"Zas" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 134.

  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘espello’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Murcia, na comarca da Vega do Segura (6.973 h [1996]). Igrexa mudéxar con cruceiro neoclásico do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo unitario composto por todas as forzas políticas e sindicais antifascistas, agás o PCE, constituído en xullo de 1944 coa finalidade de alentar en todo o Estado español o derrocamento do réxime de Franco. En Galicia, a CNT vai xogar un papel sobranceiro tanto no seu artellamento, como na tentativa de integrar sectores próximos ao Partido Galeguista. A Alianza comezou a tomar forma no Pleno da Confederación Regional Galaica da CNT, celebrado nos arrabaldes da Coruña a comezos de 1945 con asistencia de numerosos delegados, non só sindicais senón tamén dalgunhas partidas guerrilleiras que actuaban no L de Galicia. Unha vez coñecido o informe do comisionado do Consello nacional da ANFD, Manuel Fernández, o pleno decidiu apoiar a creación inmediata dos grupos locais da Alianza, contando co resto das correntes antifranquistas. En cumprimento do acordo, os cenetistas galegos Manuel Fernández e Xan García Durán, representantes do Consello da ANFD, contactaron en abril de 1945 con Ramón...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • No Nadal de 1933 a CNT viña de colleitar un rotundo fracaso na súa última tentativa insurreccional e o PSOE, á súa vez, de perder as eleccións. En Europa, o fascismo deixara reducidas a cinsas potentes organizacións socialistas austríacas e alemanas. A maiores, a crise económica, o endurecemento patronal e o xiro á dereita dos partidos republicanos, ameazaban as conquistas obreiras do primeiro bienio republicano. Nese contexto, primeiro en Catalunya e logo na Comunitat Valenciana, vanse producir senllas tentativas de unidade entre as diversas correntes proletarias, que tomarán a denominación de “Alianzas Obreiras”. Estas, sen embargo, non estarán apoiadas nin pola CNT, nin polo PCE. Como é sabido, a conxunción de todas as forzas obreiras cun obxectivo revolucionario, tan só vai ser posible en Asturias, nos días da frustrada Revolución de outubro de 1934. En Galicia, a actitude dos libertarios vai ser, pola contra, máis aberta. Na alborada de decembro de 1935, a CRG tomou posición definitiva...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pezas de cantería que dan lugar a un recinto cilíndrico e a unha cuberta que pecha a cámara de pedra, plana ou con forma de media laranxa. Empréganse sobre todo nos fornos de pan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico soviético. Foi Presidente da Academia de Ciencias da RSS de Armenia, profesor da Universidade de Erevan, e director e fundador do observatorio de Biurakan. En 1955 formulou a inestabilidade dos sistemas de galaxias, enunciando que se atopan en estado de expansión e que os seus compoñentes afástanse dun centro común. A partir do estudo sistemático dos grupos estelares inestables encontrou as asociacións de estrelas, nacidas, segundo el, de sistemas múltiples de enerxía positiva. Publicou, entre outras obras,   Teoreticheskaia astrofizika (Astrofísica teórica, 1939). Foi Presidente da Unión Astronómica Internacional (1961-1964) e premio Stalin 1950.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antibiótico antifúnxico producido pola bacteria Streptomyces fragilis ou por síntese artificial. Utilízase tamén como axente antineoplástico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Licenciado en Filoloxía Xermánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Comezou a súa andaina literaria coa novela Cabeza de chorlito (1991), traducida ao castelán en 1993, e continuou con Criminal (1994), coa que acadou o Premio da Crítica Española en Lingua Galega e o Premio San Clemente de lectores novos; Eu é (1996) e Contos malvados (1998). Ten participado ademais en varias publicacións colectivas como Antídotos contra a suor, promovido por O Correo Galego en 1995, co relato “Os gardacostas”; en Novo do trinque (1997) coa narración “Publicidade sen lucro”, e en Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas co relato titulado “Graceland”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vigo baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo concello anexionado ao de Vigo por resolución das Cortes españolas de data 30.4.1904, executada o 5.10.1904. Durante o Antigo Réxime Bouzas era unha xurisdición da provincia de Tui que abranguía as parroquias de Beade, Bembibre, Bouzas, Coia e Coruxo, baixo o señorío do bispo e cabido tudense. Ao establecerse o municipalismo consonte ás disposicións emanadas da Constitución de Cádiz, a antiga xurisdición converteuse en axuntamento en 1812, adscrito á provincia de Galicia e ao distrito do Val do Fragoso. En 1814, derrogada a Constitución, volveuse á administración señorial, disolvéndose o concello. Durante o trienio liberal (1821-1823), restableceuse o concello, integrado no partido e provincia de Vigo a partir de 1822. Suprimidos de novo o municipalismo e mais a Constitución en 1823, hai que agardar ata 1835 para que se constitúa de novo o concello, adscrito esta vez ao partido de Vigo e á provincia de Pontevedra. Neste derradeiro período (1835-1904) as parroquias que integraban...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bouza.

