"ORGA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 205.

  • Federación de sindicatos obreiros norteamericanos fundada en 1955 ao se fusionaren o AFL, fundado no 1886 por Samuel Gompers, e o CIO, escisión (1935) do AFL dirixida por John Lewis. É a central sindical norteamericana máis importante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facerlle engurras a algo por falta de coidado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inorgánico, que non é orgánico.

    2. Dise do resultado dunha determinada clase de fenómeno epentético que non se pode explicar nin por razóns etimolóxicas nin fonéticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Incapacidade para experimentar o orgasmo. Máis frecuente nas mulleres, pode tratarse dunha verdadeira disfunción se se establece nunha persoa que mantén unha vida sexual adecuada e se comporta un sentimento de insatisfacción. A orixe do trastorno é debida habitualmente a problemas emocionais ou de comunicación coa parella, así como conflitos psicolóxicos, e máis raramente a causas orgánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da comarca da Maragatería, na beira do río Jerga. Núcleo xacobeo de primeira orde, é a encrucillada da Ruta da Prata e do Camiño Francés a Santiago. Constitúe un municipio adscrito á provincia de León, na comunidade autónoma de Castela e León (12.564 h [1996]). É un importante centro agrícola (cereal, viño), gandeiro (ovino) e industrial. Entre os seus produtos máis típicos destacan os mantecados e os follados. Continúa a ser un paso fundamental das comunicacións terrestres dende a Meseta a Galicia, tanto por estrada (A-6 e N-120) como por ferrocarril. Chamada polos romanos Asturica Augusta, foi a capital do convento asturense da provincia da Gallaecia. Alí cruzábanse a Vía Traxana coa Vía da Prata, dúas das máis importantes infraestruturas de comunicacións da Hispania romana. A cidade conserva as murallas romanas, así como as ruínas dalgunha vila descuberta casualmente ao acometer obras no s XX. É sé episcopal dende o s III. A finais do s IV foi unha das vilas máis afectadas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe leonesa que se estendeu por Valderas, Mansilla e Carbajal de Fuentes, no Reino de León, e tamén por Castela, Galicia, Andalucía, Asturias, México e Chile. As súas armas levan na metade dereita, en ouro, unha faixa atravesada no alto e debaixo dela un lobo negro andante; na metade esquerda, en vermello, unha cruz de ouro grande. A rama galega presenta escudo partido: a primeira partición, en campo de ouro, unha faixa de azul, acompañada de dous lobos de sable, un arriba e outro abaixo; e, a segunda, en campo de goles, unha cruz de ouro, que toca coas súas beiras os bordos do escudo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División territorial administrativa da Igrexa católica. A primeira documentación data do s III cando aparece nomeado o seu bispo Basílides. A súa xurisdición abranguía todo o convento asturicense da Gallaecia, a actual diócese de Ourense, que no s VI aparece xa como independente, e parte da de Lugo. As comarcas de Trives, Caldelas, Robleda e Valdeorras permaneceron baixo a xurisdición astorgana ata a época contemporánea. Na provincia de Lugo a comarca de Quiroga ficou na diócese de Astorga ata 1955, data na que se adaptou a administración eclesiástica á civil. Pertenceu á arquidiócese de Braga pero durante o Cisma de Occidente dependeu de Santiago de Compostela. Permaneceu na arquidiócese compostelá ata 1851, ano no que pasou a depender de Valladolid. En 1999 a diócese de Astorga comprendía cinco arciprestados asentados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Valdeorras, Fontei, Trives-Manzaneda, A Veiga do Bolo e Viana do Bolo), que inclúen os concellos do Barco de Valdeorras,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Astorga.

