"Fabia" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • PERSOEIRO

    Almirante e explorador estonio. Navegou ao redor da Antártida nunha expedición da mariña rusa entre 1819 e 1821, que foi a primeira en descubrir terras ao S do Círculo Polar Antártico (a Illa de Pedro I e a Terra de Alexandre I), no mar que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de arquitectura e escultor. Realizou dous retablos colaterais para a igrexa de San Pantaión das Viñas (Betanzos), un dedicado á Virxe María e outro a santo Antón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor costarriqueño. A súa obra é naturalista, cunha profunda preocupación social na que reflicte a situación do campesiñado costarriqueño. Publicou, entre outras obras, Ese que llaman pueblo (1942) e Una burbuja en el limbo (1946). Recibiu o Premio Magón 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga familia aristocrática romana que afirmaba descender de Hércules e que ocupou as principais maxistraturas dende o comezo da República. Segundo unha tradición, dirixiron a guerra contra Veies (479 a C-477 a C) e na Batalla de Cremena morreron todos os seus membros agás Quinto Fabio Vibulano (?-450 a C), demasiado novo para participar na guerra e continuador da familia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación socialista británica constituída en Londres en 1883, inspirada nos métodos de conciliación do cónsul romano Quinto Fabio Máximo Verrugoso. Dirixida por Edward Pease, o núcleo inicial compoñíase de escritores (Bernard Shaw, H.G. Wells) e economistas (Sidney e Beatrice Webb). Os fabianos contribuíron á creación do comité para a representación do traballo, integrado no Labour Party desde 1906. Ocupouse da difusión do socialismo, defendeu a nacionalización da industria e tivo influencia sobre os políticos laboristas e os dirixentes das trade unions.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (236-250). Organizou Roma e dividiuna en sete rexións ou diaconías administradas por diáconos. Morreu martirizado en Roma durante a persecución de Decio. Na iconografía viste capa e tiara pontificais, e leva como atributos un bordón con cruz de dous traveseiros e a palma do martirio, amais dun angazo con dentes de ferro (símbolo do seu martirio). A súa festividade celébrase o 20 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do xentilicio latino Fabianus ‘da familia de Fabio’. A forma feminina correspondente é Fabiana. San Fabián (?-250), papa e mártir, celébrase o 20 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e urbanista esloveno. Estudiou en Ljubljana e en Viena na Spezialschule de O. Wagner, do que foi asistente (1894-1896) e co que colaborou no libro Moderne Architektur (Arquitectura moderna, 1895). Das súas obras sobresaen as casas Ries (1898), Portos & Fix (1899) e Artaria (1900) en Viena. Reconstruíu Ljubljana tralo terremoto de 1895 e participou no plano regulador de Venecia (1952).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento socialista creado ao redor da Fabian Society.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao fabianismo.

    2. Membro ou partidario do fabianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do xentilicio romano Fabius, derivado da voz latina faba ‘faba’, e correspondente ao etrusco Fapi. É cognome dunha ilustre familia romana, á que pertenceron, entre outros persoeiros, Quinto Fabio Píctor, Quinto Fabio Máximo Cunctátor, Quinto Fabio Máximo Verrucosus, Quinto Fabio Máximo Emiliano, Quinto Fabio Máximo Rulliano, Quinto Fabio Máximo Serviliano, Marco Fabio Quintiliano, Marco Fabio Ambusto ou Marco Fabio Buteo. A forma feminina correspondente é Fabia. San Fabio (s III) foi bispo de Antioquía e morreu decapitado en Mauritania. A súa festividade celébrase o 31 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e boxeador. Coñecido como Arthur Cravan, foi campión de Europa de boxeo. Fundou e dirixiu a revista Maintenant (1912-1915), foi precursor do dadaísmo e afirmou que do futurismo ía derivar toda a pintura posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso e poeta. Formouse no Colexio de Fonseca, onde se doutorou en Dereito. Ingresou na orde militar de Santiago, residiu en Roma e foi deán en Santiago de Compostela (1689). Autor dunha abondosa obra en castelán, foi o principal impulsor das Festas Minervais convocadas en 1697. No volume Fiestas Minervales y aclamación perpetua de las Musas a la inmortal memoria de el Ilustrísimo y Excelentísimo Sr. D. Alonso de Fonseca (1697), incluíuse unha das súas composicións.

    VER O DETALLE DO TERMO