"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de manganeso, de fórmula MnSiO3 que cristaliza no sistema triclínico. É exfoliable e fráxil, e presenta unha fractura concoidal. Ten unha dureza de 5,5 a 6,5 e un peso específico de 3,4 a 3,7 e unha cor vermella carne e ás veces escura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plastidio propio das células das rodofíceas, de cor vermella, que ademais da clorofila contén os pigmentos ficocianina e ficoeritrina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Con-xo, Santiago de Compostela 20.4.1901 - Saint Georges de Dreux, Normandie 29.10.1995) Escultor. Coñecido como Bonome, formouse na tradición imaxineira santiaguesa. Nesta época realizou obras de carácter populista e primitivista como Aldeán ou A volta da feira. Realizou outras de estilo máis expresionista, como A vella do violín. En 1924 trasladouse a Madrid, onde obtivo certa relevancia grazas á súa técnica de talla directa e policromada sobre madeira, de carácter expresionista (Virgen del Rosario, 1923). Continuou a realizar obras encadradas no primitivismo (Recordo, 1924-1925; O meigallo, 1925) xunto con outras máis intimistas (Maternidade, 1926; Duquesiña, 1926-1927) e retratos (Portela Valladares, 1925; Antonio Palacios, Ofelia Nieto). En 1929 instalouse en París, onde dulcificou o seu estilo, apostando por un refinamento técnico e temático. Destacan A...
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Foz 13.12.1951) Xeógrafo e pedagogo. Catedrático de Didáctica das Ciencias Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, a súa dedicación profesional está relacionada coa formación inicial e continuada do profesorado. Publicou varias obras de carácter didáctico e xeográfico, das que destacan Valor y usos del suelo urbano en Lugo (1989), Os ríos galegos: morfoloxía e réxime (1992), en colaboración con F. J. Río Barja, Didáctica das ciencias sociais na educación infantil (1995) e La actividad humana y el espazo geográfico (2000).
-
-
Relativo ou pertencente a Romanía, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Romanía.
-
Lingua románica do grupo balcanorrománico do phylum indoeuropeo, falada en Romanía, Moldavia e, en diferentes graos, en todos os países da Península Balcánica. Distínguense catro variedades dialectais: o dacorromanés, que se fala en Romanía e nalgunhas zonas fronteirizas dos países veciños; o macedorromanés ou arromanés, que se fala en Grecia, Albania e Bulgaria; o meglenorromanés ou meglenítico, ao N do golfo de Salónica; e o istrorromanés, en Istria; tamén se engade o dálmata, xa extinguido (s XIX). O dacorromanés divídese en dous subdialectos: o moldavo e o valaco. A lingua literaria romanesa fundaméntase en ambos os dous, pero especialmente no segundo. As diferenzas que existen entre estas catro variedades dialectais son tan grandes que a comprensión entre os seus falantes é difícil: o grego influíu profundamente no macedorromanés, o búlgaro no meglenorromanés, o croata no istrorromanés e o eslavo no dacorromanés...
-
Arte desenvolvida nos territorios da actual Romanía. Recolle a arte dos antigos principados de Valaquia, de Moldavia e de Transilvania. Á parte dos vestixios prehistóricos e os de tradición grecorromana, destaca como característica da arte popular o traballo sobre madeira. As creacións artísticas presentan diferenzas entre Transilvania, máis influída por Occidente, e Valaquia e Moldavia, dentro da órbita da Igrexa Ortodoxa de Constantinopla. En Transilvania, ao lado de igrexas onde se mesturan elementos bizantinos e occidentais (Denşus, Strei-Sîngeorgiu, do s XIII), construíuse en estilo románico tardío (Alba Iulia), gótico (igrexa negra de Braşov) e renacentista (Bistriţa). O Renacemento empregouse en obras civís (Gherla, Criş), mentres que o barroco austríaco empregouse en obras civís e militares (Timişoara, Oradea, Cluj, Silbiu). En Valaquia adoptouse o estilo bizantino (igrexa de Curtea de Argeş, mosteiro de Cozia, s XIV), pero despois formouse un estilo...
