"Muni" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 199.

  • Organización obreira de Betanzos afín á UXT, que xa funcionaba en 1933. Agrupaba a todos os traballadores dependentes do concello que tiñan unha ideoloxía socialista, entre os que había gardas municipais, recadadores de arbitrios, etc. Dentro das súas reivindicacións laborais estaban o aumento salarial, a xornada de 8 horas e o descanso dominical ou día libre. Funcionou ata o inicio da Guerra Civil Española (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Licenciado en Dereito e Ciencias Económicas pola Universidade de Deusto. Ingresou no PSOE en 1974. Deputado socialista dende 1977. Sendo Ministro de Traballo realizou a primeira reforma da Seguridade Social e como Ministro de Administracións Públicas promoveu un modelo estable de financiación das Comunidades Autónomas. Foi presidente e portavoz do grupo socialista (1994-1996) e dende o 34° Congreso do PSOE (1997) é secretario xeral do partido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Zaragoza, Aragón, no Campo de Cariñena, regado polo río Xalón (5.373 h [1996]). Ten edificios relixiosos notables e, preto da poboación, está a ermida da Nai de Deus de Cabañas, que conserva pinturas murais do s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do organismo que é consecuencia da introdución dun novo aloantíxeno celular ou plasmático. Pódese producir no embarazo (aloinmunización feto-materna), por unha transfusión sanguínea ou pola implantación dun enxerto orgánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • comunismo libertario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina e actitude de oposición ao comunismo. As doutrinas socialistas, comunistas ou internacionalistas inquedaran dende o momento mesmo do seu enunciado no segundo terzo do s XIX ás clases que detentaban o poder e resultaban beneficiadas do sistema económico capitalista (ou mesmo, nalgúns países, feudal), sendo sempre os seus partidarios vixiados e reprimidos polos servicios de información e policía dos estados. Tralo triunfo da Revolución Bolxevique en Rusia (1917) e o establecemento dunha nova orde segundo as teorías marxistas nese país, no seo do movemento socialista produciuse unha nova secesión que deu orixe á Terceira Internacional e á aparición dos comunistas como tales, cun proxecto que propugnaba a toma do poder e o establecemento da ditadura do proletariado como vía cara á sociedade sen clases. O exemplo de Rusia espallouse axiña por Europa e América e provocou revoltas en Alemaña, España e outros lugares que provocaron a reacción dos gobernos das potencias capitalistas. A...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao anticomunismo.

    2. Partidario do anticomunismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno que, segundo Iuri M. Lotman, se produce cando un suxeito se transmite a si mesmo unha mensaxe, constituíndose ao mesmo tempo en orixe e destinatario do proceso comunicativo. Dáse, por exemplo, nas anotacións dos diarios persoais ou en aquelas producións destinadas a colectividades culturalmente definidas como parábolas, mitos ou proverbios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno biolóxico polo que o sistema inmunolóxico dun individuo reacciona contra os propios antíxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á autoinmunidade.

