"Afonso" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 97.
-
-
Antropónimo creado en Galicia pola confluencia de catro nomes xermánicos moi próximos: Aldefunsus, Hildefunsus, Hathufuns e Alafunsus. Os catro teñen en común o segundo elemento -fonsus procedente do gótico *-funs ‘rápido, veloz, disposto, valente’ pero diferéncianse no primeiro que vén ser respectivamente: Ad-
-
Liñaxe posiblemente de orixe asturiana que se estendeu por Galicia. Salientan membros das casas de Santalla de Debesa (Ribadeo), da Torre de Novaes (casa primitiva doutras castes galegas), da casa de Carres en Cesuras (Betanzos), do lugar de Candín (Val de Ancares), de Villaza (Verín), de Escornabois (Trasmirás), do lugar de Pereiros, de Santa María de Lodoselo ou de Piñeira Seca (Xinzo de Limia) ou os da Coruña e Lugo, entre outros. Algunha rama galega descende dos de Burgos e os de Toledo teñen o seu berce en Galicia. As armas desta liñaxe levan, en campo de ouro, seis roeles de goles e no medio, unha espada espida. A rama que se asentou en Vigo trae escudo tronchado por unha banda de ouro, engolada en cabezas de dragóns do mesmo metal, salpicadas de sinople e lampasadas da mesma cor; a partición alta, de azur, con tres estrelas de ouro e a partición baixa, de prata, cun león rampante, de púrpura, armado e lampasado de goles; o bordo é de ouro. Outras variantes presentan, en campo de...
-
-
PERSOEIRO
Bispo que rexeu a diócese de Ourense desde 1174 ata 1213 durante o Reinado de Fernando II, fillo de Afonso VII. O padre Flórez atribúlle un libro de milagres de santa Eufemia e a tradución do latín da vida de santo Antonio Abad.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
A única fonte de información que ofrece algúns datos sobre este autor, é a rúbrica atributiva e explicativa, que precede á única cantiga da súa autoría: “A° Gomez, jograr de Sarria, fez esta cantiga a Martim Moxa”. Segundo esta rúbrica sería un xograr natural de Sarria, que estivo relacionado con Martín Moxa. A ausencia de documentos que proporcionen referencias sobre a súa cronoloxía e sobre as relacións mantidas cos medios cortesáns, obrigou os investigadores a recorrer á súa relación con Martín Moxa. Así pois, Afonso Gomez probablemente desenvolveu a súa actividade poética na Corte castelá de Afonso X, na segunda metade do s XIII, concretamente na década 1270-1280. Se se teñen en conta as alusións que o autor fai na súa cantiga á vellez de Martín Moxa, este xograr podería estar aínda activo no derradeiro cuarto do s XIII ou incluso a comezos do século seguinte. Tanto nos cancioneiros onde se copiou a composición “a mia alma se perca”, (Cancioneiro da Biblioteca Nacional e Cancioneiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Infante de Castela. Fillo de Xoán II de Castela e de Isabel de Portugal, foi utilizado polo bando contrario a Enrique IV de Castela, quen o confiara a Juan Pacheco, marqués de Villena. O Rei aceptou que fose xurado herdeiro do Reino coa condición de que casase coa súa filla Xoana; máis tarde revogou a decisión e reclamou o infante. No 1465 foi proclamado Rei co nome de Afonso XII. No 1467 foi derrotado por Enrique IV na Batalla de Olmedo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor. Fillo dun procurador da República, José Nepomuceno Afonso e de María das Dores. Durante a súa infancia percorreu diversos países, entre outros Angola, Mozambique e Belmonte, que suporían continuas referencias no seu desenvolvemento artístico. Dende a década dos 40 ata 1953, Coimbra foi a súa residencia. Moi ligado á Facultade de Letras e ao Liceo, foi durante esta etapa integrante do Orfeão Académico e da Tuna Académica da Universidade. A partir de 1955, comezou a súa etapa dentro do ensino percorrendo varias vilas portuguesas. Zeca Afonso gravou o seu primeiro disco no 1953, Fados de Coimbra. Entre 1964 e 1967, volveu a Mozambique