-
Cine desenvolvido en Romanía. A primeira representación cinematográfica tivo lugar o 27 de maio de 1896, aínda que o cine deste país tivo nos seus inicios moi pouco apoio por parte do estado. En 1912 realizouse a primeira longametraxe: Rǎzboiul Independentei (A guerra da independencia, 1877-1878), dos irmáns Brezeanu. Destaca, tamén, o filme Manasse (1925) de J. Mihail. En 1948 iniciouse unha nova etapa a raíz da nacionalización da industria cinematográfica. Creáronse uns estudios que ofreceron, ademais da realización, a produción de filmes dunha ampla temática que vai desde a folclórica-popular ata a de temática científica. Utilizando como fonte de inspiración o pasado histórico, a loita do pobo romanés pola súa independencia e a adaptación de obras literarias, xurdiu unha nova etapa en que destacan os filmes În sat la noi (O pobo, a nosa casa, 1951) de J. Georgescu e V. Iliu; Eruptie (Erupción, 1958) de L. Ciulei; Lupeni 29 (1962)...
-
Literatura cultivada en romanés. As primeiras obras, dos ss XV e XVI, foron relixiosas. No s XVII e comezos do XVIII apareceron obras profanas, en que destacaron unha serie de brillantes cronistas, como o humanista D. Cantemir. Progresivamente, a influencia eslava foi substituída pola influencia grega, a través da que chegou a Romanía o humanismo occidental. O desvelo nacionalista do s XIX produciu a afirmación intelectual da conciencia romanesa, que buscaba a súa fonte literaria nos contos e nos poemas populares. Conseguiron liberarse da submisión ás correntes literarias occidentais os poetas V. Alecsandri e M. Eminescu, o narrador I. Creangǎ e o dramaturgo I. L. Caragiale. A comezos do s XX a literatura romanesa orientouse, dunha banda, cara á exaltación dos valores populares do movemento sǎmǎnǎtorista, onde destacaron os poetas G. Cosbuc, S. Iosif e O. Goga, e narradores como M. Sadoveanu; e, doutra, cara á adhesión ás correntes...
-
Arte musical cultivada en Romanía. A música popular romanesa é dunha gran riqueza e está constituída por modos, elementos pentatónicos e extensos melismas. Destacan as kolinde ou panxoliñas e as dóinǎ ou cancións pastorais. A música culta comezou a cultivarse no s XVIII. O máis grande representante da música romanesa foi Georges Enescu, formado en París; destacaron tamén Michal Andrico e o pianista Dinu Lipatti (1917-1950). Bucarest, centro operístico desde finais do s XVIII, ten unha vida musical moi activa.
-
-
-
Acción e efecto de romanizar ou romanizarse.
-
Proceso histórico de implantación da organización e da cultura de Roma en todo o Imperio Romano. A unidade política foi seguida da unidade cultural, facilitada polo uso do latín. Só Oriente, provisto dunha cultura superior e helenística, mantivo a lingua e a civilización gregas e alí o proceso foi menos intenso. A verdadeira romanización caracterizouse pola latinización e foi propia de Occidente no Mediterráneo. A pesar dun certo bilingüismo, o latín foi a lingua oficial nas provincias occidentais, imposta pola administración, a escola, a xustiza, o exército e o comercio. En moitos lugares, porén, debeu ser a penetración cristiá a que finalizou o proceso de latinización. Deste xeito, a literatura latina deixou de ser axiña unha creación exclusiva de Roma e de Italia. Pero, máis que a literatura escrita, foi o repertorio teatral o procedemento que tivo unha influencia superior na educación das masas. Tamén cumpriron funcións específicas neste proceso a concesión do dereito de cidadanía,...
-
-
-
-
Relativo ou pertencente a Roma ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Roma.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao pobo romano.
-
Individuo do pobo romano.