    2. Habitante ou natural de Astorga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de torques segundo a clasificación establecida por López Cuevillas e Pérez Outeiriño. Caracterízase por ter a vareta de arames enrolados e os remates de dobre escocia. Localízanse no norte de Galicia e Asturias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenor. Intérprete de música wagneriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Distancia que separa dous xenes entre os que existe un 1% de probabilidade de recombinación. Depende do tamaño do xenoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización do Tratado Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político venezolano de tendencia socialcristiá fundado en 1946 por Rafael Caldera. En 1958 formou parte da Junta Patriótica que substituíu o ditador Marcos Pérez Jiménez. Gobernou o país cos presidentes Rafael Caldera (1969-1974) e L. Herrera Campins (1979-1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización empresarial española fundada en xuño de 1977 trala disolución doutras tres entidades: Confederación Empresarial Española, Confederación General de Empresarios e Agrupación Empresarial Independiente. O seu principal obxectivo é representar os empresarios e defender os seus intereses fronte aos demais axentes sociais e á propia Administración. Integra máis dun millón de empresas a través de 2.000 asociacións de base e 170 organizacións territoriais e sectoriais, entre as que destaca a CEPYME, organización de pequenos e medianos empresarios que se incorporou á CEOE en 1980. O seu primeiro presidente foi Carlos Ferrer Salat, que desempeñou o cargo entre 1977 e 1984. José María Cuevas substituíuno o 23 de maio de 1984. A CEOE contribuíu á transición política española como voceira dos intereses dos empresarios. Nesta liña inscríbese a petición que presentou ás Cortes constituíntes en xuño de 1978, na que solicitaba o recoñecemento expreso ao sistema de libre mercado no texto constitucional....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización sindical constituída en Londres (1949) e formada polos sindicatos disidentes da Federación Sindical Mundial, que a acusaban de estar controlada polos comunistas. Con sede en Bruxelas, o seu Congreso reúnese cada catro anos. Posúe un Fondo Internacional de Solidariedade (FIS) destinado á axuda dos países subdesenvolvidos ou afectados por desastres naturais ou réximes represivos. Conta con 215 organizacións en 145 países, cun total de 125 millóns de afiliados. Na súa estrutura distínguense tres grandes organizacións rexionais: a ORAP, para Asia e o Pacífico; a ORAP, que se ocupa de África; e a ORIT, que actúa en América. A nivel internacional, a CIOSL coopera coa Organización Internacional do Traballo e ten status de organismo consultivo diante do Consello Económico e Social da ONU e doutros organismos como a Unesco. Mantén, ademais, estreitos vínculos coa CES e cos Secretarios Profesionais Internacionais, que congregan os sindicatos nacionais dunha profesión ou industria a nivel...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación sindical estadounidense que xurdiu en 1935 como unha escisión da American Federation of Labor (AFL). En 1955 fusionouse de novo coa AFL e deu lugar á American Federation of Labor and Congress of Industrial Organizations (AFL-CIO).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo de organizacións autónomas de mulleres de ámbito local creado por iniciativa da AGM en 1981, na que participaron as AGM de Santiago de Compostela, Ourense e Ferrol, as asembleas de mulleres de Arousa, A Coruña e Pontevedra, e a Coordinadora Feminista de Vigo. A CNOF comezou a publicación da revista Andaina, e levou adiante campañas en defensa do dereito ao aborto libre, contra as agresións ás mulleres, polo dereito ao traballo e contra a discriminación, polo dereito a unha sexualidade libre e elixida, etc. Combinou diferentes xeitos de actuación, desde a realización pública de abortos ilegais, autoinculpacións e asesoramento a mulleres, ata diversas campañas de denuncia, mobilización e sensibilización social sobre estes temas. En 1984 organizou os II Encontros Feministas de Galicia, celebrados en Vigo, e en 1987 participou nas Xornadas Contra as Agresións, celebradas en Santiago de Compostela e organizadas pola Coordinadora Estatal de Organizaciones Feministas (CEOF).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Camiño ou terreo que presentan unha pendente moi pronunciada.

    2. Pequeno outeiro que sobresae nunha chaira.

    3. Canle pola que baixa unha corrente de auga.

    4. Camiño estreito e fondo, que discorre entre valos altos.

    5. Burato nunha rocha ou depresión nun terreo, que se enche de auga cando chove.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano do oído interno que transforma a onda sonora nun fenómeno fisiolóxico. Está constituído por un conxunto de células: unhas sensoriais, provistas de pestanas, e outras de sostemento. Descansa por riba da membrana basilar, dentro do caracol membranoso. Recibe o nome do anatomista italiano Alfonso Corti (1822-1876).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Ferrol en 1933.

    VER O DETALLE DO TERMO