    2. autoinmune.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inmunización producida pola autoinmunidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estadio deportivo vigués inaugurado o 30 de decembro de 1928. Construído pola Sociedade Anónima Stadium de Balaídos, é o escenario dos partidos que o Real Club Celta de Vigo disputa como local dende esa data. En 1945 o R. C. Celta adquiriuno por 950.000 pesetas. En 1946 cedeullo ao concello de Vigo. O estadio de Balaídos foi sede do Campionato do Mundo de fútbol de 1982; por isto, realizáronse obras de remodelación que permitiron a creación, baixo unha das bancadas (Río), de dúas pistas polideportivas e outras instalacións (canchas de squash, ximnasio, vestiarios, parque de bombeiros, etc). Nas proximidades do estadio construíronse pistas de atletismo en substitución das eliminadas no interior do recinto. Ademais, Balaídos ten sido escenario de varios encontros internacionais da selección española contra Portugal, Suecia, Brasil, etc. Nas súas instalacións acolle tamén os museos do Real Club Celta de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • É a banda municipal galega de máis recente creación. O día 15 de outubro de 1946, ano do pasamento de Manuel de Falla, tomouse o acordo da súa fundación nun pleno do concello coruñés, presidido por Eduardo Ozores Arráiz. Debutou a banda o día 26 de xullo de 1948, baixo a batuta de seu primeiro director, Rodrigo A. de Santiago, quen anos despois dirixiu a Municipal de Madrid. A presentación en público tivo lugar sendo alcalde Alfonso Molina Brandao. A posta en marcha deste prestixioso colectivo foi especialmente promovida por Antonio López Prado, entón concelleiro da Coruña. Nos seus comezos, a banda coruñesa tivo que ser nutrida de músicos procedentes de diversas bandas populares. Non tardou en convocarse un concurso-oposición para que cada unha das prazas chegase a ser cuberta por persoal titulado. Así se explica a súa rápida categoría, xa que todos os seus compoñentes son funcionarios de carreira. No ano 1967 tomou a batuta Roxelio Groba, que adoptou a modalidade do concerto comentado,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • A primeira referencia desta agrupación musical remóntase ao ano 1849 cando un grupo de persoas ligadas á histórica tradición musical de Celanova, marcada inicialmente pola historia musical do propio mosteiro, comezou a traballar en conxunto para crear unha agrupación musical permanente. Así, ao longo de 1849, mantiveron diversos contactos co alcalde, Xosé Benito Reza, que deron como froito a consolidación da banda na primavera de 1850, baixo a dirección de Manuel Chamuchín. Esta primeira etapa definiuse polas súas continuas aparicións e desaparicións provocadas por problemas económicos do concello, unhas veces, e por problemas internos, outras. Chamuchín permaneceu na dirección ata xuño de 1853; a partir de aquí a banda foi dirixida por Xenaro Durán Camilo Burdeos e Hixinio Gil, Ramón Prieto, Manuel Sánchez e Manuel Asensio Armada, respectivamente. En 1865 a agrupación musical contaba con 15 compoñentes aproximadamente. En 1908 reorganizouse da man de Xosé Sánchez e constituíronse os alicerces...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación musical que tivo a súa orixe en 1869, cando o Concello de Lugo confiou a súa reorganización e funcionamento a Xoán Montes Capón, quen lle deu profesionalidade, dignidade artística e técnica. Despois desta reorganización, o debut efectuouse en 1875. Non obstante , debido a problemas salariais co Concello, Montes abandonou a banda e dedicouse de cheo ao seu Orfeón Lucense, máis tarde chamado Orfeón Gallego. Foi substituído por Baldomero Latorre Capón, con quen se acadou o I Premio no Certamen Nacional de Bandas de Gijón. Daquela, a banda sostíñase ao abeiro dun padroado, presidido por Ramón Landriz, a quen o colectivo dedicou unha orla o día 31 de agosto de 1904. Logo chegou Benito Patán, que cedeu a batuta a Martí, pianista do Círculo das Artes, con quen a banda se disolveu debido á expulsión do propio director e do músico Antonio Otero Malacriatura, por parte do alcalde Ánxel López Pérez. Un ano despois o alcalde encargou a reorganización a Ricardo Dorado, pero debido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical fundada no ano 1984 baixo a iniciativa de Miguel Fernández Pestonit e cun amplo número de compoñentes da antiga Banda de Música de Noia, baixo a dirección de Ramón Rodríguez Caamaño. A continuación tomou a batuta Adonis Ferreiro García, o seu director na actualidade. Conta cun cadro de 40 compoñentes aproximadamente, e acadou o III Premio nun Certame de Bandas realizado na vila de Cangas. Realizou numerosas actuacións dentro de Galicia e no estranxeiro (Bos Aires, Portugal, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • En 1883 creouse na cidade de Ourense unha orquestra da que foi o seu fundador e director Enrique Fernández Fernández, acólito da Catedral de Ourense. No ano 1897 cos compoñentes desta orquestra e outros músicos que proviñan de numerosas bandas populares, formouse a Banda Municipal de Música, dirixida por Enrique Fernández. Posteriormente, fíxose cargo da formación un director coñecido polo pseudónimo de Trepedas e a principios de século Xosé Millán, substituído por Ricardo Courtier. En 1923 o cargo recaeu en Xoán Iglesias Bragado ata 1955, sendo o seu sucesor Javier García Basoco ata 1966. Será Segismundo Fernández Feijóo quen ocupe o cargo ata 1969, cando foi nomeado Julián Pinilla López. De 1977 a 1979 foi novamente director Fernández Feijóo, relevado por Ángel García Basoco. En 1985 volveu Fernández Feijóo á banda e en 1989 foi elixido José Domínguez Seoane; en 1990 Nicanor Domínguez Cid, substituído por José Vicente Simeó Máñez. Na actualidade o seu director é Francisco Pérez...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical fundada no ano 1849 que contou con importantes directores ao longo da súa historia, como foron Francisco Martínez e Juan Mª López, entre outros, que a dirixiron ata 1930. A partir desta data fixéronse cargo Ignacio Rodríguez, Ricardo Fernández, Bernardo del Río Parada, José Gotérriz Rambla e Moisés Davia Soriano. No seu centenario, foi nomeado director de honra o catedrático de Composición Julio Gómez e ata 1967 foi dirixida polo musicólogo Echevarría Bravo, ano en que se fixo cargo da banda Amador José Santos Bartolomé. Dende 1993 a banda conta cunha xerencia, da man de Guillermo Pérez Barredo, que supuxo un grande avance para a dignificación deste colectivo, figurando na programación do Teatro Principal e dotándoa dun instrumental de primeira categoría. A agrupación conta con 39 compoñentes, entre os que se inclúe o profesor titular, Santos Bartolomé, autor de diversas obras para banda. A súa actividade estivo pendente ao longo da súa historia da vida socio-cultural...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación musical que naceu como banda do Hospicio en 1896, dirixida por músicos militares retirados. Comezou con 22 músicos e permaneceu así ata 1931, data na que acadou a categoría de municipal, co seu primeiro director xa funcionario, Mónico García de la Parra, quen permaneceu no cargo ata a súa xubilación en 1956. Nos anos 40 a municipal viguesa chegou a ter un cadro de persoal de 70 profesores. Xuntamente coa da Coruña e a de Santiago de Compostela, a banda viguesa foi denominada municipal, polo feito de ser sostida con cargo aos orzamentos do concello, tendo todos os seus compoñentes que acceder a ela mediante concurso-oposición, pasando a ter a categoría de funcionarios. A decisión foi iniciativa do alcalde Suárez Llanos Menacho. A partir de xaneiro de 1958 pasou a ser responsabilidade artística de Ildefonso García Rivas, que recibiu a banda con 64 profesores, que dirixiron bandas e destacaron como intérpretes e compositores ou pedagogos musicais, como Tocho, Sendra, Plácido, Ricardo,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Trátase dun dos máis destacados voceiros da prensa agraria en España, dos que mellor reflectiron as loitas sociais e políticas do momento. Apareceu en Rianxo o 17 de xullo de 1910 e deixou de existir en 1914. Ía subtitulado como “Semanario conservador”. Na dirección figuraba un destacado xornalista da época, Xosé Arcos Moldes, tiña como director administrativo e ilustrador a Castelao, e dispoñía de redactores do talle de Eduardo Dieste, Ramón Rey Baltar (Verduguillo), Rañó Alcalde e outros. O prezo da subscrición era dunha peseta ao trimestre e de 0,10 céntimos o número solto. Foi nos seus comezos voceiro da Casa Mariano, encabezada por Mariano Rodríguez Dios, americano rico, exalcalde e pai de Castelao, como comenta nas súas Crónicas José Antonio Durán, un dos máis destacados estudiosos da prensa agraria. Este semanario satírico e anticaciquista estaba vencellado ao Partido Conservador, grupo na oposición naquel momento, que seguía a liña maurista. A partir de 1911 librou...

    VER O DETALLE DO TERMO