-
Pobo de raza indoeuropea que habitaba a cidade de Roma. De procedencia incerta, os testemuños arqueolóxicos proban que, xa desde o s X ao VII a C, sobre os outeiros romanos, se foron formando unhas comunidades que, co tempo, obtiveron unha certa unidade política e participaron das leis do pobo latino. Sábese que, de entre todas as comunidades, Alba exerceu a supremacía ata que foi derrotada por Roma, que pasou a ostentar a hexemonía da Liga Latina. Séculos máis tarde, cando a urbe se converteu en imperio, convertéronse en romanos os habitantes de Roma e tamén todos os habitantes das terras que esta conquistou.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos territorios do Imperio Romano ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante dos territorios do Imperio Romano.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Período da historia romana que se inicia despois das guerras civís e dos triunviratos. Foi unha fórmula de goberno concibida por Caio Xulio César, e inaugurouna Octavio Augusto. A institución descansa sobre dous feitos: a concentración das dignidades e dos poderes republicanos, políticos e relixiosos nas mans dun só home, e a creación de novos órganos da administración dimanados só del. Adóitase dividir en dous grandes períodos: o principado ou Alto Imperio, respectuoso, ata certo punto, coas institucións republicanas; e o dominado ou Baixo Imperio, de carácter militarista e absolutista, a partir de Diocleciano. O s III que os separa foi un século de transición. O primeiro período comeza coa etapa dos doce césares (27 a C-96 d C), que pertencen, agás dun período de crise, a dúas dinastías, a xulio-claudia (27 a C-68 d C) e a flavia (69-96). Augusto (27 a C-14 d C), restaurador da relixión e creador dunha sociedade xerarquizada e dun novo exército, esforzouse, en primeiro lugar, en asegurar...
-
-
Calidade de romántico.
-
Movemento artístico e espiritual que, nos últimos decenios do s XVIII e durante o s XIX, se estendeu por Europa e determinou unha renovación profunda, sobre todo na literatura, pero tamén noutras manifestacións da arte e da vida. O termo romántico apareceu primeiro en Inglaterra durante o s XVII, e a complexidade dos aspectos da vida e das actitudes que revestiu o romanticismo, xunto á diversidade das tradicións nacionais en que se inseriu, dificultan unha definición. Así, aparece ás veces como un movemento revolucionario e outras veces como un movemento de restauración. Tamén se estableceu unha distinción entre o romanticismo da primeira xeración e o da segunda, e fíxose constar que a evolución seguiu direccións diferentes en Alemaña e no resto de Europa occidental. Mentres o romanticismo alemán partiu dunha actitude revolucionaria e foi parar a unha posición reaccionaria, o europeo occidental partiu desde unha posición conservadora e monárquica e evolucionou cara a unha actitude puramente...
-
-
-
Festa popular arredor dun lugar santo.
-
Afluencia continuada de xente a un lugar.
-
iaxe de peregrinos, especialmente a feita por devoción a un santuario. Tradicionalmente distinguiuse entre romeiro, o que visita as tumbas dos santos apóstolos Pedro e Paulo en Roma; palmeiro, o que visita os lugares santos da vida, paixón e morte de Xesús Cristo en Xerusalén; e peregrino, o que visita a tumba do apóstolo Santiago en Compostela. Desde o punto de vista histórico-relixioso, trátase da viaxe emprendida, individual ou colectivamente, para visitar un lugar santo, onde se manifiesta dun modo particular a presenza dun poder sobrenatural. Considerada desta maneira, atópase desde a prehistoria en case todas as relixións, agás no brahmanismo máis antigo e na primitiva doutrina búdica. No mundo prehistórico e clásico a súa meta podían ser lugares naturais, ríos, fontes, montañas, cavernas ou grutas en cuxa proximidade, en moitos casos, se levantaron posteriormente santuarios dedicados a algunha divindade. Tamén tiña por obxecto cidades ou templos consagrados polo recordo ou a presenza...
-
-
-
Que ten a forma dun rombo.