onde foi mestre. Esta etapa foi fundamental para cimentar a súa conciencia anticolonial. Por razóns políticas foi expulsado do ensino oficial e a música pasou a converterse no seu medio de expresión e de vida. Contrario ao réxime ditatorial portugués, entrou a formar parte do grupo de artistas prohibidos polo que as súas cancións foron censuradas,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre castelán, irmán de Pedro o Cruel e bisavó de Fernando o Católico. Acompañou a Fernando de Antequera nas festas de coroación que tiveron lugar en Zaragoza no ano 1414. Como poeta, á parte de composicións de temática amorosa, destaca pola súa incursión na alegoría dantesca (El Vergel del Pensamiento) e polo Testamento de amores, unha alegoría de carácter legal que adopta a forma dun testamento no que o namorado, nos últimos momentos da súa vida, expresa a vontade de repartir os seus bens -normalmente entre o deus Amor e a súa dona- e de organizar o seu enterro. A presenza nesta longa composición de catro versos, segundo algúns estudiosos, escritos en galego: “Todas passa en fermosura / la que dixo: Ende mal, / adeus, adeus, Portugal, / partir-me sera cordura...”, así como a cita dos versos iniciais da cantiga de Macías “Amor cruel et brioso” son unha boa mostra do prestixio e recoñecemento que tiña a lírica galega entre os poetas da Corte castelá....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador da escola galego-portuguesa que desenvolveu a súa actividade poética na segunda metade do século XIII. Xa ninguén acepta a súa identificación co tamén trobador Afonso Fernandez Cubel, pois investigacións máis recentes ven nel a un nobre sevillano pertencente á familia dos Cebollilla; máis concretamente sería fillo de Hernán Cebollilla. Acompañou a Afonso Perez de Guzmán no último cuarto do s XIII no seu exilio africano. Frecuentou as Cortes de Afonso X e a do seu fillo Sancho IV, onde contactou con trobadores como Gonçal’ Eanes do Vinhal, Airas Nunez, Pai Gomez Charinho, entre outros. O da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana transmitiron baixo o seu nome dúas cantigas de amor, “Senhor fremosa, des quando vus vy” (na que se emprega o esquema métrico-rimático abbaacca, un dos máis practicados polos trobadores galego-portugueses) e “Muy gram sabor avedes, mha senhor”. Ademais, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional atribúelle...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador, talvez de orixe portuguesa. Desenvolveu a súa actividade poético-musical a finais do século XIII ou nos primeiros anos da seguinte centuria, posiblemente nos círculos da Corte de Don Dinís. Aínda que unha parte da crítica especializada defendeu a súa identificación co nobre sevillano Afonso Fernandez Cebolhilha, a investigación actual considera, sen embargo, que se trata de dous autores diferentes. De condición cabaleiro, segundo indica a rúbrica atributiva “Afonso Fernandez Cubel caualeyro” que acompaña a súa cantiga nos manuscritos, o trobador posiblemente pertenceu a unha liñaxe de cabaleiros que, con este apelido, se asentaba no val do río Lima, no Alto Minho portugués. Os apógrafos italianos, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional, e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, só nos enviaron unha composición de Afonso Fernandez Cubel: unha cantiga de escarnio e maldicir, “De como mi ora con el-Rei aveo”. O texto, que tamén foi recollido na copia tardía do códice...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. No ano 1978 publica o poemario Xuramento dun galego onde hai unha forte pegada da literatura oral, reflectida tanto na lingua popular empregada coma na sinxeleza da métrica. Outras das súas obras a destacar son: A aguillada do Moncho (1980) e Cadros de onte (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Afonso I Henriques de Portugal.