    2. Liñaxe galega que leva como armas, escudo partido: primeira partición, en campo de goles, catro barras de ouro; segunda partición, campo de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María Xosé Rodríguez Bouzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Porto de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da serra de San Mamede, situado no límite entre as parroquias de Rebordechaus (concello de Vilar de Barrio) e Castro de Laza (concello de Laza). O seu cumio ten unha altitude de 1.463 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, drenado polos ríos Salor e Jumadier (2.448 h [1996]). A súa economía baséase no sector agropecuario, tanto agrícola como gandeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe castelá que se espallou por toda a Península. Gonzalo Fernández Altamirano, logo de estar no sitio de Córdoba, engadiu ás súas armas, coa autorización do Rei Fernado III o Santo, un bordo de goles con catro cabezas de mouro; a partir daquela, os seus descendentes de Andalucía tomarían Cabezas por apelido. Estendeuse a León, Zamora, Asturias, Aragón e Galicia, e unha rama pasou, mesmo, a Portugal. As súas armas levan, en campo de azul, trece besantes de prata, postos de tres en tres e un de non; bordo de goles con catro cabezas de mouro, ao natural, con turbantes brancos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, na comarca de Las Marismas, drenado polo Guadalquivir (15.509 h [1996]). Ten grande importancia a agricultura, especialmente o cultivo do arroz que o converte nun dos principais núcleos produtores deste cereal en España. Hai tamén canteiras e industrias alimentarias. Os turdetanos e os romanos ocuparon o seu territorio na Antigüidade, tal e como testemuñan diversos achados arqueolóxicos. Entre 1250 e 1255 foi conquistada aos árabes polo Rei Fernando III, quen cedeu a vila á orde militar de San Xoán de Xerusalén. O 1 de xaneiro de 1820 produciuse na vila o Pronunciamento de Riego, que contou co apoio dos veciños, polo que as Cortes españolas lle concederon o título de cidade en 1822.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levantamento militar de signo liberal promovido o 1 de xaneiro de 1820 na vila de Las Cabezas de San Juan (Andalucía) polo comandante Rafael del Riego, ao mando dunha brigada que debía embarcar en Cádiz para sufocar o movemento independentista americano. Como consecuencia do alzamento, que supuxo a restauración da Constitución de 1812, principiou o chamado Trienio Liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bailarín e gaiteiro. Coñecido como Polo, en 1958 ingresou no grupo Vento das Cíes, sendo o seu mestre José Iglesias Nieto, máis coñecido como Melitón. Aos dezaseis anos comezou a impartir as súas primeiras clases de baile galego e en 1966 participou no Festival Danzas de España de TVE, no que obtivo o terceiro premio co grupo Coros y Danzas de Vigo. En 1986 incluíu o grupo Coros y Danzas na Escola de Danza do Concello de Vigo, da que era director dende 1979. Impartiu clases de baile galego e percusión en institucións, colexios, asociacións e nos centros galegos de México, Venezuela, Chile e Lisboa; dirixiu o grupo Coros y Danzas da Sección Femenina de Vigo (1965-1986), Baiona (1970-1985), Redondela (1973-1983) e Tui (1972-1973); actuou en Galicia, Francia, Italia, Suíza, etc, e organizou o Día da Muiñeira e a Mostra do Traxe Tradicional. Gravou discos con Os Cruceiros (1970 e 1971), Airiños do Parque de Castrelos (1972-1979), Antón Corral e Carlos Núñez (1987), Ricardo...

    VER O DETALLE DO TERMO