"Galicia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 405.

  • Academia ideada en 1764 entre a Real Xunta de Comercio e Moeda e o Intendente do Exército e Reino de Galicia, Xulián Robiou. En 1765 celebrouse o acto inaugural da institución, que habería representar o espírito da Ilustración. Robiou designou 24 membros entre maxistrados, militares e altos funcionarios da administración, terratenentes da nobreza comarcal da Coruña e varios académicos residentes nas outras seis capitais do antigo Reino de Galicia. Entre eles foi elixido o padre Sarmiento, que se negou a aceptar o título de Académico de Honor. Reuníronse durante dez anos para discutir asuntos relacionados coa decadencia da agricultura en Galicia e os seus posibles remedios, fomentar os cultivos máis convenientes e incorporar ao agro galego medios técnicos axeitados coa finalidade de obter mellores colleitas. Tamén redactaron memorias e publicaron informes que non haberían de contar co apoio dos poderes públicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (?   - Terra de Santiago, 876). Dende o ano 855 Bispo de Iria Flavia, logo de Compostela, xa que é durante o seu Bispado cando se traslada a Sé catedralicia iriense a Compostela (862); a partir deste momento, os titulares da diócese nomeáronse Bispos de Iria e da Cátedra de Santiago. Calumniado por Ordoño I, Rei de Asturias, Galicia e León, sufriu como castigo que o enfrontaran a un touro bravo. Non obstante , o animal, no canto de escornalo, deitóuselle mansamente aos pés.   Salienta o feito de este santo non ter parroquia nin romaría propia en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo creado en 1938 pola agrupación Galicia pro Centro Galego de Buenos Aires, na que se inclúen novas e informacións diversas da propia sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben as forzas expedicionarias do Exército Español con base no acuartelamento de Figueirido (Vilaboa). Destacadas dende 1994 no territorio da antiga Iugoslavia como cascos azuis para o desenvolvemento de misións de mantemento da paz, baixo o control das Nacións Unidas (UNPROFOR).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro escrito por Xosé Luís Calle e editado en 1993, contén a historia do coro pontevedrés Aires d’a Terra que dirixiu D. Perfecto Feijoo. Inclúe o arquivo das pezas populares e galegas, que D. Perfecto posuía, exceptuando as recollidas por D. Casto Sampedro ou aquelas recompiladas no cancioneiro de Inzenga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista fundada en 1984 en Santa Coloma de Gramanet (Barcelona) pola sociedade Airiños da Nosa Galicia, presidida por Manuel Dobarco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación nada na cidade Ferrol no ano 1983.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida en Santiago no ano 1860 dirixida por F. Moreno Astray. Cesou aos tres meses da súa publicación. Redactada por alumnos do Seminario de Santiago, colaboraron nela Xosé Pérez de Villamil, Manuel López Lorenzo, Camilo Pérez, Pedro Blanco, Luís Aguirre del Río, Xosé Castro Pita e Xosé Seijas Galarraga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación cultural nada en 1858 editada por Manuel Soto Freire, continuación do Calendario de Galicia. En 1865 pasará a chamarse Almanaque de la juventud elegante y de buen tono para 1865. Colaboraron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Emilia Calé e Clara Corral, xunto con Xoán Cuveiro, López de la Vega, Moreno Astray, Manuel Murguía, Villamil e Castro e outros. Apareceron publicadas El Cadiceño e Las Literatas de Rosalía, Saudades de X. B. Amado e outras obras onde a muller é a protagonista literaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida no Ferrol en 1891 que contiña poemas en castelán e contos populares en galego recollidos por Lisardo R. Barreiro na sección “Doce Contos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación xurdida en Bos Aires no ano 1909, dirixida por Fortunato Cruces, quen introducía varios relatos narrativos. Reproducíase algún poema de Rosalía e un cadro de costumes dialogado de Laureano Guitián Rubinos titulado Unha noite na casa do tío Farruco do Penedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nau capitá da escuadra galega que