleres fértiles e do seu comportamento cara á procreación. A medida máis efectiva da fecundidade en previsión ao futuro é o cálculo das probabilidades de relevo xeneracional das mulleres en idade fértil (15-49 anos) dunha poboación estudada. O método parte do cálculo das taxas de fecundidade por idades nun momento dado, en tanto por un. A suma destas considérase a probabilidade de procreación per cápita das mulleres da poboación mencionada durante un certo período de tempo. Multiplicando a probalidade de reprodución (número de fillos por muller) por 0,488 (estatisticamente de cada 100 nacidos, 48,8 son nenas) obtense a taxa bruta de reprodución. Esta taxa non garante que as substitutas nacidas acaden unha idade fecunda, xa que isto depende das taxas de supervivencia da poboación feminina en cuestión. En consecuencia, para ter garantías...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á reprografía.
-
-
Que se despraza arrastrándose.
-
Que é de carácter rastreiro e egoísta.
-
-
Relativo ou pertencente aos réptiles.
-
Vertebrado da clase dos réptiles.
-
Clase de vertebrados poiquilotermos, co corpo cuberto dun tegumento córneo, provisto de catro extremidades pentadáctilas con dedos acabados en poutas (agás nos ofidios), esqueleto osificado, un só cóndilo occipital e respiración pulmonar. A pel, igual ca a respiración, está completamente adaptada á vida en terra firme e por iso está case desprovista de glándulas e forma un verdadeiro exoesqueleto de escamas ou placas córneas que nos escamosos e nos rincocéfalos muda periodicamente e noutros, como os crocodilianos e os quelonios, medra co animal. Excepto nos ofidios e nalgúns grupos de sauros, teñen dous pares de extremidades iguais pentadáctilas. Son unisexuais, con fecundación interna mediante órganos copuladores específicos e ovíparos, excepto algunhas especies de ofidios ovovivíparos e algúns sauros vivíparos. Os ovos son incubados xeralmente ao sol. O desenvolvemento é directo. Son carnívoros ou ben herbívoros, de baixo metabolismo; os que habitan en zonas temperadas teñen épocas de...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de Francia que vai desde o 4 de setembro de 1870 ao 10 de xullo de 1940. A consecuencia da derrota francesa na Guerra Franco-prusiana (1870-1871) e da axitación popular que culminou na Comuna de París (1871), caeu o Imperio, e foi promulgada a Constitución de 1875, que precedeu o triunfo electoral dos republicanos. Superada a crise do programa de Georges-Ernest Boulanger e do caso Dreyfus, os radicais accederon ao goberno. Durante este período a expansión colonial recibiu un forte pulo, e Francia participou na Primeira Guerra Mundial (1914-1918). Rematada esta, gobernou a dereita nacionalista e conservadora, pero a crise de 1929 provocou unha radicalización do país, que permitiu o triunfo da Fronte Popular de Léon Blum en 1936. Fracasado este ao non poder superar a crise, foi substituído por unha coalición de radicais e moderados. A política de claudicación adoptada ante o expansionismo de Adolft Hitler (1938) non puido evitar a Segunda Guerra Mundial (1939-1945), que...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Pontevedra a partir de 1873. Editado nos obradoiros tipográficos de A. Landín e dirixido por Indalecio Armesto, veu substituír a La Crónica, un xornal fundado e dirixido en 1872 por Anxo Limeses.
-
-
Calidade de republicano.
-
Doutrina dos partidarios da república como forma de goberno. A partir das achegas ideolóxicas de John Locke, Montesquieu e Jean-Jacques Rousseau, apareceu moi relacionado inicialmente co liberalismo. Tivo as súas primeiras realizacións prácticas nos estados da Unión nortemericana e na Primeira República Francesa e estendeuse ao longo do s XIX nos novos estados latinoamericanos. O establecemento en EE UU dunha república federal significou un forte impulso para a expansión do republicanismo, que se baseou no consenso popular e nos dereitos do home. En Francia, os republicanos comezaron a organizarse a partir da revolución de 1830 e conseguiron a instauración da Segunda República (1848-1852). Durante o Segundo Imperio foron reprimidos, pero fixeron avances importantes ata obteren o triunfo definitivo coa instauración da Terceira República (1870-1940). En Italia, o republicanismo comezou con G. Mazzini, que fundou a Nova Italia (1831-1848) e despois da ditadura fascista, proclamouse a república...
-
Pensamento favorable á forma de goberno republicana.
-
-
-
Acción de resolver ou resolverse.
-
-
Decisión que se toma despois de reflexionar e valorar con atención unha cuestión problemática.
-
resolución ordinaria
Acto ou providencia que outorga o xuíz para que se faga ou execute aquilo que demandan as partes.
-
resolución xudicial
Determinación tomada polos tribunais de xustiza.