-
PERSOEIRO
Rei de Aragón e Navarra (1104-1134). O Reinado de Afonso I caracterízase pola ampliación dos territorios que herdara dos seus pais Sancho Ramírez e Felicia de Roucy (Navarra) e de Pedro I de Aragón. Cara a Oriente cómpre salientar a conquista de terras musulmanas (Lleida, Tamarit e Valtierra) antes de 1109, ano da morte de Afonso VI de Galicia e León, feito que muda o seu interese político cara a Occidente. Ameazado polos almorábides, Afonso VI optou por casar a súa filla Urraca con Afonso I, acordando a mutua cesión dos reinos respectivos e fixando, en caso de falecemento dalgún deles, unhas normas sucesorias que só gardaban os dereitos de Afonso Reimúndez no caso de que a parella non tivese descendencia. Non obstante , o matrimonio contou coa oposición da nobreza e clero galegos, temerosos do nacemento dun novo herdeiro que desbancase a Afonso Reimúndez. Os nobres, agrupados en torno a Pedro Froilaz -conde de Traba e titor do infante-, proclamaron Rei de Galicia a Afonso Reimúndez VII...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Afonso II de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afonso V de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afonso V de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afonso II de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afonso III de Aragón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome cristián que adoptou Nzinga Mbemba, Rei do Congo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
o Conquistador ou o Bravo (Guimarães 1112 - Coimbra 1185) Conde de Lusitania (1114-1139) e primeiro Rei de Portugal (1139-1185). Fillo de Enrique de Borgoña e de dona Tareixa, filla bastarda de Afonso VI de León e Castela -contra quen se rebelou para apoderarse do goberno de Portugal (1128)-, formouse cunha nobreza portuguesa reivindicativa de autonomía fronte ao Reinado leonés. No ano 1137 invadiu Galicia e ocupou Tui, onde pactou con Afonso VII de Castela e lle prometeu fidelidade. Non obstante , a partir de 1139, logo dunha incursión polo Texo na que derrotou os musulmáns en Ourique, comeza a titularse como Rei de Portugal, estado cristián independente. No Tratado de Zamora de 1143 recoñecíaselle o título, o que aproveitou para iniciar un período de expansión do novo reino cara ao sur conquistando Lisboa e Santarem (1147) e asegurando o control da liña do Texo ata o Alentejo. No 1158, prevendo un ataque de Fernando II de León e de Sancho III de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rei de Galicia e Asturias (739-757). Considerado, por ter artellado un proxecto político ben definido, como o auténtico fundador da monarquía galaico-astur. Probablemente, foi fillo do duque Pedro de Cantabria. Casou con Ermesinda (ou Ermessenda), filla de don Paio, e foi elixido Rei por astures e cántabros á morte de seu cuñado Favila (ou Fafila). Logo de varias campañas contra os poderosos condes e bispos vitizanos que tomaran partido por don Rodrigo (Rodericus) e eran respectados polos musulmáns. Afonso I procurou controlar Galicia, creando un protectorado baixo o goberno do seu irmán Froila. A nobreza galega, sen embargo, sublevouse contra Froila, feito que provocou a intevención de Afonso I que arrasou Lugo, Tui, Oca e outras localidades galegas. Faltándolle capacidade administrativa para dirixir de xeito centralizado un reino que abranguese o territorio galego, semella que optou por manter o que xa contaba centrándoo nas actuais Asturias e Cantabria, ao non representar...
-
PERSOEIRO
Rei de Aragón (1162-1196). Fillo de Ramón Berenguer IV, herdou o Reino de Aragón e o condado de Barcelona; de Ramón Berenguer III herdou Provenza. O primeiro problema que se lle presentou a Afonso II provocouno Ramón V de Tolosa, quen procurou impedir a unión das terras situadas en ambas vertentes dos Pireneos. Por consecuencia desta oposición cedeulle o goberno de Provenza ao seu irmán Ramón Berenguer IV (1167-1181) en vasalaxe. A súa política a respecto de Provenza e da política occitana en xeral foi de pacificación, que logrou en 1189. Neste sentido, chegou a unha paz con Tolosa (1185), nomeou un alcalde para administrar Provenza e non recoñeceu sobre Provenza a soberanía imperial de Federico I Barbarrubia nin a de Enrique VI. Aliouse con Afonso VIII de Castela (1170); continuou a conquista, fundou Teruel (1171) e tentou apoderarse de València (1172); axudou a Afonso VIII na conquista de Cuenca (1177) coa renuncia previa por parte do castelán dos seus pretendidos dereitos feudais sobre...
VER O DETALLE DO TERMO