se constrúe a partir do 1625 ( almirante). Logo dun curto período no que pertence á escuadra de Bizkaia, devólvese á de Galicia no 1630 a petición da Xunta do Reino de Galicia ao goberno da Coroa. No 1638, mandada por Lope de Hoces, levanta o cerco que o Arcebispo de Bordeos mantiña sobre Guetaira e Fonterrabía. Ao ano seguinte, como nau capitá dunha escuadra galega composta por 29 navíos e mandada polo mariño galego Francisco Feijoo de Sotomayor, parte de Galicia o 5 de outubro formando parte da flota que, mandada por Lope de Hoces e composta por navíos doutras rexións hispánicas, tentou acadar a superioridade no golfo de Bizkaia e no Canal da Mancha. O 29 de outubro, ao norte de Dover, despois de rexeitar os intentos de abordaxe de cinco naves holandesas, foi apresada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista mensual xurdida na Coruña en 1921 e subtitulada “Revista Comercial Ilustrada Hispanoamericana”. Foi a continuadora do Boletín de Casa América Galicia (1920) editado tamén na Coruña. Colaboraron nela Lois Peña Novo e Ramón del Cueto, entre outros. Contiña publicidade, novas sobre América e Galicia na súa sección “Informaciones americanas” e datos sobre publicacións e premios. A partir de setembro de 1922 pasará a chamarse Revista de Casa América-Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario dominical aparecido en Ourense o 14 de xuño de 1866 e que cesou a súa edición a finais de abril de 1867. Foi editado na imprenta de Agustín Moldes. Fundado e dirixido por Alexandre Quereizaeta, tiña como seccións: “Editorial”, “Noticias”, “Revista extranjera”, “Variedades”, “Gacetilla” e “Anuncios”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal editado en Santiago en 1866 e subtitulado “Periódico destinado a la defensa de los intereses morales y materiales del país”. As seccións “Sueltos con noticias de interés general”, “Revista extranjera”, “Variedades”, “Gacetillas” e “Anuncios”, incluían sobre todo novas referidas a Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra en dous tomos publicados respectivamente nos anos 1733 e 1736 en Santiago de Compostela. Constitúen unha serie de relatos baseados en lendas e antigos cronicóns sen aval de rigor científico. O seu autor foi Francisco Manuel de la Huerta (1697-1752). Froito das súas viaxes son os Anales, nos que recompilou cantos datos puido sobre xeografía, historia e arqueoloxía de Galicia. O seu carácter barroco revélase na súa inclinación polo fantástico. Pese a ser un home estudoso da historia, a súa obra foi cualificada polos ilustrados da época como moi pouco acertada e fiable, chea de tópicos xa desterrados. O Padre Sarmiento afirmaría do seu autor que semellaba escribir sobre Galicia dende a Patagonia ou California. A obra foille dedicada ao Apostolo Santiago, o que valeu ao seu autor a gratificación e recoñecemento do Cabido catedralicio de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo bilingüe de carácter sindicalista aparecido en outubro de 1987 na Coruña. Incluía informacións referidas ao sindicato, aos mestres, ás eleccións sindicais e demais temas do mundo do ensino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación creada en Santiago de Compostela o 12 de xaneiro de 1980 por Lorenzo Martínez Montenegro e un grupo de anticuarios galegos. O seu fin é defender, promocionar e revalorizar os intereses dos seus asociados e das antigüidades, en xeral. O seu presidente é Víctor Manuel Rodeiro. Anualmente organiza en Santiago e na Coruña o Salón de Anticuarios Gallegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Ramón Barros Silvelo, editada en 1875 na Coruña, na que interpreta os restos arqueolóxicos de Galicia -tanto os megalíticos como os castrexos- como “recordo das primitivas razas célticas”. Trátase dunha obra modélica para a súa época, tanto polo contido (declaradamente celtista) como polas ilustracións (elaboradas segundo a súa visión romántica). Historiograficamente, cómpre salientar que abriu un camiño, que o tempo demostrou errado, na investigación arqueolóxica xa que consideraba que as semellanzas formais entre os monumentos, mesmo se estaban moi distantes no espazo e no tempo, eran o resultado dunha unidade xenética e dun parentesco entre eles.

    VER O DETALLE DO TERMO