"Laro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 54.

  • MUNICIPIOS

    Municipio de Mallorca, Illes Balears, na serra da Tramuntana (3.840 h [1996]). A súa función é principalmente residencial e ten industria do calzado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade parasitaria producida polo fungo Chalara pyogenes que provoca dores nas articulacións e nódulos baixo a pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario que apareceu o 4 de outubro de 1894 na cidade de Vigo, subtitulado “Defensor de los intereses de Vigo”. O fundador e director foi Adolfo Lahorra. A súa finalidade era poñer de manifesto o acontecido entre os accionistas e o director Adolfo Lahorra na súa anterior etapa en La República. A publicación saíu da imprenta de A. Varela e cesou ao pouco tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico católico que xurdiu en Ferrol no ano 1901.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Corcubión a finais do 1905. Subtitulada “Revista literaria é independiente defensora de los intereses generales”, estaba dirixida por Ramón Plasencia Ruibal e contaba con diversos colaboradores en Muxía, Vimianzo e Camariñas. De forte contido político, abriu a súa “novena claridad” cun artigo dedicado ao xefe do partido liberal e presidente do goberno, Segismundo Moret. Contiña artigos contra a ditadura, loanzas a Concepción Arenal e un resumo da vida parlamentaria, ademais dunha sección de cartas abertas, dirixidas ao alcalde de Corcubión, ao director desta publicación e cartas como resposta a artigos do propio xornal ou de La Voz de Galicia. No seu noveno número, do 10 de decembro de 1905, aparece un artigo en galego titulado “A festa das Neves”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame dos vasos capilares cutáneos da base das unllas mediante un microscopio.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten ou recibe moita luz.

      2. Que non ten nubes.

    1. Que tira máis ao branco ou que é pouco intenso.

    2. Que non ten sucidade ou impurezas.

    3. Que non é moi tupido e deixa pasar a luz. Ex: O tecido era tan claro que parecía que non levaba nada.

    4. Pouco espeso. Ex: Tráeme un chocolate claro, por favor!

      1. Que se percibe ou distingue perfectamente.

      2. Que se comprende sen confusión nin dúbida. Ex: O documento é moi claro e non deixa lugar a dúbidas. A explicación do profesor foi moi clara e ninguén fixo preguntas.

      3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario satírico que se imprimiu nos obradoiros de Vicente Abad na Coruña, pero que saíu en Santiago de Compostela a partir do ano 1898, co subtítulo de “Habla los domingos”. Comentaba os asuntos do concello en prosa ou en verso, sempre con ironía, polo que tivo algúns problemas con outros diarios. Entre os seus colaboradores figuraban Clarete, Canta Claro, Clarito e J. López Silva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do adxectivo latino clarus -a ‘claro, brillante, ilustre’. Antes de chegar a nome persoal empregouse como cognome. A forma feminina, Clara, xa se documenta nos primeiros séculos do cristianismo. Santa Clara de Asís (1193-1243), fundadora das clarisas e avogosa da vista, celébrase o 11 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Luz intensa e instantánea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista semanal ilustrada que comezou a editarse na Coruña en agosto de 1900 e que cesou no cuarto número. Informaba sobre o que acontecía na comarca a través das seccións “Alcance Semanal” ou “Nota final”, esta última con datos bibliográficos. Tamén contou cos apartados “Notitas”, “Menudencias” ou “Estafeta de Claroscuro”. Publicou a historieta gráfica de humor “Cuento Andaluz”. Incluíu abundantes fotografías e retratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao contraste de luz e sombra nunha obra pitórica. Ex: Nas clases de pintura xa comezamos a facer deseños claroscuros.

      1. Estilo pictórico baseado na perspectiva espacial obtida co xogo de luz e sombra. É, sobre todo, unha concepción óptica que suxire o relevo. O termo empregouno por primeira vez o teórico francés Roger de Piles (1635-1709) na tradución ampliada do libro A arte da pintura de Du Fresnoy. Achegou unha nova pespectiva e un aspecto intelectual e moral seguido polas escolas tenebristas da Contrarreforma. Partindo do sfumato do s XVI, deuse no manierismo e acadou a súa plenitude nos ss XVII e XVIII.

      2. Distribución das luces e das sombras nun debuxo ou nunha pintura mediante a utilización de varios tons dunha mesma cor sobre un fondo de cor diferente ou destacando as figuras iluminadas sobre un fondo escuro.

      3. Obra realizada segundo esta técnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colar polo que se suxeita o cabalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola privada de belas artes fundada en Montparnasse (París) polo escultor napolitano Ernesto Colarossi na segunda metade do s XIX. Asistiron a ela, entre outros, Gauguin, George Grosz e Modigliani.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido co nome de Paul Delaroche, foi discípulo de Gros. Cultivou a pintura histórica (Asasinato do duque de Guisa, 1835) e dende 1837 a relixiosa (Enterro de Cristo) e o retrato (Lamartine).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hippolyte Delaroche.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ave limícola, da familia dos escolopácidos, de pescozo e patas longas, pés lobulados, ás rematadas en punta, e peteiro fino e longo. As femias teñen a plumaxe de cores máis rechamantes ca os machos, que son os encargados de sacar adiante os pitos. Aves moi nadadoras, deixan os medios húmidos do N de Europa onde crían e saen ao mar. En Europa están presentes as especies: falaropo de Wilson (Phalaropus tricolor), falaropo bicofino (Phalaropus lobatus) e falaropo bicogroso (Phalaropus fulicarius).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, accidentado polos contrafortes setentrionais da serra de Aracena (1.594 h [1996]). Declarada vila en 1553, do seu patrimonio cultural destacan a igrexa da Purísima Concepción (s XVII), as ermidas de Santa Brígida (ss XIII-XIV) e do Carmen (ss XVII-XVIII) e a Fuente de los Doce Caños (s XIX).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de burbullas que forma un líquido ao ferver ou ao caer dun sitio alto.

    VER O DETALLE DO TERMO