-
Sistema cristalino con tres clases de simetría, en que o poliedro fundamental é un paralelepípedo rectangular, forma composta de tres pinacoides básicos. As arestas do poliedro fundamental son os eixes cristalográficos do sistema e forman tres ángulos rectos: á=â=ã. A bipirámide rómbica formada por oito caras ten forma de triángulos escalenos, corta os tres eixes fundamentais segundo parámetros desiguais a, b, c. OBS: Tamén se denomina sistema ortorrómbico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composición instrumental, moi frecuente nos ss XVII e XVIII, de esquema estrófico ABACADA, en que A é o refrán e as restantes estrofas están en tonalidades derivadas deste. Dentro desta forma destacan os rondeaux para clavicémbalo de Jean-Philippe Rameau.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Satélite lanzado en xuño de 1990 nunha misión internacional preparada por científicos alemáns. Provisto dun telescopio de raios X, a súa misión foi rastrexar o ceo e facer un inventario das fontes de raios X, ademais de estudar diversos obxectos por separado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fragmento dunha pedra de basalto descuberto en Rosetta (Exipto) en 1799 polo oficial francés André Joseph Boussard. Datada en 196 a C, ten tres inscricións, unha en caracteres xeroglíficos, outra en demóticos e a terceira escrita en grego. Relata un decreto emitido polo sínodo de sacerdotes exipcios reunidos en Menfis para celebrar o primeiro aniversario do coroamento de Ptolomeo V. É un dos documentos empregados por Jean-François Champollion para descifrar a escritura xeroglífica. En 1801 foi entregada aos británicos. Consérvase no British Museum.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en András (Vilanova de Arousa). Edificouse no s XVI no terreo dunha antiga fortaleza do s XV. Ten planta en forma de L, cunha capela no ángulo das dúas ás, construída en 1751. No corpo da torre hai unha solaina apoiada sobre pilastras e unha cheminea rematada con pináculos. Foi declarado BIC en 1976.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadernos de reforzo escolar creados por Ramón Rubio Silvestre, fundador en 1956 de Ediciones Técnicas Rubio, para perfeccionar os trazos caligráficos e potenciar o traballo mental de asimilación das matemáticas e dos problemas a través de tres liñas de edición: preescolar, escritura, e operacións e problemas, dirixidas a nenos entre 3 e 12 anos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enzima responsable da asimilación redutora do dióxido de carbono no nivel dos glícidos en practicamente todos os organismos fototróficos e na maior parte dos quimiolitotróficos.
-
-
-
Cada unha das trinta e dúas partes iguais en que está dividida a rosa náutica ou rosa dos ventos.
-
Ángulo formado pola dirección da proa dunha embarcación co meridiano xeográfico, co magnético ou co da agulla, denominados respectivamente, rumbo real, rumbo magnético e rumbo aparente. O rumbo real é igual ao rumbo aparente máis o abatemento ou corrección total, que é a suma da declinación magnética e da desviación. Denomínase rumbo directo ao rumbo resultante dos diferentes rumbos feitos durante o tempo do cálculo.
-
Dirección que segue unha embarcación, unha corrente ou a marea.
-
Orientación dunha construción ou dunha cousa estática, como un peirao ou unha costa.
-
Buraco que atravesa de lado a lado a obra viva dunha embarcación, a proa ou a popa, cerca, respectivamente, da roda ou co codaste, polo que se pasa un cabo ou un cable na operación de varala ou de levala a terra.
-
-
Ángulo que forma a dirección da proa dunha aeronave coa dirección N-S.
-
Dirección na que se despraza algo ou alguén.
-
Maneira de acturar ou de desenvolverse dunha persoa ou dun asunto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado en Ourense a partir do 28 de febreiro de 1937. Cesou ese mesmo ano. Subtitulouse “Órgano de Falange Española de las J.O.N.S”. Dirixido por Bartolomé Mostaza e editado nos obradoiros tipográficos de La Zarpa, ofreceu noticias da formación falanxista, un parte oficial de guerra e discursos de Queipo de Llano, sempre cun carácter propagandista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos signos utilizados na escrita xermánica máis antiga, cun valor asemade gráfico e máxico. O conxunto destes signos coñecíase co nome de fut-hark. Segundo o momento e o lugar, a orde e o número do conxunto pode variar. A serie máis corrente e orixinaria era de 24 caracteres. Coñécense tres grupos básicos: o xermánico, de 24 signos, divididos en tres grupos de 8, gravados sobre obxectos diversos en terras de Xermania; o anglofrisio, difundido especialmente na Inglaterra actual, cun notable incremento no número de signos, posiblemente motivado pola maior complexidade do sistema fonético; o escandinavo, cunha historia máis complexa, con máis mutacións, e subdividido en runas danesas, as de máis difusión, por toda Escandinavia, e en runas sueco-noruegués, de pouca difusión, pero co notable monumento da pedra de Rök. Aínda non se puido aclarar con certeza a súa orixe. Algúns autores consideran que son de orixe latina; outros, que...