"erena" (Contén)
Mostrando 16 resultados de 16.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, na serra de Hornachos. Está regado polo río Guadamez (1.830 h [1996]). Posúe unha abundante vexetación, da que destacan os bosques de aciñeiras. As principais actividades económicas son a agricultura, coa produción de cereais e oliveiras, e a industria cerámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘bruxa’.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica mexicana. Estudiou arte dramática na Escuela de Teatro de Guadalajara. Debutou como actriz de cine a principios da década dos corenta, pero non se deu a coñecer ata 1943, cando protagonizou Doña Bárbara. A partir dese momento iniciou unha intensa actividade cinematográfica que a levou a protagonizar numerosas películas, entre as que destacan La devoradora (1946), Río Escondido (1947), Maclovia (Beleza maldita, 1948), La noche del sábado (1950), Messalina (1951), La belle Otero (A bela Otero, 1954), Miércoles de ceniza (1958), La fièvre monte à El Pao (Os ambiciosos, 1959) e La generala (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta pertencente á escola galego-castelá. Activo aproximadamente entre 1365 e 1400 na corte de Xoán I, perdeu o favor real logo de casar cunha mourisca e renegar do cristianismo para converterse en mahometano. No Cancionero de Baena, recóllense trece poemas da súa autoría; cinco son composicións amorosas -nas que retoma a tradición provenzal máis clásica- e o resto relixiosas, tanto de loanza a Deus como gozos á Virxe María.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado no alto val do río Guadiamar (5.405 h [1996]). Ten agricultura (cereais, acelgas e oliveiras) e gandería (ovina e porcina). No sector industrial destacan as explotacións de granito. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar as igrexas da Inmaculada Concepción e de San Benito.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado ao pé da serra de San Bernardo (5.525 h [2001]). Destaca a gandería lanar e, nun segundo plano, a agricultura, principalmente de cereais e oliveiras. Sobresae a industria alimentaria e a de fabricación de materiais de construción. Conserva parte das murallas. Destacan as igrexas de Nuestra Señora de Granada e a de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e ceramista. Obtivo a medalla de prata no IV Salón de Artistas non profesionais da Coruña coa obra Vorágine Amorosa. Foi seleccionado pola ONU (1970) para enseñar cerámica en Ecuador. Realizou o escudo de Pontecesures na fachada do concello.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista. Afiliado inicialmente á UGT, en decembro de 1930 constituíu, no Sindicato Nacional Ferroviario e xunto con Calderón e Jacinto Méndez, o Sindicato de Industria Ferroviaria, afiliado á CNT. Membro da directiva do Centro de Estudios Germinal, en decembro de 1933 foi un dos líderes da folga xeral revolucionaria contra o goberno republicano de dereitas, na Coruña. Morreu no asalto ao cuartel da Garda Civil en Oleiros no trascurso da folga xeral convocada pola CNT.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político, conde de Lerena. Protexido de Moñino, foi secretario de Facenda (1785), pero a súa xestión conservadora valeulle as antipatías dos reformadores radicais. Como secretario de Estado (1790) impulsou unha política bastante reaccionaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado en La Serena e delimitado ao L pola provincia de Córdoba (2.969 h [2001]). A economía baséase nas actividades do sector primario e compleméntase coas industrias derivadas de elaboración de fariñas e aceites.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, drenado polo río Ortiga, afluente do Guadiana (5.087 h [2001]). A súa economía baséase no gando lanar.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Poñer en calma ou tranquilo algo ou a alguén.
-
Quedar tranquilo algo ou alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composición vogal con acompañamento dun ou máis instrumentos como guitarras, ou mandolinas, ou exclusivamente instrumental, destinada orixinalmente a ser executada ao aire libre e na noite para honrar a unha persoa ou cunha finalidade amorosa. De orixe medieval, durante o período clásico foi esencialmente unha forma instrumental.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Badajoz, Extremadura, regado polo río Guadámez (1.522 h [2001]). Ten xacementos de tungsteno e chumbo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Badajoz, Extremadura (24.092 h [2001]). É un centro agrícola e comercial con industria química.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Comunidad Autónoma de Extremadura, situado na comarca de La Serena, drenado polo río Ortiga (4.464 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO