"nicar" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 16.

    1. Agocharse, poñéndose en crequenas co gallo de dar calor, para esconderse, etc.

    2. Sentir debilidade ou enfraquecemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Castelló de la Plana, na Comunitat Valenciana, situado na comarca do Baix Maestrat, na chaira de Vinaròs (19.229 h [1996]). O 86% da superficie do concello dedícase á agricultura (árbores froiteiras e oliveiras). Destaca tamén a cría das aves de curral e a actividade pesqueira. A industria, moi desenvolvida e diversificada, converteuse no primeiro sector de actividade, destacando as ramas téxtil, química, conserveira e da construción. O sector comercial e de servicios tamén é moi relevante, favorecido pola explotación dos seus recursos turísticos, contando cunha gran cantidade de establecementos de hostalería. O Rei Xaime I outorgoulle carta de poboamento en 1236. Dende 1316 formou parte da encomenda da Orde de Montesa. En 1522 Carlos I concedeulle o título de vila. Durante a guerra das Xermanías resistiu un sitio de vinte días dos insurrectos, permanecendo leal á coroa. Os carlistas incendiárona en 1837, no transcurso da Primeira Guerra Carlista. Entre o seu patrimonio...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar a coñecer algunha cousa a alguén.

    2. Transmitir unha información un emisor a un receptor a través dun código determinado.

    3. Transmitir unha persoa ou unha cousa algo inmaterial que lle é propio.

    4. Poñer en contacto dalgunha forma persoas, cousas ou espacios.

    5. Establecer unha comunicación entre un emisor e un receptor.

    6. Ser capaz de transmitir o seu propio saber sobre un determinado tema.

    7. Estar ocupada a liña do teléfono ao que se chama.

    8. Establecerse unha comunicación a través dun código determinado.

    9. Poñerse en relación persoas, cousas ou espacios.

    10. Pasar algo dunha persoa ou dun lugar a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comer algo aos poucos ou en anacos pequenos.

    2. Quitarlle os pétalos a unha flor un a un, ou as follas a unha planta.

    3. Arrincar, certos animais, as partes máis tenras das plantas cos dentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Envolver con panos.

    2. Preparar un morto para o enterro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acovardarse ou ter medo alguén.

    2. Perder alguén o ánimo ou a enerxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escachar os bordos de algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ter relacións sexuais, especialmente fóra do matrimonio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Privar a algo ou a alguén de comunicación

    2. Afastarse alguén do trato coa xente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reducir algunha cousa á nada.

    2. Dar nicadas unha ave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    República de América Central situada entre Honduras, ao N, Costa Rica, ao S, e bañada polo Mar Caribe, ao L, e polo Océano Pacífico, ao O (131.812 km2; 5.208.000 h [estim 2001]). A súa capital é Managua.
    Xeografía física
    O país está dividido por unha depresión en partes ben diferenciadas: a depresión en si, que inclúe a rexión lacustre das concas de Managua e de Nicaragua; a vertente do Pacífico, composta por unha estreita faixa ao O da depresión, constituída en parte por terras baixas e chás favorables para a agricultura e onde se concentra máis da metade da poboación; e a área de volcáns ao N da rexión anterior, con algúns volcáns activos, como o Cosigüina ou o Momotombo. No L da depresión esténdese o escudo central, meseta de rochas volcánicas, profundamente atravesada por numerosos ríos que desembocan no Mar Caribe (Coco, Prinzapolka, Grande de Matapalpa e Siquia) e que formaron unha baixa chaira litoral (costa de Los Mosquitos)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago do SO de Nicaragua (8.430 km2) que constitúe a conca lacustre máis grande de América Central. Ocupa unha parte dunha depresión de orixe tectónica que sufriu movementos de submersión en tempos xeolóxicos recentes, acompañados dunha notable actividade volcánica. Comprende as illas Ometepe, Zapatera, Solentiname e o arquipélago de Isletas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Nicaragua ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Nicaragua.

    3. Literatura en castelán producida en Nicaragua. Despois da independencia do país, a literatura desenvolveuse sen autores destacados, ata  Rubén Darío, con quen se iniciou unha corrente literaria modernista. No segundo cuarto do s XX apareceu un movemento de vangarda seguidor de Rimbaud, Lautréamont e o surrealismo (J. Coronel Urtecho, L. Alberto Cabrales) que produciu os grupos das revistas Vanguardia e Cuadernos del taller San Lucas (P. Antonio Cuadra, A. Ordóñez, J. Passos). Cara á metade da década de 1950 destacaron os poetas E. Mejía Sánchez, C. Martínez e, fundamentalmente, Ernesto Cardenal, aos que se uniron J. Eduardo Arellano, L. Rugama, Roberto Cuadra, F. Valle, Y. Blanco, O. Robleto e G. Belli. A narrativa mantivo a tradición realista e costumista con H. Robleto, A. Calero e J. Román. En teatro destacaron a finais da década de 1970 A. Ycaza, H. Peña, R. Steiner e E. Fernández Morales. Na década de 1990, cómpre salientar o labor dos narradores Gioconda Belli, autora...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Tocar unha campá de forma rápida e seguida para anunciar algo.

      2. Tocar un instrumento de percusión de forma rápida e repetida.

      1. Soar unha campá de forma rápida e repetida.

      2. Soar un instrumento rápida e repetidamente.

    1. Producir sons reiterados ao bater sobre algo.

    VER O DETALLE DO TERMO