-
resolución xudicial firme
Determinación tomada polos tribunais de xustiza que se considera definitiva e non acepta recurso.
-
-
Calidade da persoa que non vacila e actúa con determinación.
-
Momento, aspecto ou dimensión da análise, que consisten na descomposición do obxecto desta nos seus elementos constituíntes e, por iso mesmo, máis simples.
-
Procedemento destinado a resolver un problema, especialmente unha ecuación ou un sistema de ecuacións.
-
Curación, espontánea ou mediante a medicación axeitada, dunha doenza, dunha ferida ou dun tumor, coa que o corpo ou o órgano afectado recobra o estado normal.
-
...
-
-
-
-
Respecto ou admiración profunda que se sente por algo ou por alguén.
-
Título honorífico dado a determinados eclesiásticos, especialmente relixiosos regulares.
-
-
Inclinación que se fai coa parte superior do corpo para saudar respectuosamente.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao tratamento honorífico dado aos bispos e ás altas dignidades eclesiásticas.
-
-
Que é digno de reverencia ou respecto.
-
-
Aplícase como tratamento honorífico a dignidades eclesiásticas, prelados e comunidades relixiosas. OBS: Adoita ir anteposto ao substantivo.
-
Título honorífico que se outorga a relixiosos e sacerdotes católicos e protestantes.
-
-
Aplícase como tratamento honorífico outorgado antigamente a determinados persoeiros da clase alta. OBS: Adoita ir anteposto ao substantivo.
-
-
-
Doutrina que pon en dúbida os principios ideolóxicos en que se sustenta un determinado movemento sociopolítico.
-
Posición que, partindo do marxismo expresa unha revisión nos seus aspectos filosóficos, económicos e políticos. Empregárono a finais do s XIX os marxistas ortodoxos para designar as teorías de Eduard Bernstein, que postulaban un proceso de construción do socialismo baseado no reformismo político e contrario ás teses revolucionarias do marxismo. No terreo filosófico, significou o abandono do materialismo dialéctico e o retorno ao idealismo kantiano. Enraizou fortemente na práctica da socialdemocracia alemá e na doutros partidos europeos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Madrid a partir de xullo de 1923. Fundada por José Ortega y Gasset, o seu obxectivo foi ofrecer claridade ao caos intelectual en que se atopaba Europa tras a Primeira Guerra Mundial presentando unha xerarquía de temas literarios e científicos sempre afastados da política. Atendeu a todas as novas correntes de creación artística e literaria, mesturando entrevistas, ensaios e artigos con números monográficos que trataban desde os valores consagrados ata as novas promesas. A revista cesou en xullo de 1936, pero en 1963 renaceu da man do fillo de Ortega y Gasset, José Ortega Spottorno. A súa terceira época comezou en 1980, dirixida pola outra filla de Ortega y Gasset, Soledad, que editou a Fundación José Ortega y Gasset. Nestas etapas mantívose fiel ás súas orixes, e converteuse na publicación de divulgación científica e cultural de referencia en España e Hispanoamérica que cada mes recolleu a actualidade máis relevante no campo do pensamento, a ciencia e a creación literaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Ourense a partir de maio de 1985. Subtitulada “Información, creación e humor”, foi dirixida por Manuel Díaz e Xosé Manuel del Caño. Como publicación de información e creación intelectual, incluíu composicións literarias, caricaturas e humor gráfico a cargo de Xaquín Marín, Xosé Lois ou Pepe Carreiro. A portada incluíu reproducións de gravados de artistas consagrados e contou con colaboracións literarias de destacados escritores galegos de tendencia nacionalista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada na Coruña a partir do 12 de marzo de 1895 que cesou o 30 de xuño de 1907 (nº640). Subtitulada “Semanario de literatura e intereses regionales”, foi dirixida por Galo Salinas. Publicación emblemática do rexionalismo galego, a partir do 14 de novembro de 1897 proclamouse “Órgano oficial de la Liga Gallega en La Coruña”, acentuando entón as súas posicións respecto da normalización da lingua galega e do seu ensino. Ese mesmo ano incluíu información do Boletín Bibliográfico de la Librería Gallega, que daba conta das publicacións na Coruña. Completaba os seus contidos con artigos sobre lingua e literatura, o teatro galego, a emigración ou a historia do xornalismo en Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Pontevedra a partir do 10 de agosto de 1849 que cesou o 30 de novembro dese ano (nº11). Subtitulado “Periódico de crítica y literatura”, foi dirixido por Isidoro F. Monge. Incluíu artigos de fondo e poesías e saíu tres veces ao mes. Tivo unha segunda época entre marzo e setembro de 1867, funcionando como Revista de Instrución Pública. Refundado por Cuveiro Piñol e dirixido por Augusto Escarpizo, mantivo o seu carácter literario e científico. En outubro de 1868 fusionouse con La Voz del Pueblo.
