"Comba" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 40.

  • Batalla (1353) entre a escuadra xenovesa, que protexía o N de Sardeña, rebelada a favor de Xénova, e as escuadras aliadas catalá e veneciana, comandadas por Bernat de Cabrer. A derrota xenovesa debilitou a potencia naval de Xénova e o dominio de Sardeña por Pedro III o Cerimonioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de armas da Segunda Guerra carlista acontecida preto de Avinyó (16.11.1848). Nela o xeneral carlista Rafael Tristany derrotou o brigadier isabelino Manzano, que foi feito prisioneiro xunto con 700 homes das súas forzas. O xeneral Tristany foi recompensado co condado de Avinyó.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cenobio situado no concello de Bande. Aínda que non se conserva a súa acta fundacional, a súa creación fíxase ao redor do s VII. Así mesmo, grazas a un diploma do ano 982 conservado no tombo de Celanova tense coñecemento de que o monxe Odoino doara o mosteiro de Bande ao de Celanova; nese mesmo documento recordábase a restauración que se fixera da súa igrexa grazas a unha encomenda feita no 872 polo Rei Afonso III, quen encargara a Odoario a repoboación das terras bañadas polos ríos Limia e Támega. Tratábase dun mosteiro dúplice, con dous edificios separados para homes e mulleres, e cunha igrexa común para os servicios relixiosos e o culto de ambas as dúas comunidades, única estrutura arquitectónica conservada. Acolleu os restos de san Torcado, primeiro bispo de Guadix e discípulo do Apóstolo Santiago traído a Bande cando ao comezo da presenza musulmá no sur da Península Ibérica, ata que foron trasladados en 1601 ao mosteiro de San Salvador de Celanova. O templo presenta unha planta de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado no val de Monterrei, entre os concellos de Monterrei e Verín, que aínda tiña vida conventual no século XII. Non se conserva ningunha documentación relativa ao mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome feminino procedente do latín columba ‘pomba’, animal sagrado de Venus, símbolo da paz no Antigo Testamento e do Espírito Santo no Novo Testamento. Comba é unha das santas máis antigas no culto hispánico (s IX). A santa Comba de Galicia, patroa das meigas, é a de Sens (s III). Na iconografía leva a palma do martirio e, como atributo persoal, unha pomba (alusión ao seu nome). É titular de 14 parroquias e a súa festividade celébrase o 31 de decembro e o 12 ou o 25 de agosto. Na tradición oral recóllense ditos como: “Noitevella, santa Comba, pola que o ano novo asoma”, “Por santa Comba, xaneiro asoma”, “O que vai a santa Comba e non vai a san Cibrán, fai a viaxe en van”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • santa (Córdoba? - 17.9.853) Abadesa do mosteiro cordobés de Tábanos. Co entronizamento de Mohamed I reanudouse a persecución contra os cristiáns, iniciada tres anos antes polo seu pai Abderramán II, e os mouros atacaron o mosteiro tabanense no ano 853; a santa Comba, ao non se querer converter á súa relixión, decapitárona e guindárona ao Guadalquivir. Non obstante , ao sexto día saíu milagrosamente do río e os cristiáns mozárabes recollérona e sepultárona na igrexa de Santa Eulalia. Na arte iconográfica leva a palma do martirio e, como atributo persoal, unha pomba (símbolo do seu nome); ás veces, pode aparecer representada con hábitos monacais. A súa festividade celébrase o 31 de decembro e o 12 ou o 25 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • santa (s III) Mártir (273) baixo o Emperador Aureliano. A lenda conta que, levada polo seu desexo de virxindade, rexeitou casar cun poderoso señor; como castigo á súa soberbia, o xuíz destinouna a un prostíbulo. Neste lugar un mozo tentou violala, pero unha osa serviulle de protección; a partir deste suceso proclamouse a súa honestidade, feito polo que as autoridades a condenaron a morte e botaron o seu corpo ao lume; como as chamas non chegaron a alcanzala, o verdugo decapitouna finalmente. Esta santa foi moi venerada en París dende antes do s VII e aparece nos calendarios litúrxicos hispánicos anteriores ao s XII. Na iconografía leva a palma do martirio e, como atributo persoal, unha pomba (alusión ao seu nome), amais dunha osa encadeada e unha pluma de pavo real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Faixa estreita de terreo que queda sen cultivar no bordo dunha veiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Combarro ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Combarro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Piso de madeira que se estendía sobre as cortes da casa rural galega para gardar a comida dos animais e, ao mesmo tempo, ser aproveitado como leito, por mor da calor.