-
-
-
Movemento de rotación dun corpo arredor dun eixe.
-
Cada unha das voltas que dá un corpo arredor dun eixe.
-
revolucións por minuto [rpm]
Unidade de velocidade angular que equivale ao número de veces que rota un corpo arredor dun eixe volvendo á súa posición inicial nun minuto.
-
-
-
Movemento dun astro que describe unha traxectoria cerrada, denominada órbita, arredor dun astro considerado fixo. É o caso dos planetas arredor do Sol ou dos satélites arredor do planeta correspondente.
-
revolución anomalística
mes anomalístico.
-
revolución dracónica/draconítica
Movemento de revolución da Lúa arredor da Terra, cando se toma como orixe o nodo ascendente. Dura menos ca unha revolución sideral, cun período de 27 días, 5 horas, 5 minutos e 35,8 segundos, e constitúe o mes dracónico ou draconítico.
-
revolución sideral
Movemento dun astro que, partindo dunha posición caracterizada por unha certa dirección respecto das estrelas fixas, o volve situar na mesma posición inicial. No caso dun planeta, unha revolución sideral é unha revolución completa deste arredor do Sol, constituíndo a súa duración un ano sideral para o planeta considerado. O período da revolución sideral da Lúa constitúe o mes sideral ou período sideral da Lúa.
-
revolución sinódica
Movemento dun astro que, partindo dunha conxunción respecto ao Sol e á Terra -cando se trata dun planeta interior ou da Lúa- ou dunha oposición -cando se trata dun planeta exterior- o volve situar, respectivamente, en conxunción ou en oposición. É unha revolución aparente e relativa para un observador situado na Terra. Resulta da composición dos movementos do astro considerado e da Terra. O período da revolución sinódica da Lúa constitúe o mes sinódico ou lunación.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de transformación socialista de China. Rematada a Segunda Guerra Mundial, as forzas do Guomindang dirixidas por Chiang Kai-shek retrocederon ante a contraofensiva dos comunistas e o 1 de outubro de 1949 Mao Zedong, máximo dirixente dos comunistas, proclamou en Pequín a República Popular China. A vitoria militar iniciou unha primeira fase revolucionaria marcada por catro feitos: a primeira reforma agraria (1947 e 1950), a reforma do idioma, a lei de casamentos (1950) e a Guerra de Corea (1950-1953). En 1953 púxose en funcionamento o primeiro plan quinquenal (1953-1957), baseado na nova reforma agraria (1955), levada a cabo mediante cooperativas e granxas estatais segundo o modelo soviético. As relacións coa URSS empeoraron por causa das diferenzas estruturais entre ambas as dúas revolucións. O segundo plan quinquenal (1958-1963) radicalizou a reforma agraria, creando comunas populares, insistindo na industrialización pesada e nas obras de interese colectivo. O plan fallou, e foi...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Levantamento revolucionario que tivo lugar en París os días 27, 28 e 29 de xullo de 1830, provocando a caída de Carlos X de Francia. O 18 de marzo de 1830 os deputados asinaron un manifesto onde figuraban as queixas da cámara contra a Guerra de Alxeria e a progresiva conxelación dos dereitos proclamados na Constitución de 1814. O 26 de xullo suprimiuse a liberdade de prensa, disolveuse a cámara e modificouse o sistema electoral, o que comportou a reconstitución da Garda Nacional. O pobo sublevouse e Carlos X tivo que abdicar. Finalmente acordouse nomear rei a Luís Filipe, duque de Orleáns, que aceptou o título (Luís Filipe I de Francia).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia de Francia que abrangueu desde a formación dos Estados Xerais, o 5 de maio de 1789, ata o golpe de estado do 18 de brumario de 1799. Supuxo a caída do Antigo Réxime e a obtención do poder político por parte da burguesía. A sociedade do Antigo Réxime non se adecuaba á nova realidade económica e social, ao excluír do poder político ao sector máis dinámico da sociedade, a burguesía. A filosofía da Ilustración asentou as bases ideolóxicas deste cambio. A etapa preliminar foi a Revolta dos Privilexiados (1787-1789), que tivo lugar cando os ministros da monarquía tentaron resolver a crise económica mediante a supresión dos privilexios fiscais. Impúxose a convocatoria dos Estados Xerais que se reuniron en Versailles o 5 de maio de 1789. Os deputados da burguesía (Terceiro Estado) constituíronse en Asemblea Nacional e pronunciaron o xuramento do Xogo da Pelota. O pobo de París mobilizouse e o 14 de xullo de 1789 tivo lugar a Toma da Bastilla, símbolo do absolutismo monárquico....