    2. Dependencia da casa tradicional, construída co teito inclinado e suspendido, onde se acostuma gardar a leña ou os utensilios agrícolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Poio baixo a advocación de san Roque. Situada na beira setentrional da ría de Pontevedra, o seu porto pesqueiro acolle unha pequena flota artesanal dedicada á pesca de baixura; sen embargo, a súa actividade máis destacada é a descarga do mexillón cultivado nos polígonos do seu litoral. No 1105 foi doada pola raíña dona Urraca e o conde don Reimundo ao mosteiro de Poio e foi señorío beneditino ata o s XIX. Durante a Idade Media constituíu, xunto a San Xoán de Poio, o couto de Poio, que contou con organización concelleira e con administrador de xustiza. O bo estado de conservación do núcleo histórico da vila de Combarro, que constitúe un dos exemplos máis destacados da arquitectura popular mariñeira tradicional, convérteno, ademais de ser unha ilustración frecuente de moitas publicacións sobre Galicia, nun dos lugares máis visitados das Rías Baixas, favorecido pola proximidade dos grandes centros turísticos da comarca do Salnés (Sanxenxo, O Grove...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica que procede da raíz celta *comb- ‘cousa curva’. O nome do topónimo vén motivado polo feito de se asentar este lugar nun terreo con forma de curva. Documéntase no s XVIII: “Rosa de Combarro” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 168).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e debuxante francés. Foi un dos máximos representantes da figuration libre. A súa obra presenta, por unha banda, a interrelación entre o mundo da arte e o da industria, e pola outra, o gusto polos temas violentos dentro do mundo cosmopolita. Da súa produción destaca Enfado entre dous seres que se aman (1989) e A Papisa e os catro bispos (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de combater.

      2. Acción de guerra na que un exército ou un grupo de soldados se enfronta con armas a outro inimigo para vencelo. Desenvólvese en fases sucesivas e a decisiva é o asalto. Unha batalla componse dun conxunto de combates particulares.

      3. Enfrontamento corpo a corpo entre dúas persoas, especialmente nun deporte.

    1. Conflito no que se opoñen forzas ou persoas de forma non violenta.

    2. Loita do ánimo ou do pensamento dunha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico de ideoloxía republicana aparecido en abril de 1899 en Pontevedra e que cesou a súa edición en 1900. Tiña periodicidade bisemanal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario republicano en castelán editado na Coruña entre 1901 e 1903. Abranguía un total de catro páxinas, a última con publicidade. Á parte dos artigos asinados por coñecidos políticos republicanos como Joaquín Costa, Pi y Margall, A. Lerroux ou Castelar, incluía outros artigos de escritores como Antón Villar Ponte, Vicente Blasco Ibáñez ou Émile Zola. Colaboraron tamén Fernando Halcón, Alfredo Calderón, Emilio Menéndez Pallarés, Rodríguez de la Hermida, Manuel Sánchez Roel ou Víctor Oscáriz. Era unha publicación de marcado carácter político e na maior parte dos seus números trataba acontecementos da vida política galega e nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que se editou na vila de Caldas de Reis no ano 1910.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de carácter obreirista, editado en Vigo na segunda metade do ano 1919. Dirixiuno o propagandista libertario David Díaz, expulsado de EE UU e Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade semanal fundada e dirixida en Monforte de Lemos por Jesús Ramos Rodríguez. De curta vida, apareceu e desapareceu a finais de 1934. Á parte das colaboracións de Leandro Carré, só aparecen dous apuntamentos en galego: un poema de Xermán Vázquez dedicado a Castelao e Bóveda, e outro, tamén en galego e de corte intimista, de Anuncia Lorenzo Abella.

    VER O DETALLE DO TERMO